Page 1

ANO XXXVI - NÚMERO 237

xaneiro - abril 2018

A SEMANA SANTA DE MONDOÑEDO

DE INTERESE TURÍSTICO


ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER» socios honorarios:

Teléfono 982 521 014 Bispo Sarmiento, 35 MONDOÑEDO (Lugo)

Estrada Nacional 634 - Km. 621 GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252

Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132 Fax: 988 286 060 Estrada Ourense - Lugo, km. 14

32102 - READEGOS - Ourense


AMENCER

taboleiro

AMENCER editan: REALSEMINARIO CONCILIAR DE SANTA CATALINA e ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER» ---------Praza do Seminario, 1 Apartado, 2 27740 - MONDOÑEDO (Lugo) coordinadores: OSCAR SANTIAGO SANMARTÍN FÉLIX VILLARES MOUTEIRA

número 237 xaneiro - abril de 2018 sumario . tapa: A Semana Santa de Mondoñedo de Interese Turístico Galego . taboleiro, 3 . a xeito de cancela, 4 . falamos con... Pedro Díaz Fernández, 5 . a carón do lume, 11 . colaboracións, 13: - Xosé Antón Pombo Mosquera, Don Francisco Fanego Losada, latinista en Monmdoñedo, 13 - Julia Mª dopico Val, Bernardo Freire: «A forxa dun músico en Uruguai», 27 - Adrián Estévez Iglesias, Colaboración de Otero Pedrayo na revista «Logos» 1931-1936 (1), 33 . colaboraron, 37

depósito legal: LU -1609-82

-3-


AMENCER

A XEITO DE CANCELA Este é o primeiro dos tres números de Amencer que pensamos publicar ó longo deste ano 2018. É un número no que na sección Colaboracións aparecen publicados tres interesantes traballos. Un, moi amplo, de Xosé Antón Pombo Mosquera sobre don Francisco Fanego Losada, que foi máis de cincuenta anos profesor de Latín no Seminario, e que influiu decisivamente en moitos dos alumnos animándoos a escribir, a compoñer poemas e poñéndoos en contacto cos clásicos latinos que reflectirán nas súas obras. Así o recoñece, entre outros, don Uxío García Amor cando escribe: «Mi primer contacto con la poesía data de aquellos años en que D. Francisco Fanego -ilustre profesor de Humanidades- nos invitaba en sus clases a estrenarnos en el manejo de la métrica y de las metáforas». Serva este traballo como unha pequena homenaxe ó profesor Fanego que marcou a moitos alumnos

a redacción

Lembramos tamén que Amencer pode verse e descargarse na rede no seguinte enderezo: www.mondonedoferrol.org/amencer -4-


AMENCER

falamos con...

Rotulou: Ernesto Barro Jiménez, ex alumno

PEDRO DÍAZ FERNÁNDEZ Deán - Presidente do Cabido catedralicio

“A declaración da Semana Santa de Mondoñedo de Interese Turístico Galego supuxo o poñer en valor a singulariedade e a historia dunha Semana Santa que leva varios séculos celebrándose”

“O característico da Semana Santa mindoniense é que non queda nun mero espectáculo que a xente olla pasar, coma se fose una fotografía” -5-


AMENCER

Están íntimamente cinguidas a liturxia da Catedral e as procesións

Da Semana Santa mindoniense cómpre a salientar a procesión do Santo Encontro na mañá do Venres Santo na Fonte Vella, a procesión da Soidade e a solemne Vixilia Pascual na noite do Sábado Santo

falamos con... - ¿Que supuxo a declaración da Semana Santa de Mondoñedo de Interese Turístico Galego? - Supuxo o poñer en valor a singulariedade e a historia dunha Semana Santa que leva varios séculos celebrándose nas rúas desta cidade na que non é só un espectáculo senón que, ó redor e no corazón das procesións, o pobo de Mondoñedo late e transmite todo o sentimento dos que se doen co Señor dolorido e acompañan a súa Nai agardando a gloria da resurrección. - ¿Como é Semana Santa en Mondoñedo? - A Semana Santa mindoniense abrangue dende a Semana de Paixón ata a Vixilia Pascual e o Domingo de Gloria. Sen dúbida, están íntimamente cinguidas a liturxia da Catedral e as procesións. Se nos inicios vai o pregón e o Venres de Dolores, o arrinque máis significativo é a celebración do Domingo de Ramos na Igrexa Nova e na Catedral co percorrido pola cidade con loureiros, oliveiras, romeos e algunha camelia. - ¿Cales son as procesións que percorren as vellas rúas da cidade? - Da Semana Santa mindoniense cómpre a salientar a procesión do Santo Encontro na mañá do Venres Santo na Fonte Vella, a procesión da Soidade co canto do Plorans do Mestre Pacheco e a solemne Vixilia Pascual na noite do Sábado Santo. Co percorrer dos anos fóronse conservando, -6-


AMENCER

falamos con... renovando e engadindo co desexo e satisfacción de tantos participantes. O Venres de Dolores sae a procesión da Dolorosa da Igrexa Nova polas rúas LodeiroPiñeiroa, Guevara, Bispo Sarmiento, Leiras Pulpeiro, Concepción, Progreso e Alfonso VII. Na mañá do Domingo de Ramos, bendinse os ramos na Igrexa de Santiago e , desde alí, vaise en procesión ata a Catedral onde ten lugar a Eucaristía. Pola tarde, ás 19,30, ten lugar a procesión do Ecce Homo, coas imaxes do Ecce Homo e da Dolorosa, que sae da capela da Orden Terceira de Alcántara e vai polas rúas do Sabelo, LeirasPulpeiro, Concepción, Progreso, Alfonso VII, Lodeiro Piñeiroa, Guevara, Sarmiento, Avda.San Lucas, Marina Mayoral e Praza Jaime Cabot.

O Mércores Santo ten lugar o Via Crucis que vai desde a capela de San Brais ao Convento dos Picos seguindo as estacións seculares e o camino empedrado que chegaba ao campo dos Remedios. O Xoves Santo un conxunto de im axes fai o percorrido dende a capela de Santiago dos M uíños ata A lcántara. É a cham ada

-7-

Na mañá do Domingo de Ramos, bendinse os ramos na Igrexa de Santiago e, desde alí, vaise en procesión ata a Catedral onde ten lugar a Eucaristía


AMENCER

O Venres Santo despois da celebración litúrxica na Catedral, ás 18 horas, ten lugar a procesión do Santo Enterro. É a procesión dos homes.

Pola noitiña ten lugar a procesión da Soidade, que é, sen dúbida, a máis numerosa. As mulleres levan velas acesas

falamos con... procesión do Prendemento na que saen as seguintes imaxes: Ecce Homo, Xesús atado á columna, San Xoán, Xesús de Medinaceli e a Dolorosa que sae ao camiño. O Venres Santo com eza coa procesión do Santo Encontro, ás 10,30 da mañá na

Fontevella. Alí un predicador vai narrando o camiño do Señor ata o Encontro coa súa Nai María, o xuízo de Pilato, Anás, Caifás, pobo de Xerusalen, caídas. As imaxes de San Xoán, Cireneo, Verónica... van aparecendo para ver, axudar, limpar. Ao fin, á chegada de Nai Dolorosa o pobo canta «Sálvame…». Ó remate volven en procesión ata a Capela da O.T. Preto do mediodía ten lugar un Viacrucis no Claustro da Catedral.

