NENOS SOBREPROTEXIDOS Por desgraza, son fillo de emigrante con todo o que iso significa, pero, como non hai mal que por ben non veña, tamén me serviu para coñecer algo daquela cultura. Non me gusta case nada dos alemáns, pero, malia todo, hai cousas que acepto de bo grao e que, para o meu país querería. En xeral, en España ,e na Galiza en particular, o neno é o centro de atención, miramos como deixarlle un piso, un “chalet”, ou cantos cartos nos sexa posible. En Alemaña, non; ningún pai queda sen vacacións de por vida para deixarlle ao neno algo que herdar. En Alemaña edúcanse con orientación á súa futura independencia, algo que aquí non sucede. Limitámonos a botar loctite na cadeira do neno e pégalo alí para que non se mova ata acadar a universidade. E na universidade tamén. Os nenos alemáns non son máis listos cós nosos. O caso é que a educación está a anos luz da nosa premiando a creatividade, a independencia ou a experimentación. Pero, claro, iso custa cartos e os nosos exéxetas en educación non consideran os gastos educativos como inversión, senón como gasto. Así nos vai. Debemos empezar por deixar que enxeiten, claro que con control, desde cativos. ¿E os pais?. Os pais, empezar a asumir ,desde xa, que o mellor legado, a mellor herdanza que lle podemos deixar non é ou diñeiro ou os bens materiais...senón a autoconfianza de saber que coa educación recibida pódense acadar todos os recursos e cousas que se necesiten. ¿Que facemos entón? Pois... Por que non? Experimentación, creatividade ou un risco calculado. Debemos deixalo que experimente, que mida as súas forzas. Seguro que se non o miras cando esnafre, non chorará e, se o fai, xa o socorreremos. Ten que integrarse manchándose, coidar de si mesmo mancándose, ten que arriscarse, sacudir o po e erguerse se perdeu ás bólas ou ós santos (se é que aínda xogan a iso). Outro factor nada baladí é que o neno ten que sentirse querido e non rodeado de bens materiais. En non poucas ocasións , nenos (ou adultos) recorren á violencia contra outros ou contra si mesmos pola ausencia de cariño; ou sexa, atención durante a infancia e adolescencia, un mínimo de contacto, de calidez…E ollo que é peor a ausencia, estando presente, de pai, nai ou titor, é tan ou máis lesiva, cá agresión física ao neno. Isto nin con Game Boy nin con Play Station se arranxa. En definitiva, o neno quere tempo: o noso tempo. Así que, a poñerlle o cascabel ao gato xa. Javier Losada
1
ÍNDICE Falemos de... 1. Na verde flor, as letras van de amor.
Prometemos Tarde 2.1 LITERATURA -Manuel Antonio -Álvaro Cunqueiro -Celso Emilio Ferreiro -Rosalía de Castro -Eduardo Pondal
2. Lagarsío val de Celanova. GALICIA É CULTURA
-Curros Enríquez -Manuel María -Adeus a Neira Vilas 2.2 MÚSICA - Cristina Pato - Carlos Núñez - Xosé Manuel Budiño - Mercedes Peón - Especial Rock Bravú Introducción
3. O audiovisual galego
3.1 Os clásicos da galega: Luar ,Bamboleo e Land Rover 3.2 As nosas series - Mareas Vivas - Pratos combinados - Libro de familia - Matalobos - Serramoura - Padre Casares
2
ÍNDICE 3.3 CINE MADE IN GALICIA - Sempre Xonxa 3. O audiovisual galego
- A esmorga 3.4 . Os nosos actores - Luis Tosar - Miriam Gallego - Cristina Castaño - María Castro - Saamira Ganay
4.Bulshott, primeiro videoxogo en galego -Road to Cern -Certame de postais de Nadal -Concertos didácticos en Santiago de Compostela -Mascarada no IES 5. Eventos
-Variedades. Teatro en Ourense -Destino....Lalín -Recibimos os alumnos de Melide -I Encontros en Celanova cos amigos de Lalín -Unha boa orientación para un bo futuro -Meteoescolas -Excursións fin de curso 4º ESO -XXVIII Certame de relato breve Celso Emilio Ferreiro -Despedida de 2º de Bach. e ciclos
6. Lecturas recomendadas 7º. Peche
3
NA VERDE FLOR AS LETRAS VAN DE AMOR Falemos de amor, FALEMOS DE…
do de verdade,
Falemos de querer,
dese no que nada importa,
de debilidades,
do firmamento.
do que te odio
Falemos de amor,
coma nunca quixen a ninguén
do de verdade,
e do bonito que é
dese no que nada importa
mirarnos coma nós sabemos.
nin a realidade, no que o verdadeiramente importante
Falemos de sentimentos,
é soamente
de bágoas perdidas
amar.
sen nunca ser atopadas
senón que nada importa.
de sorrisos que agora dormen,
Zaira Gutiérrez Vázquez
e de dor. Falemos, Falemos xuntos, do que aínda non somos, do que mañá seremos. falemos de nós, e do que queremos. Falemos da paixón, que provoca o prohibido, e das historias que gardamos baixo chave no punto máis recóndito do firmamento.
Qué é a poesía? Deixar voar a túa imaxinación creando sensacións e emocións a través da palabra.
A PRIMAVERA
Coma a saída do sol.
Por fin chegou ó mundo
E chegou.
Despois dunha longa noite
a desexada primavera
Coma un bico de namorados.
de inverno
a que lle dedico este poema
Coma un perfume de rosas
Como o aire fresco despois dun día de calor
4
Laura Fernández Gómez 2º ESO A
NA VERDE FLOR AS LETRAS VAN DE AMOR O MEU GALEGO
PROMETEMOS
Tarde para o perdón,
Nacín en Galicia O meu nome é Lucía son galego falante aínda que o castelán sempre quere ir por diante.
TARDE,
Prometemos querernos,
Tarde
prometemos coidarnos,
para dicir adeus.
prometemos repetir aquela noite de hai anos.
Tarde para ti, tarde para nós. Tarde para volver vivir
Non pasa nada a nosa fama está gañada. Temos grandes poetas Que demostran o noso interese polas letras.
Prometemos volver a collernos da man, a pronunciar ao oído “non te quero soltar”. Espero que algún día cumpramos as promesas
Seguiremos escribindo
e volver a gozar
para demostrar ó mundo
como nunca o fixemos .
aquilo que me fixeches sentir. Tarde para ese te amo que de min esperabas. Tarde para os bicos, que me espertaban. Tarde para os agarimos, que tanto che gustaban. Tarde para aquilo que non fomos
que o noso galego
e que endexamais seremos.
vai ter moito futuro.
Tarde para o amor, aquel que xace durmido, no fondo do meu corazón. Tarde para min, para a miña alma, corrompida pola soidade e pola esperanza de que algún dia retornes.
5
LAGARSÍO VAL DE CELANOVA. GALICIA É CULTURA LITERATURA MANUEL ANTONIO Manuel Antonio naceu no seo dunha familia conservadora, o 12 de xullo de 1900. Aos dous anos foi vivir a Padrón por causa da tuberculose que padecía seu pai, e da que morrería cando Manuel Antonio só tiña catro anos. Viviu primeiro na casa da avoa materna e despois co seu tío crego José Sánchez Vázquez, sochantre na igrexa de Iria Flavia. As primeiras ensinanzas recibiunas neste ambiente dominado polo conservadorismo e a relixiosidade, contra o que xa dende ben novo combatería o seu espírito inquedo. Con só once anos, durante unha estancia en Cangas co seu parente Valentín Losada, escribiulle unha carta á súa nai na que lle comunicaba a decisión de non seguir a carreira eclesiástica, e matriculouse en 1913 nun instituto de Santiago de Compostela para estudar o bacharelato. Alí viviu a partir do 1914 durante os meses que duraba o curso escolar. Santiago quedou na súa memoria como o lugar máxico onde comeza, xunto algúns compañeiros, a militancia no galeguismo e no republicanismo. Nas súas estadías en Rianxo relacionouse con Rafael Dieste, un rapaz do seu tempo co que houbo de compartir o interese pola literatura e o nacionalismo, e mais co seu curmán Roxelio, que o animou a participar na vida literaria e política dende os anos mozos. No ano 1918, con só dezasete anos, enviou os seus primeiros poemas a revistas e xornais. Pouco a pouco comezou a concienciarse na loita anticaciquil que ían espallando os movementos agraristas e fixo dos seus poemas unha arma de loita, mesmo en contra da ideoloxía da súa familia. A partir de 1921 Manuel Antonio comezou unha intensa actividade literaria. Colaborou en revistas (entre elas Alfar, da Coruña, na que participan importantes vangardistas da literatura española). Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1979. En 2011 inaugurouse a súa casa -museo en Rianxo. A produción poética de Manuel Antonio é breve, arredor de 120 poesías clasificadas nos seguintes poemarios ou grupos de composicións: “Cos anacos do meu interior”; “De catro a catro”; “Sempre e máis despois; “Viladomar”…
6
LAGARSÍO VAL DE CELANOVA. GALICIA É CULTURA LITERATURA ÁLVARO CUNQUEIRO Álvaro Cunqueiro, naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e falecido o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo e periodista considerado un dos grandes autores galegos. Álvaro Cunqueiro foi moi polifacético, e a súa obra literaria abrangue o campo do periodismo, o poético, o narrativo e o teatral. O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente un poeta da vangarda, neotrobadoresco e culturalista, e, despois da guerra civil española, dedicouse, sobre todo, á narrativa e ao xornalismo, deixando innumerábeis artigos en xornais como Vallibria, La Voz de Galicia, El Progreso e Faro de Vigo (xornal que, ademais, dirixiu). Herba aquí e acolá (1980) é unha colectánea de poesías de suma calidade.
