Page 1

Escolma de textos medievais Recomendado 1ยบ Bach Curso 11-12


CANTIGAS DE AMIGO MEENDINHO (CBN 852 / CV 438) Sedia-m'eu na ermida de San Simión e cercaron-mi as ondas, que grandes son. Eu atendend'o meu amigo. E verrá? Estando na ermida ant'o altar, cercaron-mi as ondas grandes do mar. Eu atendend'o meu amigo. E verrá? E cercaron-mi as ondas, que grandes son: non hei i barqueiro, nen remador. Eu atendend'o meu amigo. E verrá? E cercaron-mi as ondas do alto mar: non hei i barqueiro, nen sei remar. Eu atendend'o meu amigo. E verrá? Non hei i barqueiro, nen remador: morrerei eu fremosa no mar maior. Eu atendend'o meu amigo. E verrá? Non hei i barqueiro, nen sei remar: morrerei fremosa no alto mar. Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


JOÁN BAVECA [B 1227 / V 832] -Filha, de grado quería saber de voss'amigu'e de vós üa ren. -Eu vo-lo quero, mia madre, dizer: quero-lh'eu ben e que-lo el a mí, e ben vos digo que non ha máis i. -Filha, non sei se ha i máis, se non, mais vejo-vos sempre con el falar, e vejo vós chorar e el chorar. -Non vos terrei, madre, i outra razón: quero-lh'eu ben e que-lo el a mí, e ben vos digo que non ha máis i. -Se mi o negardes, filha, pesar-mi-á, ca, se máis ha i feit', a como quer, outro conselh'havemos i mester. -Ja vos eu dixi, madre, quant'i ha: quero-lh'eu ben e que-lo el a mí e ben vos digo que non ha máis i. ESTEVAN REIMONDO [B 693 / V 294] Amigo, se ben hajades, rogo-vos que mi digades: por que non vivedes migo, meu conselh'e meu amigo; por que non vivedes migo? Se mi vós tal ben queredes, amigo, qual mi dizedes, por que non vivedes migo, meu conselh'e meu amigo; por que non vivedes migo? Pois eu nada non desejo senón vós, u vos non vejo, por que non vivedes migo, meu conselh'e meu amigo; por que non vivedes migo? Pois non desejei al nada senón vós desta vegada, por que non vivedes migo, meu conselh'e meu amigo; por que non vivedes migo?


JOÁN SERVANDO [B 1146 / V 738] Ora van a San Servando donas fazer romaría e non me leixan con elas ir, ca log'alá iría, porque ven i meu amigo. Se eu foss'en tal companha de donas, fora guarida, mais non quis hoje mia madre que fezess'end'eu a ida, porque ven i meu amigo. Tal romaría de donas vai alá, que non ha par, e fora hoj'eu con elas, mais non me queren leixar, porque ven i meu amigo. Nunca me mia madre veja, se dela non for vingada, porque hoj'a San Servando non vou e me ten guardada, porque ven i meu amigo. JOÁN ZORRO [B 1154 / V 756] -Cabelos, los meus cabelos, el-Rei m'enviou por elos: madre, que lhis farei? -Filha, dade-os a el-Rei. -Garcetas, las mias garcetas, el-Rei m'enviou por elas: madre, que lhis farei? -Filha, dade-as a el-Rei. PEDRO EANES SOLAZ [B 829 / V 415] Eu, velida, non dormía, lelia doura, e meu amigo venía, edoi lelia doura! Non dormía e cuidava, lelia doura, e meu amigo chegava, edoi lelia doura! E meu amigo venía, lelia doura, e d'amor tan ben dizía edoi lelia doura!


E meu amigo chegava, lelia doura, e d'amor tan ben cantava, edoi lelia doura! Muito desejei amigo, lelia doura que vos tevesse comigo, edoi lelia doura! Muito desejei amado, lelia doura, que vos tevesse a meu lado, edoi lelia doura! Leli leli, par Deus, leli, lelia doura, ben sei eu quen non diz leli, edoi lelia doura! Ben sei eu quen non diz leli, lelia doura, demo x'é quen non diz lelia, edoi lelia doura! PERO MEOGO [B 1188 / V 793] Levou-s'a fremosa, levou-s'a velida, vai lavar cabelos, na fontana fría, leda dos amores, dos amores leda. Levou-s'a fremosa, levou-s'a louçana, vai lavar cabelos, na fría fontana, leda dos amores, dos amores leda. Vai lavar cabelos, na fontana fría, passou seu amigo, que lhi ben quería, leda dos amores, dos amores leda. Vai lavar cabelos, na fría fontana, passa seu amigo, que a muit'amava, leda dos amores, dos amores leda. Passa seu amigo, que lhi ben quería, o cervo do monte a augua volvía, leda dos amores, dos amores leda. Passa seu amigo, que a muit'amava, o cervo do monte volvía a augua, leda dos amores, dos amores leda.


PERO MEOGO [B 1189/V 794] Enas verdes hervas, vi anda-las cervas, meu amigo. Enos verdes prados, vi os cervos bravos, meu amigo. E con sabor delas lavei mias garcetas, meu amigo. E con sabor d'elos lavei meus cabelos, meu amigo. Des que los lavei, d'ouro los liei, meu amigo. Des que las lavara, d'ouro las liara, meu amigo. D'ouro los liei e vos asperei, meu amigo. D'ouro las liara e vos asperara, meu amigo.


