Page 1


Ao

PANO

3 ANOS por diante e por detrás, tris tras,

nin o ves nin o verás, tris tras. Mirade para arriba que caen formigas,

mirade para abaixo

que caen escaravellos.

ZZZZZ zz

A durmir, a durmir que os Reis van vir! Avoíña, avoíña, que hora é??? As…7! 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7!!!


EN EQUIPO, 1º XOGA, UNHA BOA MENEIRA DE APRENDER.

Xogando xuntos, conseguirémolo seguro !

Estasme a esmagaaaaaar!

AS CADEIRAS

Para xogar temos que seguir as seguintes regras: Dispóñense en circulo tantas cadeiras como xogadores/as menos un. Soa musica de fondo ou mesmo canta todo o grupo. Cando a música cesa (ou a un sinal do monitor/a do xogo) cada quen procura sentar nunha das cadeiras. O/a que quede sen cadeira, procurará sentar no colo de alguén que si acadou o lugar para sentar. Repítese sucesivamente o xogo retirando de cada vez unha cadeira, ata que só quede unha enriba da cal deberán sentar todos os xogadores/as. A idade mais axeitado para este xogo e a comprendida entre seis e doce anos. Cantos máis participemos mellor!

Aaaaah! Pesades coma un elefante!


A CADEA (2ºB)

O xogador que apanda persegue a todos os demais xogadores. No momento en que toca a algún, éste, en lugar de quedar eliminado, debe suxeitarse polas mans ao primeiro perseguidor para continuar perseguindo aos outros xogadores que queden ceibos. O final do xogo, a cadea de perseguidores é moito mais numerosa que os que conxunto de xogadores que se salvaron de ser tocados. Canto maior sexa o número de xogadores, maior será a espectacularidade do xogo.


AS PIRULETAS DE 3 ANOS CREAMOS E DIVERTÍMONOS COAS NOSAS MANS.


Así axudamos a Sheila e Paula Os país de Sheila e Paula pedironnos axuda para poder curar a súas fillas. Os nenos deste colexio colaboran traendo tapas de plástico. Estan moi entusiasmados por axudar e pendentes de que os seus pais non tiren os tapóns. É unha forma distinta e a vez orixinal de facer os nosos nenos responsabeis e fomentar a solidaridade, axudando os demáis e coidando o medio ambiente.

Esperamos que a nosa colaboración lles axude para a súa pronta curación.

Moita forza e moitos bicos de tódolos nenos deste colexio!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


S

Ola amigos e amigas: on tantas as cousas que teño que contar que……non sei por onde empezar! Todo comezou coa inauguración da miña cova, que

quedou

ben

bonita,

sentinme

moi

importante cando vin entrar a An Alfaya e escoitei as súas fermosas palabras. Foron moitas as persoas que viñeron a coñecer a miña casa.......pero o máis importante sucedería despois. Eu vin a vivir a biblioteca porque ler é o que máis me gusta facer no mundo, pero tamén, porque nesta biblioteca hai persoas moi especiais para min: Os nenos e nenas do Otero Pedrayo, aos que sei que, descubrir o mundo a través das páxinas dos libros tamén lles apaixona, polo que os vexo collendo e deixando libros no tempo de lecer e axudando o meu secretario Don Ubaldo para que todo estea de maneira axeitada na miña cova. Ademais xa formo parte desta familia, facédeme partícipe de moitos das vosas actividades como no caso das mochilas viaxeiras, do día da poesía, das semana da prensa, das visitas especiais que recibides...... Grazas a todos e a todas os que queredes aos libros e a min Asinado: Don Sapoconcho


Falamos  

Revista do CEIP Otero Pedrayo de Vigo

Advertisement