Pola tarde, despois da celebración litúrxcia na Catedral, ás 18 horas, ten lugar a procesión do Santo Enterro. É a procesión dos homes. Vai a Cruz medieval, as enseñas da Paixón, a Dolorosa, a Urna co Cristo desencravado. Pola noitiña ten lugar a procesión da Soidade, que é, sen dúbida, a máis numerosa. -8-


falamos con...

AMENCER

As mulleres levan velas acesas. Procesionan as imaxes máis antigas: San Xoán e a Dolorosa. Dá a volta a toda a cidade para facer una gran parada na fachada da Catedral. Alí a orquestra e coro da Escola de Música interpretan o Plorans do Mestre Pacheco, para rematar co canto da Salve e unha alocución. - ¿Que é o característico, o propio da Semana Santa de Mondoñedo que a diferencia da doutras localidades? - O característico da Semana Santa mindoniense é que non queda nun mero espectáculo que a xente olla pasar, coma se fose una fotografía. Os mindonienses acompañan as imaxes ao longo das rúas cos pés, co corazón e cos cantos. Dan os tres pasos: ver, sentir, seguir ao Señor, a María. A máis disto a nosa Semana Santa está fondamente vencellada á liturxia da Igrexa que ten como centro a Catedral. Non se pode entender ben a Semana Santa sen a Cea do Señor, a Celebración da Paixón, a Vixilia Pascual. Todo o conxunto dálle outra dimensión para quen quere vivir con sentido cristián tan sinalados días. - ¿Houbo algunha novidade este ano? - A procesión da Dolorosa da Igrexa de Santiago foi unha novidade á que acudíu un bo número de persoas aínda coa ameaza do mal tempo. Este ano decoráronse un bo número de andas. Só sairon as do Ecce Homo o Domingo de Ramos. -9-

Os mindonienses acompañan as imaxes ao longo das rúas cos pés, co corazón e cos cantos. Dan os tres pasos: ver, sentir, seguir ao Señor, a María


AMENCER

falamos con... Na procesión de Santo Enterro -este ano, polo mal tempo, foi no interior da catedralestreáronse as novas andas para portar a Urna do Santo Cristo por doce levadores. - ¿Como colabora a xente de Mondoñedo?

A colaboración é excelente

- A colaboración é excelente . Ninguén se nega e moitos ofrécense espontaneamente: Levadores, músicos, organizadores… - ¿Van buscar a declaración de Interese Turístico Nacional? - Os recoñecementos fannos outros. Nós procuramos que a nosa Semana Santa, chea de historia viva, creza e nos teña a todos preto do noso salvador Xesús. Félix Villares Mouteira

- 10 -


AMENCER

a carón do lume

Debuxo de: ANTONIO SEIJAS

LENDAS E COSTUMES DA SEMANA SANTA Na cultura popular do noso país hai moitas lendas referidas sobre todo á celebración do Nadal e á Sagrada Familia. Tamén hai algunhas referidas á Semana Santa. A estas voume refrir agora. Todo sabemos que anduriñas teñen unha mancha de cor parda debaixo do peteiro. ¿Sabedes por que? Pois segundo di a xente cando Xesús estaba cravado na cruz as anduriñas foron sacarlle as espiñas da coroa que tiña cravadas e, ó facer iso, mancháronse co sangue do Señor. De aí ven ese cor pardo como de sangue seca. Tamén por iso as anduriñas son moi apreciadas e consideradas moi avogosas. Ós homes e ás mulleres do rural góstalles que as anduriñas fagan os seus niños nas súas cortes ou alpendres. Pola contra, hai un animal que consideran moi gafo: a salamandra, que tamén recibe o s nomes de sacabeira,... ou pinta, como lle chaman na miña parroquia. É un animal considerado noxento e gafoso. De feito ten segrega un Di a tradición popular que, cando - 11 -


AMENCER

a carón do lume

Xesús estaba cravado na cruz, tiráronlle varios animais á cara e, ó único que torceu a cara, foi cando lle tiraron a pinta. O Domingo de Ramos bendínse o ramos, na zona rural feitos de loureiro e oliveira. Con ese loureiro ou ramos de oliveira o Venres Santo, antes de riscar o sol, facíanse unhas cruces. Despois estas cruces eran colocadas nas leiras, que estaban sementadas a trigo ou centeo, o día tres de maio, que era cando se celebraba a festa de Santa Cruz, antes de saír o sol. Cada un colocábaas nas súas leiras para que Deus protexese os froitos do pedrisco. Hoxe en día, este costume practicamente desapareceu porque xa case non se sementa nin trigo nin centeo. Tamén había quen nos días de treboadas queimaba na cociña uns ramalliños de loureiro ou de oliveira bendecidos o Domingo de Ramos. Un dos costumes que se perdeu ó celebrar a Misa da Cea do Señor na tarde do Xoves Santo, era a visita ó monumento que se facía na tarde do Xoves Santo cando os «oficios» da Semana Santa –así lles chamaba a xente- se celebraban pola mañá. Pola tarde, os fieis ían ata a igrexa «visitar o monumento» e, cando ían de camiño, se batían con outra persoa, o saúdo e a única conversa que tiñan era: «Alabado seña o Santísimo Sacramento». A isto respondíase: «Seña por sempre bendito e alabado». Dado que desde o Gloria da Misa do Xoves Santo ata o Gloria da Misa da Vixilia Pascual (o sábado á noitiña) non se tocaban as campás nin as capaíñas nas igrexas, usábanse as carracas feitas de madeira. Nas Catedrais había uns carracas grandes postas nas torres. Nas igrexas da zona rural eran unhas carracas pequenas. Eu teño tocado a carraca moitas veces na Semana Santa, na porta da igrexa, para avisar á xente de que comezaba a celebración. O Sábado Santo, na Vixilia Pascual, bendise o lume e a auga. Ata hai poucos anos a maioría da xente que asistía levaba para a súa casa unhas brasas co lume que despois encendían nas súas cociñas. Para levalo, durante un tempo curaban unhas «carricochas» das vidueiras. Hoxe moi pouca xente o leva e a que o fai leva o lume nun velón. O que si existe aínda é o costume de levar a auga bendita para as casas. Recollido en BELESAR (Vilalba) por FÉLIX VILLARES MOUTEIRA

- 12 -


AMENCER

colaboracións

Debuxo de: SIMONETTA DONDI DALL OROLOGIO

Don Francisco Fanego Losada, latinista en Mondoñedo Xosé Antón Pombo Mosquera Aínda hoxe recordan antigos alumnos das aulas do seminario de Mondoñedo a don Francisco Fanego, profesor de latinidade durante máis de cincuenta anos. Da súa figura xa se ocupou nestas mesmas páxinas Alonso Montero (Amencer, nº 100, de 25/XI/1992) dando novas e referencias da súa obra literaria. Hoxe achegámonos á súa figura como creador de versos latinos que, baixo a forma de odas heroicas, compuxo en circunstancias de homenaxes a amigos, e isto serve de pretexto para reflexionarmos sobre a arte da docencia. Naceu don Francisco Fanego Losada na parroquia de Santiago de Mondoñedo o 30 de novembro de 1887. Era fillo do matrimonio formado por Andrés Fanego Fernández e Dolores Losada Teijeiro, naturais do barrio de Santa Margarida, rilleira de Cesuras da cidade. Vivían na daquela rúa Méndez Núñez, hoxe Álvaro Cunqueiro, nunha casa que logo sería a residencia de don Francisco e da súa irmá Aurora xunto coa doméstica que lles axudaba. Ingresou no seminario en 1899 con 12 anos e despois dos oportunos estudos foi ordenado sacerdote o 23/XII/1911 polo bispo Juan José