PERO MEOGO [B 1191/V 796] Fostes, filha, eno bailar e rompestes i o brial: poi-lo cervo i ven, esta fonte seguide-a ben, pois o namorado i ven. Fostes, filha, eno loír e rompestes i o vestir: poi-lo cervo i ven, esta fonte seguide-a ben, pois o namorado i ven. E rompestes i o brial, que fezestes ao meu pesar: poi-lo cervo i ven, esta fonte seguide-a ben, pois o namorado i ven. E rompestes i o vestir, que fezestes a pesar de min: poi-lo cervo i ven, esta fonte seguide-a ben, pois o namorado i ven. PERO MEOGO [B 1192 / V 797] -Digades, filha, mia filha velida: porque tardastes na fontana fría? Os amores hei. Digades, filha, mia filha louçana: porque tardastes na fría fontana? Os amores hei -Tardei, mia madre, na fontana fría, cervos do monte a augua volvían. Os amores hei. Tardei, mia madre, na fría fontana, cervos do monte volvían a augua. Os amores hei. -Mentir, mia filha, mentir por amigo! Nunca vi cervo que volvess'o río. Os amores hei.


Levanto-se a velida, levantou-s´alva E vai lavar camisas eno alto. Vai-las lavar alva. Levanto-s´a louçana levantou-s´alva E vai lavar delgadas eno alto. Vai-las lavar alva. E vai lavar camisas levatou-s´alva o vento lh´as desvia eno alto. Vai-las lavar alva. E vai lavar delgadas levatou-s´alva o vento lh´as levava eno alto. Vai-las lavar alva. O vento lh´as desvia levanto- s´alva meteu-s´ alva em ira eno alto. Vai-las lavar alva.

O vento lh´as levava levanto- s´alva meteu-s´ alva em sanha eno alto. Vai-las lavar alva.


Poética simbólica das cantigas de amigo A saturación simbólica da cantiga de amigo áchase plenamente conectada co marco ambiental ou universo cultural que a alimenta. En definitiva, elementos de densidade poética innegábel como son o mar, as ondas, o río, a fonte, o vento, as árbores e os cervos, non deixan de nos revelaren unha lectura provisoria indicativa dos finísimos detalles realistas que salfiren este xénero. E non hai por que lles adxudicar maior valor de simboloxía erótica có que posúen, por exemplo, as doas ou prendas de intercambio das parellas namoradas (aneis, briais, toucas, cintas, cordóns da camisa e do xustillo ou pormenores de índole máis íntima, moitas veces furtados ou fillados). Vimos como as composicións de romaría transparentan antiquísimos sustratos de vellos rituais verbo da moza que dirixe peticións no santuario, non sabemos a que santo e a que deus. Cunha simple mudanza na localización, é idéntica a actitude da doncela que nos textos de Codax ou Mendíño sente a necesidade de interpela-las ondas. Non hai dúbida que aquí está incidindo a pervivencia de adoracións pagás (dívindades vexetais e acuáticas), non de todo apagadas polo culto crístián superposto, onde as mulleres tiveron certamente un papel activísimo ou función sacerdotal. O vello culto da fecundidade prolongaríase, así pois, no tema do baño erótico, das lentes e das árbores, téndomos na danza das avelaneiras e no conxunto das bailadas un claro fundamento ritual. Agora estamos xa en situación de entender estes dous planos implicados na cantiga, onde, mediante a designación do concreto, se promove a significación do abstracto. é dicir, A función literal dos motivos aludidos –o que conduciu por veces a unha interpretación inxenua e virxinal da cantiga de amigo-, o poeta medieval, portador dunha bagaxe estimábel de experiencia vital e literaria, superpón unha función simbólica igualmente transparente para o auditor da época. Este procedemento, creador dunha eficacia poética evidente, permitía aos autores mostrar o seu cantar erotizante, velado entre metáforas e imaxes, perante un público aristocrático de corte. Ao deseño cotián do vivir campesiño medieval (a moza que vai lavar camisas e llas levanta o vento) que se nos da no plano narrativo, hai que engadirlle o plano figurado e poeticamente relevante da primeira experiencia erótico-sexual da namorada. Nunha cantiga de O. Dinís poténcianse ben certos elementos simbólicos como a alba, a auga (cunha función pasiva connotadora de pureza e virxinidade, de baño nupcial e sensualidade) e o vento (cunha función activa e fecundante que mal encobre o macho), aos que se suma un pormenor moi íntimo (as camisas). Notemos como o vento cumpre aquí misión idéntica á desempeñada polo cervo no repertorio de Meogo, e como un e outro son elementos axitadores e perturbadores. de incidencia no ámbito feminino da alba e mais da auga (intimidade erótica). En efecto. nas nove cantigas do segrel Pero Meogo, un dos maiores poetas medievais, observamos a configuración dun universo poético verdadeiramente peculiar, no que se moven, ademais dos namorados, a nai da amiga, os cervos do monte e os motivos do mar, a fonte, es verdes herbas, os cabelos da moza e o seu brial. A figura do cervo, unificadora e constante. maniféstase ben como termo de comparación co amigo


