Page 1

Fervellos. Novo proxecto de Educación Infantil de primeiro ciclo. O esquío pillabán. Estacións e festas. Vermello. A escola. Os xoguetes. Caixas e papeis de regalo. Xoguemos coa neve. Os alimentos. Verde. Triángulo. A coelliña brincadora. O posto de froitas e verduras. Emocións. Amarelo. A panda dos Fervellos. Os animais. Onde estás, esquío? Cortiza e pedras. Círculo. Plástica. As travesuras do esquío. O rato Tato. Follas e froitos de outono. Casals.


Índice O proxecto Fervellos

Fervellos e as capacidades

2

3

4

O esquío pillabán (2 anos)

10

A coelliña brincadora (1 ano)

16

O rato Tato (0 anos)

20


PROXECTO FERVELLOS A Editorial Casals preséntache un novo proxecto para os nenos e nenas de primeiro ciclo de Educación Infantil co obxectivo de lles proporcionar unha educación integral e globalizada aos nosos pequenos fervellos por medio dun material motivador, dinámico e pedagóxico.

Ola! Son o esquío pillabán, a mascota de 2 anos.

Eu son a coelliña brincadora e son a mascota de 1 ano.

Adiviñas quen son eu? Si, son o rato Tato, o protagonista de 0 anos.

Estas vivas e inquedas mascotas acompañaranvos nos procesos de aprendizaxe que os nenos e nenas de 0, 1 e 2 anos vivirán ao longo do seu paso pola escola infantil e compartirán con eles o coñecemento de si mesmos, o coñecemento do contorno e a aprendizaxe de linguaxes de comunicación e representación, eixes nos que se articula o currículo de primeiro ciclo de Educación Infantil.

3


FERVELLOS E AS CAPACIDADES Coa finalidade de que os nenos e nenas desenvolvan as capacidades que lles permitan medrar integralmente como persoas no mundo actual, é necesario que un proxecto de Educación Infantil se articule en torno a unhas competencias que de forma continuada e progresiva se completarán ao final da educación obrigatoria.

Autonomía e iniciativa persoal O autocoñecemento, a construción e a aceptación da propia identidade, a regulación das emocións e a autoesixencia e o desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe do pensamento crítico e de hábitos responsables son esenciais para aprender a ser autónomo e actuar desta forma.

Progresar no coñecemento e o dominio do seu corpo, no movemento e a coordinación, tomando conciencia das súas posibilidades. 4


Lograr progresivamente seguridade afectiva e emocional para formar unha imaxe positiva de si mesmos e dos demais.

Adquirir progresivamente hábitos básicos de autonomía en situacións cotiás para actuar con seguridade e eficacia.

5


Competencia comunicativa, matemática, lingüística e artística Buscar e xestionar información de fontes e soportes diversos, utilizar distintos tipos de linguaxes (verbal, escrita, corporal, matemática, dixital) na comunicación verbal e afectiva, traballar de forma cooperativa e ser consciente das propias aprendizaxes favorece a construción do coñecemento e o desenvolvemento do propio pensamento.

Pensar, crear, elaborar explicacións e iniciarse nas habilidades matemáticas básicas.

6


Lรกminas de arte.

Progresar na comunicaciรณn e expresiรณn mediante o uso de distintas linguaxes segundo o contexto e a situaciรณn de comunicaciรณn. 7


Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico Explorar, experimentar, formular preguntas e verificar hipótese, planificar e desenvolver proxectos, e buscar alternativas son claves no proceso evolutivo dos nenos e das nenas.

Observar e explorar o ámbito natural e físico próximo con interese e respecto, e participar, gradualmente, en actividades sociais e culturais.

Ter iniciativa para afrontar situacións da vida cotiá, identificar os perigos e aprender a actuar en consecuencia. 8


Competencia social e cidadá Ser consciente de pertencer a unha comunidade, o respecto pola diversidade, o desenvolvemento de habilidades sociais, o traballo en equipo, a xestión positiva dos conflitos, o desenvolvemento de proxectos en común e o funcionamento participativo da institución escolar favorece a cohesión social e a formación de persoas comprometidas e solidarias.

