Issuu on Google+

POR:

Cintia Mª Pedreira Vázquez e Estefanía Santiso Fraga


GUIÓN 1. Introducción. 2. Historia dun volume. 3. O cardenal Inguanzo. Vida e obra: a) Contexto histórico e ideoloxía. b) Relación da ideoloxía co libro.


1. Introdución Este libro foi publicado en 1813 o cal o seu autor é don Inguanzo obispo de Zamora. Está divido en dúas partes: “cartas en que se impugna el discurso titulado juicio histórico canónico-político de la autiridad de las naciones en los bienes eclesiásticos, o disertación sobre la pertenencia de su dominio, según el espíritu invariable de la iglesia, y los principios inconcusos del derecho público” e “discurso sobre la confirmación de los obispos, en el cual se examina la materia por los principios canónicos que rigen en ella en todos tiempos y circunstancias, y se contrae a los actuales de la península”. Este libro foi elborado a partir da publicación dun artigo de ideas contrarias ao autor, ás que el devatiu. A parte disto máis formal, tralo manexo do libro atopamos nalgunhas páxinas uns cuños, que solo se poden ver a contraluz, e dos que descoñecemos o seu significado dado que a data de publicación deste libro quédanos moi lonxana. Como desenrolo desta breve explicación, podemos comenzar a mergullarnos na historia do libro.

2. Historia dun volume Todo comezou cando un sábado pola mañá Estefanía estaba axudándolle o seu avó (Jaime Santiso Barbeito) a limpar. Durante o proceso encontrou un libro moi antigo nunha das estanterías. Isto deulle moita curiosidade e preguntoulle o seu avó como chegara alí. El contou o seguinte:


- Pois...penso que este libro pertencía ao meu tío-avó don Ignacio Carro Rodríguez. Aproximadamente, el naceu no ano 1860 e era irmán da miña avoa paterna. Ignacio traballaba no Hostal Universal de Betanzos, que aínda segue existindo actualmente, na zona da Alameda. Ao traballar neste hostal de transición entre cidades importantes (Ferrol-Coruña-Santiago), estaba en continuo contacto coa xente máis privilexiada, tanto a betanceira como a foránea. Supoño que o libro o puido adquirir a través desa xente...pero por outra banda tampouco teño moi claro se podería ser dos seus antepasados dado que pola idade non me lembro...ou tamén xa que el era moi aventureiro e viaxaba por moitos sitios de España puido habelo adquirido en calquer outro lugar ou mercadillo. Despois deste período no hostal, aínda moi xoven, por culpa da mala situación que se vivía no país. O tío decidiu emigrar cara a México e deixou parte das súas pertenzas nun baúl que había antes na casa. Non se soubo nada del por anos. Ata que mais ou menos no ano 1930 lles chegara aos meus pais un comunicado de desaparición. Despois deste lamentable feito os seus sobriños, nos que se encontraba meu pai, decidiron repartir os obxectos que houbese no baúl. O problema foi que antes disto meu pai faleceu por culpa da tuberculose. Entón a miña nai, Manuela Barbeito Amor tivose que facer cargo de meu irmán, que tiña seis anos; e de min, que tiña tres. Pouco despois repartíronse os haberes do tío Manuela (miña nai), ao tar viúva, convertíase nunha das herdeiras principais. Cando se abriu o baúl, dentro del había sábanas, unha colcha de liño (que aínda se conserva na actualidade), documentos, unha vaixela e libros. No momento de decidir cada un con que se quedaba, miña nai foi unha das máis perxudicadas porque entre as cousas valiosas solo lle deixaron quedarse coa roupa da cama, a colcha e unha parte insignificante da vaixela. O final de todo o problema no baúl seguiron quedando cousas de valor ínfimo que ningún dos meus tíos quixo; polo cal, miña nai quedouse con elas como recordo da familia do meu pai falecido. Entre elas estaba o libro. A miña nai conservou todas estas cousas e ao libro dáballe un uso moi especial, xa que como non sabía ler e daquela os libros valían pouco, ela gardaba todos os seus cartos nel. Esto é o único que podo contar da vida do libro porque a túa avoa máis eu solo o gardamos polo valor sentimental e polo esforzo que tivera que pasar a miña nai para conseguilo.


ÁRBORE XENEALÓXICA

Ignacio Carro Rodríguez

MªAntonia Carro Rodríguez

Francisco Santiso García

(irmáns)

Antonio Santiso Carro

Barneito Amor

Aquilino Santiso Barbeito

Santiso Barbeito

Manuela

Jaime

3. O cardenal Inguanzo. Vida e obra Don Pedro de Inguanzo y Rivero, fillo de Antonio José de Inguanzo Posada y María Teresa Rivero y Valdés e de acomodada familia, naceu o 22 de decembro do ano 1764 en La Herrería, un barrio da parroquia de Vibaño en Llanes (Asturias). Realizou os seus primeiros estudos cos benedictinos en Celorio (Llanes), máis adiante estudou filosofía e artes e posteriormente trasládase a Sevilla, onde ocuparía o posto de secretario do Arzobispo Alonso Marcos de Llanes, familiar seu. Nesa mesma cidade doctórase en teoloxía e logra a cátedra do dereito canónigo que exercerá en Cabildo (Oviedo). Co estalido da Guerra da Independencia, Don Inguanzo apoia o alzamento das “Juntas del Principado” en Asturias en maio do 1810 contra as forzas


