Page 1

PROTEÍNAS

ANFÓTERO (comportarse como ácido ou como base)

en disolución acuosa, os aminoácidos son capaces de ionizarse, dependendo do pH, como un ácido (cando o pH é básico), como unha base (cando o pH é ácido) o como un ácido e unha base á vez (cando o pH é neutro).


Cada proteína caracterízase por ter unha estrutura tridimensional ben definida da que depende a súa función. A forma na que se prega a cadea polipeptídica está determinada pola súa particular secuencia de aminoácidos e mantense estable por enlaces débiles formados entre grupos de átomos da cadea de aminoácidos. Os cambios extremos no medio onde se encontra a proteína, como o aumento da temperatura ou os cambios intensos de pH provocan a súa desnaturalización. Perde a súa estrutura tridimensional e como consecuencia perde a súa función e as súas propiedades.

imaxesproteínas  

Imaxes sobre o tema de proteínas