En 1932 publicou os poemarios “Mar do Norde” e”Poemas de si e de non”. Nas décadas dos 40 e os 50 centrouse na narrativa, creando así tres relevantes novelas: “Merlín e familia e outras historias”, “As crónicas do sochantre” e “Se o vello Simbad volvese ás illas”. Recibiu o Premio Nacional da Crítica en 1959. Das súas obras teatrais destaca “O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca”. En 1991 dedicáronselle as Letras Galegas. Acolá están as illas Acolá están as illas. Paso a man polo lombo do vento que mas deu como un can no monte dá a perdiz agardo que se ergan e voen sobre o mar.(...) “Herba aquí ou acolá” Álvaro Cunqueiro
7
LAGARSÍO VAL DE CELANOVA. GALICIA É CULTURA LITERATURA CELSO EMILIO FERREIRO Celso Emilio Ferreiro Míguez, Míguez nace en Celanova o 4 de xaneiro de 1912. Escritor e político galeguista, foi o máximo expoñente da poesía social en lingua galega. A súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. É mobilizado para a Guerra Civil Española polas tropas franquistas. No 1937, durante un permiso en Celanova, detéñeno por facer un comentario político en público (criticando os crimes perpetrados polos fascistas) Péchano nunha cela do mosteiro da vila, toda de pedra, durante tres días. A mediación de parentes e amigos ante o Gobernador evita a súa execución. Este suceso inspiraría, 25 anos despois, a súa obra : Longa noite de pedra.
LONGA NOITE DE PEDRA O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra.
Exercendo o seu labor como radiotelegrafista, entra en contacto con Moraima, quen sería logo a súa muller e fonte inesgotable da inspiración do poeta, en especial, en Onde o mundo se chama Celanova. En 1966 emigrou a Venezuela. Algúns autores apuntan como causas da súa decisión certas dificultades económicas, a presión á que estaba sometido como consecuencia da súa actividade política e a esperanza de atopar na emigración sudamericana a Galiza nacionalista e antifranquista que non existía no territorio propio.
8
LAGARSÍO VAL DE CELANOVA. GALICIA É CULTURA LITERATURA O REXURDIMENTO: ROSALÍA DE CASTRO Rosalía de Castro foi unha importante poetisa e novelista galega. Pertencente por liña materna a unha familia nobre. A súa adolescencia estivo dominada por unha profunda crise debido ao descubrimento da súa condición de filla ilexítima dun sacerdote, e por unha delicada saúde, que xamais mellorou. O seu primeiro libro, A flor, publicouse en Madrid en 1857 e recibiu eloxiosas críticas de Manuel Martínez Murguía, crítico destacado do Rexurdimento galego, con quen Rosalía de Castro contraeu matrimonio ao ano seguinte. Viviu no medio de constantes penurias económicas, dedicada ao seu fogar e aos seus fillos; a morte da súa nai e dun dos seus fillos foron dous duros golpes para ela. A esta amarga experiencia refírese a súa primeira obra de madurez, o libro de poemas A miña nai (1863), á cal seguiron os Cantares gallegos (1863), canto á súa Galicia rural, cheo de saudade e denuncia ante a explotación dos segadores por parte de Castela. Con Cantares gallegos, escrito integramente en lingua galega, deu comezo o Rexurdimento poético na nosa lingua. Regresou despois á novela en español con Ruínas (1866), historia de tres mulleres exemplares e desditadas no seo dun ambiente moderno que perciben como alleo. Un ano despois, publicouse a súa obra narrativa máis conseguida, El caballero de las botas azules 1867), novela misteriosa e fantástica que conecta co mellor do seu labor lírico. En 1880 apareceu o seu segundo libro en galego, as Follas novas, expresión angustiada e intimista sobre a morte e a soidade do ser humano. Cerran a súa produción literaria a novela El primer loco (1881) e o poemario en lingua castelá En las orillas del Sar (1885); este último continúa na liña de meditación metafísica iniciada con Follas novas, se ben acentuando esta vez o sentimento relixioso. A valoración da obra rosaliana e a mitificación da escritora producíronse tralo falecemento da mesma, posto que ao longo da súa vida esta foi permanentemente menosprezada e marxinada.
9
LAGARSÍO VAL DE CELANOVA. GALICIA É CULTURA LITERATURA O REXURDIMENTO: EDUARDO PONDAL Pondal é o un dos expoñentes da literatura do rexionalismo galego. Idealiza o pasado céltico de Galicia, que el imaxina libre e independente e, como apenas quedan vestixios desta época, inspírase nas fontes clásicas da invasión romana e nas investigacións de Manuel Murguía e Benito Vicetto. O simbolismo do celtismo dentro da poesía de Pondal é claro: así como os celtas combateron heroicamente a invasión romana, os galegos deben tomar o seu exemplo e combater igualmente a opresión castelá. Tamén é interesante como poeta lírico. Xunto coa natureza, e as paisaxes da súa terra natal (a comarca de Bergantiños), o amor é outra das claves da súa poesía. Utilizou unha lingua aristocratizante, fuxindo da lingua coloquial e incorporando no seu léxico e na súa sintaxe numerosos cultismos. Para isto serviuse dos seus profundos coñecementos das linguas clásicas, remitíndose tamén en ocasións á lingua portuguesa. É famosa a súa frase no leito de morte "déstesme unha lingua de ferro, devólvovos unha lingua de ouro". En 1907 a composición de Pascual Veiga co poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal será estreada na Habana e é considerada, dende entón, a letra do Himno de Galicia. En 1981 será oficializada polo Estatuto de Galicia. Os pinos ¿Qué din os rumorosos na costa verdescente ao raio transparente do prácido luar?
¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Queixumes dos pinos
10
LAGARSÍO VAL DE CELANOVA. GALICIA É CULTURA LITERATURA O REXURDIMENTO:CURROS ENRÍQUEZ Curros Enríquez foi un poeta e xornalista galego, figura principal do Rexurdimento galego xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Curros Enríquez naceu en Celanova no 1851, na casa número 14 da rúa de San Roque. Era fillo do escribán Xosé María de Curros Vázquez (de Santiso) e de Petra Enríquez ( de Vilanova dos Infantes) Participa na Revolución de 1868 que derroca a Isabel II o cal fai que asuma os ideais democráticos. Ingresa de escribente no Concello de Madrid e visita os círculos literarios da época. En 1980 publicou “Aires da miña Terra” libro de poemas no que pon de manifesto o seu anticlericalismo ó considerar que a Igrexa non se achega ós pobres e necesitados senón que só defende castas e privilexios. A reacción eclesiástica non se fixo esperar e Cesáreo Rodrigo Rodríguez condena e reproba o libro por conter "proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas”. Prohíbese ós fieis a lectura e posesión do libro e remátase excomungando a Curros. Simultaneamente, o bispo de Ourense denuncia diante das autoridades xudiciais o libro de Curros. O xulgado de Ourense procesouno por delito contra o libre exercicio dos cultos e ordenou o secuestro dos exemplares, mentres que Curros foi condenado a dous anos e catro meses de cadea e ó pago dunha multa de 250 pesetas. Finalmente, foi absolto na Audiencia da Coruña.Volta a Madrid en 1883 e ingresa na redacción de El Porvenir, xornal republicano.En 1984 emigra a Habana onde dirixe o xornal “La tierra Gallega” e posteriormente ingresou como redactor en “ El diario de las familias”. Xunto con Manuel Murguía funda a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, base da futura Real Academia Galega e da que será nomeado presidente ó ano seguinte. Curros Enríquez, xa moi enfermo, morreu o 7 de marzo de 1908. Os seus restos mortais foron embarcados para Galicia a onde chegan o 31 de marzo, concretamente á cidade da Coruña, especialmente afecta ao escritor. Segundo as crónicas da época, unhas corenta mil persoas ateigaron as rúas para acompañaren o cortexo fúnebre nunha expresión multitudinaria de afecto popular sen antecedentes na nosa historia.
