Page 1


ISRAEL O País de Xesús


Datos oficiais de Israel 

Israel, oficialmente Estado de Israel, é un país de Asia que se encontra na ribeira suroeste do Mar Mediterráneo, na rexión coñecida como Oriente Próximo. Limita ao norte co Líbano, ao leste con Siria e Xordania, ao oeste co Mar Mediterráneo, ao suroeste con Exipto e ao sur co golfo de Aqaba (Mar Vermello).


Israel é unha democracia parlamentaria. Declarou a súa independencia en 1948 e é o único Estado xudeu do mundo, aínda que a súa poboación está constituída por cidadáns de relixións e etnias diversas. A súa economía é tecnoloxicamente moi avanzada e ocupa o posto 23 de 177 países valorados no Índice de Desenvolvemento Humano da ONU, o que a sitúa no posto máis alto de Oriente Medio e na terceira de Asia. Israel ten unha superficie de 22.145 km. A maior cidade do país é Xerusalén, aínda que a súa capital e a maior área metropolitana se concentra en Tel Aviv.


Israel en Oriente Pr贸ximo (Asia)


Israel visto dende o satĂŠlite


Israel en tempos de XesĂşs s.I


Independencia • Data

ISRAEL

Do Reino Unido 14 de maio de 1948

Superficie • Total • % auga Fronteiras Poboación • Total • Densidade

Posto 151º 22.145 km2 ~2 1006 km Posto 96º 7.350.000 (2007) 324 hab./km2

PIB (nominal) • Total (2005) • PIB per cápita

Posto 38º US$ 123.434 millóns US$ 20.399 (2006)

PIB (PPA) • Total (2006) • PIB per cápita

Posto 47º US$ 177.300 millóns US$ 26.200 (28º)


IDH (2005)

0.932 (23º) alto

Moeda

Novo shequel (₪, ILS)

Xentilicio

Israelí

Huso horario no verán Dominio Internet

EET (UTC+2) EEST (UTC+3) .il

Prefixo telefónico

+ 972

Prefixo radiofónico

4XA-4XZ, 4ZA-4ZZ

Código ISO

376 / ISR / IL

Membro da ONU Xerusalén é a capital oficial de Israel. A ONU non recoñece a anexión de Xerusalén Oriental por parte de Israel. A maioría de nacións trasladaron as súas embaixadas a Tel Aviv como protesta en 1981.


Relixión

Islam

Lugar

Orixinaria da península de Arabia

Características

Partidarios dunha sociedade igualitaria, os islamistas toman como modelo a Umma (comunidade islámica).

Protagonista

Autoridade

Rituais

Alá (Deus) e Mahoma, que é o seu profeta.

Para os islamistas, o comportamento dos musulmáns debe rexerse polos preceptos establecidos no libro sagrado (Corán), así como na Sunna e o Hadit (palabras e comentarios de Mahoma).

A primeira obriga é a profesión de fe ou testemuña (shahada). A segunda obriga é a das cinco oracións diarias. A terceira obriga fundamental dun musulmán é entregar o zakat (limosna). A cuarta obriga é o xaxún do mes do Ramadán. A quinta obriga é a peregrinación á Kaaba, (A Meca)

Relixión monoteísta, a máis extendida no mundo debido aos máis de 1.700 millóns de persoas que a profesan.

Cristianismo

Xerusalén (Israel)

Os cristiáns ensinan que Deus é omnipotente no seu dominio sobre todo o que está na terra e no ceo, recto á hora de xulgar o bo e o malo, encóntrase máis alá do tempo, do espazo e do cambio, pero sobre todo ensinan que “Deus é amor”.

A figura de Xesucristo.

Forman parte do Novo Testamento e englobadas na Biblia

A creación do mundo a partires da nada e da especie humana foron expresións dese amor, como tamén o foi a vida de Xesús á Terra.

Xudaísmo

Abrahán, profeta do xudaísmo, cristianismo, e islam, nace en Ur, actual Irak. Por orde de Deus emigrou a Canaán, Israel.

O Tenakh é o nome da Biblia xudía. Nela se conta a historia do pobo xudeu.

Deus creou o mundo e todala súa historia. Os xudeus descenden do pobo hebreo. Os xudeus son o pobo elixido de Deus, "unha luz para tódalas nacións". O Muro das Lamentacións é un muro de Xerusalén que constitúe o único resto do Templo de Herodes, destruído no 70 a.C. Actualmente acoden a el os xudeus para rezar e introducir oracións e peticións escritas entre os grandes bloques de pedra.