Convivir na diversidade, avanzando na relación cos demais e na resolución pacífica de conflitos.

Láminas de hábitos.

Comportarse de acordo a unhas pautas de convivencia que leven a unha autonomía persoal, á colaboración co grupo e á integración social. 9


O esquío pillabán anos A carpeta inclúe: Unidades Contos do esquío Estacións e festas Plástica Emocións Cancioneiro A miña historia Pautas de actuación conxunta Despregables CD Adhesivos

Unidades Contidos das tres áreas curriculares da Educación Infantil mediante unidades de aprendizaxe globalizadas.

10


Áreas: Autocoñecemento e autonomía persoal, Coñecemento do contorno e interacción co mundo e Linguaxes: comunicación e representación Primeiro trimestre

Adaptación. O esquío e mais eu A escola

Segundo trimestre

Os xoguetes O xardín

Terceiro trimestre

Os animais Os alimentos

Seis cadernos que conteñen actividades claras e motivadoras en relación ás tres áreas curriculares da Educación Infantil. Contribúen ao desenvolvemento global e integral dos nenos e das nenas, achegándoos á interpretación do mundo, outorgándolle significado e facilitando a participación activa. Autocoñecemento e autonomía persoal: O corpo, grafomotricidade. Coñecemento do contorno e interacción co mundo: Percepción visual, calidades dos obxectos (cor, forma, medida), desenvolvemento sensorial, relacións lóxicas, nocións espaciais. Linguaxes: comunicación e representación: Motricidade fina, obra de arte. Material relacionado: Pósteres das unidades, despregables das cores e formas, vocabulario visual e láminas de arte.

11


Contos do esquío

Con propostas didácticas para as familias.

Áreas: Coñecemento do contorno e interacción co mundo e Linguaxes: comunicación e representación Primeiro trimestre A panda dos Fervellos As travesuras do esquío Segundo trimestre

Xoguemos coa neve Onde estás, esquío?

Terceiro trimestre

A quen persegue o esquío? O posto de froitas e verduras

Colección de seis contos da mascota relacionados cos temas das unidades. Repasan e consolidan os contidos das unidades e axudan á comprensión do vocabulario básico e a unha progresiva organización da linguaxe oral.

12


Estacións e festas

Áreas: Coñecemento do contorno e interacción co mundo e Linguaxes: comunicación e representación Caderno de actividades e manualidades cunha páxina de adhesivos. Recursos e técnicas de manipulación sobre as nosas festas, tradicións e costumes e sobre as estacións e o paso do tempo. Material relacionado: Pósteres «Árbore» e «O esquío pillabán» e CD «O esquío pillabán».

Plástica

Área: Linguaxes: comunicación e representación Oito láminas independentes de gran tamaño con actividades de exploración e expresión artística a partir da análise de materiais, técnicas e instrumentos e cores. Acompañadas con fotografías procedementais para que os nenos e as nenas poidan anticipar a actividade. Manteñen un vínculo temático coas unidades. Material relacionado: Pósteres «Árbore» e «O esquío pillabán». 13


Emocións

Primeira aproximación ás emocións: • Alegría • Tristura • Medo

Área: Autocoñecemento e autonomía persoal Libro de educación emocional para a identificación e a regulación das emocións e os sentimentos, as súas posibilidades e límites, para a construción da propia identidade e a adquisición de pautas de convivencia e estratexias na resolución de conflitos. Material relacionado: despregable «Emocións».

Cancioneiro

Área: Linguaxes: comunicación e representación Recompilación das cancións, as audicións clásicas, os xogos de movemento e as danzas aprendidas durante o curso para o seu recoñecemento e participación activa. Inclúe unha páxina de adhesivos. Material relacionado: CD «O esquío pillabán», láminas de hábitos, monográficos «Música» da Proposta didáctica «O esquío pillabán».

