Revista 'Amencer' nº 237

Page 36

AMENCER

colaboracións

revista A Nosa Terra entre xullo de 1926 e abril de 1927. En febreiro de 1927 publicou en Nós o poema «O pelingrino». En xullo dese mesmo ano foi canda Risco e Xosé Ramón Fernández-Oxea (BenCho-Shey) desde Ourense até Santo André de Teixido, percorrido que deu orixe ao libro de viaxes de Otero Pedrayo Pelerinaxes I, publicado en 1929. Se cadra un antecedente destas peregrinacións foi o camiño que fixo en agosto de 1905 desde Trasalba a Oseira co párroco Severino Bermello Novoa. O nome de Otero Pedrayo aparece tamén na revista Logos en varias recensións da súa obra da man de Filgueira Valverde, que co pseudónimo de J. Acuña comentou os seus textos Romantismo, Saudade, Sentimento da Raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e Pondal (discurso de ingreso na Real Academia Galega, nº 10), Morte e resurreición (nº 22) e Ensayo histórico sobre la cultura gallega (nº 32). Con Filgueira Valverde tivo unha fonda relación epistolar durante case 50 anos (desde 1927 até a súa morte en 1976), e dúas datas nas que sempre se escribían eran para se felicitaren o 30 de agosto (san Ramón) e o 19 de marzo (san Xosé).

- 36 -


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.