Tódalas referencias históricas que se teñen de Xesús encóntranse nos Evanxeos.

As figuras de Abrahán, Moisés e o rei David.

A parte máis importante é a Torá, os primeiros 5 libros da Biblia. Na Biblia tamén están as leis, incluídos os Dez Mandamentos que Deus lle revelou a Moisés

O bautismo. A eucaristía ou cea do Señor, (Primeira comuñón). A Confirmación. A oración universal, o Pai Noso.

Aos nenos se lles circuncida aos 8 días de nacer. O Sabbat (sábado) é un día sagrado e de repouso. Está prohibido comer porco e marisco. Un neno xudeu se converte en adulto no Bar-Mitzvah, aos 13 anos. Hanuká: Festa das Luces. Pésaj: Liberación da escravitude exipcia. Yom Kipur: Día do Perdón


Bandeira de Israel


MenorĂĄ, sĂ­mbolo do pobo xudeu.


Xerusalén 

O seu nome significa Paz. Xerusalén é unha cidade con máis de 4.000 anos de historia, e para a metade da humanidade é a cidade santa por excelencia.

Tamén é a capital relixiosa das tres grandes relixións monoteístas: Para os cristiáns é a cidade na que Xesús morreu na cruz e logo resucitou; os musulmáns cren que nela Mahoma ascendeu aos ceos; e para os xudeus é a súa patria nai.


Maqueta de XerusalĂŠn s. I


Escudo da cidade de XerusalĂŠn


Datos oficiais da cidade de Xerusalén Hebreo

‫( יְרּושָׁ ַליִם‬Yerushalaim)

Árabe

común: ‫( القـ ْدس‬Al-Quds);

ُ

Oficial Israel:

‫أورشليم القدس‬

(Urshalim Al-Quds) Significado

‘hebreo: «Cidade da Paz» árabe: «A Santa»

País

Israel

Distrito

Xerusalén

Municipalidade

Cidade

Poboación

7.350.000 (CBS fin de 2007)

Xentilicio

Xerosolomitanos

Superficie

125 156 dunams (125,2 km²)

Alcalde

Uri Lupolianski


XerusalĂŠn musulmĂĄ


Bandeira de Palestina


Explanada do Templo


O Domo da Rocha 

Tamén coñecida como a Mesquita de Omar. Foi construída no século VII polo califa AbdulMalek da dinastía dos Omeias. Está situada no Monte Moria, e no seu interior está a rocha na que Abrahán se dispuxo a sacrificar ao seu fillo Isaac. A crenza musulmá sostén que o profeta Mahoma ascendeu ao ceo dende a histórica rocha, por iso, foi levantada aquí unha das mesquitas máis importantes e fermosas do mundo islámico.


O Domo da Rocha


Interior da Domo da Rocha


Mesquita de Al-Aqsa 

Tamén coñecida como a Mesquita Afastada, foi construída no século VIII polo califa ElWalid. A mesquita tamén se encontra na Explanada do Templo cerca do Domo da Rocha.

Serve para as oracións públicas e pode acoller durante as oracións oficiais ata 5 mil persoas.


Mesquita de Al-Aqsa


Mesquita de Al-Aqsa


Museo de arte islรกmico


Xerusalén xudía


XerusalĂŠn vella


O Muro das Lamentacións 

Tamén coñecido como o Muro occidental, é o lugar máis venerado polos xudeus. Foi reconstruído polo rei Herodes no ano 20 a. C. e posteriormente foi destruído polos romanos no ano 70 d.C., que expulsaron ao pobo xudeu e non lles permitiron regresar a Xerusalén. No período bizantino, século VI, se lles permitiu achegarse ao Muro, pero só unha vez ao ano: no aniversario da destrución do Templo para lamentar a dispersión do pobo xudeu e chorar sobre as súas ruínas. Esta é a orixe do nome “Muro das Lamentacións”.


O Muro das Lamentaci贸ns ou Muro Occidental


Carta do Papa Xoán Paulo II Deus dos nosos pais, Ti elixiches a Abrahán e aos seus descendentes para traer o teu nome ás Nacións: estamos profundamente tristes polo comportamento dos que no curso da historia causaron sufrimento aos teus fillos, e pedíndoche perdón desexamos reunirnos en auténtica irmandade co pobo da Alianza.

