Page 1

BOLETÍNAPOEGAL Boletín Dixital da Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia Nº 13– XUÑO 2010

ISSN 1989-6107

A Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia constitúese no ano 2004 co obxectivo de defender e promover a Orientación Educativa

APOEGAL é membro de:

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 1


ÍNDICE DE CONTIDOS

CINCO ANOS DO BLOG DE ORIENTACIÓN: A TÚA INFORMACIÓN...................................................................... 3 O BLOG DE APOEGAL COMO RECURSO DE INFORMACIÓN ESPECIALIZADA E CANLE DE PARTICIPACIÓN.................................................................... 7 O XORNAL DIXITAL COMO RECURSO PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE................................ 10 UN BLOG PARA ORIENTARSE: CONSELLOS ENTRE ESTUDANTES SOBRE O TRABALLO DE APRENDER..... 12 A TÚA OPINIÓN.................................................................... 16 CONTACTA CON NÓS......................................................... 19 POST-DATA.......................................................................... 20

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 2


BLOG DE ORIENTACIÓN CINCO ANOS DO BLOG DE ORIENTACIÓN: A TÚA INFORMACIÓN Daniel Veiga Martínez - Presidente de APOEGAL - Orientador no I.E.S. García Barbón

http://orientacion.blogia.com

1.- O blog de Orientación como recurso de información para o conxunto da comunidade educativa (2005/2010). No mes de febreiro de 2005 aparece publicada a primeira anotación do Blog de Orientación. A finalidade principal do recurso web é a de poder atender mellor as demandas de información académica e profesional que plantexan os adolescentes. Tal como se dicía na Guía didáctica do Blog en setembro de 2005, a idea de crear e manter un blog é a que se anota:

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 3


Actualmente (xuño de 2010) o blog de Orientación da conta habitualmente dos temas que se detallan:

Temas GUÍA DIDÁCTICA ESTUDAR BEN NOVIDADES UNIVERSIDADES CICLOS FORMATIVOS ITINERARIOS EDUBLOGS

A TÚA OPINIÓN CONTA ORIENTARSE SELECTIVIDADE TITULACIÓNS EMPREGO XUVENTUDE I.E.S. "GARCÍA BARBÓN"

PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS V ENCONTRO NACIONAL DE ORIENTADORES • ORIENTARSE CON INTERNET •

A publicación habitual de información de potencial interese para a comunidade educativa é unha tarefa complexa e require tempo. Entedemos o traballo no blog como un complemento importante do traballo orientador e como ferramenta de aprendizaxe contínuo.

2.- Guía de uso rápido do blog de Orientación para os estudantes. Cando utilizo o blog cos estudantes sempre aconsello visitar primeiro os temas que anoto a continuación: ORIENTARSE No apartado de Orientarse, o estudante pode coñecer unha manchea de recursos de información académica e profesional (tests e cuestionarios de orientación, paxinas web de interese, programa BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 4


de orientación profesional, marcador social de orientación académica e profesional,…) ESTUDAR BEN Presentamos distintas axudas para mellorar os hábitos e as técnicas de estudo do alumnado. NOVIDADES A información que se presenta aquí pode ser de interese para calquera membro da comunidade educativa e reflicte cuestións de actualidade e do ámbito escolar. Outra das tarefas que realizamos é a de suscribirnos mediante o correo electrónico as novidades do Blog de Orientación: AS NOVIDADES DO BLOG DE ORIENTACIÓN NO TEU CORREO Subscribete á GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL polo correo electrónico

3.- Participa, comenta e opina no blog de Orientación. En cada anotación que creamos no blog sempre existe a posibilidade de realizar comentarios. Na parte central da páxina podemos ver unha exemplificación dunha entrada realizada no Blog de Orientación sobre a necesidade de realizar o rexistro electrónico na web do Ministerio de Educación. Na parte inferior aparece a opción COMENTARIOS, lugar no que calquer lector ou lectora pode realizar as anotacións que considere oportunas.

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 5


Queremos saber a túa opinión veigaorama@gmail.com

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 6


BLOG DE APOEGAL O BLOG DE APOEGAL COMO RECURSO DE INFORMACIÓN ESPECIALIZADA E CANLE DE PARTICIPACIÓN Daniel Veiga Martínez - Presidente de APOEGAL - Orientador no I.E.S. García Barbón

http://apoegal.blogia.com 1.- O blog de APOEGAL como recurso de información especializada. No mes de marzo de 2006 aparece publicada a primeira anotación do Blog de Apoegal que publicitaba o 1º Encontro de Orientadores de Galicia.