ou ben como metáfora, e foi debidemente explicada polo editor crítico do autor, Méndez Ferrin, quen identifica con profusa erudición o antiquísimo motivo do cérvido ferido coa axitación sentimental do amado, Con base nel, Steptwn Reckert e Helder Macedo resumen así o tema do cervo e da entrevist na fonte:  Os atributos sexuais secundarios, moi vistosos, do cervo, e a violencia por el desatada na época do celo, explicannos por que a mentalidade primitiva o converteu en símbolo da potencia viril.  O home medieval entendía simultaneamente a figura do cervo en canto especie biolóxica e como elemento mÍtico inmemorial no pa-ganismo ibérico, na tradición bíblica hebraica e posterior.  Tanto no folclore celta como no hebreo, o cervo branco acostumaba conducir o seu perseguidor “a un reino máxico e perfecto”. O encontro amoroso na fonte, polo demais, é de patrimonio románico común, así coma o feito de lavar roupa ou os cabelos e a explicación á nai da demora nese lugar. Máis universal é aínda a crenza popular na fonte máxica da mocidade, do amor e da fecundidade. motivos nos que a cristianización introduce unha confusión semántica, superpondo a visión bíblica á significación pagá. Variante do baño ritual protalámico é a acción de lavar o cabelo pola amiga é sempre preludio do encontro amoroso, sobre “as verdes ervas” ou o deseñado locus amoenus. Igual significado é atribíbel á danza en presencia do amigo (no adro, so as árbores) como incitación ou preparación ao amor: O mar e as ondas (Codax, Mendiño...) son motivos naturais constantemente interpelados pola amiga na súa soidade interrogadora e ofrecen niveis múltiples de significación: desde o perigo físico e xerador de medos Atá o símbolo erótico da paixón amorosa, todo isto potenciado polas interesantes particularidades fonéticas que nos revela o texto de Mendiño.


CANTIGAS DE AMOR


Doutrina o amor cortés Surxe na Occitania a finais do S. XI e desenvolve-se ao longo dos S. XII e XIII, servindo como base a un dos xéneros fundamentais da poesía provenzal ( a cançó ) e aos hábitos de comportamento da clase señorial. O seu espacio é o das cortes feudais, coa dona do señor feudal como centro e trovadores de diferentes condicións sociais que por primeira vez compoñen en romance poesía lírica de autor non anónimo e viven do seu traballo. O primeiro trovador provenzal coñecido é Guillermo de Aquitania. Nos finais do s. XI elabora unha poesía que oscila entre textos eróticos de carácter marcadamente obsceno e misoxino e textos amorosos onde a muller é idealizada e a relación sublimada. A dona aparece come fonte de todo gozo e suma de todas es virtudes;o home submétese a ela e converte o amor en servicio. Teñense apontado diferentes causas para explicar o paso da misoxinia á idealización da muller e do amor: a influencia do cristianismo, que pola mesma época tinxía as novelas elaboradas no norte de Franza , a chamada “Materia de Bretaña” convertia aos cabaleiros andantes da corte do rei Artur en perfectos cabaleiros cristáns, castos e esforzados; a dialéctica platónica do amor, de tal maneira que a paixón heterosexual depurada reproduce, nos seus rasgos esenciais, a amizade homosexual idealizada do platonisrno; a influencia de Robert d´Arbrissel, fundador dunha abadía na que os frades estaban submetidos a unha abadesa e a muller desenvolvía os papeis fundamentais; a organización social do feudalismo, pola cal o vasalo "serve” ao señor feudal e é protexido e recebe a "homenaxe” deste; o exemplo fornecido pola poesía árabe na que o poeta práctica a humildade amorosa e a obediencia á dama; o desexo de converter o xogo amoroso nunha difícil arte, chea de regras e requintes e reservada para a clase señorial. Tratábase, en grande medida, de marcar distancias con respecto aos burgueses, clérigos e viláns. O amor deixa de ser reacción instintiva común a todos os


seres humanos e convertese en técnica e arte da poucos e eleitos. O amor cortés ( amor depurado) é o conxunto de teorías eróticas e de principios morais propios do mundo cortesano, mais tamén unha serie de comportamentos de urbanidade e de galantería, socializados e ritualizados, é reservados á boa sociedade. Pola súa complexidade podemos distinguir nel tres níveis: a- "fin ´amors” como xogo cortés. b- “fin´amors” como arte de amar. c- “fin ´amors” como regulación do acto carnal. a- A “fin ´amors” como xogo cortés reproduce o sistema de relacións propio dunha sociedade feudal. Os trovadores ligados a unha corte señorial compórtanse (independentemente do estamento ao que pertenzan) como vasalos na súa relación coa dona do señor feudal. Esta (independentemente tamén das súas cualidades reais) aparece adornada sempre por todas as virtudes: para o trovador é sempre xentil, valente, leal, bela, discreta. Dela procede todo ben, é ela a que dispensa o “ joy”, entendendo por este a ledicia, a felicidade do amor. Se ben debe ser amábel e cortés con todos os cabaleiros, pode elexir un en especial e protexelo.O trovador, a cambio, convértese en vasalo da dona, en servidor. E como todo é, ao fin e ao cabo, un xogo, a relación e plenamente aceitada polo marido, que sabe que todo bon cabaleiro debe saber cumplimentar as damas sen que a cousa chegue a máis.

