PLAN DE RESCATE una exposición sobre contemporaneidad y economía.

Page 22

rexistro divulgativo as maiores crises económicas do século pasado, ata chegar á nosa crise actual, reflexionando sobre as súas causas, consecuencias, e sobre a pertinencia ou obsolescencia do modelo produtivo capitalista.

tese versa sobre La viñeta Japonesa. Del Cuadro Flotante al Tebeo Manga, cualificada ademais con cum laude por unanimidade. Dende o 2005 pertence e traballa no grupo de investigación I+D dx5 - digital & graphic art research, co-dirixido por Ana Soler Baena e Kako Castro Muñiz. É autor dos libros Manga. Del cuadro flotante a la viñeta japonesa (2010) e A Ding in Japan (2008) e a súa obra está recollida en numerosos catálogos, así coma en diferentes publicacións artísticas tales como The Print Factory 1 (máis información aquí).

Virus, parqué, nación No contexto deste paradigma foi creado PSJM, o equipo artístico formado por Pablo San José (Mieres, 1969) e Cynthia Viera (Las Palmas, 1973) que opera desde Berlín como marca comercial de arte última e que presentou no eLEFANTE330 a súa obra en forma de vídeo El ocaso de los Estados Nación. Unha crítica á voracidade da economía financeira onde os logos das empresas que cotizan nas Bolsas máis influíntes do mundo comen, como unha sorte de virus informático, as bandeiras de diferentes países coma EUA, España, ou Xapón.

Especulación urbartística O artista Jacobo Bugarín (1983, Santiago de Compostela) presentou un documento, titulado como obra Derecho a la especulación. Presupuesto para el desarrollo de concepto del local comercial eLEFANTE330, onde se detallan brevemente os aspectos precisos para o desenvolvemento dunha idea —e plasmación en maqueta ou render da mesma— que ten por obxectivo o acondicionamento e aproveitamento do local comercial onde tivo lugar a mostra. Deste xeito o artista remite á dirección do eLEFANTE330 unha proposta especulativa que ten en conta a fase intelectual e conceptual onde se reflicte a cantidade de cartos precisos para ser levada a cabo.

Interesados polos temas relacionados coa imaxe de marca, o mercadeo (marketing) ou a arte como mercadoría, PSJM conta con proxectos coma MARX® —reseñado polo xornalista e escritor Vicente Verdú aquí— e consideran que "o artista é a marca, a obra é o produto"; aínda que non quere isto dicir que se supedite a creación ao modelo produtivo mercantil como constata José María Durán, doutor en Historia da Arte Moderna e Contemporánea, no seu ensaio PSJM: Sobre los procesos de trabajo y arte en el capitalismo: "(...) unha cousa é que o capital intente reorganizar a arte baixo o mando dos seus procesos de valoración e sobre todo baixo as leis do mercado, como constata Negri, outra moi distinta é que a arte busque directamente e sen reparos organizarse dunha forma na que asume polo menos dun xeito simbólico ou na superficie a forma na que o capital organiza o traballo. Neste sentido deberiámonos de fixar nunha afirmación que PSJM repiten con certa frecuencia: «esforzámonos por xerar simulacros, non parodias»." (texto completo)

Se ben podía non ser a intención do artista, tamén remite e critica —e no gremio xornalístico e publicitario sábese, sobre todo no plano amateur— a enganosa impresión, ás veces moi estendida, de que o traballo intelectual, o consello artístico/creativo/mercantil de imaxe de marca, de produto vendible, de deseño gráfico... por non ser facilmente valorable/medible (en canto en tanto non é traballo «físico») é normalmente mal pagado, ou non pagado en absoluto.

Doña Sofía Tomando o graffiti como forma de expresión o artista Joan Morera Arbones (Vigo, 1984) realizou unha peza ex profeso para a exposición no eLEFANTE330, denominada Sofía, e pertencente a unha serie aínda en produción. A obra recodifica (traduce, e por iso, interpreta) a signatura da súa Real Maxestade a Raíña Doña Sofía, como tag de rúa con aerosol, nunha busca dos "límites da representación e o paradoxo da imaxe dende o seu uso, función social, e contido simbólico".

Made in José Andrés Santiago Iglesias presentou en 'Plan de Rescate' unha serie de obras pertencentes ao seu Made in, onde podiamos ver as versións de China, Japan, USA, e Spain. Por orde, presentaba unhas impresións en papel washi de 70 gr/m2 dun billete de 10.000 iuans chinos, unha figura de origami (unha grulla ou grúa), un dólar estadounidense e un billete de 1.000 pesetas dobrado varias veces, cun billete de 500 euros en forma de barquiño enriba.

O artista adoita traballar con documentos que posteriormente reproduce de forma manual, coma na serie The Spanish Earth onde da conta da paisaxe do Estado español con publicacións en 3D do Boletín Oficial do Estado verbo da

Un interese especial é o que profesa o artista — doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo— pola cultura xaponesa, xa por iso a súa

!

!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.