Issuu on Google+

Aviso a media noite -E noite pecha, coma de costume estou eu so na miña choza, esperando a non sei que suceso que nunca sucede, levo aquí 20 anos vendo á miña familia dúas veces ao mes, nunca crin que levaría esta merda de vida pero e o que… que e iso? O localizador vía satélite esta a facer ruído, detecta unha estraña fonte de enerxía no centro do lago que cada vez faise mais grande. Teño que dar aviso aos gardas da NASA que levan a cabo este caso! -

Crssshhh Crssssh Recíbenme? Crsssh Aquí o axente Titán, que sucede Óliver? O radar esta a detectar algo moi estraño, manden a flota o antes posible señor, por fin o que tanto esperabamos esta a suceder, apúrense! Como? Esta seguro Óliver? Poñémonos de seguida en marcha! Seguiremos en contacto señor,cambio e corto.

-Veñen a buscarme en camiño, teño que estar alerta. Arre coiro! Cada vez esa fonte e mais grande pero resulta que agora son dúas! .Non o podo crer, por fin tantos anos tirados da miña vida servirán para algo. Pasada media hora saín a fumar un cigarro ao balcón, ese demo de aparato xa me estaba atrofiando co seu bip bip bip. Bip bip bip… De súpeto vin algo ao lonxe, eran os coches da NASA, xa viñan por min. -Oliveeer, baixa! Levarémoste con nos, ti mereces presencialo! -Vou agora mesmo Cobra, non marches, agarda un minutiño! -Pois rápido meu amigo. Collín a primeira cazadora que vin porque facía un frío que arrepiaba e baixei as escaleiras de tres en tres, case parecía que ía despegar. Agarrei do ombro ó meu amigo Cobra e xuntos corremos ata montar no coche. -Home K! Canto tempo! -Mr. Oliver, que ben te vexo! Toma asento e non mordas tanto as unllas que pronto faremos o gran descubrimento! Senteime e mentres na miña chola imaxinábame todo tipo de cousas, que sería aquela cousa tan estraña? Quizais un monstro, un portal interplanetario... Non che sei, o que sei e que cando regrese a miña familia terá comida dabondo e unha boa casa. Transcorridos quince minutos chegamos á primeira nave da NASA. Quedei completamente abraiado, aquela tecnoloxía, aqueles ordenadores, era como estar no futuro. Tras a entrada de todo o persoal sentámonos a redor da pantalla principal, o axente Cobra estaba conectando co satélite para que lanzaran a flota. Conseguiuno, e a imaxe comezou a aparecer na pantalla, as naves dirixíanse ao centro do lago. A pantalla empezou a desenfocar a imaxe devido a aquela luz, pero esperade... Xa está, a imaxe regresou e alí estaba a anomalía.


Tras uns minutos de silencio quedei completamente paralizado, alí dando voltas sen parar topábase un meteoro que irradiaba unha luz azul moi estraña, pero iso non era o único, alí, na súa superficie, á vista de todos nos, uns pequenos seres completamente espidos, sen pelo no corpo, delgados (ou iso daban a parecer) agarrábanse ao meteoro. Unha das naves de navegación estendeu unha cápsula e capturou aos estraños seres. Xuntos celebramos o descubrimento abrindo unha botella de champan do mellor que topamos, eu era o home mais feliz do mundo, por fin volvería a ver aos meus fillos, á miña muller, e levaríamos unha vida como deus manda. Ao día seguinte o descubrimento apareceu en toda sas noticias, eu fíxenme famoso a costa desto e os da NASA agradecéronmo dándome un posto de traballo con eles.

Elisa Vidal Fernández 4ºC


Aviso a media noite 2