Xerusalén, 26 de Marzo do 2.000


Xoรกn Paulo II


Maqueta do templo do Rei Salom贸n


Museo do Holocausto


Tumba do Rei David


Piscina de Bethesda


Piscina de SiloĂŠ


Kneset, Parlamento de Israel


Muro da vergo単a que separa a franxa palestina de Israel


Sinagoga


Santuario do Libro


Murallas de XerusalĂŠn


Porta de Damasco


Porta de Herodes


Porta de Jaffa


Porta dos Le贸ns


Porta dos Desperdicios


Torre de David


Tumba de Absal贸n


Monte das Oliveiras, cemiterio xudeu


Tumba de Oscar Schindler


Rúas de Xerusalén


Mercados de XerusalĂŠn


Mercados de XerusalĂŠn


Gastronomía 

Comida halal ou musulmá. Alimentos impuros :

O porco e os seus derivados. Animais sacrificados en nome de calquera outro ser que non sexa Alah. Animais carnívoros, aves de rapina ou animais terrestres sen orellas externas. Sangue e os derivados dela. Alcohol e drogas. 

Comida casher ou xudía. Alimentos impuros :

Os animais carnívoros, as aves carroñeiras e de presa, e case tódalas acuáticas -excepto as anseriformes-. Os peixes cartilaxinosos e óseos, os réptiles e anfibios. Case tódolos invertebrados e algúns mamíferos (porco, cabalo, coello, lebre, canguro, roedor, morcego, etc.)


Comida nun restaurante musulmĂĄn en XerusalĂŠn


Servindo o tĂŠ


Curiosidades de XerusalĂŠn


Flores no deserto


Transporte aĂ­nda usado en XerusalĂŠn ;)


Transportador de mercadorĂ­as


Xerusalén cristiá


O Cenáculo 

É a sala da Última Cea ou Cenáculo, onde Xesús comeu por derradeira vez cos seus apóstolos instituíndo a Eucaristía.

“...E tomando o cáliz e dando grazas, lles dixo: Este é o meu sangue do novo pacto, que por moitos é derramada...” (Mc 14, 12-16).


A Ăšltima Cea, Leonardo da Vinci


Cenรกculo


Cenรกculo


A Vía Dolorosa 

Este é o camiño percorrido por Xesús dende o Pretorio (Lithostrotos), onde foi condenado a morte por Poncio Pilato, ata o Monte Calvario. “...e el, cargando a súa

cruz, saíu ao lugar chamado Calaveira, que en hebreo quere dicir Gólgota”. 

A derradeira, Estación XIV, é a sepultura de Xesús. Da X á XIV atópanse dentro da Igrexa do Santo Sepulcro.


VIII Estación: Xesús dille ás mulleres na multitude que non choren por el; que choren por elas mesmas e os seus fillos.

Vía Dolorosa, Xerusalén


Capela na VIII Estaci贸n na V铆a Dolorosa


PelegrĂ­ns na VĂ­a Dolorosa


IX Estación: Xesús cae por terceira vez. Á esquerda, entrada á igrexa ortodoxa de Sta. Helena Vía Dolorosa, Xerusalén


Chegando á Igrexa do Santo Sepulcro. Vía Dolorosa, Xerusalén


Igrexa do Santo Sepulcro


Entrando na Igrexa do Santo Sepulcro

no Monte Calvario ou Golgotha.


Lugar onde Xesús estivo cravado na Cruz Estación XI da Vía Dolorosa Igrexa do Santo Sepulcro, Xerusalén


Lugar onde Xesús morreu na Cruz. Círculo dourado con raios de prata, no chanzo de mármore, indica o lugar onde estivo a cruz. Estación XII da Vía Dolorosa Igrexa do Santo Sepulcro, Xerusalén


O corpo de Xesús é baixado da Cruz,

e mentres descansa sobre esta pedra, é limpado. Estación XIII da Vía Dolorosa Igrexa do Santo Sepulcro, Xerusalén


Iglesia del Santo Sepulcro, Jerusal茅n

Otra vista de la Estaci贸n XIII


CĂşpulas do Santo Sepulcro


Igrexa do Santo Sepulcro, XerusalĂŠn


Na Capela da Ascensi贸n: onde Xesucristo ascendeu ao ceo. Nesta rocha est谩 marcada a pegada de Xesucristo.


