Issuu on Google+

5º PRIMARIA

“A ODISEA” CURSO:

6º Primaria

ESPAZO:

XIMNASIO

Nº PROBA:

PRESENTACIÓN DA HISTORIA 1

Meu nome é Ulises rei de Ítaca e din de min que son o home máis astuto da terra, levo 10 anos fora de casa e sen ver a miña familia. Partín para axudar a rescatar xunto con todos os reis gregos, a princesa Helena ,a muller máis fermosa do mundo, que foi engatusada polo príncipe París de Troia para que abandonara o seu fogar en Grecia. A guerra foi moi dura e sanguenta, moitos homes morreron aquí, xa que as murallas de Troia son infranqueables, pero grazas a unha idea miña acabamos de conquistala. Fixemos crer aos troianos que abandonamos a loita e deixamos un cabalo como ofrenda para os deuses no noso campamento. Cando os troianos viron que marchabamos en nosos barcos alegráronse moito e meteron o cabalo dentro da cidade. Pola noite fixeron unha gran festa e beberon e beberon. Cando foron a durmir eu e algúns guerreiros máis saímos do interior do cabalo, abrimos as portas para que noso exercito entrara e conquistamos a cidade. POR FIN volverei a miña casa e verei a miña muller Penélope e a meu fillo Telémaco.

ESTA É A HISTORIA DE ULISES E DAS MOITAS AVENTURAS QUE, DE REGRESO A ÍTACA, VIVIÓ DURANTE SU LARGO VIAXE POLO MAR. Hai 3 días que saímos de Troia cara a Ítaca con 12 naves, o ceo empeza a nubrarse e a escuridade cae sobre nos. Unha tempestade terrible fainos perder o rumbo e durante un par de semanas os ventos nos levan perdidos a través do mar. Temos que controlar o barco, NECESITO VOSA AXUDA PROBA Nº 1: “A TEMPESTADE “ Por fin conseguimos ter o control da nave, pero non sabedes en que lugar os encontrades e tomades a decisión e ir a unha illa que tedes a vista. Unha vez en terra Ulises e uns compañeiros explorades a illa. Chegades a unha gran caverna que parece ser o lugar onde vive un pastor. Entrades nela e encontraron estables cheos de cabritos e cordeiros, cestos cheos de queixos, vasillas cheas de leite pero nin rastro do propietario e mentres o esperaban quedaron durmidos. De súpeto unha gran sombra penetra pola entrada e apareceu un monstro con figura de home pero moito máis grande e cun so ollo no centro da fronte. Entón Ulises e os seus amigos comprenderon que estaban na terra dos ciclopes e que as súas vidas estaban en perigo. O ciclope agarrou a dous compañeiros de Ulises e entre risas comezo a devoralos. Cando estivo farto cerrou a caverna cunha xigantesca pedra e deitouse a durmir. Non o podedes matar porque se non quedariades encerradas na caverna para sempre. Ulises ten unha idea para poder escapar, prestade atención.

PROBA Nº 2: “ O CICLOPE POLIFEMO” OBSERVACIÓNS:


A Odisea. Presentación 1.