11
LAGARSÍO VAL DE CELANOVA. GALICIA É CULTURA LITERATURA MANUEL MARÍA . Este ano 2016 o homenaxeado no Día das Letras Galegas é o escritor lucense Manuel María. Manuel María Fernández Teixeiro, Teixeiro nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e morre en Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico. Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro. En 1982 , abandonou a militancia política do BNG para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003 pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe". Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, o mundo animal Dedícaselle o Día das Letras Galegas de 2016. “ Galicia é unha nai Galicia somos nós velliña, soñadora a xente e maila fala, na voz da gaita rise se buscas a Galicia na voz da gaita chora en ti tes que atopala” “Os soños na gaiola”
12
LAGARSÍO VAL DE CELANOVA. GALICIA É CULTURA LITERATURA ADEUS A NEIRA VILAS AS BÁGOAS DUN NENO LABREGO O escritor Xosé Neira Vilas (Gres-Vila de Cruces, 1928), autor de Memorias dun neno labrego, a obra máis vendida e traducida de la literatura galega, faleceu o venres 27 de novembro do 2015 na súa casa de Vila de Cruces. “Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E, ademais, pobre”, a primeira frase de “Memorias dun neno Labrego”, e quizais, unha das máis repetidas da literatura galega, e a que acompañou a infancia de varias xeracións de nenos de Galiza. Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto. As de protagonista infantil forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho. Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio, A muller de ferro e Querido Tomás. O venres 27 de Novembro, desde que se deu a coñecer a súa morte, a nosa literatura sente un grande pesar, ese baleiro que só deixan os grandes. A traxectoria de Xosé Neira Vilas pasa polo ensaio, o periodismo e a poesía, polo seu intenso traballo de máis de 50 obras e o seu activismo en defensa da lingua galega, recibindo nos últimos anos múltiples homenaxes. En 1961, ano da publicación de publicación de Memorias dun neno labrego, emigrou a Habana e alí especializouse en periodismo.
13
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA MÚSICA CRISTINA PATO Cristina Pato Lorenzo, Lorenzo nada en Ourense o 17 de agosto de 1980, é unha recoñecida gaiteira, compositora e pianista ourensá. Cristina Pato foi a primeira muller galega en gravar un disco en solitario como gaiteira en Galiza e España, ao rexistrar o seu primeiro álbum, Tolemia, en 1999. Tras este feito, Cristina participa en xiras con The Chieftains e Cherish The Ladies. No 2001 lanzou o seu segundo disco, titulado Xilento (palabra procedente do barallete dos afiadores de Ourense), nome que significa famento e ambicioso . Neste disco aparecen novas versións de cancións: "Os teus ollos", coa colaboración de José Peixoto (do grupo portugués Madredeus), e "Eno sagrado en Vigo" No ano 2005 mudouse a Nova York, onde está establecida, para facer estudos de posgrao e música , doutorándose en 2008. En 2005 coñeceu a Osvaldo Golijov, por quen chegou a participar en gravacións con Yo Yo Ma e co seu conxunto, o Silk Road Ensemble, ao que se incorporou, e co que conseguiu un Grammy. Ten colaborado con artistas como The Chieftains, a Chicago Symphony Orchestra, Hevia, Yo-Yo Ma, o Silk Road Ensemble, Osvaldo Golijov ou a Orquesta Sinfónica de Tenerife en máis de vinte gravacións como artista convidada. Entre elas, participou na estrea absoluta de Rose of the Winds, obra sinfónica de Osvaldo Golijov, coa Chicago Symphony Orchestra e o Silk Road Ensemble. Con Yo-Yo Ma colaborou no álbum Songs of Joy and Peace (2008) e en distintos programas de Televisión norteamericanos como Colbert Report. Como membro do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma tocou no Carnegie Hall, no Harman Center, e no Lincoln Center Deu centos de concertos en España, India, Portugal, Reino Unido, Alemaña… Unha artista de calidade “made in Galicia”.
14
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA MÚSICA CARLOS NÚÑEZ Carlos Núñez é un importante músico galego moi coñecido e considerado internacionalmente. Naceu en Vigo e ten 44 anos. Iniciou os seus estudos de frauta traveseira no Conservatorio á idade de 8 anos, e, pouco despois, xa empezaría coa gaita galega, instrumento co que conseguiu forxar unha carreira musical chea de éxitos Foi descuberto por The Chieftains aos trece anos. Hoxe en día, é un dos máximos expoñentes da música tradicional. A música celta forma parte da esencia mesma de Carlos Núñez. A carreira do gaiteiro galego está intimamente unida a esta tradición musical que entronca co folclore de Irlanda, Escocia ou Galicia. Cando en 1996 publica “A Irmandade das Estrelas” o seu primeiro álbum en solitario, Carlos xa era un artista recoñecido en todo o mundo. O disco vendeu máis de 100.000 copias en España. En 1999 editou “Os amores libres”, o seu segundo álbum que vendeu 250.000 copias, un acontecemento extraordinario para a música tradicional feita en España. Aos 30 anos edita o disco “Almas de Fisterra” , un disco de irmandade entre os fisterráns, os nosos e os da Bretaña, esa Galicia soñada do Noroeste de Francia. A primeira gran colaboración de Carlos Núñez co mundo do cine, aconteceu en 2004. Foi Alejandro Amenábar o que lle pide unha canción do seu primeiro disco para a súa nova película Mar Adentro e isto acaba desembocando na colaboración de Carlos en practicamente toda a banda sonora da película, que gañaría un Oscar, así como 14 Premios Goya incluído o de música. Durante toda a súa carreira, Carlos Núñez vendeu máis de 1.000.000 de copias en todo o mundo e recibiu gran cantidade de premios de gran prestixio , sendo nomeado dúas veces para os premios Grammy. En definitiva, un talento asombroso e unha musicalidade que non deixa indiferente a ninguén.
15
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA MÚSICA XOSÉ MANUEL BUDIÑO Xosé Manuel Budíño é un artista atípico, un compositor que esperta admiración entre os seus, un creador fascinante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons máis contemporáneos. Ten publicado ata o de agora seis traballos discográficos, “Paralaia”,, “Arredeor”, “Zume de te“ rra” “Home”, “Volta” máis este último que fai o número seis, “Sotaque”. As súas creacións, os seus espectáculos en directo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. Budiño ten levado as súas composicións por todo o planeta, enchendo teatros de público ávido de gozar coas súas actuacións.
MERCEDES PEÓN Mercedes Peón está considerada como unha das mulleres máis carismáticas do panorama musical actual. A variedade das súas composicións arranca desde a polirritmia, desde a mirada dos ritmos máis ancestrais e remata en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio e o embruxo e a enerxía que transmite en cada unha das súas actuacións fan desta muller unha aposta segura pola continuidade da escena etnocontemporánea en Europa. Despois de profundizar na tradición durante 25 anos, no ano 200 grava o seu primeiro álbum Isué. Os seus últimos traballos están en estreita colaboración con outras disciplinas como a danza.
16
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA MÚSICA ESPECIAL ROCK BRAVÚ O bravú é un movemento musical e cultural que nace en Galicia a principios dos noventa. Na década de 1990 xorden en Galiza numerosos grupos musicais de gustos heteroxéneos que comparten tanto a fachenda pola súa cultura como a admiración por figuras dos movementos antiglobalización, liderados entón no ámbito artístico por personaxes como Manu Chao ou Fermín Muguruza. Aínda que encadrado ideoloxicamente na esquerda, a maior parte do movemento nunca chegou a estar implicado politicamente ao mesmo grao cás súas influencias, posiblemente pola dependencia de axudas e estruturas culturais do goberno galego, nese momento nas mans da dereita. Coa axuda de experimentos anteriores coma Os Resentidos, Fuxan os ventos, The Pogues, The Clash, Mano Negra ou Negu Gorriak, as novas xeracións de roqueiros galegos, ademais de amosar unha ampla cultura musical, deixan acantoados vellos complexos como o de non utilizar o galego para o rock.. Canalizan deste xeito unha rebeldía inherente ao sector máis creativo da mocidade contra un ambiente socio- político que consideraban paifoco e alasante. Introducen nas súas cancións os problemas cotiáns da mocidade da época: paro, obxección ao servizo militar, o sexo, os problemas da aldea e os caciques (p.ex.. a canción "Tratorada" do grupo Rastreros converteuse en exitosa crónica musical das loitas labregas). Liderados por artistas como Xurxo Souto ou Antón Reixa, agrupáronse no chamado Rock Bravú. En esencia, o bravú é un rock que comezou a xerarse «cando as guitarras chegaron ás aldeas». Formulado dende a periferia de Galicia, o mundo rural, este movemento é a expresión propia dos fillos de campesiños e pescadores, así como da mocidade das barriadas urbanas: insurxente, marcado por un son bravío e sen aditivos que non ten reparos en facerlle as beiras ao heavy e aos latexos caribeños. Unha identidade que mira, así mesmo, ás tradicións populares máis auténticas: sexan orquestras de verbena, gaitas de romaría, pandeireteiras, charangas, cantos de traballo, lemas sindicais ou slogans futbolísticos. Entre os grupos de música senlleiros do bravú podemos destacar Os Diplomáticos de Monte-Alto, Heredeiros da Crus e Os Skornabois.
