Issuu on Google+

Estefanía — 4º B


LIMIAR O período de vacacións xa está cerca. Xa falta moi pouco para poder gozar dun moi merecido descanso. Pero non queremos despedir o curso sen homenaxear un ano máis a nosa LINGUA, a nosa fala. E para iso que mellor que utilizala todos os días? Serva de mostra o traballo que tedes nas mans. Traballo feito polos nenos e nenas e polas familias que nos axudaron a recompilar refráns, adiviñas e receitas de cociña o que nos demostra que a nosa LINGUA segue viva e que se emprega de forma habitual na comunicación. Esperamos que disfrutedes lendo esta revista feita co cariño e esforzo de todos nós. Boas vacacións!


O noso primeiro conto escribímolo polo Samaín. Como ocorreu aquí mesmo quixemos aproveitar para contárvolo:

Es crito polos rapaces da au la de 1 A do C .E.P. de Ventín. (cu rs o 2 008 -2 009 )

Autores do conto: Yago,

Lucas,

Marcos,

Martín,

Brais,

Paula,

Andrea,

Carolina,

Sergio,

David,

Carlos

Antía,

Amaro,

Alicia ,

Sara,

Adriana,

Xela,

Óscar

Suevia,

Lois

e

Claudia.


5 pares de patas falsas

3 pares de patas verdadeiras


Despois de mudar cinco veces encĂŠrrase nun casulo

O ciclo evolutivo do verme da seda dura 60 dĂ­as.


O d铆a 11 de maio os nenas e nenas de primeiro e segundo curso marchamos de excursi贸n.


Coplas para o maio. Os nenos de ventín queremos celebrar que chega maio e ímolo cantar. Sempre no maio facemos unha festa moita diversión sen sumas nin restas. Maio, maiño, maio florón fiúnchos e xestas para a celebración. Alumea o sol na primavera brincan as pegas quen puidera. En maio medran moito os días os de traballo e os de romarías. Maio ten cousas para alegrar por iso todos lle vimos cantar. O mes de maio. O mes das flores sen ningún lóstrego e con moitas cores. Gústanos o maio sempre florido e tamén nos gusta, facer moito ruído. O noso director é moi suaviño, quérenos berrar… E sáelle un risiño. Este noso maio anda estartelado porque o temporal, levoulle o tellado.

Os barrios e pobos seguen coma sempre, para que facer obras se somos os de sempre. Chegou a primavera, a primavera chegou, xa fai moi pouco frío xa comeza a calor. Xa maio nos chega cargado de flores con moitas cores e moitos olores. E para rematar ímoslle cantar todas estas coplas que inventamos xa. A profe Cristina é moi boíña , pero cando berra óese na China. O profe Xosé María é moi divertido pero cando se enfada cáenos un castigo. A profe Clara vén cos seus chifriños e cando sopra quedamos xordiños. O profe David é moi mandarico e cando xogamos ponse coma un perico. Hai moita crise, non temos diñeiro, os bancos forrados Non soltan o euro. O alumnado saíu ao patio para celebrar a festa do maio.


RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ Ramón Piñeiro López naceu na aldea lucense de Armea, no concello de Láncara, un 31 de maio de 1915, hai agora noventa e catro anos. Cando entrou na escola, aos seis anos, xa seu pai lle ensinara a ler, escribir e a sumar, restar, multiplicar e dividir. Á idade de nove anos abandona a súa aldea natal e vai estudar a Lugo onde fai o bacharelato, establecéndose, aos quince, na vila de Sarria como oficinista dun importante comercio da localidade. De volta á capital continúa os estudos de bacharelato superior ao tempo que participa activamente na política galega. En Santiago de Compostela comeza, despois de rematada a guerra española, a súa carreira de Filosofía que continuará en Madrid. Con trinta e cinco anos, e un grupo de amigos galeguistas, decide fundar, en Vigo, a Editorial Galaxia, sendo el o seu primeiro director literario. A misión desta editorial era a de darlle á literatura galega o pulo que precisaba para igualala ao resto das literaturas europeas. Nesta editorial imprimiranse os volumes de Piñeiro dedicados á saudade do pobo galego. O 25 de novembro de 1967 ingresou na Real Academia Galega, lendo un discurso sobre o noso idioma , que foi contestado polo seu amigo o doutor Domingo GarcíaSabell. Xa no ano 1983, e despois de ser deputado no Parlamento de Galicia, é elixido Presidente do Consello da Cultura Galega. Ramón Piñeiro faleceu na cidade de Santiago no ano 1990. Polo seu activismo cultural e a súa loita pola cultura e o idioma galego, a Real Academia dedícalle o Día das Letras Galegas do ano 2009. Obra de Ramón Piñeiro A obra escrita por Ramón Piñeiro non é abundante, centrándose case na súa totalidade na filosofía da "saudade", Significado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaicoportuguesa (Galaxia, Vigo s.a., 23 páxs.); e Filosofía da saudade (Galaxia, Vigo 1984, 121 páxs.). A súa correspondencia publicouse en Cartas para os amigos (1992) e Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000). Escribiu tamén as súas memorias "Da miña acordanza" (2002), coa colaboración de Carlos Casares, que completou as páxinas iniciais escritas polo propio Ramón Piñeiro coas transcricións das conversas que mantiveron.