No momento que estou escribindo (xuño de 2010) o blog de Apoegal procura dar información sobre diversos temas:

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 7


Nas últimas semanas estamos procurando realizar melloras no blog, de tal maneira, que todos e todas os/as asociados/as se podan sentir mellor informados. Neste sentido, anunciamos que é posible recibir as informacións do blog de Apoegal no correo electrónico de maneira automática (na parte inferior do blog) :

2.- O blog de APOEGAL como canle de participación. O que se pretende é que o blog sexa útil como medio de comunicación e de información entre os orientadores de Galicia. Por iso, é fundamental contar coa vosa colaboración e a vosa opinión. O TEU COMENTARIO É NECESARIO

ESPERAMOS A TÚA COLABORACIÓN apoegal@yahoo.es veigaorama@gmail.com

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 8


ANOTACIÓNS RECENTES DO BLOG DE APOEGAL

AVISO IMPORTANTE PARA SOLICITANTES DE AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

BOLSAS, AXUDAS E SUBVENCIÓNS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

FORMACIÓN NA REDE: CURSOS VIRTUAIS DE VERÁN

FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DE GALICIA (FADEMGA)

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 9


XORNAL DIXITAL O XORNAL DIXITAL COMO RECURSO PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Ana Torres Jack Vicepresidenta de APOEGAL A teoría é bonita: atender á diversidade significa ter en conta as condicións individuais de cada persoa, físicas e psicolóxicas, e tamén as características do seu ámbito social e familiar. A práctica é outra cousa: onde encontro eu material adaptado a cada un dos alumnos da miña aula?, e de onde saco o tempo para a atención individualizada? Dá igual que falemos da heteroxeneidade dunha aula ordinaria, ou das necesidades educativas especiais, permanentes ou temporais, dun grupo concreto de alumnos. Calquera docente sabe que non é doado adaptarse a diferentes ritmos no que a capacidades, motivacións e intereses se refire. É certo que nunca houbo tanta diversidade de alumnado como hoxe en día; pero tamén é verdade que agora temos á nosa disposición o depósito de recursos máis extenso e completo que xamais existiu: internet. O único que hai que facer é non se perder entre tanta maraña de información e centrarse en todo aquilo que nos resulta útil ou práctico. Por exemplo, os xornais dixitais, que se converten nunha ferramenta excepcional sobre todo para: -Os estudantes desmotivados, aos que os libros de texto lles deixaron de interesar dende hai moito tempo. -Os adolescentes que teñen pensado saír pola porta do instituto o día que cumpran 16 anos, para non volver xamais. -Os alumnos con dificultades de aprendizaxe, mesmo con adaptacións curriculares, que están saturados das aburridas e infantís fichas. -Os estudantes de nova incorporación, que proveñen do estranxeiro, e que non coñecen o noso idioma, cultura ou costumes. Para todos eles, o xornal dixital preséntase como un recurso atractivo, actual, práctico e conectado coa realidade que pode transmitirlles, dun xeito ameno, os coñecementos aos que non conseguiron chegar a través dos encorsetados libros de texto. En España, todos os grandes xornais nacionais e autonómicos de edición impresa teñen a súa propia versión dixital. Por iso é relativamente sinxelo formular con calquera destas publicacións múltiples actividades na aula sempre e cando se conte cun ordenador e unha conexión a internet. A partir de aí, as actividades que se poden realizar son case infinitas: -Aprender as Técnicas de Traballo Intelectual. Para aprender a aprender, a prensa é a mellor ferramenta. Se se fai ben, enfrontarse a un xornal supón: exercitar a lectura comprensiva, seleccionar a información relevante da que non o é, comprender o que se di, sintetizar a información, memorizar os datos que interesan, desbotar o resto e formarse unha opinión. Que non daría o profesor de lingua castelá ou de lingua galega para que os seus alumnos dominasen este proceso?

