Page 1

PROBA 1-. A chave da CAStaña Similar ao xogo da chave, no canto de tirar cunha pedra tiramos cunha castaña. Hai que facer xirar a “chave”, tirando unha castaña dende unha distancia marcada. Cada vez que fagamos xirar a chave sumamos un punto

PROBA 2-. A botella Neste xogo hai dúas modalidades, para os máis peques e para os maiores. Os maiores deberán poñerlle un colar a unha botella empregando un pau a modo de cana de pescar do que colga a argola que hai que colocar no colo da botella.

Os peques terán que pescar botellas empregando un sistema similar. As botellas teñen no tapón un gancho polo que hai que pescala cun aparello similar a unha cana de pescar. Por cada botella conseguida sumarase un punto


PROBA 3-. castachapas Consiste en guiar unha castaña dándolle cos dedos como se dunha canica se tratase por un camiño cheo de curvas. Daralle dúas veces seguidas cada membro do grupo. Se nos saímos do percorrido voltaremos a empezar. Cada castaña que chegue ao final suma un punto.

PROBA 4-. Castañas a culleradas Como o seu nome indica, trátase de levar a unha caixa cantas máis castañas mellor empregando, para elo, unha culler na boca. Cada castaña que depositemos na caixa suma un punto

PROBA 5-. O trueiro da castaña Colocados fronte a fronte dous membros do equipo a unha distancia sinalada, un deles lanza a castaña e o outro ten que tentar pescala co trueiro. Cada castaña pillada, un punto


PROBA 6-. Encestar castañas Agora toca poñer a proba a nosa puntería. Temos varios recipientes colocados a varias distancias. Dende unha marca sinalada temos que encestar a castaña nun deles. Cada un terá unha puntuación diferente en función da súa posición e tamaño

PROBA 7-. A castaña vai de viaxe Esta proba consiste en levar a castaña por varios lugares sen que nos caia. Conta de 10 probas individuais, unha para cada membro do equipo, que deben colocarse nos puntos sinalados antes do comezo da proba. 1.- Comezamos buscando unha castaña nunha caixa chea de bolas, que deberá buscar o membro máis pequeno do equipo.

2.Este daralla ao seu compañeiro (de 4 anos) que terá que collela nunha pá e levala camiñando enriba dun banco.


3.- O seguinte colle a pá e terá que levala camiñando enriba das rodas sen caerse nin caer a castaña ata deixala nunha carretilla para o seguinte. Está prohibido meter o pé na roda.

4.- Unha vez na carretilla, a quen lle toque ten que levala CORRENDO e sorteando conos ata o seguinte compañeiro e depositarlla nunha culler que terá na boca (non serve coa man).

5.- Este terá levala sobre unha corda fina cun pé diante doutro e pasarlla a outro compañeiro, que terá outra culler. Hai que pasala de culler a culler sen tocarlle coa man.


6.-

Agora temos que levala por un túnel arrastrándonos. Ao final do percorrido deixarémola no chan no inicio dun camiño.

7.- Outro compañeiro terá que desprazala por este sendeiro, cheo de curvas e máis curvas, empregando un pau moi longo e depositala nunha caixa que atopará ao final do camiño.

8.- Será un novo campañeiro (de 4 ou 5 anos) o que , unha vez que a castaña estea na caixa, terá que tirar enrolando fío ata que caixa lle chegue. Collerá a castaña e daralla a outro compañeiro nunha pá.


9.- Este terá que levala SALTANDO de aro en aro sen que lle caia e deixala no punto de penalti que atopará ao final dos aros.

10.- Para rematar a súa viaxe, o derradeiro membro do equipo terá que meter CASTAÑA… nunha mini portería a unha certa distancia.

FIN DO PERCORRIDO

Cando en calquera percorrido a castaña caia polo camiño temos que volver a empezar. (*) Se a castaña chega ao final sen ter que empezar de novo, sumamos 10 puntos, restándose de 2 en 2 cada vez que teñamos que retroceder, podendo restarse aos puntos doutras probas se é preciso.

CON ESTA XINCANA ESPERAMOS QUE PASEDES E DISFRUTEDES DUNHA TARDE DIVERTIDA PARA LOGO ENCHER O BANDULLO COMENDO CASTAÑAS……

PROBAS XINCANA DO MAGOSTO 2012  

Modelo de probas que faremos na xincana do magosto 2012 no CPI Ponte Carreira

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you