Issuu on Google+

APÚNTATE AO BO TRATO

Selección de lecturas sobre o maltrato, a violencia, a igualdade, a tolerancia e o respecto pola diferenza.


3-5 ANOS Terrible, Alain Serres, Libros del Zorro Rojo. Chamábase Terrible e ¡con razón! Atemorizaba a súa muller, a seus fillos e a todos os habitantes do bosque. Pero seus catro fillos aínda non dixeran a última palabra. Un bo día, á hora da sesta, acercáronse sen facer ruído e… ocorreu algo terriblemente asombroso. Eduardo, o neno máis terrible do mundo,, John Burningham, Faktoría K. Eduardo era un neno terrible, todo o mundo estaba de acordo, facía cousas moi malas e cada día ía a peor. Sen embargo, ás veces basta un pouco de estímulo (aínda que sexa involuntario) para que as cousas cambien a mellor. El pequeño cuerdo y la luna, luna Marcus Pfister, Lóguez. Os corvos maiores non deixan xogar ao pequeno corvo con eles. Ante a súa insistencia, deciden poñelo a proba e gástanlle unha broma pesada: se quere xogar con eles, terá que voar ata a lúa. Me gusta la gente,, Sebastián de la Serna, Edelvives. Un simpático álbum ilustrado. En cada páxina, o personaxe protagonista ensínanos moita xente diferente. Un libro que invita invi a reflexionar sobre as diferenzas e a igualdade. Un libro intercultural, tolerante e divertido, no que se deberá prestar atención para atopar a Gus.

6-8 ANOS Vivo en una casa malva, Iris Díaz Trancho, Pintar-Pintar. A "Casa Malva" é un edificio levantado para servir de refuxio efuxio ás mulleres que foron vítimas timas de maltrato, así como aos seus fillos. A través desta historia coñeceremos a vida dos nenos nesa nova casa que os protexe. Problemas en el recreo Aline de Pétigny, Katia Belsito, Belsito La Galera Julio ten problemas no cole. Dous rapaces maiores métense con el, insúltano, ... A súa amiga Sara aconséllalle que o conte a súa nai ou á profe. Que decidirá facer Julio?


Un barco no ceo Quentin Blake, Kalandraka Dous rapaces reparan un barco que atopan na praia e así inician unha aventura que lles conduce por todas as desgrazas da humanidade. Fernando furioso, Hiawyn Oram, Satoshi Kitamura, Ekaré. Fernando enfádase con moita facilidade, tanta que moitas veces, cando intenta recordar o motivo do seu enfado, non o recorda. Mistral, Javier Sobrino e Gabriela Rubio, Planetalector Mistral ten un lunar escuro e grande na cara. Por iso, o primeiro día no novo cole intenta tapalo co pelo. Ao sair á pizarra seus compañeiros descóbreno e é motivo de risas e murmurios. Mistral síntese triste e soa, ata que fai un bo amigo que lle ensina a sentirse ben. O meniño Nito, Sonia Rosa e Macus Romero, Baía. Os homes choran ou non choran? Este é o dilema no que se atopa Nito, e que lle trae problemas ata que por fin, coa axuda do Doctor Aymoré, consigue resolver sen dúbidas Un día de treboada, María de Mata e María Riestra, Baía. Un terrible temporal ameaza a unha aldea. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os habitantes do lugar.

9-11 ANOS Xela volveuse vampira, Fina Casalderrey, Baía. Xela é a mellor mestra do mundo! Pero parece unha morta vivinte de ollos violeta. Estarase a converter nunha vampira? Breixo intentará descubrilo.


Non é tan doado ser neno!, Pilar Lozano, Edebé. Fernando ten as orellas grandes e un pouco cara a adiante. Nunca lle supuxera un problema na súa clase pero neste curso cambiou de grupo e parece que empeza a converterse en obxecto de risas. EL niño que vivía en las estrellas, Jordi Sierra i Fabra, Alfaguara. Un médico psiquiatra atende no hospital a un niño que vagaba pola rúa. Non fala case, di que ven doespazo e compórtase coma se estivese perdido. O médico acabará descubrindo a causa do seu estado, a cara amarga dunha sociedade miserable e egoísta, que vive allea a moitos problemas dos que é responsable. A lagoa das nenas mudas, Fina Casalderrey, Anaya. Amina chega a vivir nun lugar remoto do que descoñece ata o idioma. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente. Dos caballos, Gemma Lienas, Planetalector. Manuel e Víctor deciden fuxir das malleiras que lles propina seu pai e instalarse nun vello coche abandonado, un Citröen Dous cabalos. Como se apañarán para sobrevivir?

12-14 ANOS O inferno de Marta, Pasqual Alapont, Xerais. Marta rompeu con seu mozo, síntese confundida, pensa que ela foi a culpable e está moi vulnerable. Un amigo preséntalle a Héctor, un rapaz solitario que pronto se interesará por ela. Ainda que as súas amigas non están de acordo, inician unha relación. Pronto virán os celos, os insultos e a violencia. Pero Marta semella non ser capaz de ver o tipo de persoa que tene a seu carón.