- 13 -


AMENCER

colaboracións

Solís y Fernández. O Mondoñedo daqueles anos era unha cidade moi activa desde o punto de vista xornalístico e nela publicábanse varios xornais. Un deles, que viu a luz entre decembro de 1906 e xuño de1909, e que deixou de publicarse porque lle retiraron a licenza, era La Defensa de clara ideoloxía tradicionalista e estaba dirixido polo cóengo-arcipreste, e profesor do seminario, don Enrique Costas. Logo tería continuidade en El Cruzado (1912) xornal que chegou contar con imprenta propia. Nas páxinas de La Defensa, (11/XI/1908), atopamos un poema asinado polo seminarista Francisco Fanego no que se loan os valores dos soldados carlistas. Lamentablemente só coñecemos a súa parte final que transcribimos como anexo ao remate destas liñas. No mesmo ano da súa ordenación de presbítero, 1911, comezou a súa docencia da lingua latina no seminario, unha ocupación na que se mantería activo ata o 19/IX/1963, cando o bispo lle concede a xubilación, é dicir, durante cincuenta e dous anos. Polas súas aulas pasaron xeracións de alumnos aos que transmitiu, curso tras curso, saberes necesarios para o dominio da lingua do Lacio. Algúns deles recordan que, xa superada a rixidez cualificadora dos primeiros anos da man de don Gerardo Fanego, o seu irmán maior docente nos cursos inferiores, a benevolencia de don Francisco era case norma. E iso nunha época na que o latín era lingua vehicular co profesorado e na que se impartía a docencia dalgunhas materias. Tamén os seus discípulos máis tardíos conservan na memoria que as traducións dos clásicos ían máis aló da morfoloxía e da sintaxe de palabras e oracións para a comprensión dos textos: as digresións sobre a cultura clásica, cheas de coñecemento, eran moi frecuentes. Ao referirnos ao sistema educativo de hai cen anos debemos prescindir de conceptos que hoxe se manexan en centros escolares. Daquela saber ler, escribir e dominar as chamadas catro regras xa non era pouco. Quen fose posuidor doutros coñecementos, e máis aínda se eran latines, quedaba rodeado dunha auréola de sabio. Pero os tempos cambiaron. As linguas clásicas xa non gozan do prestixio que tiveron e que nunca deberon perder, e como os modernos planes de estudos xa non prestan a atención merecida á cimentación da nosa cultura moderna, nestas páxinas queremos difundir en román paladino os inspirados versos latinos, e tamén outros, dos que foi autor don Francisco Fanego. Os versos latinos de don Francisco Tivéronse en conta tres premisas para levar a cabo a versión ao romance galego das composicións latinas de don Francisco Fanego.

- 14 -


colaboracións

AMENCER

Primeira. Que son composicións de circunstancias que se declamarían e darían a coñecer en actos de homenaxes a persoeiros próximos ao poeta. Probablemente non serían as únicas que se publicitarían en tal evento. Segunda. Que calquera versificación está rexida por regras. O uso e dominio das palabras deben adecuarse aos ritmos dos versos sen esquecer que a finalidade última dun poema é buscar o pracer estético do expresado. As regras dos versos latinos non son as que hoxe usamos na nosa lingua e iso provoca que determinadas oracións ou frases resulten estrañas ao pasalas dunha lingua a outra. Terceira. Que os vocábulos usados por Franciso Fanego para loar persoas ou circunstancias están inspirados nos autores clásicos latinos. Utiliza nos seus versos substantivos e adxectivos cultos, por veces en superlativo para dar solemnidade ao expresado e que nós consideramos convertelos en positivo. Non se busquen correspondencias exactas nalgúns tempos verbais ou en oracións subordinadas: adoptamos o criterio de adecuar a consecutio temporum ao romance actual. Ergo. Cinguímonos ao texto e aproximámonos á tradución ad litteram sempre que pareceu aconsellable para o mellor entendemento do expresado, pero sen facer norma ríxida desta intención e procurando ser fieis aos sentimentos do vate. En todo caso escapamos de abruptas distorsións e adecuamos palabras e estruturas gramaticais ao noso falar.

- 15 -


AMENCER

colaboracións

Os cármina Son tres as composicións latinas coñecidas de don Francisco que saíron da súa pluma en diversas circunstancias. El mesmo titulou dúas delas como ‘carmen’ ou ‘cármina’, canto ou cantos destinados a ser declamados en celebracións entre amigos con alegría colectiva. E as tres así deben ser lidas e recordadas. ‘Carmen alegoricum’. Data de 1945. Está dedicada ao seu compañeiro de docencia e reitor do seminario don José Souto Vizoso, quen acababa de recibir o nomeamento de bispo auxiliar Santiago de Compostela e que en 1949 sería promovido á sé palentina onde permaneceu ata ao seu falecemento en 1972. ‘Camen alegoricum’ deuse a coñecer, ademais de nun acto presidido polo propio homenaxeado, nunha publicación en forma de libriño que se ilustrou cun plano do seminario, daquela en proceso de ampliación, e cos retratos de Souto Vizoso, de Tomás Muniz de Pablos, arcebispo de Santiago, pero non do modesto autor. Deste poema realizou o seu discípulo e amigo Xosé Mª Díaz Castro unha versión que se deu a coñecer no llibro Cartafol de traducións e outros poemas editado polo Consello da Cultura Galega en 2014. Ten ao remate do mesmo unha nota manuscrita que di: «esta traducción no salió ‘redonda’, sino esquivada, debido a la premura del tiempo en aquella urgente ocasión» Facemos a seguinte interpretación. Ao excelentísimo e reverendísimo don Xosé Souto Vizoso, bispo electo de Palencia e hoxe bispo auxiliar do arcebispo de Compostela, no feliz día da consagración, esta humildísima ofrenda de amor filial.

1. Entre o umbroso retiro dun florecido campo e regato que mana limpas augas, un vello e desconsolado, co seu corazón triste e erguendo os ollos ao ceo, pide con palabras que repite saíndo do máis fondo do seu peito: Mestre Divino, concédeme axiña un pastor. 2. Como o intenso arrecendo do incenso que reborda os nubeiros de color púrpura e amarela con suaves círculos de vapores que flotan, así é como se ergue a oración sublime do pastor suplicante cara aos supremos astros e diríxea á fermosa sé da eterna noite con brillo sen fin.

