Page 1

mesturas

campaĂąa para o consumo responsĂĄbel de drogras recreativas


Educando no lecer. A buxaina

Tés nas túas mans material informativo de prevención de riscos asociados ao consumo de drogas. A súa razón de ser é que existe unha porcentaxe importante de mocidade que desfruta do uso das drogas e non se plantexa abandonar dito consumo, de tódolos xeitos tampouco pretenden xogar coa súa saúde ou coa súa vida. Existe unha gran falta de información con relación ás drogas e a evidencia é que moitos problemas que tivo parte da mocidade poderían ter solución grazas a un traballo informativo previo. Ademais, nos últimos anos deuse un cambio no modelo de consumo da xuventude. Hoxe en día as drogas teñen unha finalidade recreativa e o seu consumo céntrase na fin de semana alonxado do estereotipo de marxinalidade. Pero sobre todo prodúcese un policonsumo, é dicir, máis dunha substancia, actuando o alcol en moitos casos coma un comodín. Deste xeito, parécenos importante que apareza material deste tipo, co que se pretende informar sobre as combinación de substancias e os efectos que poden producir.


POR QUE SE MESTURA? Hai persoas que mesturan para buscar un “colocón ” máis forte, para facer que a festa dure máis, para potenciar as relacións para contrarrestar efectos ou ben para buscar novas experiencias. Pero non nos debemos esquecer que ao facer mesturas: A mestura xera novas sustancias e aparecen reaccións inesperadas. O fígado, que é o órgano encarregado de depurar todos os tóxicos que se atopan no sangue é incapaz de render o suficiente e enferma. Poden contrarrestarse os efectos das drogas mesturadas e remátase consumindo máis de todo. As mesturas contribúen a descompensar a relación pracer e risco facendo que a combinación dalgunhas sustancias sexan de elevado risco para as persoas. Cando se consume, e sobre todo cando se fan combinacións é preciso ter en conta o contexto/lugar/ espazo no que van consumir, as doses, a frecuencia, o estado de ánimo e incluso quen lles conseguiu as diferentes substancias. Sen embargo tamén existen aquelas que fan combinacións sen atender a nada disto e dun xeito totalmente despreocupado. Favorecendo os malos rollos. Se vas facer mesturas non o fagas con todo o que teñas diante e sé selectiva, combina aquilo que che guste e saibas que che senta ben. Ten en conta a dose, a frecuencia, o contexto, o teu estados anímico, de onde sae a substancia, etc.


ALCOL + PORROS

A mestura de alcol e porros aumenta as probabilidades de sufrir unha baixada de tensión, unha “branca”, “pálida”, “pato”, etc. Ante unha lipotimia debese deitar á persoa boca arriba nun lugar tranquilo e fresco, levantarlle as pernas e poñelo de lado se vomita. Despois beber un zume e descansar pode ser o mellor plan.


Tanto o alcol coma o éxtase contribúen a deshidratación do corpo, polo que a mestura das dúas fai que a posibilidade de ter un golpe de calor aumente. A ter en conta: a inxesta elebada de alcol, pode facer que se se consume MDMA esta non se perciba como o esperado. Con esta mestura potenciase a perda de praceres asociados a cada sustancia, e increméntanse os niveis tóxicos ao consumir máis de cada unha. Sería recomendábel que entre copa e copa beberades algunha bebida sen alcol para evitar a deshidratación. Descansar do baile e sair a respirar aire fresco no caso de quese este nun espazo pechado.

ALCOL+ MDMA (éxtase)


ALCOL + LSD OU SETAS

Vexamos, o consumo de setas ou LSD con alcohol onde orixinar un pequeno descontrol no noso organismo; vómitos, grandes lagoas (difícil recordar a experiéncia), etc. A mestura de alcol e setas ou LSD é desaconsellable aumentando as posibilidades de ter unha mala experiéncia.

ALCOL + COCAÍNA

Tendo en conta que o alcol e unha droga depresora do sistema nervioso central, e a cocaína é estimulante, os efectos de ámbolas dúas contrarréstanse, facilitando que se consuman cantidades maiores de cada unha delas, favorecendo así a tolerancia, e o desenvolvemento dunha dependenza física e psíquica.


ALCOL + GHB OU KETAMINA

Trátase de sustancias depresoras do sistema nervioso. A mestura deste tipo de sustancias potencia os efectos depresores, incrementando a descoordinación, a sedación, a sensacióm de empanamento, hipotensión, mareos, perda de coñecemento e parada cardiorrespiratoria en casos extremos.

ÉXTASE + CANNABIS

O cannabis e derivados poden contrarrestar os efetos do éxtase e hai que administrar máis THC para conseguir os efetos habituais, o que implica un maior consumo.


ÉXTASE + COCAÍNA OU SPEED

A mestura de varios estimulantes fai que aumente o risco de arritmias, ansiedade, taquicardias e hipertensión. Os efetos do ÉXTASE caracterízanse polo achegamento, o bo rollo. Ó mesturalo con “coca” ou “speed”, estes efectios diminúen e aumenta a probabilidade de que apareza a sensación de agobio, taquicardias, etc. Os cales non son buscados.


Esta combinación, ben sexa de ketamina con setas, con tripis (LSD) ou con outro tipo de alucinóxenos, e totalmente desaconsellable, pois o risco de vivir un mal viaxe e moi elevado. Sobre todo para consumidores con pouca experiéncia.

A mestura dos diferentes tipos de medicamentos (antibióticos, analxésicos, etc) con alcohol diminúe a actividade farmacolóxica, ou potenciar o efecto tóxico do fármaco (analxésicos). Ao mesturar con outras sustancias coma o éxtase pode producir dores náuseas e vómitos.

KETAMINA+ ALUCINÓXENOS

DROGAS + MEDICAMENTOS


RECOMENDACIÓNS PARA AS MESTURAS Antes de mesturar é axeitado coñecer os efectos de cada sustancia por separado e como estes afectan ao noso organismo, é preciso ter en conta a cantidade consumida e a vía empregada para o consumo. Á hora de combinar sustancias é recomendable consumir doses máis pequenas e máis espazadas que se consumiras só unha delas. As taquicardias, a sedación excesiva, etc., avísannos dun exceso de consumo, pretender contrarrestalo empregando outras drogas non é o máis razoable. Presta atención ao teu corpo, e escoita as súas reaccións. Os efetos das drogas non solo dependen do que se consume, se non tamén de quen, como e en que circunstancias o fai.


RECOMENDACIÓNS XERAIS Usa sempre o preservativo, é o único método de protección fronte ás ETS os embarazos non desexados. A constitución física das mulleres polo xeral é menor que a dos homes, por iso tomando a mesma dose de sustancia recíbese maior concentración no corpo. O consumo de algunhas sustancias pode facer perder o apetito. Non é unha boa maneira de perder peso. Tomar estimulantes, bailar, suar toda a noite nunha discoteca tampouco! Para elas: As drogas poden afectar ao ciclo menstrual. Tomar drogas estando embarazada afecto ao bebé e a saúde. Diferentes drogas conlevan diferentes riscos Por se acaso o teléfono de emerxencias é o 112


Colabora: ra: Colabo

Educando no lecer. A buxaina

Educando no lecer. A buxaina


Info Mesturas  

Información sobre sustancias dende a perspectiva de redución de riscos, asociados ao consumo de drogas

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you