17
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO INTRODUCIÓN Galicia é sen dúbida, unha importante escola de actores e de artistas de tódolos campos do audiovisual. Non é estraño encontrar nos nosos cines e na televisión nacional actores galegos e formados en Galicia. Desde aquí a nosa pequena homenaxe a este mundo fascinante .
OS NOSOS CLÁSICOS O LUAR Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados . Mantense no aire desde o 18 de setembro de 1992. Dirixido por Teo Manuel Abad e Xosé Ramón Gayoso, e presentado tamén por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro. Emítese en directo desde o Plató 1000 en Montouto, Teo, os venres pola noite. É un programa eminentemente musical que lle dá un amplo espazo á música galega sobre todo á tradicional, aínda que no programa hai espazo para o humor e os concursos. Moitas figuras do audiovisual e da música galega fixeron as súas primeiras aparicións nel ou ben fixéronse coñecidos en toda Galicia como Luís Tosar, Mercedes Peón, Paula Vázquez , Os Tonechos, Uxía Blanco, Carlos Blanco, Camila Bossa...en total pasaron polo programa máis de 5.000 artistas. Tempada tras tempada sitúase entre os cinco primeiros na clasificación dos programas galegos máis vistos. Luar foi o quinto programa máis visto da TVG na tempada 2006-07, con 181.000 espectadores de media e o segundo en cota de pantalla cunha porcentaxe do 22,71%. Na tempada 2007-08 sufriu un pouco o desgaste e a fragmentación da audiencia ao facer unha media de 175.000 espectadores cun 20,54% de audiencia.
Ademais foi galardoado en numerosas ocasións cos Premios Mestre Mateo ó mellor programa de televisión e ao mellor presentador de televisión. Luar é o único programa do mundo gañador de sete Best International Format Awards na categoría de cadeas de ámbito non estatal.
18
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO OS NOSOS CLÁSICOS DA TVG BAMBOLEO É un programa da TVG que foi estreado o 4 de xuño de 2011. É emitido os sábados pola noite e ten unha duración de dúas horas. Presentado por Xosé Manuel Piñeiro, un home que no seu pasado exercera como orientador escolar ata que en 1992 pediu unha excedencia voluntaria para se dedicar á radio e televisión. Pasou distintas etapas como artista ata chegar ó Bamboleo, un programa de música e baile que vai dirixido a tódalas idades para que poidan gozar dos mellores grupos galegos de música pop, das mellores orquestras de Galicia, de artistas coñecidos ou incluso de divertidas probas.
LAND ROBER Land Róber Tunai Show son dúas horas continuas de humor, convidados, música, comedia, colaboradores e conta coa participación directa do público no estudio. O programa presentado po Roberto Vilar tratará o humor desde a coñecida retranca galega, ó mesmo tempo que se realizan entrevistas a personaxes famosos e actuacións musicais en directo. Roberto Vilar empezou a súa traxectoria no audiovisual galego como cámara e axudante de realización de programas da cadea autonómica. Pero a súa fama chegaría ó formar parte do dúo humorístico Os Tonechos, xunto co tamén actor Víctor Fábregas, o coñecido Tucho.
19
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO. AS NOSAS SERIES: MAREAS VIVAS Mareas vivas, foi una serie da Televisión de Galicia creada por Antón Reixa e que se emitiu entre os anos 1998 e 2002. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixeron e moi populares entre a poboación galega.
Mareas vivas reflexa a realidade dun pobo mariñeiro chamado Portozás, situado na Costa da Morte. Aínda que o protagonismo recae principalmente nos personaxes do xuíz Andrés (Luis Tosar), e a súa caseira María (Isabel Blanco), trátase dunha serie coral, cun elenco amplo, e que puido sobrevivir bastante tempo nas pantallas pese á marcha dos dous citados personaxes. Para moitos dos seus actores, Mareas vivas foi un trampolín cara a fama en Galicia e, nalgúns casos, propiciou o salto ao panorama estatal. Entre o elenco da exitosa serie destacan Luis Tosar, Isabel Blanco, Sonia Castelo, Carlos Blanco, María Castro...
PRATOS COMBINADOS Pratos Combinados foi todo un mito na TVG, xa que se trataba da primeira comedia totalmente desenvolvida e protagonizada por actores e actrices galegos. Tivo un gran éxito de audiencia en tódalas súas emisións. Esta serie foi creada por Xosé Cermeño e protagonizada por: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Camila Bossa, Cristina Castaño, Antonio Durán, Braulio Veiga… A serie relata a historia da vida de Miro Pereira, un emigrante que volta a Galicia e decide montar un bar que rexenta coa súa familia. Polo bar desfilarán os máis variados personaxes, que dan orixe ás máis sorprendentes situacións que terán sempre como principal referente a particular forma de ser desta familia, co desconfiado Miro como líder.
20
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO. AS NOSAS SERIES: LIBRO DE FAMILIA Libro de familia foi unha serie galega emitida entre 2005 e 2013 pola TVG. A historia transcorre en Santalla, un típico pobo de interior galego ambientado nos anos 60, sendo protagonizada por tres familias que pertencen a distintas clases sociais.
A familia Cabanas, agricultores dende sempre e propietarios dunha tenda de ultramarinos, conviven coa familia Lamela, unha saga de caciques que regresaron ricos de Venezuela tras a emigración . A serie está ambientada nos anos 60 cando surxen as cooperativas, a industria e cando a emigración producía diñeiro. Cada capítulo mestura momentos de amor, drama e humor. Entre o seu elenco podemos citar a Manuel San Martín, Mayka Braña, Lucía Regueira, Gonzalo Uriarte...
MATALOBOS Matalobos foi unha serie galega, emitida na TVG que xira ao redor de varias familias relacionadas co narcotráfico, cuxa acción se desenvolve na vila de Sardiñeira. Os exteriores foron gravados na cidade da Coruña e arredores, a parroquia de Sigrás (Cambre) ou o centro penitenciario de Teixeiro. A primeira tempada, de 22 episodios, logrou situarse no terceiro posto na clasificación dos programas galegos máis vistos, por detrás de Padre Casares e Libro de familia, posto que repetiu coa 2ª tempada (2009-10), aparecendo os martes pola noite. O elenco da serie encabezado por Luís Iglesias conta con actores como Saamira Ganay, Carolina Vázquez, María Mera, Manuel Cortés e un longo etc.. Matalobos é unha serie moi recoñecida sendo premiada en múltiples ocasións e en distintas categorías nos Premios Mestre Mateo. Tamén foi galardoada co Premio Ondas ó mellor programa emitido por cadeas non nacionais no 2009 e co Premio Circom á mellor ficción de televisión en Europa.
21
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO. AS NOSAS SERIES: SERRAMOURA Serramoura é unha serie da TVG que trata sobre unha vila onde acontecen varios crimes empezando por Mónica. A tranquilidade de Serramoura, vese alterada coa chegada dun investigador de métodos agresivos, que, para descubrir quen matou a Mónica Triáns deberá lidar cos misteriosos habitantes desta vila. Todos gardan algún segredo, e tamén algunha razón para cometer ese crime horrendo. Mónica sabía demasiado das loitas entre as familias máis poderosas da vila. Ambientado no mundo da madeira, este thriller rural, que conta a historia dunha pequena e tranquila vila do interior, levará os espectadores por algunhas das paraxes forestais máis belas e tamén máis misteriosas de Galicia. Serramoura é unha localidade de ficción resultado da unión dalgúns dos recunchos máis belos e inquietantes da provincia da Coruña. É unha desas vilas orgullosas de vivir cara á natureza e de costas ao ritmo acelerado e insensato das cidades. Pero tamén, como en todas as vilas, en Serramoura hai segredos, mentiras e dor, os elementos esenciais en que se fragua o rancor e a vinganza. Serramoura vive da explotación dos seus recursos madeireiros. Dúas familias, os Soutelo e os Fiúza, loitan polo control do negocio. Este escenario recoñecible vese bruscamente alterado ao aparecer morta, brutalmente asasinada, unha das súas veciñas. Para resolver o caso, a Comandancia da Garda Civil desprazará á vila a Diego, sarxento especializado en homicidios, visceral e instintivo, que se unirá á sarxento Marga membro da Unidade de Investigación de Serramoura, extremadamente ordenada, metódica e analítica. Estas dúas personalidades tan distintas estarán obrigadas a entenderse. A historia irá desvelando episodio a episodio os segredos, as miserias e os conflitos desta pequena vila galega. Así, a investigación servirá en realidade para desvelar un segredo agochado na tranquila vida de Serramoura. Xunto a Lucía Regueiro e Miguel Ángel Blanco, que interpretan os dous personaxes que levan o peso da investigación, completan o elenco actores da altura de Antonio Mourelos, Alfonso Agra, Isabel Naveira, Xavier Deive, Uxía Blanco, Sabela Arán e Xosé Barato, entre outros. Todos eles baixo a dirección de Miguel Conde e Jorge Saavedra.