- 16 -


AMENCER

colaboracións

3. Cando o sol comezaba enviar os seus claros fulgores, e os campos mostraban os sinais da primavera, e as aves derramaban os seus doces cantos cos peteiros, unha pomba divina e branca, axitando veloz as súas plumas, descendía do alto ceo con lixeiro voo e alegres reviravoltas sobre unha fonte de coral. 4. Os astros acenden a brillante noite coma choiva de flores e un agradable murmurio sobe dende os outeiros ao ceo, coma un eco, son anuncio do Pastor de Israel; brotando o tomiño e o canelo nas sombras do fondo val e despedindo arrecendo a loureiro sobre a verde fronde onde Amintas exhala tenros suspiros. 5. Ao amencer pracenteiro do mes no que se celebran as festas da Purificación, o año, que coñece os doces asubíos do novo pastor, bea e xoga contento nos prados e o vello pastor manifesta a súa alegría na vella cidade de Mondoñedo mentres as campás, con esmero, envían os seus alegres tanguidos aos ceos. ‘Carmen amoris’ Data de 1946. Está dedicado ao bispo don Fernando Quiroga Palacios con motivo da súa entronización na sé de Mondoñedo. Sé que rexeu de 1945 a 1949 xa que despois foi promovido como titular ao arcebispado de Santiago de Compostela onde traballou incansablemente para potenciar o culto a Santiago e as peregrinacións ata 1971, ano no que faleceu. Foi enterrado moi preto do Pórtico da Gloria. Vinte anos despois de dar a coñecer «Carmen amoris», en 1966, recolleuse esta composición xunto cun romance, ‘Albricias’, dedicado aos seus alumnos, e xuntos ofrecidos en forma de libriño ao xa cardeal don Fernando Quiroga Palacios como recordo da súa entrada en Mondoñedo. Foi impreso en Sucesores de Mancebo, conta con 14 páxinas e está ilustrado con fotografías: do cardeal, da fachada da catedral de Mondoñedo, do río Miño ao seu paso por Ourense, do Asma preto de Mondoñedo e da aula de métrica latina e preceptiva literaria española onde se pode ver un grupo

- 17 -


AMENCER

colaboracións

duns 23 seminaristas recibindo as ensinanzas de quen parece ser don Francisco. De ‘Albricias’ escribimos máis abaixo. Facemos a seguinte interpretación. Ao excelentísimo e reverendísimo señor doutor Fernando Quiroga Palacios, bispo mindoniense, ao entrar solemnemente na capital da diocese.

1. Vamos, venerable sé de Mondoñedo, tempo ha bañada por enteiro en bágoas, salta hoxe de alegría e entoa ao Señor un canto grato! 2. Velaí o prelado a quen un peito ardente buscaba e que chega como brillante estrela da mañá e que mostra augurios máis que felices. 3. El é o pastor vixilante que conduce ao curro os años que confían nos seus asubíos amigos, levando no lombo o perdido cheo de excelso amor. 4. El é doutor en asuntos de leis e de fe, el é quen hai pouco aceptou ser empapado nos asuntos divinos e que, como augur de Deus, ensinará á súa xente! 5. El é diferente, prudente, cariñoso, está preto do corazón de Deus; de bo grao, como pai protector, poñerá moito empeño en acompañar os seus fillos con sumo cariño.

- 18 -


AMENCER

colaboracións

6. Doce bispo, ti que es esplendor de Ourense e esperanza de Mondoñedo, ti que es pai intercesor, bendí este vate que coa lira entoa un cando de amor.

‘A Álvaro Cunqueiro’ Data do 20 de febreiro de 1969. Creouno cando lle foi concedido o premio Nadal de narrativa pola súa novela ‘Un hombre que se parecía a Orestes’ ao seu querido amigo Álvaro Cunqueiro. A amizade de don Francisco Fanego e don Álvaro Cunqueiro é máis que coñecida na vida diaria do Mondoñedo dos anos corenta, cincuenta e sesenta. A tradición oral garda o segredo de que o autor de ‘Merlín e familia’, en chegando o Nadal, enviaba tortas de Mondoñedo a amizades de lonxe. E os doces ían acompañados dunha tarxeta de felicitación... en latín, naturalmente. Sabendo que o autor de ‘Xente de aquí e de acolá’ era parco no dominio da lingua do Lacio, suponse con toda certeza que o autor dos textos era don Francisco Fanego. Conta Carlos Casares referíndose a este asunto que houbo comentarios sobre o feito de que despois da morte de don Francisco o nivel literario do latín das tarxetas baixou notablemente Mágoa non coñecer polo miúdo estes textos! Reza así a felicitación a Álvaro Cunqueiro: A ti, moi insigne fillo de Mondoñedo, Álvaro Cunqueiro Mora, ínclito vencedor no recente certame literario de Barcelona, un amigo fiel, Francisco Fanego Losada, felicítate admirando o teu excelso enxeño, a túa fábrica de fantasía e o teu harmonioso xeito de falar. Movido ademais por un amor fraterno, adhírese ás celebracións populares do triunfo que na túa nobre cidade natal se che han tributar con espiritual paixón e con merecida xustiza no día de hoxe. Impelido finalmente por impulsos do espírito, clama con gozo a plena voz: –Que viva o noso queridísimo

-19 -


AMENCER

colaboracións

Álvaro para a maior gloria de Mondoñedo e das letras humanísticas! Que viva, que viva, que viva! Outras composicións Sabemos que don Francisco Fanego foi autor doutras composicións. J. Trapero Pardo cita unha Trilingue oblatio cando se fixo eco do falecemento do seu profesor e amigo nunha crónica publicada en 1974 en El Progreso. Tamén don José Mª Díaz Fernández cita, esta vez en El Ideal Gallego e no Boletín del Obispado de Mondoñedo - Ferrol, que don Francisco era un gran observador da vida de Mondoñedo e que a daba a coñecer nas súas crónicas publicadas no Ideal, e tamén que era autor de diversas composicións latinas e castelás. Nós puidemos localizar dous exemplos do seu bo facer poético que se encontran en publicacións que hoxe non resultan de doado acceso e que reproducimos para maior goce dos lectores. ¡Albricias! Xa dixemos que no libriño de 1966 onde se publicou Carmen amoris, tamén se incluíu unha composición en castelán dedicado aos alumnos do seminario de Mondoñedo con motivo da entrada na diocese de Mons. Quiroga Palacios. Albricias e Camen amoris foron lidas e dadas a coñecer en 1946 nun acto de recibimento ao novo bispo e, puidera ser, algunha outra composición dalgún outro autor. Dende o punto de vista formal preséntase o poema en forma de romance de setenta e catro versos octosílabos con monorrima asonante os pares en –i –o. Na composición obsérvase a formación clásica do autor quen, pensando en latín, semella poeta renacentista. Así xa só nos primeiros versos refírese a aves de canto melodioso, flores primaverais, vento céfiro que anuncia tempos cálidos, cítase o mel e flor do liño... e non deixa de facer referencia a poetas de Mantua e Venecia. O uso de substantivos de carácter culto e tradición clásica confirma anterior aseveración: Febo, referíndose ao sol; tul, tecido transparente de seda; égida, pel de cabra que cubría a cabeza de Medusa; pimpollo, rosa por abrir... E non ten inconveniente en flexionar as palabras cando a métrica, ritmo ou rima así o aconsellan: Mindonio; jaulín; jardinerillo; aqueste... Transcribímolo de seguido:

¡Albricias! - 20 -


AMENCER

colaboracións

A los alumnos del seminario de Mondoñedo, con motivo de la entrada del nuevo prelado

¡Albricias, aves canoras del apostólico nido que en el valle mindoniense puso Jeová, como símbolo de su amor!... ¡Albricias, blancos, tiernos y fragantes lirios del seminario tridentino!... Pues ya con el blando céfiro, precursor del mes florido, llega a Mindonio la augusta persona del nuevo obispo —en cuyo cuerpo gigante late un corazón de niño— humilde como violeta, manso como corderillo, dulce como miel de Alcarria, suave como flor de lino.

de nuestros excelsos místicos y la armonía litúrgica de cánticos polirrítmicos. En lindo vergel, cercado con verja de hilo argentino, recibe la flor afanes de gentil jardinerillo, cual en dorada prisión recibe el malvís cautivo los de su amoroso dueño cuidados siempre solícitos. Y a sus dulces bienhechores elevan perennes himnos, con su perfume, la flor, y el cantarín, con sus trinos. ------

Pajarillos de la Iglesia, flores del jardín de Cristo, pimpollos: ¡Qué dulces dueño, qué jardinero solícito tendréis, por querer del cielo en nuestro prelado ínclito!

