Page 1

NORMAS DA BIBLIOTECA A BIBLIOTECA É UN LUGAR PARA LER, APRENDER E TRABALLAR BIBLIOMISTOS INFÓRMAVOS: A Biblioteca estará aberta no horario lectivo, nos recreos e pola tarde de 16.00 a 18.00 os martes, mércores , xoves e venres. Durante o horario lectivo podedes utilizar a biblioteca acompañados/as do voso titor ou titora. Nos recreos podedes usar a Biblioteca para lectura, consulta e préstamo. Polas tardes tamén podedes facer lectura e consulta. NORMAS DA BIBLIOTECA •

Na biblioteca temos que falar baixiño.

Non se pode comer nin beber.

Debemos coidar os libros, son de todos e todas. Evita dobralos, manchalos , arrugalos….

A colocación dos libros debe ser a correcta: no espazo que lle corresponde, co lombo visible e no seu lugar, para iso debemos fixarnos nos datos do “tejuelo” que indica a numeración e a cor na que o libro debe estar na B.

Se collemos un libro para ler na biblioteca, debemos deixar no sitio un marcador. Cando o devolvemos á estantería o colocamos co lombo para fora e sacamos o marcador.

Se non sabes colocar o libro no seu sitio pregunta aos mestres ou axudantes.


Cada alumno/a farase responsable do libro que leve e no caso de non devolvelo, deberá repoñelo ou abonar o seu importe, para incorporalo de novo á Biblioteca.

Se atopas un libro en mal estado avisa aos encargados/as da biblioteca.

Podemos facer uso dos ordenadores sempre con permiso dun mestre.

Na entrada da biblioteca hai un BUZÓN para que depositedes as vosas SUXERENCIAS: libros, películas … ou actividades que vos gustaría que houbese na Biblioteca.

Os libros da sección “SABER E COÑECER” non se poden levar en préstamo á casa, pero pódense prestar a biblioteca de aula.

Esperamos a vosa colaboración.

PRÉSTAMOS •

Encargaranse dos préstamos un pequeno grupo de alumnos/as axudantes, baixo a supervisión dunha mestra do equipo de Biblioteca.

Os libros poderanse levar para a casa por un período máximo de quince días.

Ninguén poderá levar un novo libro, ata devolver o anterior. É necesario que os alumnos/as respecten a normas , para facilitar a lectura a todos/as os/as compañeiros/as.

O préstamo quedará anotado no ordenador, para poder levar libros en préstamo necesitarás o carné, que che será entregado a principio de curso.

Recordade que no blog da Biblioteca http://bibliomistos.blogspot.com.es/ tedes información sobre todas as actividades, novidades, comentarios….e o noso catálogo on line.

NORMAS DA BIBLIOTECA  

NORMAS DA BIBLIOTECA

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you