napoleónicas e resultando elixido, nese mesmo ano, para representar a Asturias nas Cortes de Cádiz. Defendeu o mantemento da Santa Inquisición e do sistema absolutista, e impuxo o artigo 12 da Costitución de 1812 referinte á relixión, no que se establecía a Igrexa Católica Apostólica y Romana do Estado. Ó mesmo tempo rexeitou o afrancesamento da Carta Magna que pretendían certos sectores da sociedade, tamén foi uns dos informantes contra os diputados liberais. Trala guerra é elixido obispo da diócese de Zamora, tomando posesión do cargo no 1815 e exercéndo durante dez anos. No 1824 é nomeado primado de España en Toledo e de seguido cardenal da Igrexa polo Papa León XII. No doutrinal destacou pola sua intranxixencia e extrema severidade. É autor de gran número de obras e cartas teolóxicas, e foi tamén membro da Real Academia de Historia e conselleiro do Estado. Faleceu en Toledo o 30 de xaneiro do 1836. Algunhas das súas obras destacadas son: Discurso sobre la confirmación de los obispos (publicado en Cádiz no 1813 e cunha segunda edición en Madrid no 1836); El dominio sagrado de la Iglesia en sus bienes temporales (1820-Salamanca); Instrucción al clero secular y regular y files... (1824-Zamora); Pastoral al clero y pueblo de la Diócesis de Toledo contra las malas doctrinas y costumbres (1825-Toledo).

a) CONTEXTO HISTORICO E IDEOLOXÍA


Este libro foi elaborado no ano 1813, durante o período de abolición do Antigo Réxime (desenvolvemento da Guerra de Independencia) coa convocatoria das Cortes Cádiz (aprox. 1810) e coa promulgación da Constitución de 1812. Esta novidosa constitución trouxo consigo importes cambios e nela recolleuse o espíritu e as ideas liberais aceptadas pola maioría dos deputados en Cádiz. Nela tratáronse os seguintes puntos, aparece unha nova forma de goberno que é a monarquía moderada pero con soberanía da nación. Establécese unha estricta división de poderes (lexislativo -cortes unicamerais -, o xudicial -os tribunais - e o executivo - rei-) coa defensa de dereitos e liberdades dos cidadáns. Fronte o Antigo Réxime os liberais impoñen unha única lexislación e eliminan os privilexios forais (tema mencionado no libro). Centrandonos directamente coa ideoloxía do libro podemos destacar a actución de don Inguanzo (autor do presente libro) na elaboración do art.12 (“a relixión da nación española é e será perpetuamente a católica, apostólica, romana, única e verdadeira. A nación protexea por leis sabias e xustas, e prohibe o exercicio de calquera outra”_ Constitucion de 1812) esto declaraba a relixión catolica como oficial e única autorizada. Por último, debemos nomear algúns feitos de importacia que envolveron e trancorriron durante esta etapa histórica. O principal e máis destacado sería a supresión do Tribunal da Inquisición (1813) e o Tratado de Valençay, do mesmo ano, onde Napoleón devolve a coroa española; ao sucesor Fernando VII, no que con el se volverá, nos seus comezos, a un período absolutista.

b) RELACIÓN DA IDEOLOXÍA CO LIBRO Como xa sabemos don Inguanzo defendeu o mantemento da Santa Inquisición e permanencia do sistema absolutista, ademais de promulgar o xa nomeado artigo 12, pese a que este pertencese a unha constitución liberalista. Durante a lectura do libro atopamos grandes correspondencias co seu pensamento. As máis destacables que puidemos sonsacar foron as seguintes: - Carta 1ª (páx.1 -final do segundo parágrafo-) “Dios es dueño y señor de todas las cosas”


Onde nela podemos observar a clara xustificación da súa preferenza polo catolicismo. Despois as seguintes citas oriéntase máis hacia outro dos grandes temas tratados polo libro: a desamortización: - carta 2ª (páx. 19 -final-) “...que el patrimonio de la iglesia, su conservación y dispensación, forma uno de los principales objetos de su gobierno...” - carta 3ª (páx. 27, 28) “...díganme vdes., señores míos: ¿y cuáles son los títulos de ese dominio nacional que vdes. establecen? ¿por dónde les va ni vino a las naciones ese derecho? Donaciones ni testamentos de particulares, ni de universales, ni ahorros ni industrias, ni cosa que lo valga, no los tenemos.” A desamortización foi un proceso político e económico de larga duración en España, que transcurreu dende o ano 1766 ata 1924, na cal a acción estatal converteu en bens nacionais as propiedades e dereitos que ata entón constituiron o patrimonio amortizado de varias entidades civís e eclesiásticas tentando que chegaran as mans de cidadáns individuais. As medidas estatais afectaron a propiedades plenas (fincas), os dereitos censais e ao patrimonio artístico e cultural (conventos, bibliotecas, pinturas e ornamentos) das institucións afectadas. Durante as Cortes de Cádiz promulgouse un decreto xeral de desamortización en 1813 polo que o estado confiscaba e poñía en venda os bens dos afrancesados, das ordes militares, dos conventos, unto coa parte do patrimonio da coroa e dos baldíos e terras dos concellos. Estas medidas tiveron escasa vixencia pola restauración do absolutismo.

FIN


A vida dun libro