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 10


-Educar en Valores. Son moitas as noticias e informacións relacionadas cos Temas Transversais que cada día ofrece o xornal e que, case sen darnos conta, van dando forma ao noso xeito de ver as cousas. É o caso da Educación para a Paz, Educación para a Igualdade, Educación Vial ou Educación para a Saúde. Calquera destes temas se poden traballar dun xeito ameno a través do xornal dixital. -Informarse acerca do entorno no que se vive, das súas características, problemas, peculiaridades, funcionamento ou ofertas de emprego. É dicir: Coñecemento do Medio. -Coñecer as estratexias da publicidade, as mensaxes con truco, as imaxes irreais... Ou simplemente traballar os intereses persoais: que moitas veces son os deportes pero outras o cine, os pasatempos ou incluso as necrolóxicas (que lean o que sexa, pero que lean!). Todas estas actividades son comúns ás que se poden realizar coas edicións en papel. Pero hai outras que só son posibles coas edicións dixitais, como traballar a noticia do día, editar blogs dende a aula ou formular preguntas a xornalistas e científicos, opcións todas elas que ofrece o programa prensa-escola de La Voz de Galicia (www.prensaescuela.es). O suplemento educativo La Voz de la Escuela, por exemplo, pódese descargar en PDF dende esa mesma páxina web. No seu primeiro número, o 14 de abril de 1982, facía unha declaración de intencións que hoxe en día conserva toda a súa vixencia: "O Suplemento nace co fin de ser utilizado en clase, como unha alternativa ao libro de texto e un convite á remodelación dos programas escolares que deben responder con maior acerto aos problemas de hoxe e da sociedade futura,". Pois ben, esa sociedade futura é xa a nosa realidade actual: o alumnado é diverso, e cada vez serao máis. Utilicemos a prensa dixital como chave para abrirlles, a todos eles, a porta ao mundo.

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 11


CONSELLOS ENTRE ESTUDANTES UN BLOG PARA ORIENTARSE: CONSELLOS ENTRE ESTUDANTES SOBRE O TRABALLO DE APRENDER. http://orientarse.blogspot.com Daniel Veiga Martínez - Presidente de APOEGAL - Orientador no I.E.S. García Barbón

1.- Hábitos e técnicas de estudo: o traballo de aprender. No día a día do traballo orientador é habitual informar e asesorar sobre o amplo campo dos hábitos e as técnicas de estudo no conxunto dos niveis educativos. Tal información e asesoramento por parte dos profesionais da orientación pode ir dirixido ao profesorado, ás familias e/ou ao alumnado. No noso caso –sobre todo co alumnado de 1º de Bacharelato-, o asesoramento sobre os hábitos e as técnicas de estudo ten lugar no contexto dunha entrevista individualizada na que se axuda ao estudante a realizar un diagnóstico da súa situación académica. Pretendemos realizar unha reflexión conxunta sobre as posibles causas da súa situación escolar e perfilar algunhas alternativas de solución. Consideramos que a utilización da entrevista individualizada co alumnado aporta interesante información pedagóxica e axuda ao estudante a reflexionar sobre a súa situación académica. Neste contexto de traballo xurde a idea –sobre a que xa traballamos no ano 2005 e no ano 2007- de realizar un proxecto de asesoría entre estudantes sobre os hábitos e as técnicas de estudo –consellos entre estudantes sobre o traballo de aprender- que publicamos no blog e no que os adolescentes son os principais protagonistas. 2.- Cuestionarios dos estudantes sobre o traballo de aprender. A primeira fase do noso proxecto ten relación coa creación de distintos cuestionarios publicados no blog para o alumnado: 2.1.- Cuestionario para o alumnado de 2º de Bacharelato. (O alumnado de 2º de Bacharelato aconsella ao alumnado de 1º de Bacharelato).

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 12


2.2.- Cuestionario para o alumnado do Ciclo Superior de Formación Profesional. (Os estudantes aconsellan ao alumnado de 2º de Bacharelato ou a calquera persoa interesada no ciclo). 2.3. Cuestionario para o alumnado do Ciclo Medio de Formación Profesional. (Os mozos e mozas aconsellan aos estudantes de 4º de ESO ou aos interesados no ciclo). 2.4.- Cuestionario para o alumnado de 1º de Bacharelato (Os estudantes de 1º de Bacharelato aconsella ao alumnado de 4º de ESO). Os cuestionarios están publicados no blog, cúbrense e envíanse –todo isto faise coa opción “formulario” da aplicación Google.docs-. 3.- As aportacións do alumnado: escoita os consellos para procurar o teu éxito académico. A segunda fase do proxecto “Consellos entre o alumnado” consiste na lectura das aportacións do alumnado para posteriormente elixir aquelas que presentan maior dose de razonamento e reflexión. O alumno ou a alumna elixido/a ten que realizar unha gravación do seu texto – coa axuda do orientador- e, posteriormente, a súa aportación aparecerá no blog acompañada da súa foto.