Tumba da Virxe María 

Os apóstolos transportaron o corpo de María hasta o val de Josafat e o depositaron nun sepulcro novo.

No século V levantouse unha igrexa destinada a albergar a sepultura da Virxe María e que hoxe pertence aos monxes beneditinos.


Igrexa da dormici贸n


Entrada á tumba da Virxe María


Os cadros rodean a pedra onde o corpo da Virxe MarĂ­a foi depositado.


No lugar onde o corpo da Virxe María descansou por tres días. Na rocha cor castaño claro debaixo do mármore das ofrendas.


Basílica de Santa Ana 

A Basílica de Santa Ana data do século XII, asignándoselle 1140 a data exacta da súa construción e sendo os cruzados francos os responsables de tan importante templo. Algunhas versións din que esta basílica foi feita sobre o lugar onde naceu Santa Ana. Outras versións mencionan que era o lugar onde vivían Santa Ana e San Xoaquín, pais da Virxe María.


Pater Noster 

A Igrexa do Pater Noster (O Noso Pai), levántase sobre a gruta sagrada onde, según a tradición, Xesús ensinou dita oración. O emperador Constantino construíu unha igrexa no cume do Monte das Oliveiras para lembrar as últimas ensinanzas do Señor. No muro da Igrexa está escrito o texto da oración do Noso Pai en 62 idiomas.


O Monte das Oliveiras e o horto de Getsemaní 

Domina a cidade vella de Xerusalén e dende o seu cume descúbrese unha fermosa panorama do deserto de Xudea e incluso do Mar Morto.

É o monte onde Xesús ascendeu ao ceo, e o lugar onde se reunía cos seus discípulos para meditar e orar. No horto de Getsemaní, Xesús foi traizoado por Xudas Iscariote e posteriormente detido.


Igrexa de t贸dalas naci贸ns


Igrexa de Ein Kerem, onde naceu o profeta Xoรกn Bautista


San Pedro “in Galli Cantú” 

Este é o lugar onde San Pedro ao oír o canto do galo, decatouse que negara a Xesús, cumpríndose o que dixera o Señor: “Antes de que o galo cante dúas veces, ti me negarás tres ”. Cando o galo cantou por segunda vez, Pedro lembrou as palabras que Xesús lle dixera, e chorou.


San Pedro in Galli Cantu, Monte Si贸n


Igrexa rusa-ortodoxa de MarĂ­a Magdalena


Belén 

Belén é a cidade na que naceu Xesús. Está situada nun outeiro rochoso a 9 quilómetros de Xerusalén.

“… na aqueles días ían todos a Xerusalén para ser empadroados. Xosé subiu de Nazaret a Belén con María, a súa muller, que estaba en cinta. ...E aconteceu que estando alí, cumpríronse os días do nacemento, e deu a luz ao seu fillo primoxénito.” En Belén tamén naceu David, que foi unxido Rei de Israel polo profeta Samuel.


BelĂŠn


Mesquita de BelĂŠn


Igrexa da Natividade 

Na gruta da Natividade hai unha estrela de prata coa inscrición en latín: “Hic de Virgine Maria Jesus Christus natus est” (Aquí naceu Xesús da Virxe María), e sinala o lugar do nacemento de Xesús. O pesebre encóntrase a dereita do lugar onde naceu Xesús, era utilizado probablemente para almacenar a forraxe para o gando, e era o lugar máis seco para poñer ao Neno, mellor que no chan duro.


BasĂ­lica da Natividade, BelĂŠn.


Porta da BasĂ­lica da Natividade


Cara o pesebre na BasĂ­lica da Natividade


No lugar onde naceu Xesucristo, BasĂ­lica da Natividade, BelĂŠn


Onde naceu Xesucristo, BasĂ­lica da Natividade, BelĂŠn


Pesebre na BasĂ­lica da Natividade


Campo dos Pastores 

“E había pastores na mesma terra, que velaban e gardaban as vixilias de noite sobre o seu gando.” “E o anxo do Señor veu sobre eles, e a claridade de Deus os rodeou de resplandor e tiveron gran temor. Mais o anxo lles dixo: “ Non temades, porque hoxe naceu na cidade de David, un salvador, que é Cristo, o Señor.” (Lucas 2).