22
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO. AS NOSAS SERIES: PADRE CASARES Padre Casares foi unha serie de televisión galega estreada no ano 2008, converténdose na serie revelación da tempada na TVG. Foi o espazo con máis audiencia da TVG nas tempadas 2008-09 e 2009-10. A IB3 de Baleares realizou unha adaptación en mallorquino , Canal Sur andaluz en castelán, e o Canal 9 en valenciano, dúas canles máis, Telemadrid e Castilla la Mancha Televisión, emitírona dobrada ó castelán. Esta produción estaba protagonizada por Horacio Casares, un moderno sacerdote acabado de saír do seminario que chega á vila de Louredo, un concello mariñeiro de 1.000 habitantes, en substitución de don Crisanto, un cura vello e que levaba toda a vida ó cargo da parroquia. Esta situación traeralle algúns problemas de adaptación que se narran ó longo dos 23 episodios da primeira tempada da serie. O Padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, ten un soño: ir a Ruanda como misioneiro, pero é destinado a Santo Antonio de Louredo. Horacio e os veciños de Louredo terán que facer fronte ás súas diferenzas, aprendendo a convivir e aceptarse os uns aos outros. Malia todos os seus esforzos por adaptarse, Horacio acabará por pedirlle ao bispo que o releve do seu cargo. Pero don Crisanto adiviñará a verdadeira razón pola que Horacio quere marchar: Iria, a mestra da vila . Católicos e ateos únense para evitar que Horacio marche da vila. O sacerdote resolve as súas dúbidas e decide aceptar o seu destino como párroco de Santo Antonio. Quédanlle por diante uns meses repletos de emocións: un roubo na igrexa, unha praga bíblica, un neno abandonado na reitoral, unha voda gai... e as eleccións locais. Despois de compartir importantes experiencias vitais en Louredo, as dúbidas de Horacio sobre a súa vocación sacerdotal son cada vez máis fortes. e farán que o sacerdote teña que cuestionarse a súa vida. Protagonizada por Pedro Alonso, forman tamén parte do elenco Anonio Durán Morris, Mercedes Castro, Eva Fernández e Federico Pérez entre outros.
23
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO. CINE MADE IN GALICIA SEMPRE XONXA Sempre Xonxa é unha longametraxe dirixida por Chano Piñeiro e estreada o 25 de novembro de 1989. Foi a primeira longametraxe galega rodada en 35 mm, e ten a honra de ser unha das primeiras longametraxes de ficción en galego.
Sempre Xonxa é un filme sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas que viven placidamente na mesma aldea están platonicamente namorados de Xonxa. Pero un dos rapaces, O Birutas, ten que emigrar deixando a Xonxa e a Pancho na aldea. Cando O Birutas regresa da emigración, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada con Pancho. O papel de Xonxa foi interpretado por Uxía Blanco, un papel que a colocaría coma a máis importante actriz do incipiente panorama audiovisual galego. Miguel Ínsua encarnou a Birutas, mentres Xavier R. Lourido fixo de Pancho. Unha das interpretación máis salientables foi a de Roberto Vidal Bolaño como o mestre da vila. Tamén participaron no filme as actrices Aurora Redondo e Loles León, así como o fotógrafo Manuel Ferrol que se interpretou a si mesmo, un personaxe no cal Piñeiro fixo toda unha homenaxe ós fotógrafos populares que retrataron a Galicia emigrante. CHANO PIÑEIRO Luciano Manuel Piñeiro Martínez, máis coñecido coma Chano Piñeiro, foi un cineasta galego, principal impulsor do cine nesta lingua Ata os anos 1990 en que empeza a despuntar o cine en galego, Chano Piñeiro foi considerado unanimemente o director galego por excelencia. Encarnou coma ninguén a ansia por facer cine en Galicia e en lingua galega. En 1989 realizou a súa primeira e única longametraxe en galego: Sempre Xonxa, a primeira produción de cine en longametraxe totalmente en galego e rodada integramente en Galicia. Faleceu en Vigo á idade de 40 años . Converteuse así nun pioneiro e nun símbolo das novas xeracións do cine galego.
24
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO. CINE MADE IN GALICIA A ESMORGA A esmorga é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar, adaptación da obra homónima de Eduardo Blanco Amor. Está protagonizada por Cibrán, Bocas, e Milhomes. A historia sitúase na na cidade de Ourense, lugar onde se rodou e onde transcorre a noite de troula dos tres personaxes principais. O 15 de novembro de 2014, A esmorga proxectouse na inauguración da XIX edición do Festival de Cine de Ourense e estreouse nos cines de toda Galicia o 21 de novembro do mesmo ano. Grazas ó éxito acadado nos cines galegos, o filme estreouse en España o 8 de maio de 2015. A Esmorga conta a historia de Cibrán, un obreiro que se xunta coa Raxada unha exprostituta e nai solteira. Unha mañá, de camiño ao traballo, é abordado por dous amigos bébedos, Bocas e Milhomes. Cibrán xúntase a eles no seu deambular pola zona, deixando tras de si un regueiro de destrución. Entre o elenco de actores, destacan Miguel de Lira como Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, Antonio Durán como Milhomes, Mela Casal como Nonó e Mónica García como Costilleta.
PRADOLONGO Pradolongo é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar que foi estreado no 2008. Rodado integramente en galego, a rodaxe fíxose na comarca de Valdeorras. Está protagonizado por Tamara Canosa, Rubén Riós, Mela Casal e Roberto Porto.
Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade se deteriora a raíz das diferenzas de clase e dos conflitos amorosos que xorden nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a 18 anos. O verán preséntase como todos, con festas ou tardes no río, pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo (un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño) ó pai de Armando, obrígaos a reconsiderar os soños e vencellos que os mantiveron unidos dende a infancia.
25
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO. OS NOSOS ACTORES E ACTRICES LUIS TOSAR É un actor e cantante galego de Lugo. Naceu o 13 de outubro de 1971 (44 anos). A súa primeira presenza foi na televisión, protagonizando Mareas Vivas na Televisión de Galicia (1999). Recibiu o Premio Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España en 2003 como Mellor Actor de Reparto por Los lunes al sol e en 2004 como Mellor Actor por Te doy mis ojos. Tamén foi gañador da Concha de Plata do Festival de cine de San Sebastián en 2003 por Te doy mis ojos. En 2009 volveu gañar o premio ao Mellor Actor pola súa interpretación en Celda 211, unha das películas máis destacadas na súa carreira. Foi nomeado a varios premios Goya en distintos anos con diversas películas (Mientras duermes, Celda 211, Te doy mis ojos, Flores de otro mundo...) dos cales gañou tres. AÍDA DA MOTA DÍAZ Tamén gañou un premio Mestre Mateo coa película Operación E, Cargo, El lápiz del carpintero, Los lunes al sol... A súa última película foi El desconocido, dirixida por Dani de la Torre, na que tamén traballa con Javier Gutiérrez.
MIRIAM GALLEGO Naceu en Ourense, Galicia, no ano 1975. Licenciouse en Madrid na REASED (Real Escuela Superior de Arte Dramático). Un dos seus primeiros traballos como actriz foi na serie galega “Pratos Combinados”. Protagonizou a película “Concursante” en 2007 e, neste mesmo ano, comezou a traballar na serie “Hospital Central”. Tamén interpretou varios papeis de maneira fixa noutras series como “Aida”,”Lobos”,”El Comisario”… Pero, sen dúbida, a súa personaxe máis coñecida é a que interpreta na coñecida serie” Águila Roja”, a Marquesa de Santillana. Con este papel consegue o premio Fotogramas de Plata (2010) á mellor actriz de televisión e o Premio Iris (2011)como mellor actriz de serie.
26
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO:OS NOSOS ACTORES E ACTRICES CRISTINA CASTAÑO É unha actriz galega, especialmente coñecida polo seu personaxe de Lydia Celada na serie Al salir de clase e polo seu papel de Judith Becker na popular serie de televisión La que se avecina, ambas de Telecinco. Cristina Castaño naceu en Villalba (Lugo) o 30 de outubro de 1978 e marchou de alí cando tiña seis anos por motivos de traballo de seus pais. Criouse en Madrid. Con 18 anos mudase a Galicia para estudar periodismo, pero deuse a coñecer pronto na televisión de Galicia na serie Pratos combinados. En 2000 chegoulle a oportunidade de incorporarse ao reparto doutra serie, esta vez a nivel nacional: Al salir de clase. Deste modo, abandonou Pratos combinados, pasando o seu personaxe a ser interpretado por María Castro, actriz coa que coincidiría máis tarde na película Días azules, e converteuse nunha das novas promesas saídas da canteira da xuventude de Telecinco. Dende aquela ten feito promocións nalgunhas series nacionais e papeis pequenos nalgunhas películas, ademais de proxectos teatrais, e incluso probou sorte no mundo da canción.
