Issuu on Google+

PAPEIS DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL XULLO 2012 / XUÑO 2013

A ACADEMIA

ANDRÉS BARBÉ

FORO ACADEMIA ABERTA

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ

PREMIOS MESTRE MATEO

CHELO LOUREIRO

OUTRAS ACTIVIDADES DA ACADEMIA

LORENA RODRÍGUEZ CAMPO

TEMA CENTRAL ANUARIO

ISABEL IGLESIAS

ARTIGOS DE OPINIÓN DOS SOCIOS

PITI SANZ

182 / 183

AS PRODUCIÓNS

“A transmisión de ideas a multimedia xa non responde só a formatos: depende, sobre todo, dos hábitos”

FESTIVAIS AS MÚSICAS DA ACADEMIA OBITUARIO

Isabel Iglesias

En medio da nada

Convén desconfiar por sistema tanto do que se pretende “normal” como do que se di “especial”, e non importa se falamos de persoas, de sectores, ou de modelos de negocio. Porque non é un problema de linguaxe senón de conceptos/ tapadeira para enmascarar, e enmarañar, a pluralidade de opcións e a diversidade. O dito máis sinxelos, gústenos ou non, as cousas cambiaron.

quedarán lugares interesantes que a xente ocupará: novos modelos organizacionais con remesturas enxeñosas e con importante potencial de novos modelos económicos. Pero é difícil atopar as novas grandes ideas nos mercados principais ou nos cauces oficiais, así mentres os grandes estudos e redes de salas de cine en Estados Unidos poñen a proba ao público con novas fórmulas que inclúen entradas “vip” a prezos de ouro, o expresidente dos produtores españois avogaba recentemente por acordos para a redución de prezos:

Productora de Máscaras

A “normalidade” é unha quimera na que cada vez caben menos persoas e/ou proxectos, unha negociación desta dinámica realidade que nos pillou co paso cambiado. E nesta permanente alarma de maldades alleas, recortes e prohibicións non estamos querendo sabendo ver que non haberá novo paradigma senón un espazo onde tódolos outputs posibles son posibles... un espazo de comunidades cambiantes. Na loita entre o aberto e o pechado haberá moitas baixas (grandes e pequenas) pero

“Agora estamos en boa sintonía coas patronais de exhibición e distribución e creo que debemos actuar para recuperar espectadores, temos que utilizar a palanca do prezo. Se o que paga pensa que a entrada de cine é cara entón debemos activar unha política de prezos agresiva para facer que volva ao cine”. ¿Recuperar espectadores? Agora que hai presa por encontrar

solucións, nas análises cólanse as rebaixas e o debate funde a negro en inútiles confrontacións que eclipsan o importante: a onde marcharon os espectadores? a onde nos fomos? Tomemos por exemplo a palabra transmedia, que quedou obsoleta sen ter chegado a calar nalgúns sectores. É o de sempre, pensamos que as solucións proveñen da nosa propia capacidade de estudar sensatamente a realidade discernible, pero o mundo xa non funciona así. Incluso cando nos resistimos ao evidente, estamos creando realidade. A arte e a cultura non teñen problemas, os conceptos e a viabilidade dos modelos económicos si. Audiovisual implica tecnoloxía, técnica, narrativa, talento... Pero sobre todo facer uso da linguaxe, buscar as claves do relato para contar e sintonizar. Non é suficiente con poñer en marcha toda a operativa técnica, é imprescindible traducir intereses para facelo accesible

nas diferentes canles, que non só contan cos seus propios códigos senón que se retroalimentan. A transmisión de ideas a multimedia xa non responde só a formatos: depende, sobre todo, dos hábitos. A mirada debe ser a un contexto máis amplo porque o poder do audiovisual reside agora na súa capacidade para ser cotiá, no

potencial de transmitir atendendo diferentes tipos de demanda que, en plena transformación social, fai súas as ferramentas e as canles para transformar a axenda mediática. A(s) audiencia(s) teñen moito que dicir, de aí tamén o paradoxo da abundancia porque a audiovisualización do mundo vai en paralelo á fragmentación de audiencias e á necesidade de captar atención.

Os cambios non son fáciles ata que resultan naturais pero todo comeza por aceptar que o “normal” non existe e que o “especial”, que soa a privilexios, xa non está ben visto. De momento parece que estamos no medio da nada, que tampouco é tan malo porque permite elixir. Aí o reto… e a oportunidade.


Papeis da Academia 2013: Isabel Iglesias