A miña historia

Área: Autocoñecemento e autonomía persoal Libro que require a colaboración activa das familias, favorecendo o vínculo familia-escola. Permite o autocoñecemento e personaliza os avances en relación aos hábitos de autonomía persoal e social. 14

Material relacionado: Láminas de hábitos e CD «O esquío pillabán».


Pautas de actuación conxunta

Propostas de xogo compartido entre adultos e nenos e nenas.

Indicadores de avaliación das áreas: Autocoñecemento e autonomía persoal, Coñecemento do contorno e interacción co mundo e Linguaxes: comunicación e representación Cartillas con dobre finalidade: informar as familias sobre o proceso de aprendizaxe dos seus fillos e fillas e proporcionar xogos compartidos, masaxes e consellos sobre como educar os nenos e as nenas destas idades.

Despregables Áreas: Coñecemento do contorno e interacción co mundo e Linguaxes: comunicación e representación Oito trípticos con fotografías relacionadas e clasificadas por cores (cor amarela, vermella, verde e azul), formas (cadrado, círculo e triángulo) e emocións. Permiten o descubrimento do contorno e introducen as primeiras nocións matemáticas mediante a identificación visual das características dos obxectos. Axudan na adquisición dun vocabulario básico. Material relacionado: Vocabulario visual.

CD «O esquío pillabán» Área: Linguaxes: comunicación e representación Inclúe cancións das unidades; cancións asociadas aos hábitos de autonomía persoal e social; de festas e estacións; cancións e audicións en inglés; mimos, xogos de regazo e cancións para cantar e bailar; contos populares e, fragmentos de audicións de música clásica. Material relacionado: CD «O esquío pillabán», láminas de hábitos, monográficos «Música» da Proposta didáctica «O esquío pillabán».

15


A coelliña brincadora ano A carpeta inclúe: Bloques de descubrimento Estacións, festas e cancións Mira, coelliña! Pautas de actuación conxunta Despregables Adhesivos

Bloques de descubrimento

Áreas: Autocoñecemento e autonomía persoal, Coñecemento do contorno e interacción co mundo e Linguaxes: comunicación e representación Primeiro trimestre

Follas e froitos de outono Cortiza e pedras

Segundo trimestre

Caixas e papeis de regalo Teas e colares

Terceiro trimestre

Froitas e verduras Area e auga

Material de comunicación e información ás familias das actividades que se realizan na aula. Seis bloques de descubrimento con actividades de desenvolvemento motor e sensorial, de exploración libre e aprendizaxe das primeiras nocións. Contribúen ao desenvolvemento global e integral dos nenos e das nenas, achegándoos á interpretación do mundo, outorgándolle significado e facilitando a participación activa. 16

Material relacionado: Pósteres das unidades.


Estacións, festas e cancións

Áreas: Coñecemento do contorno e interacción co mundo e Linguaxes: comunicación e representación Caderno de actividades e manualidades con recursos e técnicas de manipulación sobre as nosas celebracións e as estacións e o paso do tempo. Inclúe unha recompilación de cancións e unha páxina de adhesivos. Material relacionado: Póster «Árbore» e CD «A coelliña brincadora».

Mira, coelliña!

Área: Autocoñecemento e autonomía persoal Libro que require a colaboración activa das familias, favorecendo o vínculo familia-escola. O neno ou a nena protagonista compartirá co resto del grupo a experiencia vivida durante unha fin de semana coa mascota da clase. Permite que os nenos e as nenas sexan conscientes do seu progreso, favorecendo o descubrimento de si mesmos. Unha vez finalizado, converterase nun grato recordo do seu paso por esta etapa. Material relacionado: Láminas de hábitos e CD «A coelliña brincadora». 17


Pautas de actuación conxunta

Propostas de xogo compartido entre adultos e nenos e nenas.