Gayas flores del simbólico mindoniense vergelillo: Ofrendad al jardinero la fragancia y colorido de virtudes que atesora vuestro cáliz purpurino.

Desde que asome en oriente de Febo el rostro lumínico hasta que tienda la noche el manto de tul sombrío, bajo su égida amorosa recreará vuestro espíritu la dulce miel de los vates mantuano y venusino, el rico pan de la virgen de Alejandría, del bíblico caudal el agua, los rayos del fúlgido Sol de Aquino, el aura vivificante de nuestros excelsos místicos

Ruiseñores filarmónicos de nuestro jaulín levítico: Lanzad al viento las notas entusiásticas de un himno musical, gentil presente de un pecho amante y sumiso. -----El juglar, alegre, canta del laúd al son melifluo: ¡Bendito el pastor que viene de las márgenes del Miño a las orillas del Masma en nombre de Dios!... ¡Bendito!

- 21 -


AMENCER

colaboracións

ENVÍO: En el bucarillo humilde de aqueste romance lírico, recibid, hijos, la flor de mi paternal cariño. Zoilos e Licinios No programa das festas das San Lucas de 1956 figura este poema en lingua galega de carácter filosófico-moralizante. Está dedicado a Enrique Chao Espina, amigo e antigo alumno aló por 1924 ou 1925. O asunto Zooilos e Licinios é fiel espello tanto dos coñecementos do autor sobre os autores clásicos coma do pensamento de don Francisco e da influencia que filósofos e autores grecolatinos tiveron na súa concepción do comportamento humano. Dende o punto de vista formal observamos un romance de vinte versos octosílabos con rima asonante nos pares. Estrutúrase en tres partes diferenciadas de acordo coa temática; na primeira refírese á envexa que Zoilo tiña a Homero; na segunda a envexa que sentía Lagio Licinio contra Cicerón; a terceira, con austeridade de palabras e contundencia, reflexiona o poeta sobre a lamentable vixencia da envexa e do actuar ruín dos grandes sobre os pequenos. Polo que respecta á lingua transcribimos fielmente as palabras conforme figuran no programa daquel 1956. O poeta, coa facilidade de quen está afeito ao estudo das linguas e conta con formación en latines e gregos, forma novas vocábulos cando así o require a maior expresividade e a harmonía rítmica: vertudeiro; enrevellido; vermecho... ao tempo que mostra o seu dominio da lingua galega na versificación

Zoilos e Licinios Pró meu amiguiño Dr. Enrique Chao Espina, sabido, vertudeiro, agarimoso.

I Contan as vellas historias que en tempos xa moi fuxidos, enrevellido de envexa,

- 22 -


AMENCER

colaboracións fillo do malino esprito, Zoilo escribeu contra Homero un firente folletito ó que lle puxo por nome: HOMEROMASTIX. Que indino! II Din tamén que outro escumento vermecho, Largio Licinio, —lingua en veleno lixada e peito de fel tinguido— compuxo contra o gran Tulio outro noxento librito, ó que lle pintou no coiro: CICEROMASTIX. Que cínico! III Ninguén se inrite si ós grandes roen hoxe algús cativos: Non se finou inda a raza dos Zoilos e dos Licinios! Francisco Fanego Losada

Remata cunha explicación: NOTAS.HOMEROMASTIX. Sobrenombre que se dio a Zoilo, crítico envidioso de Homero CICEROMASTIX. El azote de Cicerón’ Título de un libro que contra Maarco Tulio escribió un criticastro llamado Largio Licinio. Reflexións Foi don Francisco Fanego profesor de latín durante cincuenta e dous longos anos. E polo menos algúns cursos tamén o foi de Preceptiva literaria especial española. Pola súa dedicación á docencia concedéuselle a encomenda de Alfonso X O Sabio en 1963, cando xa contaba con 76 anos e deixaba a docencia. As aulas da planta baixa do seminario foron testemuñas das súas clases e tamén, a dicir de Álvaro Cunqueiro, dos

- 23 -


AMENCER

colaboracións

seus enfados polos alborotos que armaban os feirantes no exterior os días de mercado, voces que o profesor intentaba calmar con... latín, naturalmente. —Conscendere navibus aequor! Seica proclamaba intentando calmar discusións entre vendedores e compradores de cacharros. Con esta frase virxiliana explicaba: —Embarcar. Facerse á vela. Saír nas naves ao mar. No número 233 de Amencer, de setembro-decembro de 2016, sinalamos a importancia de composicións de Nadal en lingua galega que se encontraban manuscritas en follas e cadernos e que, atinadamente, foron recollidas nun libro en 1956: Belén en Galicia. Dixemos daquela que a meirande das panxoliñas e cantos eran obra de seminaristas anónimos que en períodos vacacionais exercitaban na práctica o aprendido nas aulas. Tamén mencionamos que formalmente a case totalidade das composicións eran ou cuartetas asonantadas ou romances de versos octosílabos con rima nos pares. E velaí que tanto ¡Albricias! coma Zoilos e Licinos teñen a forma romanceada. Ergo, estaría don Francisco detrás de parte das composicións que figuran en Belén en Galicia? Todo parece indicar que si. Os seus alumnos, xente nova cando aprendían, aproveitaron as ensinanzas segundo intereses propios. Sábese que algúns lograron superar o mestre en coñecementos, pero ninguén poderá negar que puxo a disposición de todos os discípulos os saberes que dominaba, e iso supoñía ofrecerlles as bases dunha formación necesaria para futuros cidadáns que se embarcarían a navegar na convivencia social. Porque ensinar consiste en poñer disposición os discentes as cimentacións do coñecemento que eles irán construíndo ao longo de toda unha vida. Debemos engadir ao seu labor docente outros datos que deben ser tidos en conta: Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, o 30/X/1939 foi nomeado cóengo da catedral de Mondoñedo e o 8/VI/1962 promovido como tal a mestrescola, é dicir, encargado do cabido catedralicio das ciencias eclesiásticas. A sona dos seus coñecementos traspasaron os lindes do seu Mondoñedo natal e por méritos foi nomeado correspondente a Real Academia Galega en 1961. Queda o recordo de que con tal fausto acontecemento houbo celebración literaria e gastronómica no seminario. A intrahistoria da cidade de Mondoeñdo recorda que don Francisco Fanego era correspondente do xornal El Ideal Gallego, e como tal daba

- 24 -


AMENCER

colaboracións

conta das noticias habidas e enviaba crónicas para a súa publicación. O xornal distribuíase desde a súa casa, onde vivía cunha súa irmá, Aurora, e unha doméstica, Antonia. En 1966, con 79 anos, o bispo concedeulle o poder celebrar misa na súa casa por mor do seu delicado estado de saúde. Ao ano seguinte foi dispensado de acudir ao coro e actos capitulares da catedral por mor da súa deficiencia visual. Faleceu don Francisco Fanego aos 87 anos na súa casa de Mondoñedo. Era o 27 de xuño de 1974, conservaba o cargo de cóengo mestrescola da SICB de Mondoñedo e como tal recibiu sepultura no claustro da catedral mindoniense.