b- Sen dúbida había moito de xogo e era función dos trovadores converter as relacións entre os dous sexos en demostración de requinte e boa educación, mais en ocasións non todo era finximento: xa que amor e matrimonio estaban reñidos, non era estraño que algunas donas establecesen unha relación real co trovador, ainda que moi tipificada e submetida a ríxidas normas (e amor como técnica): a dona, sempre todopoderosa e convintemente distante, esixe do trovador constancia para acadar e seu amor. Este terá que pasar por sucesivos graus: 'fenhedor" (o amante tímido ainda non se descobre), "precador" (xa se atreve a suplicar) , “entendedor" (a dama consente en escoitalo) e “drutz” (o amante satisfeito e colmado. Cando a dama consentía por fin en tomar o trovador por servidor, celebrase unha cerimonia íntima calcada da “homenaxe”feudal: de xoenllos a dama rodeaba coas súas as mans do trovador e bicabao na boca por vez primeira (e derradeira, en moitos casos) mentres este lle prometía ser para sempre o seu vasalo. Para "servir" ben á dama o trovador estaba obrigado a gardar fidelidade; a ser mesurado nas súas manifestacións, sen comportamentos excesivos que pudesen molestar á senhor; a gardar o segredo das relacións, ao fin e ao cabo adúlteras, por máis que se tratase moitas veces dun adulterio platónico, ocultando o nome da dama á que adica as canços ou encobrindoo con “senhais” e xogos de palabras. E ademáis facer da dona fonte de todo gozo, do “joi”, pero tamén motivo de coita e morte. A ausencia ou esquivez da dona converte a vida en sofremento, en “coita d


´amor”. O poder da senhor sobre o seu vasalo é tal que este, ante a distancia ou frialdade dela, non se atreve por timidez a falarlle e chega a tremer, perder o sono e o apetito e a experimentar toda unha serie de síntomas físicos e psicolóxicos. A coita pode, así desembocar no “morrer d´amor”. E todo isto complicado pola ameaza latente de seren os dous molestados polo marido ciumento e polos envexosos prestos a denuncialos ou a calumnialos. c- ¿ En que consistía exactamente o grao de drudo? En moitas ocasións por amante insatisfeito débese entender simplemente aquel que foi aceptado como vasalo pola dona e recibido en “homenaxe” por esta. Mais o amor cortés pode ser tamén amor físico, aínda que parte da consideraciónde que o amor debe preceder sempre ao goce carnal (frente ao amor cabaleiresco, no que o goce precede ao amor). Nun último grao, o xogo cortés supuña un maior acercamento entre servidor e dona, por medio da cerimonia do “assag” ou ensaio probatorio no leito: a dama tomaba a iniciativa de convidar ao seu namorado a pasar unha só noite con ela. Este tiña que xurar que non faría máis que beixala e acariciala. O encontro sexual convencional ficaba proibido, mais o amor cortés aproximábase perigosamente ao cabaleiresco. Baseado en NELL, René: Trovadores y troveros, José J. De Olañeta Editor, 1987.

UNHA NOVA INTERPRETACIÓN DO AMOR CORTÉS A maior parte dos trovadores que continuaron e liña iniciada por Guillermo de Aquitania eran de orixe modesto, mesmo humilde . Moitos eran xograis convertidos en poetas. A maioría deles vivían da xenerosidade dos seus ricos señores. Eran poetas de corte,encarregados de divertir aos numerosos visitantes das casas da élite occitana. A muller que collía como modelo -o obxecto dos seus sentimentos eternos e servís- era a esposa do home que contrataba. Por moi brutal que isto pareza, era así, e é necesario aclaralo antes de analisarmos as súa cerimonias e reverencias. A muller do senhor era rica e poderosa. Se o seu marido marchaba ás campañas militares ou á cruzada, ela reemprazabao, e mesmo estando el presente, era a que mandaba moitas veces no dominio cultural. Ela era o centro dunha corte dominada polo masculino de maneira aplastante, e tamén, como axiña o comprenderon os trovadores, o elemento clave nos conflictos de intereses ods cortesanos. . Nas cortes non só había nobres. Polo tanto os trovadores tiñan que esforzarse por agradar a diferentes grupos: o propio señor, primeiro dispensador de favores, aos seus iguais, a súa dona, e o seu séquito de mulleres ... en fin, todos os nobres de menor categoría e cortesanos de status confuso, cuxa situación foi deteriorándose co declive do feudalismo. Difícil tarefa para os trovadores mais co emprego deliberado de palabras con múltiples sentidos, conseguiu agradar aos diferentes grupos daquela sociedade. Pódese empregar como exemplo o termo MIDONS, xa empregado por Guillerme de Aquitania, e que, para alén da súa acepción superficial, podía recobrirse de