MARÍA CASTRO María Castro Jato, nada en Vigo o 30 de novembro de 1981, é unha deportista, presentadora, modelo e actriz galega. Diplomada en Maxisterio por Educación Física e licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, traballou como modelo profesional e realizou cursos de danza moderna e contemporánea, dobraxe, esgrima actoral, clown e interpretación diante da cámara. Fíxose popular en Galicia a raíz do seu papel na serie Pratos combinados. Máis tarde traballou no serial xuvenil SMS (2006) e a principios de 2008 converteuse nunha das protagonistas da serie Sin tetas no hay paraíso, en Telecinco, que lle reportou unha grande popularidade a nivel de España e posteriormente participa na serie Tierra de Lobos tamén de Telecinco O 16 de outubro de 2009 gañou o Premio Ondas, pola serie Sin tetas no hay paraíso. En marzo de 2013, fichou pola canle de televisión Antena 3 para protagonizar a serie Vive cantando onde dá vida á Trini e que se emite actualmente os martes en horario de prime time.
27
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO. OS NOSOS ACTORES E ACTRICES ENTREVISTAMOS A SAAMIRA GANAY Os alumnos do IES Celanova, gozaron dun encontro moi especial coa actriz ourensá Saamira Ganay, no que coñeceron máis de cerca o mundo do audiovisual galego, e no que tiveron a oportunidade de entrevistala, preguntándolle todo tipo de dúbidas acerca da súa vida profesional e persoal e sobre o que acontece tras das cámaras nunha rodaxe. En Ourense, súa cidade natal, o “bicho” da interpretación, como ela mesma di, envelenouna sen remedio sendo moi pequena. Por diferentes motivos loitou por apartarse da profesión de actriz, e quizais por iso, parte da súa formación e no mundo do deseño e as artes plásticas, sentindo paixón pola pintura. Pero finalmente na súa vida non puido evitar decantarse polas artes escénicas. Comezou formándose para o teatro, sen deixar de tocar outras artes coma o canto ou a danza moderna. Cando decide probar no audiovisual, ten a oportunidade de estudar con mestres como Assumpta Serna e Scott Cleverdon, Nathan Jhon Carter e moitos outros. Sempre que ten ocasión segue formándose con diferentes profesionais. Estréase na televisión con pequenas aparicións na serie “Padre Casares” da TVG. No ano 2012, pasa a formar parte do reparto da coñecida e premiada serie galega “Matalobos” coa personaxe da “Cabo Otero”. Unha serie na que estivo desde o primeiro capítulo e na que conseguiu ir facéndose un oco moi pouco a pouco. Outra coñecida serie na participou é “Libro de familia” todo un clásico no audiovisual galego. Este é o ano no que empeza a abrise camiño no audiovisual, chegando en 2015 a traballar na serie de TVE "Acacias 38". Colabora frecuentemente con estudantes de audiovisual e produtoras independentes, o que a levou a participar en máis de vinte de curtametraxes. Formou parte da compañía de teatro de cabaré coruñesa “Femme fatal” e actualmente forma parte da agrupación musical "Sisters In The House" . Como dato curioso, foi columnista durante case tres anos, do periódico ourensán, “Ourense por Barrios” coa columna que levaba por nome “Avatares dunha actriz novata”...Pero hoxe no IES Celanova cambian os roles e é Saamira a que vai responder as preguntas dos alumnos para a revista “Poleiro
28
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA O AUDIOVISUAL GALEGO. OS NOSOS ACTORES E ACTRICES ENTREVISTAMOS A SAAMIRA GANAY Por que empezaches baile moderno? Porque son unha apaixonada do baile dende moi cativa; realmente, sempre quixen facer un musical, así que cantar, bailar e actuar van da man. Como combinas o grupo musical e o cine? As Sisters in The House, son moi flexibles e, como actriz, teño máis tempo libre do que me gustaría, así que non é difícil. Que sentes ao cantar? Cando cantas, o máis bonito é deixarse levar polo que di a canción, sentir a letra e o ritmo do que cantas. Penso que cando cantamos nos sentimos vivos. Que lle dirías a alguén que quere comezar no mundo do cine ou da música? Eu non teño ese tipo de respostas para ninguén. Sei que todo require moito esforzo e constancia: o mundo artístico probablemente sexa dos que máis, porque é moi subxectivo e tampouco ten demasiados apoios nin da sociedade nin das institucións. Traballar nisto é asumir que vivirás na corda frouxa, por iso tes que estar moi, moi seguro de que isto é a túa vida e o único que te fará feliz. Soamente así merecerá a pena. Se tiveras que elixir entre o cine e a música, cal elixirías? Quixen ser actriz polo cine musical, e segue sendo algo que me emociona ata dun xeito infantil. Pero a interpretación é o que me mobiliza e me mantén viva, así que ser actriz é inevitable. Que personaxes prefires interpretar, bos ou malos? Poucas veces un personaxe é bo de todo ou malo de todo; se é próximo á realidade terá arestas. En realidade, eses son os personaxes que gozo, os fortes, con arestas e conflitos. Cal foi a experiencia máis rara que viviches no mundo do cine? Pois non foi no cine, pero foi gravando un programa que coñecedes, o "Éche así". Facíame pasar por unha adiviña, a experiencia marcoume. Deixoume tocada animicamente mirar os ollos da xente e comprobar o vulnerables que podemos ser cando estamos necesitados de oír e solucionar certas cousas, e o doado que é que nos enganen nesas circunstancias. Fun adiviña por un día. Que che gustaría ter sido de non decantarte polas artes escénicas? Estaría máis metida nas artes plásticas. Probablemente, pintora...aínda que tamén pinto, pero fágoo sen aspiracións.Tamén me gusta moito a decoración. Por que decidiches dedicarte ao deseño e apartarte do teatro? Porque tiña que traballar e estudar e non podía irme de Ourense a estudar fóra. Isto, xunto a outros problemas engadidos, facíao case imposible. Parecíame un soño inalcanzable. Cal é a túa inspiración? Pode estar en calquera parte ou situación. Son moi observadora, e, se sabemos mirar e escoitar, podemos atopar historias e personaxes interesantes case constantemente, simplemente paseando por unha rúa ou observando dende a mesa dunha cafetería. Facelo con empatía para min é fundamental. Ademais de observar, a música sempre me resulta evocadora e emocionante para revivir ou imaxinar. Moito está nun mesmo, no corazón , na alma ou na pel, só hai que aprender a escoitalos..
29
O LAGARSÍO VAL DE CELANOVA.GALICIA É CULTURA BULSHOOT. PRIMEIRO VIDEOXOGO EN GALEGO O estudio de videoxogos coruñés Gato Salvaje ten un novo produto no forno; emparentado co seu xogo AR-K, chega Bullshot, un xogo de acción run’n run de “espírito retro e macarra” (inspirándose en clásicos com Gryzor e Metal Slug)¸ no que haberá que axudar a Franky F. Frank a combater os malvados cardesianos, así como os seus robots e zombis para liberar os compañeiros rebeldes presos. Estamos ante un xogo de acción. Ambiéntase no planeta Valer, a 20 anos luz da estación espacial AR-K, poboado polos tranquilos valerianos, agora oprimidos polos seus invasores (os terribles cardesianos), de aí que o valeriano Frank F. Franky, presidente dos Bulls of Anarchy, ocultase a súa identidade para acabar con malvados dende dentro e liberar a toda a súa raza do xugo que os somete. Repartirá as súa aventuras en 3 escenarios, con 3 sub-niveis, buscando unha experiencia arcade pura, como denota o mero feito de que o protagonista careza de límite de munición. Cómpre destacar que estamos ante un xogo traducido a 18 linguas, entre as que non falta o galego (de feito, é o primeiro xogo publicado en galego na plataforma Steam), o que se denota especialmente pola súa dobraxe sonora, onde o actor Miguel Pernas pon voz ao prota-
gonista desta produción galega. De momento, non se deron máis detalles sobre esta aventura, así que a información da que dispoñemos nestes momentos é moi escasa, aínda que xa se mostraron as súas primeiras imaxes, confirmando que se tratará dun título en 2D de avance lateral.
30
EVENTOS ROAD TO CERN Road to Cern é un proxecto que parte do departamento de tecnoloxía do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro e está inscrito nas actuacións dos Contratos Programa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, concretamente no apartado “Mellora dos coñecementos para acadar a excelencia”. A idea en cuestión foi viaxar a Xenebra para visitar o CERN, o maior laboratorio de investigación en física de partículas do mundo, e preparar a viaxe axeitadamente: idiomas e documentación científica serán as liñas desta preparación. O alumnado participante pasou polas seguintes fases: •
Asistir con aproveitamento a clases extraescolares de idiomas (francés ou inglés) durante dous recreos semanais a partir do mes de febreiro impartidas por profesorado do centro.