Seminario de Mondoñedo

- 25 -


AMENCER

colaboracións

Non remataremos estas liñas sen agradecer a don Félix Villares as dilixentes achegas de datos e consellos que foron de gran axuda para dar forma a estas liñas. El sabe dos traballos da docencia e dos ímprobos labores cando se procura información. Debemos a don Xosé Mª Palacios, mindoniense de pro, que os facilitase copia do poema Zoilos e Licinios ademais de prudentes consellos. Temos a obriga de citar os coñecementos do Lcdo. Juan Casado quen, tamén durante moitos anos, ensinou latín. Os seus saberes foron imprescindibles para dar forma ás liñas que preceden as presentes. Moi de corazón mostramos gratitude a don Xosé Vizoso, recoñecido fillo predilecto de Mondoñedo. El foi quen, revisando na súa memoria as imaxes da infancia e con inspiración de Clío, trazou dilixente o retrato de don Francisco Fanego que se acompaña. Debemos atribuírlle tamén parte da responsabilidade de que se escribisen estes parágrafos. -----------------------------Anexo Aos soldados carlistas. Quintillas. Fragmento final. (AD 1908)

¡Salud, soldados hispanos que hoy saluda mi laúd! ¡Salud, guerreros cristianos! ¡Salud, nobles veteranos! ¡¡Hijos de la Fé, salud!! La Patria de admiración ríndeos sincero tributo y don Carlos de Borbón os lleva en su corazón, aún hoy cubierto de luto. ¡El Dios justo de altura, caballeros del deber, os colme acá de ventura, ya que con santa bravura le supisteis defender! ¡Y al fin obtenga vuestra alma que tiene tan bella historia, del Cielo la grata calma, del mártir la hermosa palma, del justo la eterna gloria!... - 26 -


AMENCER

colaboracións

BERNARDO FREIRE: «A FORXA DUN MÚSICO DE CEDEIRA EN URUGUAI» Julia Mª Dopico Val Pouco documentada e menos coñecida é a vida e obra do músico de Cedeira Bernardo Freire ao que hoxe nos aproximamos grazas á documentación que un día facilitou o seu sobriño, Francisco Freire e López da Ballina, depositario do legado musical e vivencial do Mestre. Nin na «Casa de Galicia», nin no «Centro Galego de Montevideo» (que recollen a actividade social e cultural de tantos galegos no país) teñen noticias ou constancia da importante actividade que o músico, director e compositor galego do S. XX levou a cabo en Urugay onde emigra e leva a cabo o seu inxente labor artístico. Galicia non pode permitirse este «luxo de esquecementos», sendo inminente a necesidade de volver e devolver o prestixio dos músicos que nos precederon e dos que podemos citar amplos exemplos: José Arriola (hoxe situado como un dos grandes compositores do S. XX cuxa obra foi recuperada polo Consello da Cultura Galega e gravada pola Real Filharmonía de Galicia dirixida polo Mestre Maximino Zumalave), Carmen Osorio, Jesús Dopico, Juan José Castro ( pai e fillo)…e tantos nomes que constitúen nosa propia historia e a cultura que nos define e identifica. Desta maneira engadimos o nome do Mestre Bernardo Freire ás páxinas de nosa propia entidade. Bernardo Freire López Naceu en Cedeira o 21 de xullo de 1894 (como reza a súa partida de nacemento), fillo de Amando Freire Suanzes e Rosa López Ballina, oriúndos ambos do mesmo lugar, que era por aquel entón unha Vila dinámica, activa e próspera, cun censo de habitantes que supera ao actual. Neste contexto de expansión económica e demográfica xorde o gusto e a afección pola música popular, reflectida na formación de «bandas» que Jesús Quintana (memoria viva desta realidade) describe: “Existía a «Banda Vella», creada en 1898 e dirixida polo entón boticario Gerardo Villabrille Abella e despois xorde a «Banda Nova» a cuxo fronte estaba Leonardo Bouza, «disidente» da anterior e protexido do cura. Ambas agrupacións compiten intensa e apaixonadamente, algo que incrementa o interese popular e tamén (hai que dicilo) o entusiasmo musical. - 27 -


AMENCER

colaboracións

Unha rivalidade da que «O Sabino» – José Muiño García- , poeta popular daquel tempo, deixa constancia nos seus versos: ´´…A banda vella pillou outro ritmo/ ambas tiñan músicos expertos/ pillou ou mando Manolo Lourido/ empezaron as xaneiras nos concertos…». Neste ambiente social e tamén na contorna familiar (eran once irmáns e todos recibiron formación musical) nace a vocación de Bernardo Freire. As primeiras clases recíbeas do boticario, Gerardo Villabrille Abella que ensinba solfexo xunto a Juan Quintana Suárez aos mozos da Vila e das aldeas próximas que acudían camiñando ou en bicicleta para aprender e ensaiar coas mencionadas bandas co fin de lucir os seus mellores repertorios nas festas do verán. Despois instruirase en Ferrol, co organista da Concatedral de San Julián, D. José Bretóns.

Cedeira, 1910. Banda Vieja. Bernardo Freire á dereita con chaqueta clara

Xorde en Galicia o fenómeno e a necesidade migratorios. Nenos, mozos…buscan en América (a terra prometida), un mellor porvir, un futuro de prosperidade. En 1.950 Uruguai presentábase como o centro político e cultural máis importante de Iberoamérica, verdadeiro foco da vida artística e intelectual. Montevideo, a capital, situada a beiras do Río da Prata, a máis nova de América Latina, promete prosperidade económica e reforma social baixo a figura de José - 28 -


AMENCER

colaboracións

Battle e Ordóñez. Alí instálase Bernardo Freire para seguir a súa formación musical. Primeiro no hoxe desaparecido «Instituto Verdi», onde aprende harmonía, contrapunto e composición, co mestre Luís Sambucceti, actuando paralelamente como flautista en distintas orquestras co fin de poder sufragar os seus propios estudos. Constancia e talento acompáñano e axiña pasará de alumno a profesor no citado Instituto. Logra a praza de profesor de frauta na «Escola Municipal de Música de Montevideo», formando a futuras xeracións que se integrarán nas agrupacións da capital e segue coa súa carreira de intérprete: Primeiro flautista na «Banda Municipal» e posteriormente na incipiente « Ossodre» (Orquestra Sinfónica do Servizo Oficial de Difusión Radio Eléctrica) fundada en 1.931, unha das orquestras máis importantes de Iberoamérica e a máis antiga. O Mestre Freire toca en ambas as formacións antes de pasar á dirección orquestral. Primeiro, subdirector da «Banda Municipal de Montevideo» e despois flamante director, noticia da que se fai eco “El Ideal Galego»: «De Montevideo llega una noticia que ha de llenar de satisfacción a los gallegos, siempre tan pendientes d e lo que ocurre en los países hispanoamericanos… Don Bernardo Freire López acaba de ser designado nuevo director de la Banda Municipal de la capital uruguaya… Su carrera musical ha sido brillantísima y plagada de éxitos, reconocidos ahora con su reciente nombramiento para puesto tan destacado en su profesión». Desde este posto realizará un encomiable traballo seleccionando programas de alta calidade, instrumentando partituras clásicas e difundindo a música contemporánea. Máis adiante o seu nome inscríbese na nómina de grandes batutas que conducen a «Ossodre» como as de Vila-Lobos, Kleiber, Copland, Strawinsky... Baseándonos nos programas existentes, Freire dirixirá esta orquestra polo menos tres veces, unha delas co violinista Isaac Stern tras o seu debut no « Carnegie Hall» en 1.937 co «Concierto para violín y orquesta» en Sol Maior de Mozart e o «Concierto en Re menor» Op. 61 de Beethoven, o único que o compositor universal escribiu para este instrumento e considerado durante moito tempo como «intocable». A crítica de Montevideo mostra o seguinte xuízo: «El conductor Freire López merece más oportunidades que una actuación esporádica…no sobran directores en nuestro país- ni en nninguna parte- que mantengan la actuación de este músico serio, competente y valioso». Así se ganduxa a actividade e virtude do Mestre Freire nun feito sen precedentes algo ao que hai que sumar o seu labor como compositor e que chega ás miñas mans manuscrita e inédita, en experiencia apaixonante, albiscándose nela unha música de gran factura. - 29 -