numerosos significados secundarios, dirixidos xada un a un público con aspiracións heteroxéneas. (...) Lingüísticamente, o termo MIDONS é estraño, case hermafrodita: MI é probabelmente unha construción do posesivo feminino MIA, en tanto que DONS é evidentemente masculino e procede de DOMINUS. O surprendente emprego deste termo merece ser estudiado. ¿Qué implicaba este título? En realidade, ¿a quen o dirixían os poetas?. En primeiro lugar e ante todo, MIDONS non er un nome propio, senón un SENHAL, un nome codificado. Era unha maneira astuta de adular. Ao negarse a utilizar o nome da súa Dama, o trovador deixaba enteira liberdade a calquera muller, e sobretodo á esposa do seu señor, para crer que se dirixía a ela en concreto. Ao mesmo tempo que conviertía Dama en obxecto dunha paixón secreta ( o idilio quedaba sempre oculto), ofrecialle unha imaxe magnificada de si mesma. Era algo máis que unha simple muller: era un home. Ao mesmo tempo, coincidencia notábel, DONS expresaba con exactitude a relación que unía o trovador co seu señor, que era claramente o seu dono, completada polo posesivo feminino no termo MIDONS, a adulación do poeta era convinientemente indirecta. (...) En terceiro lugar, a ambigüidade do termo MIDONS, e a aureola de misterio e de respeito que confería á figura da muller, autorizábao a non aplicalo ninguén en particular. Os entendidos afirman que o trovador finxía adular ao seu señor e á muller deste, cando en realidade estaba a celebrar algo moi diferente: unha concepción nova da nobreza. MIDONS era xenerosa, MIDONS era amábel. Posuía tamén a MERCÉ, o cal non era exactamente nin piedade nin favor, senón a faculdade de saber distinguir unha persoa (sempre de sexo masculino) de rango inferior ao seu, con tal que as súas cualidades humanas fosen excepcionais. Mais, que ocultaba este súbito desexo de ser distinguido? En homes que só procuraban groseiros praceres uns anos antes, que había baixo esta inclinación repentina á humildade? A sociedade estaba a mudar e a nacente burguesía, constituída por fillos de antigos servos e de nobres sen terra, empobrecidos, non posuía aínda un lugar ben definido. Indirectamente, a través da imaxe dunha nobre dama dignándose aceitar como vasalo un poeta de ruín categoría social, os trovadores permitían a estes homes sen raíces o acceso a unha aristocracia nova, fundada non no alto nacemento ou nos feitos de armas, senón sobre unha nobreza de espírito. En nome destes cavaleiros aspirantes –os deserdados do f'eudalismo- o amor cortés presentábase como un ben que calquera podía posuír con tal de ser "cortés". A dama era a un tempo o meio e a inspiración desta nova condición (...) El accedía á cortesía se eal aceitaba tomalo como servidor. (...) Cando o poeta perdía o amor da súa dama, ficaba de novo “ sen herdo e sen oficio”.

O emprego do termo AMISTAT para designar a relaciónn do trovador coa dama dos seus pensamentos ten suscitado interminábeis discusións. ¿ De que clase de amor se trataba? ¿Era todo cuestión de imaxinación? A sociedade cortesana (cun numerosos homes solteiros vivindo baixo o mesmo


teito cun pequeno grupo de mulleres, case todas casadas, e cuxo matrimonio nacía dun contrato social e económico) debía coñecer unha enorme tensión sexual. É pouco probábel, con todo, que o adulterio se practicase alegremente nas cortes occitanas, como teñen pretendido algúns autores. Para as mulleres o adulterio era algo máis que un pecado, xa que conlevaba o risco de embarazo. Para alén do perigo de pór un neno no mundo, a muller grávida, por adúltera, podía ser repudiada, desterrada ( xeralmente a un convento) ou mesmo (aínda que non era usual na Occitania) matada. Porén, en tanto que o amor sexual podía acarrearlle á muller o castigo da Igrexa ou da sociedade, parece que na Occitania igrexa e sociedade toleraron os afectos profundos, sen relación física. Os poemas de moitas mulleres trovadoras deixan entrever que o amor entendido desta maneira constituía o eixo da vida emocional (...) Tendo en conta a presión reprobadora da sociedade, pódese concluír que o amor cortés-ao menos en teoría- autorizaba, máis que o adulterio, a imaxinación do adulterio. Contodo, a eventualidade do adulterio no contexto cortés non explica que unicamente as mulleres casadas fosen obxecto de atención dos trovadores. ¿Por que as doncelas non eran igualmente desexábeis? Unha das primeirea ideas, e duradeiras, dos trovadores, foi que o amor da dama realzaba o VALOR do sen amante. O valor era un concepto vago, do que se debe ter aproveitado o dobre sentido espiritual e financieiro -reflexando a importancia crecente dunha economía baseada nos cartos, máis tamén a noción da virtude cabaleiresca da coraxe. Segundo a teoría, o amante e a dama debían ter, os dous, valors: ela obtiñao inmediatamente polo seu matrimonio. O cabaleiro, pola súa parte, podía aumentar o seu, e tamén oseu PRETZ, ou mérito, se era o amante dunha nobre dama. Desta maneira o home actuaba como novicio (aprendiz) ao lado da súa dama: a través dela “enriqueciase”, na dobre acepción do termo. (...) A dama, nesta operación, tiña un papel pasivo. Nunca se trata de que ela acade VALORS, RICORS ou PRETZ, pois por definición xa os posui. É certo que a felicidade dos trovadores dependía do rexeitamento ou da aceptación da súa dama, mais deste poder aparente, a dama usaba case mecanicamente. Non é casual que os trovadores chamasen frecuentemente á súa señor Res, termo provenzal e latino que significa “cousa”. (...) Voltando ao termo MIDONS, descubrimos que a muller non era máis que unha “pasaxe secreta” cara a posesión dun rango social. Tal vez está aquí a clave do interese exclusivo dos trovadores pola DOMPNA. Unicamente as mulleres casadas disfrutaban dun rango invariábel. As mulleres non casadas non pertencían ao grupo social do seu pai, as esposas ao do seu marido. Por este motivo unha muller non casada corría un risco: polo matrimonio, que o seu pai decidiría, podía ascender ou descender socialmente. Inversamente, e dado que o divorcio non existía, a muller beneficiabase de por vida da categoría do marido. O pequeño cabaleiro que desexaba mellorar a súa condición non podía directamente aproximarse ao poderoso SENHOR coa esperanza de obter un pouco da súa nobreza: o seu desexo de ascender na escala social era intrinsecamente unha ameaza para o poder e para a virilidade do señor. En troco, a muller do seu señor era unha cómoda substituta do seu marido, con tal que as cousas ficasen no plano simbólico. A


