Issuu on Google+

Patricia Agulla Pérez A miña aportación para o proxecto A miña aportación a este proxecto e a de intentar propoñer ideas e poñelas en común para que se poida levar a cabo un bo traballo en grupo e que o blog vaia adiante. Aportación ó grupo Penso que en canto ó grupo intento traballar coas miñas compañeiras e axudar na realización e busca de información para os diferentes puntos do traballo. Aprendizaxe No meu caso, si. Había moitas cousas que descoñecia; como por exemplo "dropbox" e outras que non coñecía pero non utilicei ata este traballo. Daisy Alcalde Monteagudo A miña aportación ao proxecto Eu podo aportar a este proxecto unhas nocións moi básicas de Linguaxe de Signos Española posto que coñezo as palabras e frases máis simples. A nivel audiovisual podo aportar algúns coñecementos co “Movie Maker” e coa montaxe de videos, stop motion,etc Que podo aportar ao grupo? Creo que podo aportar ao grupo contactos dentro deste tema que escollemos. Tamén creando de actividades audiovisuais e aportando ideas. ¿Que aprendín en estas 3 semanas en Novas Tecnoloxías? Neste escaso tempo de clase aprendín a crear un blog, diseñalo e a utilizar algunhas das aplicacións que este ten. Tamén descubrín algúns programas informáticos como o "Hot Potatoes" útiles para aplicar as TIC na Educación Primaria motivando desta forma ao alumnado e facendo actividades lúdico-didácticas. María Antolín Aguayo Aportación para o proxecto Axudar ou explicar ás integrantes do meu grupo o que podo coñecer dentro das TIC. Aportar ideas, orixinalidade, cousas novas, ademais de ganas e responsabilidade co que me toca traballar. Aportación para o traballo en grupo Ademais do mencionado xa anteriormente, considérome unha persoa que trata de conseguir un grupo unido, no que se respeten as ideas de todas as integrantes e haxa un ambiente positivo cara o traballo e cara as relacións entre nos. Aprendizaxe nestas semanas Durante este tempo de clases, penso que aprendín a sacarlle maior partido a aplicacións que usaba anteriormente pero de maneira máis restrinxida. Pilar Araujo López A miña aportación para o proxecto A miña contribución principal para o proxecto penso que é a de tratar de traballar dun xeito estruturado e enfocado, e procesar a información que se nos dá para concretala nunha temática concreta. O meu coñecemento das TIC (sobre todo a nivel audiovisual) é moi limitado, pero intento poñerme ao día para ter un papel activo. A miña aportación para o traballo en grupo Eu me miro como unha integrante que intenta consensuar os diferentes puntos de vista sobre calquera aspecto do traballo en común. En xeral, neste grupo, estou máis á expectativa que facendo propostas para avanzar. Houbo aprendizaxe?


Somentes nestas dúas semanas xa adquirín certas competencias, como a creación e deseño dun blog, que ata agora non tiña. Preveo que será a nivel técnico onde experimentarei a maior aprendizaxe, xa que teño moita experiencia previa de traballar en equipo no meu mundo laboral. Itziar Bermejo A miña aportación A miña aplicación a este proxecto foi buscar software e páxinas web de interese e o seu análise, tamén participei no diseño do blog. Espero adquirir máis coñeceentos sobre as TIC para aportar máis ó proxecto. A miña aportación traballo en grupo A miña aportación ó grupo foi a de aportar ideas, cooperar para lograr o consenso do grupo e axudar a organizar o traballo. Aprendín algo? Aprendín sobre as TIC e as súas aplicaciones á educación, e sobre todo, a súa capacidade de adaptación e accesibilidade.Os coñecementos adquirinos, sobre todo, mediante a experiencia. Con este proxecto melloro a miña capacidade para traballar en grupo. Lorena Romero Vidal O que aporto ao equipo Intento aportar ao equipo a miña opinión sobre o que se fala sobre o proxecto. Intento aportar todo o posible sobre os meus coñecementos das TICs, xa que estudiei TIC durante dous anos como materia optativa. O que aporto ao proxecto Eu creo que aporto ao proxecto máis ou menos o mesmo que as demais, ou eso intento, xa que do tema que eliximos coñezo máis ben pouco. Intento poñerme ao día e buscar cousas que nos poidan interesar para realizar as actividades para os nenos xordos. Houbo aprendizaxe? De momento o meu aprendizaxe foi un pocuo excaso, xa que de momento soamente nos centramos no blog e eu xa tiña coñecemento diso debido ao estudo de TIC no instituto, pero a pesar disto creo que nesta asignatura podo aprender moito ao longo deste curso.


A nosa aportación e aprendizaxe