A lingoaxe i as língoas - ensaio - Vigo 1967 - Discurso de ingreso na Real Academia Galega en 1967. A filosofía i o home - ensaio - Vigo 1988 - A 1ª edición apareceu na revista Grial en 1963. Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa (Galaxia, Vigo, 1951, 23 págs.) Filosofía da saudade (Galaxia, Vigo, 1984, 121 págs.). A saudade en Rosalía (1952). Para unha filosofía de saudade (1953). Ciclo Castelao. Da miña acordanza. Galicia. Lembrando a Castelao. Olladas no futuro (1974). Un epistolario de Ramón Piñeiro


Relato gañador do VI Certame Literario Concello de Ames

As persoas do estranxeiro Eu son un neno que naceu aquí, en España, Galicia. Vivo no Milladoiro e cada día na escola aprendo algo novo. Non non mo ensina a mestra, senón que mo ensinan os meus compañeiros procedentes doutros países como: Panamá, Colombia, Portugal e a República Dominicana. Un día pregunteille a miña como se sentira ao chegar aquí e díxome: -”Estou moi feliz porque volvín a ver á miña nai”. Outro compañeiro díxome que en Colombia había unhas árbores que daban un froito chamado “tomate de árbore” e tamén nos ensinou a palabra “casunga” que significa parvada. A miña amiga da República Dominicana díxonos que alí soamente chovía unha vez ao ano e cando iso acontecía saían todos a rúa a xogar. Outro amigo falouma do canal de Panamá, da ponte das Américas e dunha comida típica do seu país, que a tomaba para almorzar.

Para finalizar, dicir que teño outra amiga que é de Galicia, pero os seus pais son de Venezuela e a súa irmá de Florida. Ela díxonos que a súa familia tiña algo especial xa que ademais de vir de moitos sitios cociñaban unha comida diferente á dos españois típica de Venezuela.

Francisco Rial Cepeda. 4º C


Relato gañador do VI Certame Literario Concello de Ames

HISTORIA DE FELICIA Esta é a historia dun país chamado Felicia. Ese país era moi pequeno e os habitantes eran moi pobres, ou iso pensaban. A poboación marchouse do seu país para buscar traballo, diñeiro e vivir fóra de Felicia era vivir mellor. Eles foron a moitos países, foron á Arxentina, á Venezuela, á Brasil, á Alemaña, á Rusia, á Francia, á Cuba e a máis países. Eles foron e aprenderon os seus costumes para estar entres eles. Pasaron os anos, Felicia era menos pobre e a maioría foise outra vez a Felicia e con eles trouxeron os costumes daqueles lugares e máis diñeiro e así Felicia deixou de ser pobre ou iso pensaban os seus habitantes. Entón ocorreu que outros habitantes de países maís pobres comezaron a vir a Felicia, así como acorrera hai anos cos “felicianos“ (a xente de Felicia). Por exemplo veu xente de Cabo Verde a un porto boniteiro de Felicia, e quedaron a vivir alí, os seus fillos aprenderon o idioma de Felicia, moitos deles volveron a súa terra, coma os habitantes de felicia, pero outros quedaron a vivir neste país. Tamén chegaron a Felicia peruanos, colombianos, arxentinos xente que eran das terras a onde foran os felicianos, porque agora os seus países están pobres; tamén eles traen os seus costumes, a súa forma de comer, a súa fala. .. Iso non lles importa aos felicianos porque lles lembra cando eles tiveron que marchar. Os felicianos saben que se todos se queren, todos collen en Felicia. No colexio dun neno de antes só había nenos, despois nenos e nenas e logo nenos e nenas de todos os países. Ano por ano, viñeron máis nenos de outros países, de Cuba, de Rusia, de África, de China e de máis países. Así que cando veñan de máis países, no futuro, todos serán ricos e felices.

Eloi Rodríguez Fraga


2ยบ C


2ยบC


O alumnado de segundo curso do Ceip Recimil de Ferrol visitaron o noso Centro para compartir una agradable xornada na que non faltaron xogos e agasallos.

Paula—2º C


VIAXE A CANTABRIA A semana do 11 ao 15 de maio os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, fixemos unha viaxe a Cantabria, acompañados polos nosos mestres Flora, Amalia e Jesús, a quen lles estamos agradecidos xa que sabemos que tiveron que deixar as súas responsabilidades familiares para que nós puderamos facer esta excursión, que resultou ser inolvidable. Visitamos moitos lugares: Taramundi, co seu frescor do río e os muíños;

Potes,

vila

pequeniña e fermosa, rodeada de montañas nevadas; Sta. María de Lebeña, de camiño a Puente Dé; Santillana del Mar, coas súas rúas empedradas e casas con balconadas de madeira; Suances, onde andivemos nun barco arredor das illas que hai nesa ría.


. Tamén visitamos museos: Museo Guggenheim, en Bilbao; neocovas de Altamira, onde tamén fixemos un taller, e explicáronnos como os prehistóricos pintaban as covas; museo da minería (MUMI), en Mieres (Asturias), xa vindo de camiño á casa.

O Parque da Natureza de Cabárceno tamén foi algo que nos gustou moito, pois era como unha viaxe pola mesma natureza que rodea aos animais. E outro día que estivemos toda a tarde no albergue foi tamén moi divertida, pois tivemos os “xogos multiaventura”,

con

tirolina,

ponte tibetana, tiro con arco, etc. Isto ocorría durante o día, pero logo tamén sempre, despois de cear tiñamos “velada”, que consistía en facer xogos distintos: busca de tesouros, visita á granxa do albergue, e ata discoteca!. E así se pasaron os días tan rápido. Foi unha excursión en que o pasamos xenial, e que sabemos que é como unha despedida de Primaria, e dos compañeiros que ben seguro nunca noutra coincidir.

volveremos a


Tivemos que escoller, pero....

había moitas máis!

Guillermo — 6º C

Irene — 1º B Area — 2º C

Álvaro —

Inés — 2ºA

Ana — 4º B


XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA Secretaría Xeral de Política Lingúística

CEP de Ventín Ventín – Biduido 15895 – AMES (A Coruña)


A voz de Ventin 2009