humildade do cabaleiro, a súa actitude “correcta” constituían o seu pasaporte indispensábel para obter os favores do seu marido. Tal vez, como suxerira aliás a ambigüidade de MIDONS (masculino e feminino) a pesar da adoración aparente que disfrutaban as damas, os trovadores só facían a corte ás mulleres para dirixirse aos homes. A dama serviría de intermediaria nunha transferencia simbólica de rango entre dous homes de categoría social diferente. E o amor cortés, con toda a súa imaxinería de flirt sexual, podería, da mesma maneira, ser considerado como unha coquetería de clases. Pode que os trovadores non fosen conscientes de todo isto ao faceren os seus poemas (...) Con todo, souberon, inventar unha linguaxe que, en profundidade, pudese expresar as aspiracións máis íntimas do seu público. Coa utilización de numerosos termos tomados do vocabulario do feudalismo, enraizaron o amor cortés nunha realidade que conectaba coa imaxinación dos seus auditorios. É a explotación sistemática da ambigüidade e da multiplicidade de significacións fixo da súa poesía veículo de múltiples mensaxes. Desta forma o sexual expresaba o social, e o social, o sexual. E nesta poesía de amor cortés, a hierarquía estática do feudalismo, transtornada e metamorfoseada, converteuse na expresión dun mundo de mutación e transformación. Partindo do culto á muller, o que se postulaba era todo un conxunto de novos valores. Os trovadores suxeriron ao seu público unha intuición da igualdade e da liberdade, inexistente na Idade Media. Porén non debemos cometer o erro de concluir apresuradamente que se trataba para as mulleres dun cambio consirábel. No círculo inmediato dos trovadores, elas tiraron tal vez algún proveito das cancións feitas no seu honor, mais o amor cortés representaba esencialmente un sistema criado por homes, a partir de soños de homes. BOGIN, Meg, Les femmes trobadours, Denoël \Gontier, París, 1978.

BONIFACI CALVO [A 266 / B 450] Ora non moiro, nen vivo, nen sei


como me vai, nen ren de mí, senón atanto que hei no meu coraçón coita d'amor qual vos ora direi: tan grand'é que me faz perder o sén, e mia senhor sol non sab'ende ren. Non sei que faço, nen hei de fazer, nen en que ando, nen sei ren de mí, se non atanto que sofr'e sofrí coita d'amor qual vos quero dizer: tan grand'é que me faz perder o sén, e mia senhor sol non sab'ende ren. Non sei que é de min, nen que será, meus amigos, nen sei de mí ren al se non atanto que eu sofr'atal coita d'amor qual vos eu direi ja: tan grand'é que me faz perder o sén, e mia senhor sol non sab'ende ren.

FERNÁN PÁEZ DE TAMALANCOS [B 78] Gran mal me faz agora'l-Rei que sempre serví e amei, porque me parte d'u eu hei prazer e sabor de guarir. Se m'eu da Marinha partir, non poderei alhur guarir. Muit'é contra mí, pecador, el-rei, forte e sen amor, porque me quita do sabor e grande prazer de guarir. Se m'eu da Marinha partir, non poderei alhur guarir.