Igrexa en Beit Sahur, BelĂŠn


Nazaret de Galilea 

Nazaret está situada no medio dos outeiros rochosos de Galilea. Neste pobo viviu Xesús ata os 30 anos. Destaca a Basílica da Anunciación, onde Gabriel, o anxo do Señor, se apareceu á Virxe María para anunciarlle o nacemento do seu fillo. “O Verbo fíxose carne e habitou entre nós” (Xn 1, 14).


Igrexa da Anunciaci贸n, Nazaret


Igrexa de San Gabriel, Nazaret


O Mar de Galilea 

Tamén chamado Lago de Tiberíades, sitúase a 210 m. baixo o nivel do mar e ten 21 quilómetros de largo e 12 de ancho.

En tempos de Xesús era o centro da fértil e fermosa rexión de Galilea. Aquí tiveron lugar algúns dos episodios máis importantes da vida pública de Xesús: a chamada aos apóstolos (Mt 4, 18), a calma da tempestade (Mt 8,23), etc.


Mar de Galilea


Igrexa no Monte das Benaventuranzas


Tabha, multiplicaci贸n dos pans e os peixes


Castelo dos cruzados en Monfort, Galilea


Maar Saba, mosteiro greco-ortodoxo


Cafarnaum, Galilea


Antiga Sinagoga


Igrexa greco-ortodoxa, Cafarnaum, Galilea


Memorial de San Pedro


Casa de San Pedro, Cafarnaum


O río Xordán 

Desemboca no Mar Morto despois de cubrir unha distancia de 100 quilómetros, aínda que os meandros do seu curso fanlle percorrer máis de 300 quilómetros. Sobre a ribeira de este río predicaba Xoán o Bautista, que sería o encargado de bautizar a Xesús de Nazaret.


Bautismo no rĂ­o Xordan


Xentes de Israel 

Os Xudeus Ortodoxos son os fundamentalistas da relixión xudía. Os Samaritanos son unha seita separada dos xudeus no s. VIII. Viven en Samaría (Israel), e o seu lugar sagrado e o Monte Garicim. Os Palestinos son a poboación de relixión musulmá. Tradicionais inimigos dos xudeus. Os Beduínos son árabes, antigamente pastores e nómadas. Hoxe en día, algúns deles fixéronse sedentarios e adícanse ao comercio. Os Drusos son unha minoría árabe e de relixión musulmá. Son maioritariamente comerciantes.


Xudeus ortodoxos


Soldado xudeu


Samaritanos


Samaritanos


Palestinos


Beduinos


Drusos


Outros lugares fermosos de Israel


Deserto do Neguev


O Mar Morto 

Fascina polo misterio que parece encubrir. A profundidade das súas augas azuis non superan os 400 metros, e a súa superficie encóntrase a 430 metros debaixo do nivel do mar. Non ten desembocadura e acrecenta importantes riquezas químicas. Chámase Mar Morto porque ningunha forma de vida, vexetal ou animal, pode sobrevivir nas súas augas debido a unha concentración salina seis veces maior que a do océano. Hoxe en día, converteuse nun importante centro turístico, principalmente de balnearios.


Ba単os de barro no Mar Morto


Qumrán 

Na ribeira do Mar Morto, en Qumran, viviu a comunidade dos esenios, unha seita xudía da época de Xesús. Os arqueólogos, descubriron en 1.950 nas ruínas da comunidade esenia (cova nº4), os famosos Rolos do Mar Morto (copias das Sagradas Escrituras). Estaban escritos en hebreo antigo sobre pergamiño ou papiro, e gardados en ánforas de cerámica para protexelos da humidade.


Qumrรกn, cova Nยบ 4


テ]fora de cerテ。mica, Qumrテ。n


Massada 

Rochosa fortaleza situada no deserto de Xudea, preto do Mar Morto. Foi construída polo rei Herodes o Grande no ano 40 a. C. Massada foi ocupada por un grupo de patriotas xudeus no ano 70, trala destrución de Xerusalén polos romanos. Despois dun sitio prolongado de varios meses e de dura loita, os romanos lograron abrir unha brecha nos muros da defensa. Os xudeus preferiron quitarse a vida a caer en mans dos romanos, mostrando así un total desprezo pola morte.


Massada


Massada


Herodium, pazo-fortaleza construĂ­do por Herodes


Altos do Golรกn


Altos do Golรกn


Cesarea Marítima 

Antiga capital romana en Israel e lugar de residencia oficial do procurador ou gobernador, Poncio Pilato foi un deles.