AMENCER

colaboracións

A OBRA COMPOSITIVA DO MESTRE FREIRE. A «SINFONÍA CLIMÁTICA» Obra sinfónica para orquestra de creación incidental, baseada na diversidade climática que presenta o continente americano. Desenvólvese en tres movementos baseados en tres climas musicais: O primeiro movemento en dous «tempos»: «Lento» e «Allegro non troppo», correspóndese ao clima de América do Norte; o segundo, «Andante Tranquilo- como unha ilusión»- ao clima de América Central, o Caribe, transportándonos ás súas temperaturas cálidas con ritmos irregulares, harmónicos no arpa e sordina nos violíns e o terceiro, «Allegro con brío», correspóndese ao clima da Cordilleira Andina, cos seus misteriosos rituais e introducindo no persoal orquestral unha inusual « quena». A OBERTURA PARA FUENTEOVEJUNA O 22 de xaneiro de 1.955 no «Parque Rivera» de Montevideo prodúcese un feito singular: A posta en escena da obra teatral « Fuenteovejuna», do «Fénix dos enxeños», Lope de Vega, interpretada pola recentemente creada «Comedia Nacional» dirixida pola soada Margarita Xirgu, unha lenda consagrada da arte escénica española e americana. A actriz, a pesar de afirmar «no mantener nunca intervención política», tomaba partido nas representacións das súas obras a prol dos oprimidos, xulgando feitos sociais e criticando inxustizas das que era obxecto o pobo. Ela será a «Mariana Pineda» de Lorca, a «Virxe republicana» do «Fermín Galán» de Alberti… Soños de liberdade que a levarán- dados os acontecementos políticos e sociais destas décadas en España- a ausentarse do seu país durante 33 anos, aínda que a súa aparición no «Novo Mundo» americano, foi absolutamente cegadora. Ela levou a países sen tradición teatral (México, a Habana, Perú, Colombia, Arxentina…) o restablecemento dos clásicos e a creación do teatro moderno español, obtendo o clamor popular pola súa forza, a súa paixón e a súa transformación na escena. O Teatro Solís, romántica estampa de Montevideo, escenario dos concertos que dirixía o Mestre Freire, era tamén a sede do «teatro-escola» dirixido por «a Xirgu», representándose nel traxedias, farsa, sainetes, comedias… A colaboración entre os directores da «Escola de Arte Dramática» a «Escola Municipal de Música» e o «Museo Teatro» era frecuente, polo que non é de estrañar que o encargo da música incidental creada para a representación de « Fuenteovejuna», a obra «máis democrática» do teatro castelán na que a unidade do pobo é a base do triunfo (« quidquid multis peccatur, - 30 -


AMENCER

colaboracións

inultum est»), recaese en mans do Mestre Freire, como efectivamente foi: «El Parque Rivera de Montevideo es el marco que presta a la representación de masas la grandeza que exigía el ambiente colectivo de « Fuenteovejuna», donde entraba la tropa a caballo, para lo que contaron mesmo con la colaboración del egército. La música de Bernardo Freire completaba la escenografía, sonando sus compases pensados esta vez para el teatro, para la posta en escena, para la gestualidad y para la danza».

Auditorio da OSSODRE dirixindo a orquestra e mestre Freire

A estrutura xeral da obra musical é a seguinte: I. Obertura II. Coral (Al Val de Fenteovejuna) III. Canción (Sea bienvenido) IV. Danza -IntervaloV. Escena- Pantomima VI. Pastoral VII. Idilio VIII. Cortejo Real (Marcha) - 31 -


AMENCER

colaboracións

De todas estas partes, que constitúen a obra completa, chega tan só a «AObertura», estruturada en tres movementos: O «Andante», co que empeza a obra; o « Allegretto», máis áxil e rítmico, de sonoridades plenas e o «Lento», que termina co « tutti» orquestral. A música desta «Obertura para Fuenteovejuna» soou en vivo e en directo e en estrea absoluta tras a publicación de senllos traballos en «Ferrol Análises» nunha xira de concertos da «Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia» dirixida para a ocasión por Andrés Salgado que tiveron lugar en abril do 2015: o día 1 no «Auditorio de Galicia» de Santiago de Compostela, o día 6, no «Teatro Jofre» de Ferrol organizado pola «Sociedade Filarmónica Ferrolá», e o día 7 no coruñés «Teatro Rosalía de Castro». O programa completouse co «Concerto para oboe e orquestra» de Bohuslav Martinu, «Un americano en París» de Gershwin e «Estancias» de Alberto Ginastera. Destes concertos existen testemuños gravados, constituíndo a música do Mestre Freire unha interesantísima achega á vez que unha agradable experiencia (como toda boa obra de arte ha de compracer tanto no ámbito intelectual como no sensorial), algo que moi ben podería repetirse, tratando de incluír esta fermosa música nos repertorios orquestrais. Destas dúas obras, a «Sinfonía Climática» e a «Obertura para Fuenteovejuna», existen partituras manuscritas, recuperadas do arquivo do xa mencionado Francisco Freire e López da Ballina. Pero aínda queda constancia, a través do «Dicionario de la Música Española e Hispanoamericana», de máis obra compositiva do Mestre Freire: Música Sinfónica: «Intermezzo sinfónico» (1.936), «Platense» (1.937), «Cantata para tres» (1.946), «Sinfonía Concertante Nº 2» (1.963), «Ancha Castilla» (1.964). Cancións: «Canción del Sauce Llorón» (1.937). En xeral pode dicirse que a obra do Mestre Bernardo Freire parte dun concepto romántico ao que suma elementos de plena vixencia contemporánea, dos que é bo coñecedor, creando unha música seria, de elaborada técnica (que el domina), plena, propia do seu tempo e tamén dunha persoal identidade que o distingue e diferenza. Ata aquí chegaron as investigacións, aínda que queda espazo aberto para a súa ampliación. O músico, o compositor, o Mestre Bernardo Freire, sen dúbida que o merece. - 32 -


colaboracións

AMENCER

COLABORACION DE OTERO PEDRAYO NA REVISTA «LOGOS»: 1931-1936 (1) Adrián Estévez Iglesias Ramón Otero Pedrayo colaborou con seis artigos na revista Logos, editada en Pontevedra entre 1931 e 1936. Os textos son de carácter ben diverso: sobre o poeta e místico inglés Francis Thompson, sobre a celebración do Xoves Santo desde Trasalba, un texto titulado «Luz do mundo» (de forte carga teolóxica, no que reafirma a súa fe en Cristo Redentor), o texto «A parroquia dos Ermos» (a medio camiño entre a descrición xeográfica e a ficción que despois desenvolvería na novela O mesón dos ermos), un artigo adicado a Thomas More (canonizado por Pío XI en maio de 1935), e un texto titulado «Meditaciós da sazón» sobre un artigo de Paul Valéry. Os textos de Otero Pedrayo nunca están guiados pola casualidade. Cada oración, cada referencia, cada adxectivo, teñen a súa razón de ser; non dá puntada sen fío. Xa que logo, para analizar os seus artigos é preciso facer o que en crítica literaria se denomina close reading, unha lectura coidadosa e polo miúdo. A REVISTA LOGOS A revista Logos foi creada en 1931 por Antón Iglesias Vilarelle e Xesús Ferro Couselo, ambos os dous bos amigos de Otero Pedrayo. O seu subtítulo era Boletín católico mensual, e tivo un carácter innovador dentro da prensa católica non só polo uso da lingua galega, senón tamén polas diversas liñas ideolóxicas das persoas colaboradoras -dentro dun marcado aperturismo e preocupación pola temática social- e a diversidade de temas tratados. Amais de cuestións teolóxicas tratábanse outros aspectos relacionados co cristianismo, desde o eido da arte e a arquitectura á historia, a haxiografía ou a literatura. Naceu en 1931 con carácter mensual. Non obstante, suspendeuse a súa edición en agosto de 1934, posiblemente por - 33 -