•
Asistir ás charlas sobre física de partículas e temas relacionados que se irán propoñendo.
•
Realizar as lecturas propostas con material aportado polo centro (libros da biblioteca, artigos, material audiovisual, etc.)
As clases de idiomas foron un descubrimento: profes e alumnado implicado participamos activamente e aproveitamos todo o que puidemos a oportunidade que se nos brindou. Por outra banda, as charlas de Carlos Pajares (o delegado científico de España no consello do CERN ) e Cibrán Santamarina (doutor en Física de Partículas que traballa no experimento LHC do CERN) foron interesantísimas mesmo para os que non temos unha grande base científica, e iso é proba do bos divulgadores que son un e mailo outro. As súas intervencións foron amenas e didácticas e abríronnos fiestras a coñecementos de última xeneración.
31
EVENTOS CERTAME DE POSTAIS DE NADAL Iria da Mota Díaz, alumna de 3º ESO A foi a gañadora do Certame de Postais de Nadal. A súa postal foi portada do boletín informativo para as familias que realiza o centro no primeiro trimestre. Unha fermosa imaxe para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa. Iria recibiu o seu premio que foi una caixa de pinturas pastel semiprofesional. Só esperamos que, a partir de agora, nos siga sorprendendo e poidamos seguir contando coa súa creatividade e talento. Felicidades Iria
CONCERTOS DIDÁCTICOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA O día 23 de outubro o alumnado de 3ºESO viaxou co Departamento de Música a Santiago. Coma sempre, no Auditorio de Galicia recibíronnos cos brazos abertos e un espectáculo extraordinario e ben orixinal: o Frankenstein de H.K.Grüber. Xunto con nós, unha morea de rapazas e rapaces que enchían por completo o auditorio gozaron dunha orquestra “diferente”, que incluía, ademais dos instrumentos cos que tradicionalmente conta a Filharmonía de Galicia, outros como mirlitóns, celesta, trompetas de xoguete, percusións estrañas e unha morea de efectos especiais para sonorizar unha xenial escolma de poemas interpretados no estilo Sprachsang, que quere dicir “medio cantados, medio recitados”. A súa temática non podía ser máis divertida: Frankenstein e outros personaxes terroríficos da literatura, o cómic e o cine desfilaron ante os nosos ollos, da man dun gran recitador: Julián Hernández, fundador e líder de Siniestro Total. Pola tarde visitamos a Catedral… Si, xa sabemos que está moi vista, pero sempre convén facer un repaso do marabilloso patrimonio que temos tan preto de nós e que aglutina tantos estilos arquitectónicos diferentes. Mágoa que o Pórtico da Gloria siga en proceso de restauración e non puidésemos velo, pois para os músicos é un testemuño valiosísimo para coñecer os instrumentos medievais.
32
EVENTOS MASCARADA NO IES O Entroido xa é unha festa grande no noso centro. Un ano máis, os alumnos e profesores do IES de Celanova celebraron o venres de Entroido cunha gran Mascarada, desfile por grupos e actuacións no salón de actos. Este ano foron tres horas de festa que esconden dous meses de intenso traballo en equipo, onde os alumnos demostran, ano tras ano, que querer é poder, e que son capaces de facer traballos extraordinarios cando están motivados. Para non perder á tradición, os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato encargáronse das presentacións, tanto do desfile como da gala do salón de actos, nas que gozamos de coreografías e cancións variadas. Esperamos que o ano que vén sexa aínda mellor...porque destes rapaces podemos esperar moito.
VARIEDADES TEATRO EN OURENSE Os alumnos de normalización lingüística do IES Celanova acudirán ó Teatro Principal de Ourense acompañados polos alumnos do club VIP de Lectura da Biblioteca do Centro. A obra titúlase "Variedades" A través dunha viaxe ó universo da creatividade, da fantasía e do humor, créase dunha forma coral o espectáculo VARIEDADES, unha obra que invita aos espectadores a reflexionar sobre a complexidade das relacións entre as persoas en diferentes etapas da súa experiencia vital: infancia, adolescencia e madurez Mediante a colaboración dos integrantes das diferentes Aulas de Teatro de Palas de Rei, A Estrada, e Melide , transítase polo mundo da emoción, da sensibilidade e do humor e abórdanse temas de actualidade que preocupan e interesan á xuventude e aos adultos. Aparecen, así, ao longo do espectáculo reflexións sobre a violencia de xénero, o cambio climático, as consecuencias negativas da agresividade, as posibilidades e perigos das novas tecnoloxías, a problemática do mercado laboral, a realidade das persoas máis desfavorecidas ou a discriminación por motivos de raza, xénero u crenzas.
33
EVENTOS DESTINO LALÍN Despois da excelente experiencia vivida o ano pasado no Intercambio con alumnos do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, os dous centros estivemos de acordo en repetir a experiencia, e os departamentos de EDLG puxémonos en marchar para facer posible os I Encontros Lalín- Celanova. E por fin chegou o día...e non defraudou. Os nosos compañeiros de Lalín tiñan preparado para nós un día cheo de interesantes actividades que nos permitiron coñecer un pouco máis as riquezas xeográficas e artísticas da Comarca de Deza Só espero que eles aproveitasen tanto esta convivencia coma nós e esperamos que o día 16 de Maio, cando eles veñan a Celanova, poder recibilos e tratalos tan ben como eles a nós. Agardamos a súa visita. O día 6 de abril, despois de Semana Santa, o Equipo de Normalización Lingüística planificou a segunda visita do IES de Celanova a Lalín. Os profesores do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín recibíronnos moi ben e é de agradecer...¿como non? Eles leváronnos ata o salón de actos do centro, instantes máis tarde faríao o alumnado do propio centro. Xa alí, Pilar Espiño (unha profesora de Galego do centro) repartiu unhas guías e información dos lugares que visitaríamos no día. Empezamos por visitar o Mosteiro de Carboeiro: edificio importante. Fundado no século X (ano 936) polos condes do Deza e construído polos discípulos do Mestre Mateo, artífice do Pórtico da Gloria, está considerado a xoia do romántico oxival galego e símbolo da comarca do Deza. Despois de visitar o Mosteiro de Carboeiro, comezou a andaina polo Sendeiro Fervenza do Toxa- Carboeiro que ten unha lonxitude de 6km. Empezamos o sendeiro e o primeiro que puidemos ver foi a ponte do Demo que ten a súa propia lenda debido ao seu nome. O camiño, aínda que era exixente, non tivemos problemas para facelo. Ia pasando o tempo e, por fin, chegamos á Fervenza do Toxa. Pola tarde, visitamos o Pazo de Liñares, onde se encontra o Museo do Títere, rematando aí as actividades previstas.
34
EVENTOS RECIBIMOS AOS ALUMNOS DE MELIDE De todas as actividades que se poden facer en relación coa normalización lingüística do galego, o intercambio con outros centros de toda Galicia é unha das máis demandadas polos alumnos. O IES Celanova ten o costume de recibir os outros centros de maneira especial; nesta excursión non ía ser diferente: as nosas profesoras de música (Carmen Valugo e Irma Fernández) tiveron a gran idea de recibilos na fermosa biblioteca do centro, e como a nosa biblioteca estaba decorada coa temática do cine (cada pouco tempo vai cambiando a temática) decidiron recibilos tocando un tema tan fermoso como “Cinema Paradiso”. Despois da benvida, Irma contoulles aos alumnos de Melide a historia da nosa biblioteca,. Instantes despois da explicación, ensinámoslles o centro e puidemos tomar un aperitivo na cafetería do mesmo antes de marchar, para mostrarlles a Terra dos Poetas. Ao acabar, dirixímonos á igrexa. Xa alí, dividímonos en dous grupos mesturados cos compañeiros de Melide. Viñeron dous guías que nos explicaron todo o mosteiro de San Salvador desde a igrexa ata a fermosa capela de San Miguel. Ao remate, Valugo falounos do órgano e incluso puidemos escoitar como tocaban ela máis Irma unha obra a catro mans de Giovanni Morandi. Cando finalizaron a actuación déronnos tempo para xantar. Xa pola tarde, fomos á cela onde estivo encarcerado o poeta do cal herdamos o nome, Celso Emilio Ferreiro..A continuación fixemos unha visita á casa doutro poeta dos grandes desta nosa terra, a casa de Manuel Curros Enríquez, coñecendo un pouco máis da súa vida e obra. Paula, a nosa guía, explicounos de forma moi amena a vida de Curros en Celanova, na súa casa paterna e tamén a importancia da emigración na vida de Curros. Con esta última visita remataríase a excursión de intercambio, co cal, puidemos coñecer un pouco máis o noso pasado. Só quedaba despedirnos dos amigos de Melide. O saír da Casa de Curros, quedamos na praza para a despedida. A pena é que ,por causas alleas a nós, non puidemos realizar a viaxe de Intercambio a Melide, aínda que desexamos que outro ano sexa posible.