Os arqueólogos, descubriron moi recentemente un anfiteatro romano de grandes dimensións, o cal foi minuciosamente restaurado. Na actualidade utilízase para concertos, obras teatrais e outros espectáculos.


Cesarea MarĂ­tima


Acueduto


Anfiteatro


Emaús, onde o Señor se encontrou cos dous discípulos


Xeric贸, a cidade m谩is antiga do mundo


Meguido


Monte Nebo


San Xoán de Acre 

Situada na beira do Mar Mediterráneo, no transcurso da súa longa historia veu ao paso dos máis diversos pobos, pero a súa maior gloria chegou en tempos dos cruzados. Converteuse no baluarte do Reino Latino durante dous séculos, sendo a ponte de unión entre os pobos de Oriente e Occidente.


Acre


Hospitalarios de San Xoรกn, Acre


Tel Aviv, Haifa e Jaffa 

Tel Aviv (outeiro da primavera, en hebreo), é a capital comercial, industrial e administrativa de Israel. Ten 400.000 habitantes. Haifa é o porto principal do país e encóntrase ás beiras do Monte Carmelo, onde o profeta Elías enfrontouse aos sacerdotes pagáns. Jaffa é unha cidade que ten 3.600 anos de antigüidade sendo a porta de entrada a Xerusalén dende o Mar Mediterráneo.


Tel Aviv


Tel Aviv


Haifa


Haifa


Monte Carmelo


Monte Carmelo


Jaffa


Me dia Ty pe:

Picture

Fil e Ty

jpg


Igrexa de San Pedro en Jaffa


Cuestionario 1. 2.

3. 4. 5. 6. 7. 8.

9. 10.

¿En que continente está situado Israel? ¿Cal é a súa cidade máis poboada? ¿Cal é o día sagrado e de repouso para os xudeus? ¿Cal é o símbolo do pobo xudeu? ¿Que significa o nome de Xerusalén? Nomea algunha das mesquitas que hai en Xerusalén. ¿Que é o Muro das Lamentacións? ¿Que Papa pediu perdón ao pobo xudeu diante do Muro das Lamentacións? Cita algunha das portas das murallas de Xerusalén. ¿Que personaxe xudeu está enterrado no Monte das Oliveiras?


Cuestionario II 1.

2. 3. 4. 5. 6. 7.

8. 9. 10.

Cita dous alimentos considerados impuros na gastronomía musulmá. ¿Que celebrou Xesús no Cenáculo? ¿Cantas estacións ten a Vía Dolorosa? ¿Como se chama a igrexa onde estivo sepultado Xesús? ¿En cantos idiomas está escrito a oración do Noso Pai na igrexa do Pater Noster? ¿Que pasou no Horto de Getsemaní? ¿Cantas veces negou Pedro a Xesús antes de que o galo cantara dúas veces? ¿Que rei de Israel naceu tamén en Belén como Xesús? ¿Como se chama a igrexa que se encontra no lugar onde naceu Xesús? ¿Como se chama a igrexa onde Gabriel lle anunciou a Virxe María o nacemento de Xesús?


Cuestionario III 1. 2. 3.

4. 5. 6.

7. 8.

9.

10.

¿Qué outro nome ten o Mar de Galilea? ¿Que profeta predicou no Río Xordán? ¿Como se chaman os fundamentalistas da relixión xudía? ¿Que relixión teñen a maioría dos palestinos? ¿Onde viven actualmente os samaritanos? ¿Cal é a orixe do nome de Mar Morto? ¿Quen viviu en Qumrán? ¿Quen construíu as fortalezas de Massada e Herodium? ¿Como se chamaba a antiga capital romana de Israel? ¿Cal é actual capital de Israel?


Créditos 

Esta presentación foi deseñada no IES Afonso X “O Sabio” de Cambre (A Coruña).

AUTOR:

José M. Míguez

DESTINATARI@S:

Alumn@s de ESO e BAC.

AGRADECEMENTOS: A tódolos propietarios das páxinas de consulta enlazadas, das imaxes e da música utilizada, sempre con fins educativos e sen ánimo de lucro.

Israel, o país de Xesús  

Presentación en PDF sobre Israel, país no que se atopan tódolos lugares santos nos que se desenvolveron as escenas tanto do AT como do NT. É...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you