PAI GÒMEZ CHARINHO [A 251] Quantos hoj'andan eno mar aquí cuidan que coita no mundo non ha senón do mar, nen han outro mal ja. Mais doutra guisa acontece hoje a mí: coita d'amor me faz escaecer a mui gran coita do mar, e tëer pola maior coita de quantas son coita d'amor a quen a Deus quer dar. E é gran coita de mort'a do mar, mais non é tal, e por esta razón coita d'amor me faz escaecer a mui gran coita de mar, e tëer pola maior coita, per bõa fe, de quantas foron, nen son, nen serán. E estes outros que amor non han dizen que non; mais eu direi qual é: coita d'amor me faz escaecer a mui gran coita do mar, e tëer por maior coita a que faz perder coita do mar, que muitos faz morrer. DINÍS, Don [B 509/V 92]


Senhor, dizen-vos por meu mal que non trobo con voss'amor, mais ca m'hei de trobar sabor; e non mi valha Deus nen al, se eu trobo por m'én pagar, mais faz-me voss'amor trobar. E essa que vos vai dizer que trobo porque me pagu'én, e non por vós, que quero ben, mente; ca non veja prazer se eu trobo por m'én pagar, mais faz-me voss'amor trobar. E pero quen vos diz que non trobo por vós, que sempr'amei, mais por gran sabor que m'end'hei, mente; ca Deus non mi perdón se eu trobo por m'én pagar, mais faz-me voss'amor trobar

PERO DA PONTE [A 289 / B 980 / V 567]


Se eu podesse desamar a quen me sempre desamou, e podess'algún mal buscar a quen me sempre mal buscou! Assí me vingaría eu, se eu podesse coita dar, a quen me sempre coita deu. Mais sol non posso eu enganar meu coraçón que m'enganou, por quanto me fez desejar a quen me nunca desejou. E per esto non dormio eu, porque non poss'eu coita dar, a quen me sempre coita deu. Mais rog'a Deus que desampar a quen m'assí desamparou, vel que podess'eu destorvar a quen me sempre destorvou. E logo dormiría eu, se eu podesse coita dar, a quen me sempre coita deu. Vel que ousass'eu preguntar a quen me nunca preguntou, por que me fez en si cuidar, pois ela nunca en min cuidou. E por esto lazeiro eu, porque non poss'eu coita dar, a quen me sempre coita deu.

FERNÁN GONÇÁLVEZ DE SEAVRA ( B 390 ( e 389))


Muitos me preguntan, per boa fe, preguntas que non devían fazer, que lhes diga por quen trob´, ou qual é. E poe én hei a todos a dizer ca non saberán quen é mia senhor, per mí, en tanto com´eu vivo for. En lho dizer non sería mia prol; e eles, pois, mi o terrían per mal, se lho dissesse; e des i per fol Me terrían; e digo-lhes eu al: ca non saberán quen é mia senhor, per mí, en tanto com´eu vivo for. E que han consigo de mi aficar que lhes diga qual é a senhor que hei? E en al deverían a falar, que sería máis sa prol; e direi ca non saberán quen é mia senhor, per mí, en tanto com´eu vivo for. JOÁN GARCÍA DE GUILHADE ( A 229 \ B 419 \ V 30) Amigos, non poss´eu negar a gran coita que d´amor hei, ca me vejo sandeu andar, e con sandece o direi: Os olhos verdes que eu vi me fazen ora andar assí. Pero quen-quer x´entenderá aquestes olhos quaes son; e dest´alguén se queixará; mais eu, ja quer moira, quer non: Os olhos verdes que eu vi me fazen ora andar assí. Pero non devia a perder home, que ja o sén non ha, de con sandece ren, dizer; e con sandece digu´eu ja: Os olhos verdes que eu vi me fazen ora andar assí. PAI GÓMEZ CHARINHO (B 809 \ V 393)


Muitos dizen con gran coita d´amor que querrían morrer, e que assí perderían coitas; mais eu de mí quero dizer verdad´a mia senhor: quería-me-lh´eu mui gran ben querer, mais non quería por ela morrer, como outros morreron; e, que prol ten? Ca des que morrer non a veerei nen boo serviço nunca lhi farei. Por end´, a senhor que eu quero ben quería-me-lh´eu mui gran ben querer, mais non quería por ela morrer com´outros morreron no mundo ja, que depois nunca poderon servir as por que morreron, nen lhis pedir ren. Por end´, esta que m´estas coitas dá quería-me-lh´eu mui gran ben querer, mais non quería por ela morrer ca nunca lhi tan ben posso fazer serviço morto, como se viver.

AIRAS NÚNEZ ( B 873\ V 457)


Amor faz a min amar tal senhor que é máis fremosa de quantas sei, e faz-m´alegr´e faz-me trobador, cuidand´en ben sempr´; e máis vos direi: faz-me viver en alegrança e faz-me toda vía en ben cuidar. Pois min Amor non quer leixar e dá-m´esforc´e asperança, mal venh´a quen se del desasperar. Ca per Amor cuid´eu máis a valer, e os que del desasperados son nunca poderán nen uu ben haver, mais havermal; e por esta razón trob´eu e non per antolhança, mais pero que sei mui lealment´amar. Pois min Amor non quer leixar e dá-m´esforc´e asperança, mal venh´a quen se del desasperar. Cousecen min os que amor non han e non cousecen si, vedes que mal!, ca trob´e canto por senhor, de pran, que sobre quantas hoj´eu sei val de beldad´e de ben falar, e é cousida sen dultança. Atal am´eu, e por seu quer´andar. Pois min Amor non quer leixar e dá-m´esforc´e asperança, mal venh´a quen se del desasperar.


