Page 1


As catro formas teatrais do drama grego eran a traxedia, o drama satírico, a comedia e o mimo. Mentres as dúas primeiras estaban consideradas as máis civilizadas, acordes cun espectador adulto, as dúas últimas asociábanse co primitivo, e polo tanto eran máis apropiadas para un público infantil. Os actores, todos homes, ían vestidos coa roupa cotiá e portaban máscaras. No teatro grego destacan:  

Na traxedia: Esquilo con obras como “Agamenón” o “Eumérides”. Na comedia: Aristófanes con obras como “Lisistrata”.

http://www.youtube.com/watch?v=gSquamdwsJw&feature=related http://es.wikipedia.org/wiki/Teatro_de_la_Antigua_Grecia


Ao principio asociábase a festivais relixiosos pero pouco a pouco converteuse nun entretemento (teatro cómico). A estrutura das pezas foi moi activa e ao gusto do público, e ademais acostumaban ser cantadas moitas partes da obra.

O teatro romano foi atacado pola igrexa cristiá, en parte porque os actores e actrices tiñan fama de liberais e en parte porque os mimos satirizábanos con frecuencia. Iso provocou o afundimento do teatro. Destacan autores como Plauto, creador da traxicomedia, con obras como “Casino” o “Asinaria”. http://www.teatro.meti2.com.ar/historiauniversal/culturasteatrales/teatrorom ano/teatroromanol.htm http://www.youtube.com/watch?v=tFn8tdy4zoQ


Estas representacións, que tiñan lugar dentro das igrexas, no coro ou parte central da nave, fóronse facendo máis longas e espectaculares dando lugar a un tipo de teatro relixioso que foi o teatro medieval por excelencia. Pouco a pouco fóronse engadindo elementos profanos e cómicos a este tipo de representacións que terminaron por abandonar as igrexas e comezaron a realizarse en lugares públicos: nos pórticos e adros das igrexas, prazas, rúas e cemiterios. Nesta época aparecen os corrais de comedias. Na literatura española, a obra máis destacada é “El auto de los Reyes Magos”. Destacan dous autores: Gil Vicente e Lope de Rueda. http://www.youtube.com/watch?v=knEV28D0Loc http://www.bibliotecasvirtuales.com/biblioteca/literaturaespanola/edadmedia/te atro.asp


Os temas da baixa idade media sobre a loita da humanidade e as adversidades, o xiro cara temas máis laicos e preocupacións máis temporais e a reaparición do cómico e o grotesco contribuíron á nova forma de facer teatro.

Nesta época nace a Ópera. A comedia máis coñecida era a commedia dell’arte. Na literatura española estes séculos son coñecidos como Os séculos de Ouro. En Europa, temos como escritores máis coñecidos: o En Francia: Molière o En Inglaterra: Shakespeare o En España: Cervantes, Lope de Vega, Calderón de la Barca http://www.redteatral.net/noticias-historia-del-teatro-iii--renacimiento-171 http://es.wikipedia.org/wiki/Teatro#Barroco_y_neoclasicismo


Era, basicamente un teatro de actores. Estaba dominado por intérpretes para quen se escribían obras axustadas ao seu estilo; a cotío estes actores adaptaban clásicos para compracer os seus gustos e adecuar as obras ás súas características. As obras de Shakespeare eran alteradas ata non poder ser recoñecidas non só para compracer aos actores senón, tamén, para axustarse ós ideais neoclásicos.

É a época do Clasicismo e a Ilustración. Nas literaturas europeas destacan: Na traxedia: Corneille e Racine Na comedia: Goldoni e Fernández de Moratín http://museoteatro.mcu.es/gallego/coleccion/c04.html http://www.spanisharts.com/books/literature/tneocla1.htm


O teatro romántico buscou a inspiración nos temas medievais e presenta a un heroe individual dominado polas paixóns, ben sexan estas virtuosas ou viciosas. Trata temas amorosos que desencadean unha serie de desastres, coa finalidade de conmover ao espectador. Recupéranse as formas e estruturas do teatro do Século de Ouro pero perfeccionándose e complicándose. Creación do melodrama, do teatro burgués, o naturalismo e a crítica social, o realismo psicolóxico e a aparición do director. O autor más representativo foi José Zorrilla. Tamén son destacables Duque de Rivas, Bècquer o Jose de Larra. http://arteescenicas.wordpress.com/2010/01/11/teatro-del-siglo-xix-teatroromantico-u-ii/ http://es.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Obras_de_teatro_del_siglo_ XIX


Renovouse máis lentamente pola resistencia dos empresarios e o público Teatro de corte tradicional, naturalista ou simbolista Teatro experimental: Iniciado por Alfred Jarry. Ridiculiza aos heroes, temas e linguaxe. Teatro da crueldade: Antonin Artaud propugna un espectáculo total (música, danza, mimo...) que acabe coa pasividade do espectador. Teatro épico: obras de contido social e novidosa posta en escea: Bertolt Brecht. Teatro do absurdo: a través da incoherencia e o disparate ofrecen unha visión desoladora do mundo do século XX: Samuel Beckett


Teatro Independente A partir dos anos 50, xorden numerosos espectáculos que dan cabida ás máis variadas experiencias. Caracterízanse por: • Primacía do espectáculo sobre o texto. • Ruptura da división entre escenario e sala: os espectadores participan na obra e o teatro sae á rúa. • Numerosos elementos plásticos e sonoros para satisfacer a un público habituado ao cine, tv... Destacan: Living Theatre, Teatro Laboratorio de Jerzy Grotowski, Peter Brook, La fura dels Baus...

Musical Xorden a partir dunha libre asociación de cancións, danzas… e desenvólvense a través do diálogo, o canto e a danza. Fan fincapé na canción, o baile e a comedia. http://www.spanisharts.com/books/literature/tcontxx.htm


Son obras dramáticas que se unían á danza, á música, ás crenzas relixiosas e ós costumes sociais. É moi literario e ten convencións moi estritas. No teatro chinés destaca a ópera: nas súas representacións mestúranse cantos, bailes, fragmentos falados, mímica e acrobacias. Destaca a Ópera de Pekín. Existen moitas variedades rexionais da ópera chinesa, pero a máis coñecida é a ópera de Pekín. Nun principio só se representaba ante a familia do emperador, pero posteriormente popularizouse.

http://www.teatro.meti2.com.ar/historiauniversal/culturasteatrales/teatrochino/teatrochino.html http://es.wikipedia.org/wiki/%C3%93pera_china


Caracterizase polo uso de pezas complexas e épicas. Está máis centrado no humor que nos personaxes. Os escenarios tiñan unha decoración laboriosa, pero non se usan técnicas representacionais. Os movementos de cada parte do corpo, a recitación e a canción están rixidamente codificadas. Destacan as marionetas e o teatro danzado, especialmente o kathakali. Noutros lugares do Sudeste asiático, dominan as marionetas, en especial o wayang kulit, ou marionetas de sombras. Nalgúns sitios as marionetas son tan apreciadas que os actores estudian os seus movementos para imitalos. http://www.monografias.com/trabajos16/el-teatro/el-teatro.shtml#ORIENTAL


Nô Tratase dun drama lírico xaponés. O Nō procede das danzas rituais dos templos, das danzas populares, dos escritos budistas e da poesía, mitoloxía e lendas populares xaponesas e chinesas. Nô contemporáneo Recibiu xunto ao kyōgen o recoñecemento oficial como dous das tres formas nacionais do drama.

Kabuki KA --- CANTAR BU --- BAILAR KI --- HABILIDADE O kabuki é unha forma de teatro xaponés tradicional que se caracteriza polo seu drama estilizado e o uso de maquillaxes elaborados nos actores. Nun principio as mulleres interpretaban tamén ós homes pero a partir de 1620 son os homes os que pasan a interpretar os dous papeis.

http://es.wikipedia.org/wiki/Teatro_japon%C3%A9s http://www.teatro.meti2.com.ar/historiauniversal/culturasteatrales/teatrojapones/teatrojapones.htm

Evolución e historia do teatro  

Presentación sobre a historia e evolución do teatro

Advertisement