35
EVENTOS I ENCONTROS EN CELANOVA COS AMIGOS DE LALÍN Despois da experiencia tan positiva vivida en Lalín, a verdade é que tiñamos moita ilusión por recibir de novo en Celanova aos alumnos e profesores do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín. A súa chegada estaba prevista para as 10.00 horas da mañá e todo o alumnado de normalización lingüística xa estaba preparado para recibilos. Esperamos no claustro a que entraran todos e pasamos ao salón de actos, onde o alumnado de 3ª ESO B realizou distintas actuacións para darlles unha benvida especial. Cando remataron, iniciamos a visita polo noso IES. A medida que íamos avanzando, eles estaban máis impresionados co noso centro, sobre todo ó chegar á nosa espectacular biblioteca, e a verdade non me estraña porque é un lugar máxico...a biblioteca e todo o centro. Unha vez alí, os alumnos de 3º ESO A interpretaron a banda sonora da película Beaveheart en concordancia co proxecto levado a cabo na Biblioteca “O cine, retablo de marabillas” Despois do noso pequeno roteiro, tomamos un aperitivo na cafetería do instituto e, ó acabar, dirixímonos cara o claustro barroco para realizar a visita guiada ao Mosteiro de San Rosendo, que inclúe claustro, igrexa e capela de San Miguel e a cela onde Celso Emilio Ferreiro estivo encerrado tres días durante a Guerra.Civil, e onde os alumnos realizaron unha lectura de poemas de Manuel María, poeta homenaxeado nas letras galegas 2016. Unha vez alí, subimos ó coro onde os alumnos de 3º ESO A e B interpretaron o Bolero de Ravel acompañados ao órgano pola profesora de Música do IES Celanova, Irma. Ao rematar, a outra profesora de música do IES explicou o funcionamento deste marabilloso instrumento . Despois da explicación, as dúas profesoras interpretaron unha obra para órgano a catro mans para rematar a visita ao órgano. Pola tarde, xa coas pilas recargadas, dirixímonos ata a casa dun dos grandes da nosa terra: Manuel Curros Enríquez. Alí explicáronnos a vida e obra deste poeta, e coñecemos de primeira man o lugar onde viviu ata os 17 anos. Unha vez rematada a visita á casa de Curros, collemos camiño cara a nosa última parada: Vilanova dos Infantes onde visitamos a torre e unhas covas que posiblemente foran antigas adegas.
36
E VE NTO S UNHA BOA ORIENTACIÓN PARA UN BO FUTURO O departamento de Orientación do IES Celanova realiza durante todo ano escolar numerosa actividades con vistas á orientar ó alumnado sobre as posibles saídas profesionais, tanto dos Bacharelatos, como dos Ciclos Formativos e da Formación Profesional Básica. Alén diso, tamén axuda e asesora os alumnos que así o soliciten en todo o referente a problemas persoais, familiares...así como no relativo á coordinación cos titores e profesores en todo o referente ó tratamento de temas transversais na aula. A continuación detallamos as actividades realizadas por este departamento ó longo do curso 2015– 2016 •
Charla para o alumnado de Bacharelato impartida por un profesor da Universidade de Santiago de Compostela sobre: - Oferta educativa da Universidade; Actividades; Residencias e Becas; PAU . Colaboración na Xornada de Portas abertas para aquel alumnado de nova incorporación ao centro tanto de Bacharelato coma de 6º de Primaria dos centros adscritos. •
Charlas impartidas en relación ao Grao de Xeografía e Historia •
Talleres de habilidades sociais para 3º de ESO impartido polo educador social da Mancomunidade de Celanova. •
Charlas sobre mal uso de Internet , acoso escolar, e prevención de drogas impartidas pola Garda Civil. En Ciclos Formativos, tanto de Administrativo coma de Instalacións Eléctricas informóuselles sobre as saídas profesionais do ciclo , busca de emprego •
Probas de acceso a ciclos.
37
E VE NTO S METEOESCOLAS Outro curso máis participamos no programa de Proxecta METEOESCOLAS. O ALUMNADO DE 1º de ESO realizou o labor de recoller datos (temperaturas máxima, mínima e precipitacións) na caseta meteorolóxica do IES. Estes datos foron introducidos na páxina web de Meteogalicia e serviron para que o alumnado elaborara un climograma. Pretendemos aprender algo do clima de Celanova e comparalo co doutros lugares de Galicia. Imos vendo que chove menos que nos outros lugares estudados!!! Haberá que coidar a auga. Continuaron tamén co traballo de recollida de refráns da comarca relacionados co tempo. Grazas a todas as persoas que colaboraron cos rapaces para facer o traballo! “ Xaneiro , xiadeiro,” Febreiro, cada suco ó seu regueiro, Marzo, cando a raposa molla o rabo, Abril augas mil, cantas máis puideran vir” Elvira Bande. Recollida por Mara Martínez Tamén colaborou no proxecto o alumnado de 3ºC traballando sobre o tempo na clase de inglés. SAYINGS
EXCURSIÓNS 4º ESO e 3º ESO Os alumnos de 4º A e 4º B van de excursión de fin de curso a finais de Xuño. Os alumnos de 4º A a Asturias do 17 ao 21 de xuño a Asturias, e os de 4º B do 22 ao 25 a Portugal. Disfrutade moito rapaces!!!!!!!
38
E VE NTO S DESPEDIDA 2º BACH Un ano máis, chegou o momento de pechar unha etapa para empezar con ilusión a seguinte. É un día fermoso, de sentimentos encontrados, por un lado a ledicia de rematar con éxito o bacharelato, e por outro, a tristura de despedir uns alumnos que compartiron moitos momentos únicos durante os anos que durou a súa etapa educativa no IES. Para homenaxealos como merecen o IES Celanova preparou un acto de graduación que, coma sempre, resultou moi emotivo. Profesores e alumnos participan conxuntamente nun día inesquecible que culmina nunha cea celebrada no claustro.
XXVIII CERTAME DE RELATO BREVE CELSO EMILIO FERREIRO Todo o alumnado de ensino medio de Galiza que así o desexara foi invitado un ano máis a participar no noso certame presentando obras inéditas en lingua galega. Este ano os textos a concurso, seguindo a inspiración das campañas de dinamización da Biblioteca “O cine retablo de marabillas”, deben estar relacionados coa temática do cine. O xurado do certame, está formado por membros dos equipos de biblioteca e de dinamización lingüística, e o nome do gañador darase a coñecer nos eventos para clausurar o curso. O relato gañador será premiado con 100 euros. Esperamos que haxa unha elevada participación neste certame que xa conta con case tres décadas de antigüidade.
39
LIBROS, PELÍCULAS E VIDEOXOGOS RECOMENDADOS Para que estas vacacións sexan inesquecibles, vive unha aventura, namórate, viaxa á fin do mundo, pérdete no tempo...Vén á biblioteca. Recomendacións de lectura en galego para o verán do 2016 SÁNCHEZ, Enrique.- O gol imposible PINGUILLY, YVES.- Soños de fútbol en
Bangui LONDON, JACK.- Cairo branco COOPER, F. O último mohicano MACEDA ABELEIRA, B. – O álbum de Garrincha JAUREGUIZAR.- Corazón de chocolate FERNÁNDEZ TEIXEIRO, Manuel María.- Os ontes do silencio FERNÁNDEZ TEIXEIRO, Manuel María.- As ribeiras son escuras
PECHE Querido lector/a: Nove meses de clase dan para moito. Agora que este curso remata e que xa estamos no verán, parece que queda moi lonxe aquel chuvioso día de setembro no que daba comezo o curso, aquel día que todos afrontábamos cheos de ilusión e nervios por saber en que clase e con que compañeiros nos ia tocar, pero con certa nostalxia porque remataba o verán. E como dixen antes, en nove meses pasan moitas cousas. Foi un curso cheo de ledicia, de risas e de bos momentos, aínda que tamén estivo marcado polos madrugóns e as noites sen durmir antes dos exames. É agora, ao final, cando toca facer un repaso e saber que cousas levamos con nós desta etapa que hoxe remata. Persoalmente, eu levo unha pequena familia e, aínda que ao acabar a ESO os nosos camiños se separen, sempre me lembrarei dos momentos partillados con eles. Ademais, levo moitas experiencias, aprendizaxe, e lembranzas dun ano que, aínda que non fose perfecto, foi moi especial. Como cada ano, coa publicación desta edición da revista, poñemos punto e final ao curso 2015-2016. Ademais,, tamén é o momento de dar as grazas a todos aqueles alumnos e profesores que participaron dun xeito ou outro na elaboración desta revista e que fan posible ao longo de todo o ano que o IES Celanova se manteña en marcha con todos os seus proxectos. MOITAS GRZAS!!! Isto é todo amigos!!!
40