4.- Anotacións sobre outros contidos e aportacións do blog. O primeiro dos apartados interesantes do blog é o que aporta as ligazóns de interese: A NOVA SELECTIVIDADE • ALGUNHAS TÉCNICAS DE ESTUDO APRENDER SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL • BOLSAS E AXUDAS • FRACASO NOS ESTUDOS UNIVERSITARIOS • GUÍA DE UNIVERSIDADES • HÁBITOS DE ESTUDO EFICACES • LIBROS SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDO •

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 13


MAPAS CONCEPTUAIS • MATERIAIS PARA BACHARELATO • MÉTODOS DE ESTUDO • ORIENTACIÓN ACADÉMICA (XUNTA) • PREPARARSE PARA UN EXAME • RECURSOS PARA ESTUDAR BEN • SOBRE HÁBITOS E TÉCNICAS DE ESTUDO • TOMAR APUNTES DE MANEIRA EFICAZ •

A segunda achega aporta diferentes ligazóns de blogs de Departamentos de Orientación e facilita a consulta da súas máis recentes informacións (barra lateral dereita). A terceira e última aportación refírese a posibilidade de recibir os contidos do blog por correo electrónico (parte inferior da barra lateral dereita):

Os vosos comentarios no blog son moi necesarios…Grazas

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 14


SUSANA GAGO ACONSELLA AOS ESTUDANTES DE 1º DE BACHARELATO

ALBA QUEIJA ACONSELLA AO ALUMNADO DE 4º DE ESO

http://orientarse.blogspot.com

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 15


A TÚA OPINIÓN Despois dun tempo editando este Boletín, pásolle a testemuña a Gema, que se encargará del a partir do curso próximo. Unha aperta e grazas dende aquí a tódalas colaboracións. Seguimos en contacto a través do correo de APOEGAL. Sonia Ferro ;)

Martes, 8 de xuño de 2010. Bó día compañeir@s, Xa está aquí o final de curso e con el a edición do noso último Boletín antes do verán. Ademáis de animarvos de novo a colaborar cos vosos artigos, vos envío un tema que me preocupa persoalmente sobre o que opinar e compartir. A videovixiancia nos centros educativos. ¿Cal é a túa opinión como orientador/a? ¿Pensas que é unha medida educativa? ¿Cres que no teu centro sería necesario ou bó que se pusexen cámaras? O artigo periodístico adxunto no correo tenta servir como punto de arranque a este debate, aínda que non fale expresamente de centros educativos. Todas as vosas respostas serán publicadas no próximo Boletín (Data tope de envío: 15 de xuño de 2010). Moitas grazas pola vosa colaboración. Sonia Ferro Vocal de Comunicación APOEGAL Visita a noso blog a través de www.apoegal.com

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 16


Ola a tod@s. Sobre o tema da instalación das videocámaras en xeral, e nos centros educativos en particular, gustaríame expresar a miña opinión. A miña primeira reacción é estar en contra das mesmas, sen embargo hai lugares nos que podo consentir a súa instalación. Digamos naqueles lugares nos que a realización dun feito delictivo pode por en perigo a vida de persoas:" Se estás quitando cartos nun caixeiro e ven un atracador cun coitelo, cando menos van poder saber quen foi, ou a existencia da cámara disuadir dalgún xeito de ferir a unha persoa. Nun parking enorme no que tes que aventurarte sen saber o que te podes atopar, tamén pode ter a súa xustificación instalar cámaras de vixiancia". Sen embargo, páreceme a min, que nos centros educativos non temos un nivel de inseguridade que xustifique a instalación destes aparellos. En todo caso non me parecen en absoluto unha medida educativa, en todo caso disuasoria e de vixiancia. Eu por educación entendo outra cousa e é máis, case me atrevería a dicir que as cámaras son antieducativas polo que eu considero que leva implícito instalalas: falta de confianza na nosa propia capacidade educativa, como centro e como sociedade. Xa digo, no ámbito educativo me parece que non se xustifica a súa instalación. Agardo e desexo que sexamos capaces de facer que a maioría do noso alumnado aprenda a vivir en sociedade sen necesidade de instalar cámaras nos recunchos dos camiños que lle quedan por percorrer. Un saúdo. María J. Solleiro

No meu centro hai cámaras no contorno exterior do centro por motivo de seguridade do alumnado (venta de drogas...). Eu non lle vexo ningún problema, outro tema sería no interior do centro. Un saúdo. Antonia Fernández Pena.

