Page 1

Bibliografía •

López Loureiro, R. Samaín, a festa das caveiras. Ir Indo. 2003 Centro cultura popular Xaquín Lorenzo.Unidade didáctica. As caveiras de colondros e o tempo de Samaín.2006. http://www.authorstream.com/

Foron os emigrantes irlandeses os que levaron as tradicións relacionadas coa noite de Samaín aos EEUU. A festa fixo o camiño de volta convertida no Halloween (“All Hallows Even”, a véspera a Todos Os Santos) da man do cine e dos centros comerciais.

QUE É O SAMAÍN?

Presentation/biblioson-591631-vai-de-medo/ •

http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/ index_10.html

• •

http://gl.wikipedia.org/wiki/Samaín http://agal-gz.org/samahin EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA CEIP QUINTELA (MOAÑA) OUTUBRO 2012

CEÍP QUINTELA (MOAÑA) OUTUBRO 2012


SAMAÍN

é un termo co que o mestre e investigador Rafael López Loureiro designou a “Festa das caliveras”, no primeiro estudo documentado sobre o tallado dos calacús (colombros, cabazos, manguetas). Neste traballo atopou tradicións semellantes en Galicia, Irlanda, País de Gales, Bretaña....

Fíxoo así, adaptando a palabra gaélica “ SAMHAIN”, que quere dicir: despois da noite de hoxe, o mes de novembro.

A noite do 31 de outubro, comezaba o ano celta, marcaba a transición do outono ao inverno, do tempo das colleitas á estación sombría. Pero era tamén unha noite cargada de espiritualidade, xa que crían que nesta noite abría unha porta entre o mundo dos vivos e o dos defuntos. Así tiñan por costume tallar nabos ou cabazas e iluminalos cunha candea no seu interior, para encamiñar as ánimas perdidas nesta noite. O cristianismo recoñecendo as fortes crenzas destas muda o día de Santos para o 1 de novembro.

Na nosa terra , así coma noutros lugares de España e de Europa conservouse esta tradición ata os anos 70, aínda que liberada da carga espiritual e sen facela coincidir cunha data concreta do tempo de outono.

Tallábanse as cabazas como acto lúdico para os máis pequenos, aproveitando as longas tardes de mal tempo e usándoas para amedrentar aos veciños nas encrucilladas e lugares de paso común, como as fontes. As cabazas seguiron tendo unha ampla presenza na gastronomía e na agricultura.

Outros costumes relacionados con esta noite son o de non varrer as cociñas pola noite, por non estorbar ás ánimas e o de prender un madeiro protector na lareira .

Que é o samaín?  

Tríptico informativo sobre o Samaín

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you