Big, Mireille Geus, Edelvives. Lizzy é unha nena de 12 anos cun leve retraso mental. Os nenos do pobo non queren ser seus amigos e búrlanse dela. Unha rapaza nova no lugar, Abigail, faise amiga de Lizzy, chámanlle Big porque é moi grande e forte. Abigail quere vingarse, Lizzy faralle caso? Nata y chocolate, Alicia Borrás Sanjurjo, Anaya. Sonia é unha nena calada, triste e solitaria. A razón é que os seus compañeiros métense con ela por ser albina. Ninguén parece darse conta desta situación ata que unha nova profesora chega ao centro. El salvaje, Antoni García Llorca, SM. Bernabé, internado nun orfanato, conta o que lle ocorreu nos anos que pasou só no monte. Aos oito anos foi vendido por seu pai a un amo para que coidara un cabras nun val aloxado de calquera lugar civilizado.

O diario violeta de Carlota, Gemma Lienas, Galaxia. Carlota recibe un agasallo da súa avóa no seu catorce aniversario: un diario. Propóñenlle ademáis que escriba un diario feminista para conseguir por fin a igualdade. Nin corta nin perezosa, Carlota decide poñerse mans á obra. A partir dese momento descubrirá aquí e alá pequenos retallos de machismo inexistente a simple vista e descubrirá con asombro que segue presente na nosa sociedade, aínda que sexa dunha forma moi sutil.

14-16 ANOS Sé que estás allí, Lydia Carreras de Sosa, Edelvives. Cohibido por un problema nas cordas vocais que lle produce “voz de pito”, Rosendo non ten moitos amigos. Pero pode contar con Martín, con quen comparte afeccións, e coa súa compañeira de clase, Josefina. Coa chegada ao instituto de Lautaro, que consegue a admiración de todos coas súas habilidades como debuxante, a vida de Rosendo convértese nun inferno.


El salvaje, David Almond, Astiberri. O pai de Blue Baker morre deixando a seu fillo afundido. Blue lánzase na tarefa de escribir un relato cuxo personaxe central é un rapaz salvaxe que vive illado do mundo nun bosque. Na súa vida cotiá, Blue sofre a violencia e o desprezo de Hopper. Pouco a pouco a relación entre Blue e o Salvaxe vaise estreitando e os límites entre ficción e realidade tamén. A pomba e o degolado, Fina Casalderrey, Xerais. Andrés é un adolescente que ten problemas: seus pais acaban de separarse e por riba sofre acoso escolar na escola por parte de dous alumnos que non comprenden o seu amor polos paxaros. Pomba, unha amiga virtual coa que chatea por Internet, e Halima Atif, unha compañeira de colexio, serán o seu refuxio. ¡Ni un golpe más!, Christine Biernath, Anaya. Sandra está convencida de que seu pai é o tipo máis xenial do mundo, enténdea mellor que ninguén e ademais é divertido e case sempre moi enrollado. Todo o contrario que súa nai. unha muller torpe, un desastre na cociña e que se lesiona cada dous por tres facendo as tarefas da casa. M, Lolita Bosch, SM. M nunca xogará ao baloncesto de maneira profesional. Tampouco poderá estudar Veterinaria. Nunca volverá a ver ao seu mellor amigo. Xamais saberá que lle gusta a unha chica da súa clase. Tampouco celebrará os seus 17 anos. Seu pai asasinarao dun disparo no peito 18 horas despois de que comece esta novela. Eskoria,Alfredo Gómez Cerdá, SM. Diego é un bo estudante, gústalle o jazz, goza do silencio e non lle gusta o fútbol. Cinco mozos da súa clase empéñanse en facerlle a vida imposible con ameazas, insultos, golpes e outras humillacións, chámanlle «Eskoria», mais el non fixo nada para merecelo.


Cuando los árboles hablen, Laurie Halse Anderson, SM. Dende o primeiro día de instituto, Melinda síntese marxinada: non pertenece a ningún grupo e ademáis ten que cargar coa mala fama que arrastra por ter chamado á policía durante unha festa. Melinda está deprimida e non quere falar. O seu silencio fírea tanto coma o que sucedeu naquela fiesta. El loro en el horno, Víctor Martínez, Noguer. Semella que para aprender a madurar neste barrio chicano de California non queda máis remedio que unirse a unha banda. É a única maneira de poder camiñar tranquilo polas rúas: sabendo que os teus compañeiros matarían por ti. El abrazo, Lygia Bojunga, SM. Nesta novela abórdase o tema dunha violación e as secuelas psíquicas que deixa na nena que a sufriu. Trátase dunha lectura intensa, inesperada, desacougante, que fuxe de tópicos, de alegacións ou denuncias para aproximarse á mente e á voz dunha adolescente marcada pola vexación. A cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre, Xerais. Ao saír dunha festa de antroido, Lupe e Sofía soben confiadas ao coche duns rapaces aos que non coñecen e que se ofrecen a levalas a casa. Acaban violándoas e deixándoas abandonadas. Unha vez que fan a denuncia teñen que enfrontarse coa repercusión social dos feitos. Desde mi infierno, Blanca Pastor, Anaya. Esta novela mergúllase no inferno que viven moitos dos adolescentes que, por temor, ocultan o seu sufrimento e as inxustizas das que son vítimas no entorno escolar.