Indicadores de avaliación das áreas: Autocoñecemento e autonomía persoal, Coñecemento do contorno e interacción co mundo e Linguaxes: comunicación e representación Cartillas con dobre finalidade: informar as familias sobre o proceso de aprendizaxe dos seus fillos e fillas e proporcionar xogos compartidos, masaxes e consellos sobre como educar os nenos e as nenas destas idades.

CD «A coelliña brincadora»

Área: Linguaxes: comunicación e representación Inclúe cancións das estacións e das festas tradicionais; cancións asociadas aos hábitos de autonomía persoal e social; mimos, xogos de regazo e cancións para contar e xogar; contos populares; fragmentos de audicións de música clásica. Material relacionado: Láminas de hábitos.

18


Despregables

Áreas: Autocoñecemento e autonomía persoal, Coñecemento do contorno e interacción co mundo e Linguaxes: comunicación e representación Seis dípticos con fotografías relacionadas coas cores (amarela, vermella, verde e azul), con animais e coas partes do corpo. Permiten o descubrimento do contorno e introducen as primeiras nocións matemáticas mediante a identificación visual das características dos obxectos. Axudan no recoñecemento do propio corpo e na adquisición dun vocabulario básico. Material relacionado: Vocabulario visual.

19


O rato Tato anos A carpeta de argolas inclúe: O rato Tato: 0-3 meses CD de música de relaxación Carpeta viaxeira Libros coleccionables: O rato Tato: 3-6 meses O rato Tato: 6-9 meses O rato Tato: 9-12 meses O rato Tato: 12-15 meses O rato Tato: 15-18 meses

Carpeta de argolas

Áreas: Autocoñecemento e autonomía persoal, Coñecemento do contorno e interacción co mundo e Linguaxes: comunicación e representación Dentro da carpeta de argolas está encadernado o libro O rato Tato: 0-3 meses que permite ás familias ter información sobre a evolución, masaxes, xogos compartidos, xoguetes recomendados e curiosidades do primeiro trimestre de vida do seu bebé. Inclúe un CD de música de relaxación asociada ás masaxes que se irán propoñendo ao longo do curso e unha carpeta viaxeira para enviar da escola para a casa as fichas do resto de libriños.

20


Libros O rato Tato

Áreas: Autocoñecemento e autonomía persoal, Coñecemento do contorno e interacción co mundo e Linguaxes: comunicación e representación Cinco libriños para o seguimento dos bebés dende os 3 aos 18 meses organizados en fichas trimestrais. As fichas de cada mes irán dentro da carpeta viaxeira da escola para a casa coincidindo coa idade do neno, de forma que a familia obteña información sobre o momento evolutivo do bebé, masaxes, xogos compartidos, xoguetes recomendados e un montón de curiosidades. Estas fichas iranse encadernando xunto ás do primeiro trimestre (O rato Tato: 0-3 meses) dentro da carpeta de argolas. É un material que se axusta ás necesidades de cada escola e de cada familia, xa que permite empezar o seguimento dende o momento en que o bebé empeza a ir á escola infantil, independentemente da idade que teña. Material relacionado: Carpeta «O rato Tato», CD «O rato Tato» e «Carpeta viaxeira».

21


Axenda Fervellos

anos

Área: Autocoñecemento e autonomía persoal Una axenda para favorecer a relación da familia e da escola e levar día a día o seguimento das necesidades básicas dos nenos e nenas.

22


O esquío pillabán

anos

A coelliña brincadora

ano

O rato Tato

anos

23


Fervellos. Novo proxecto de Educación Infantil de primeiro ciclo. Atención ao docente Se desexa realizar algunha consulta ou encargo de libros, pode contactar coa editorial a través de: o teléfono de atención ao docente: 902 107 007 o representante comercial da súa zona:

www.ecasals.net

Casals.

Fervellos_galego_0-2_general  

Atención ao docente Se desexa realizar algunha consulta ou encargo de libros, pode contactar coa editorial a través de: www.ecasals.net o te...

Fervellos_galego_0-2_general  

Atención ao docente Se desexa realizar algunha consulta ou encargo de libros, pode contactar coa editorial a través de: www.ecasals.net o te...