CANTIGAS DE ESCANIO E MALDICER

JOÁN DE GAIA ( B 1452 \ V 1062)


Eu convidei un prelado a jantar, se ben me venha. Diz el én est´: “ E meus narizes de color berenguenha? Vós avedes-los alhos verdes, e matar-m´-iades con eles!” -O jantar está guisado e, por Deus, amigo, trei-nos. Diz el én est´:” E meus narizes color de figos çofeinos? Vós avedes-los alhos verdes, e matar-m´-iades con eles!” “ Comede migu´, e dirán-nos cantares de Martin Moxa”. Diz el én est´:” E meus narizes color d´escarlata roxa? Vós avedes-los alhos verdes, e matar-m´-iades con eles!” “ Comede migu´, e dar-vos-hei ua gorda garça parda”. Diz el én est´:” E meus narizes color de rosa bastarda? Vós avedes-los alhos verdes, e matar-m´-iades con eles!” “ Comede migu´, e dar-vos-hei temporao figo maduro”. Diz el én est´:” E meus narizes color de moreç´escuro? Vós avedes-los alhos verdes, e matar-m´-iades con eles!” “Treide migu´, e comeredes muitas boas assaduras”. Diz el én est´:” E meus narizes color de moras maduras? Vós avedes-los alhos verdes, e matar-m´-iades con eles!”

JOÁN GARCÍA DE GUILHADE ( B 1485 \ V 1097) Ai, dona fea, foste-vos queixar

que vos nunca louvo en meu cantar; mais ora quero fazer un cantar en que loarei toda vía; e vedes como vos quero loar:


dona fea, velha e sandía! Dona fea, se Deus mi pardón, pois havedes atán gran coraçón que vos eu loe, en esta razón vos quero ja loar toda vía; e vedes qual será a loaçón: dona fea, velha e sandía! Dona fea, nunca vos eu loei en meu trobar, pero muito trobei; mais ora ja un bon cantar farei, en que vos loarei toda vía; e direi-vos como vos loarei: dona fea, velha e sandía! FERNÁN GARCÍA ESGARAVUNHA ( B 1511) Esta ama, cuj´é Joán Coelho, per boas manhas que soub´aprender, cada u for, achará bon conselho: ca sabe ben fiar e ben tecer e talha mui ben bragas e camisa; e nunca vistes molher de sa guisa que máis limpa vida sabia fazer; Ant´, é hoje das molheres preçadas que nós sabemos en nosso logar, ca lava ben e faz boas queijadas e sabe ben moer e amassar e sabe muito de boa leiteira. Esto non digu´eu por ben que lhi queira, mais porque ést´assí, ameu cuidar. E seu marido, de castrar verroes, non lh´achan par, de Burgos a Carrión, nen a ela de capar galioes fremosament´, assí Deus mi pardón. Tod´esto faz; e cata ben argueiro e escanta ben per olh´e per calheiro e sabe muito boa escantaçón.

PERO GARCÍA BURGALÉS

Non acharedes, en toda Castela, graças a Deus, de que mi agora praz, melhor ventrulho nen melhor morcela do que a ama con sa mao faz; e al faz ben, como diz seu marido; faz bon souric´e lava ben transsido e deita ben a galinha choca assaz. AFONSO SÁNCHEZ ( B 415 \ V 26) Conhecedes a donzela por que trobei, que havía nome Dona Biringela? Vedes camanha perfía e cousa tan desaguisada: des que ora foi casada, chaman-lhe Dona María. D´al and´ora máis nojado, se Deus me de mal defenda: estand´ora segurado un, que maa morte prenda e o demos cedo tome, quis-la chamar per seu nome e chamou-lhe Dona Ousenda. Pero se ten por fremosa máis que séla, por Deus, pode, pola Virgen gloriosa, un home que fede a bode e cedo seja na forca, estand´a cerra-lhe a boca, chamou-lhe Dona Gondrode. E par Deus, o poderoso, que fez esta esnhor minha, d´al and´ora máis nojoso: do demo dua meninha, que aquel homen de Camora, u lhe quis chamar senhora, chamou-lhe Dona Gontinha.


(B 1380/V 988) Rui Queimado morreu con amor en seus cantares par Sancta Maria por ua dona que gran bem queria e por se meter por mais trovador porque Ih'ela non quis [o] benfazer fez-s'el en seus cantares morrer mas ressurgiu depois ao tercer dia! Esto fez-el por ua sa senhor que quer gran bem e mais vos en diria; porque cuida que faz i maestria enos cantares que fêz a sabor de morrer i e desi d'ar viver; esto faz el que x'o pode fazer amar outr'omem per ren non [n] o faria

E non há já de sa morte pavor senon sa morte mais la temeria mas sabede ben per sa sabedoria que vivera dês quando morto fôr e faz-[s'] cantar morte prender, desi ar viver: vêde que poder que Ihi Deus deu, mas que non cuidaria

E se mi Deus a mim desse poder qual oi'el há pois morrer jamais morte nunca temeria.

Textos tomados das edicións feitas por Manuel Ferreiro e Carlos Paulo M. Pereiro para a Historia da Lieratura Galega, A Nosa Terra, A.S.P.G.

Escolma medieval  

Textos medievais galego-portugueses

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you