Page 20

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

7. CONCLUSIÓNS As augas galegas acollen unha da maiores autoestradas mundiais de petroleiros cuns medios de seguridade propios dunha corredoira. A marea negra do “Prestige” amosou os déficits de infraestruturas que padecía e dez anos despois , aínda sigue padecendo Galicia. Por iso, aquela “marea negra” que tinxiu de negro a costa dende as Rías Baixas ata o sur de Francia, que encheu centenares de páxinas de xornais e espazos na radio e na televisión, que tivo tantas consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas non debe ser esquecida sen máis. Hoxe , unha década despois, aínda se inicia o xuízo para saber que persoas foron as responsables do sucedido. Pero están os verdadeiros culpables sentados no estrado? Ademais, cambiou algo a nosa relación cos derivados do petróleo? Por exemplo, tomamos máis os transportes públicos para aforrar gasolina? Deste traxedia puido saír unha Galicia máis forte, máis preparada, máis poboada, máis aberta. Realmente é así?. Castelao

dicía

que

“os

galegos

non

protestan,

emigran”. Realmente, pensas que aínda sigue sendo así?

Páxina 20

O PRESTIGE  

UNIDADE DIDÁCTICA PARA TRABALLAR NO 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA