Page 1

MEMORIA DA ACCIÓN FORMATIVA NO SALNÉS A Embaixada eTwinning en Galiza realizou durante o segundo trimestre do ano escolar 2011/2012, unha acción de formación sobre eTwinning na comarca do Salnés, consistente en tres sesións de dúas horas cada unha: Lugar de celebración:

EOI de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

CFR vinculado:

CFR de Pontevedra

Datas:

17/01/2012. 10:30 a 12:30. 17/01/2012. 16:30 a 18:30. 20/01/2012. 16:30 a 18:30.

OBXECTIVO

CONTIDOS

Invítase a docentes da comarca do Salnés, sen coñecemento previo de eTwinning, a coñecer a plataforma, as características dos proxectos, e a aplicación das ferramentas do Twinspace para a realización de traballo colaborativo. • • • •

• •

Que é eTwinning. Características dos proxectos. Exemplos de proxectos de diferentes niveis educativos. Plataforma eTwinning.net: como rexistrarse, como buscar proxectos, como procurar kits e proxectos destacados. Escritorio: Perfil, Lista de contactos, Correo interno, Buscador de socios e Buscador de proxectos. Creación de proxectos e engadir un novo socio a un proxecto activo. TwinSpace: como traballar entre profesores, como rexistrar alumnos, correo interno, creación de páxinas de actividades, ferramentas de publicación e de traballo colaborativo. Axuda: etwinning.es, etwinning.net, blogue da embaixada. Inscrición dos interesados.

A acción de formación desenvolveuse segundo o programa establecido, coa asistencia de 13 docentes de infantil, primaria, secundaria e escola de idiomas, dos seguintes centros educativos: • Tres docentes do IES Castro Alobre, Vilagarcía. • •

Tres docentes da EOI de Vilagarcía de Arousa. Unha docente do IES Francisco Asorey, Cambados.

• •

Tres docentes do CRA de Meis. Dúas docentes do CEIP Vilaxoán, Vilagarcía.

Unha docente do CEIP de Rubiáns, Vilagarcía.


Explicáronse as bases dos proxectos eTwinning e as características necesarias para obter o Selo de Calidade. Unha das docentes ten experiencia en proxectos Comenius. Explicamos as características de eTwinning que o diferencian de Comenius: sen prazos, sen papelame, sen orzamento. Tras a explicación teórica e a exemplificación, rexistráronse once usuarios uníndose a outra compañeira que xa se inscribira. Fixeron prácticas de procura de socios, correo interno, invitacións, incorporacións ao proxecto “Achegamento a eTwinning”, e creación dunha páxina de actividades no Twinspace.

A duración de cada reunión foi de dúas horas (excepto a primeira, que chegou a tres horas), que transcorreron entre probas, comentarios, preguntas, solución de problemas, etc. Varios asistentes preinscribíronse no curso eTwinning 2.0 do ITE. A reunión finalizou co ofrecemento da Embaixada para o asesoramento e difusión dos primeiros proxectos dos asistentes. Santiago de Compostela, a 23 de xaneiro de 2012

Asinado: O relator

Marcos Vence Ruibal IES San Clemente

Memoria Salnés 2012  

Acción formativa no Salnés EOI de Vilagarcía de Arousa. Embaixada eTwinning Galicia Xaneiro 2012

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you