Anoche hablé con la luna, Alfredo Gómez Cerdá, Edelvives. Luz non pode aceptarlo que lle está a suceder, por iso ás veces pensa quenon lle está pasando a ela, senón a unha amiga. Sinte tanta vergoña que nin siquera ten o valor de contarllo a súa nai. Atópase soa. Desesperada, busca unha saída e dase de conta de que é incapaz de causar o mesmo dano a quen a martiriza. Sólo para valientes, David Klass, SM. Joe, estudante de último curso de instituto e capitán do equipo de fútbol de «Los Valientes», ten un ano para gañar o torneo de fútbol, declararse á súa amiga Kris, axudar ao seu mellor amigo e decidir que vai facer co seu futuro. Antonio Silva, un guapo fenómeno do fútbol que acaba de chegar ao instituto, complicará aínda máis as cousas. Palabras envelenadas, Maite Carranza, Edebé. Bárbara ten hoxe 19 anos, pero cando foi secuestrada tiña 15. O subinspector Salvador Lozano está a punto de xubilarse, e xa da o caso por perdido. Cando acode a despedirse da nai de Bárbara o caso semella definitivamente pechado pero unha chamado ao móvil de Eva, a mellor amiga de Bárbara, espertará as súas esperanzas. Tardes con Margueritte, Marie-Sabine Roger, Galaxia. Germain, un cuarentón case analfabeto, fillo pouco querido e escolar humillado, pasa o tempo facendo chapuzas ou cultivando a horta. Unha tarde, no parque, coñece a Margueritte, unha vella dama que senta no seu banco favorito. Entre eles nace a amizade. Margueritte propónlle ler un libro en voz alta. Germain, por educación, acepta e así descobre a maxia das tardes con Margueritte. Miedo, David Muñoz, Antonio Trashorras, Javier Rodríguez, Glenat. Viaxe á historia máis recente deste país a través dos ollos dun neno. Unha escola dura, represora e violenta.


TEATRO Sumergirse en el agua, Helena Tornero, Anaya. A Stefan gústalle Sara, pero a Sara non lle gusta Stefan. A ela gústalle Josué. Stefan non soporta a Josué e decide facer algo. Vai vingarse de todos: de seus pais, que o levan ao psicólogo; de seus compañeiros, que o ignoran; de Sara, que o despreza; e de Josué. El último curso, Luis Matilla, Anaya. Un profesor, unha nai e unha representante da administración educativa divagan sobre os dramáticos feitos ocorridos nun centro escolar. Estes serán motivo de reflexión dos personaxes que non son capaces de chegar a un entendemento. Por outra banda, Elena, verdadeira testemuña dos acontecementos, dará a súa visión da historia contradicindo a dos adultos. Manzanas rojas, Luis Matilla, Anaya. Afortunadamente existen rapaces que, coma Salim e Ariel, non odian aos seus semellantes e que se esforzan por demostrar que a amizade entre xentes de diferente cor, raza ou relixión, aínda é posible no mundo.

ADULTOS ¿Por qué todos me miran la cabeza?, Randa Abdel-Fattah, La Galera. Unha novela divertida e intelixente, pero á vez polémica, porque non fuxe de comentar os retos dunha sociedade cada vez máis diversa e complexa. Amal, unha estudante australiana de 16 anos de pais musulmáns, decide un día que levará o hiyab, o pano musulmán, na cabeza a todas partes, incluído o instituto. La bofetada, Christos Tsiolkas, RBA. Nunha grella un neno malcriado recibe unha labazada dun adulto que non é familiar del. Os pais do neno chaman á policía e logo poñen unha demanda. Todos os que estaban presentes (nenos, adolescentes, adultos e vellos) toman unha posición. Trátase de maltrato infantil?


La habitación, Emma Donoghue, Alfaguara. Para Jack, un neno de cinco anos, a Habitación é o mundo enteiro, o lugar onde naceu, onde come, xoga e aprende. Pola noite, Mamá pono a durmir no Armario, por se ven o Vello Nick… Con gran tesón e enxeño, súa nai, que leva alí pechada 7 anos, creou nese reducido espazo unha vida para seu fillo. Destrucción, Xavier López Rodríguez, Xerais. A historia dun episodio de dominación e humillación e ao mesmo tempo, unha historia de rebelión e de vinganza, dun brutal axuste de contas ante tanta humillación; un axuste de contas que a protagonista, Felisa, se encarga de executar.

A ferida, Begoña Paz, Xerais. Un libro contundente no que Begoña paz relata historias que ninguén quere escoitar. Un libro que fala de mulleres,de paixón, de soidade, de mentira, de medo, de violencia…


LECTURAS_BO_TRATO