Penso que un centro educativo non é un espazo comparable a outros establecementos privados ou públicos pola súa natureza e polo que representa. Parece que recurrir á vixilancia continua dos individuos é un remedio a un fracaso social, e no caso dos centros escolares, a un fracaso educativo, cando a sociedade se dirixe a un lema do estilo "para evitar males maiores". Supoño que haberá profesores aos que lles gustaría o emprego de cámaras porque se sentirían menos indefensos, e incluso pode haber profesores que teñen que vivir situacións tan denigrantes que incluso poden preferir que non se fagan públicas de ningún modo. Supoño que nalgúns centros pode ser un "mal necesario", pero non os chamo "mal" porque atente contra a intimidade de ninguén, pois as aulas ou corredores son lugares públicos, se non porque manifestan un fracaso educativo e social profundo, xa que, para empezar, se a figura do profesor contase cunha dignidade e autoridades recoñecidas por toda a sociedade, non sería necesaria a testemuña de ningunha cámara. Jorge Pérez

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 17


Por supuesto, mi postura es contraria a la instalación de cámaras en los centros. Estamos invadidos por la locura colectiva del control y la seguridad y no podemos hacer nada en la mayor parte de los ámbitos en los que somos vigilados, empezando por nuestras propias calles. Acostumbrados a decir que sí a todo, al todo vale, a mucha gente le dará igual o incluso apoyará que también se instalen cámaras en los institutos, en aras de la prevención y la resolución justa de conflictos. Afortunadamente, si todavía tenemos autoridad para impedirlo, debemos preservar nuestro entorno laboral, como entorno educativo que es, buscando otras vías para esos mismos fines. Luz Moscoso.

No estoy de acuerdo con poner cámaras de vigilancia ni creo que sea necesario, en general, en la mayoría de los centros educativos. Desde luego no en el mío. Entiendo que no es una medida educativa y además resulta antipedagógica total. Estamos, o lo intentamos al menos, formando a personas libres y responsables de sus actos. Pero resulta tentador, si lo pienso bien, el poder grabar a "ciertos alumnos en concreto" para luego poder demostrarle a sus padres cómo son en realidad sus hijos, de chulos, maleducados y un largo etc y lo que tenemos que aguantar muchas veces tanto profesores como sus mismos compañeros. Ante la evidencia no caben dudas porque, a veces, nos dicen que exageramos o incluso que es imposible o lo que es peor, aún encima los defienden. Poder poner ciertas imágenes a algunos padres no sólo les haría tener que comerse sus palabras sino también plantearse quizá en que se están equivocando a la hora de educar a sus hijos y qué tipo de valores les están inculcando. Y esto me parece importantísimo, porque en algunos casos, AÚN se está a tiempo de poder corregir ciertas actitudes. Sinceramente creo que más de uno pensará como yo. Un saludo. Isabel Santos-Díez (orientadora del CPR. Santiago Apóstol de Narón (A Coruña)).

Non o considero como unha medida educativa ordinaria, aínda que considero que o seu uso de forma extraordinaria, de xeito esporádico, cando nos centros se dan casos conflitivos reiterados con certo alumnado, pode servir como instrumento para a recollida de información. Vanesa Fernández Carballo

CONTACTA CON NÓS BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 18


Se aínda non es soci@, podes solicitarnos información e a folla de inscrición á dirección electrónica que aparece máis abaixo ou inscribirte directamente na páxina web. Se xa pertences a APOEGAL, lembrarche que podes poñerte en contacto con nós para o que precises.

Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia Páxina web: www.apoegal.com Correo electrónico da asociación:apoegal@yahoo.es apoegal@apoegal.com Todas as túas propostas, artigos, experiencias ou colaboracións serán benvidas.

A ASEMBLEA ANUAL DE APOEGAL XUNTO COA RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA CELEBRARASE A COMEZOS DO CURSO QUE VÉN. MANTERÉMOSVOS INFORMAD@S DA CONVOCATORIA E PRAZOS A TRAVÉS DO CORREO.

POST-DATA BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 19


LONGO E CÁLIDO VERÁN... VÉMONOS NO CURSO 10/11. Xunta Directiva APOEGAL

BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 20


BOLETÍN APOEGAL Nº 13 – Páx. 21

Boletin Apoegal  

Boletín Apoegal nº 13

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you