AMENCER

colaboracións

motivos económicos, posto que o número seguinte -editado en maio de 1935 co gallo da canonización de Thomas More- inclúe na contracapa unha solicitude para que os subscritores paguen as cotas pendentes. Nese ano de 1935 publicáronse catro números, de periodicidade trimestral, e en 1936 só saíron dous números bimensuais, o 48 de xaneiro-febreiro, e o 49 de marzo-abril. O propio Iglesias Vilarelle e Xosé Luís Fontenla Méndez quixeron volver publicar a revista rematada a guerra civil, pero decidiron non continuar co proxecto logo de que as autoridades esixisen unha declaración de adhesión ao Movemento. A revista estaba editada en Pontevedra. Nesa época a vila do Lérez tiña unha grande vida cultural, coa Sociedad Coral Polifónica, fundada en 1925 e dirixida até 1940 por Antonio Blanco Porto, ou o Museo Provincial, aberto ao público en 1929. Outra publicación periódica da cidade desa época na que colaborou Otero Pedrayo foi e Cristal, dirixida por Xoán Vidal Martínez. No número 1, do 25 de xullo de 1932, escribiu un texto sobre Santiago de Compostela e Ramón Otero Pedrayo a súa arquitectura urbana de granito. No número 7, de xaneiro de 1933, publicou a «Cantiga das tres Marías», un fermoso poema con moita espiritualidade. Entre os colaboradores estaban numerosos relixiosos, como os sacerdotes Ramón María Aller, Avelino Gómez Ledo, Paulino Pedret Casado ou Fernando Quiroga Palacios, gran amigo de Pedrayo e ordenado cardeal en 1952, que asinaba algúns dos seus artigos co pseudónimo de F. Pazos. Tamén había frades dos conventos mercedario de Poio, o franciscano de Santiago de Compostela e o - 34 -


AMENCER

colaboracións

beneditino de Samos. Mais había tamén colaboradores laicos como o pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, Amor Ruibal, Ramón Cabanillas ou Vicente Risco. En 1983 Sotelo Blanco fixo unha edición facsímile da revista Logos, que incluía un limiar de Filgueira Valverde. Esta edición facsimilar inclúe un índice de autores, onde aparecen identificados os nomes e os pseudónimos cos que aparece asinado cada artigo. Sabemos así que Ramón Otero Pedrayo colaborou con seis artigos, o primeiro deles no nº 23 da revista (novembro de 1932). Porén, o seu nome xa aparecera no nº 10 (outubro de 1931) como un dos asinantes da «Afirmación Católica d’un Grupo de Nacionalistas», canda a Risco, Pedret, Manuel García, Cabanillas, Filgueira Valverde, Cabada Vázquez, Claudio Losada, Taboada Roca e Iglesias Vilarelle. CRISTIANISMO DE OTERO PEDRAYO Otero Pedrayo manifestou sempre un fondo cristianismo que lle viña desde cativo por vía familiar. Dous tíos do seu avó materno foran cregos: un deles monxe en Oseira e outro pertencente á curia ourensá nos tempos do cardeal estremeño Pedro de Quevedo y Quintano. Otero Pedrayo pediu ser soterrado no camposanto ourensán de San Francisco vestido co hábito da orde franciscana e envolto na bandeira galega. Amais dispuxo ser velado no chan en sinal de humildade, e deixou disposto onde quería que se fixesen misas. Decote concibía o cristianismo como un dos elemento de identidade do pobo galego. O feito de defender publicamente as súas ideas relixiosas –as colaboracións en Logos son unha mostra, así como o seu voto en Cortes en contra da laicidade do estado- foron posiblemente unha das razóns polas que malia sufrir represalias en 1936 non lle custou a morte. En xullo de 1926, que foi Ano Xacobeo, foi en peregrinación desde Ourense a Santiago de Compostela xunto a Risco, Xavier Pardo, Lois Feixoo e Antón Sánchez. En base a esta ruta, Xavier Pardo escribiu o texto No camiño de San-Yago, que apareceu publicado na - 35 -


AMENCER

colaboracións

revista A Nosa Terra entre xullo de 1926 e abril de 1927. En febreiro de 1927 publicou en Nós o poema «O pelingrino». En xullo dese mesmo ano foi canda Risco e Xosé Ramón Fernández-Oxea (BenCho-Shey) desde Ourense até Santo André de Teixido, percorrido que deu orixe ao libro de viaxes de Otero Pedrayo Pelerinaxes I, publicado en 1929. Se cadra un antecedente destas peregrinacións foi o camiño que fixo en agosto de 1905 desde Trasalba a Oseira co párroco Severino Bermello Novoa. O nome de Otero Pedrayo aparece tamén na revista Logos en varias recensións da súa obra da man de Filgueira Valverde, que co pseudónimo de J. Acuña comentou os seus textos Romantismo, Saudade, Sentimento da Raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e Pondal (discurso de ingreso na Real Academia Galega, nº 10), Morte e resurreición (nº 22) e Ensayo histórico sobre la cultura gallega (nº 32). Con Filgueira Valverde tivo unha fonda relación epistolar durante case 50 anos (desde 1927 até a súa morte en 1976), e dúas datas nas que sempre se escribían eran para se felicitaren o 30 de agosto (san Ramón) e o 19 de marzo (san Xosé).

- 36 -


AMENCER

colaboracións

COLABORARON Textos: Julia Mª Dopico Val Adrián Estévez IglesiasXosé Antón Pombo Mosquera Félix Villares Mouteira

Rotulos, fotografías e debuxos: Informática e maquetación: . Óscar Santiago Sanmartín . Angel Marful Castañal . Félix Villares Mouteira

. Rubén Amor Fernández . Ernesto Barro Jiménez . Antonio Seijas . Simonetta Dondi Dall Orologio

- 37-


ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER» socios honorarios:


CONGELADOS TROULO, S.A. Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-12 27.370 - Rábade (Lugo)

Luisa Fernández Leirado Responsable Comercial Tel: 982-39-20-08 Fax: 982-39-22-97 Móbil: 677-583-061 e_mail: luisafernandez@troulo.es


socios honorarios

Imprenta SUC. MANCEBO - MondoĂąedo

Revista 'Amencer' nº 237  

Especial 'Semana Santa de Mondoñedo'. Enero-abril de 2018

Revista 'Amencer' nº 237  

Especial 'Semana Santa de Mondoñedo'. Enero-abril de 2018

Advertisement