__MAIN_TEXT__

Page 1

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA do CEIP Sofía Casanova, co gallo da celebración das Letras Galegas, ten a honra de presentarlles os traballos do alumnado participante no

CERTAME LITERARIO 2020 “TEXTOS CON ARTE”


Pintor: Alfonso Costa

ROQUE MARTĂ?NEZ 3 anos A


LUIS SEOANE: Gaiteiro con lúa, 1978.

DANIEL LUCES FERNÁNDEZ 5 anos B


MARUJA MALLO. Natureza viva con rosa, 1942

LUCÍA JIMÉNEZ BERMÚDEZ 1º A


CARLA GARCรA 2ยบ A


O BARCO DO CADRO A miña historia comeza una noite na que meus amigos máis eu estábamos tumbados na área da praia vendo as estrelas. De súpeto, vimos que as estrelas sinalaban cara abaixo. Cando miramos, non o podíamos crer! Sinalaban un barco que había na costa do mar. Decidimos ir a investigar e descubrimos que estaba abandonado. Entramos no interior e alí atopamos agochado un enorme cofre. Cando o abrimos… non o podíamos crer. Atopamos o maior tesouro: non tiña nin ouro nin xoias, pero, estaba repleto de libros. E así, voltamos felices a casa coa maior das riquezas: historias de contos interesantes e divertidos. ALBA BARRARL NÚÑEZ 4º A


AS LAVANDEIRAS Seis mulleres que lavan e lavan Seis mulleres abaixo e arriba Seis mulleres coas súas mans frías. Frotan e lavan Lavan e tenden As lavandeiras sempre erguidas As lavandeiras coas súas mans frías.

As lavandeiras (Manuel Colmeiro) Laura Regueiro Costa 5ºA


As vacas de María Esta é a historia dunha muller chamada María, que vivía nunha aldea de Lugo xunto cos seus e dedicábase ao coidado dos animais . Os anos foron pasando e cada vez os seus pais eran máis vellos e precisaban máis coidados. Ela non podía pasar tanto tempo cosas súas vacas e todo o que lle implicaba o seu coidado: ir a pola herba, sacar as vacas pola mañá e metelas pola noite e que os campos onde pacen as vacas estiveran preparados . Un bo día María decidiu vender, con moito pesar, as súas vacas, xa que a súa nai precisaba que estivese todo o día con ela. Botaba de menos aos seus animais, pero ela sabía que a súa familia era o primeiro. Nerea Novio Taibo 5°B


UNHA VISITA AO MUSEO Un grupo de amigos e eu, fomos visitar o museo, porque había unha exposición de Urbano Lugrís. Entramos no museo e… sorpresa! Encontramos a ensinounos os seus cadros.

Urbano Lugrís. El

O cadro que máis nos gusto foi o Porto da Coruña, explicounos que tiña os símbolos da Coruña, a Torre de Hércules, o Castelo de San Antón etc… Tamén había pintados uns barcos indo a o porto escapando da tormenta. Contounos que é fillo dun escritor e dunha pianista. Usa un seudónimo Ulises Fingal. O que máis lle gusta pintar son paisaxes, pero tamén ten pinturas surrealistas. Foi unha visita moi entretida!

Íker Castro 5ºB


MARUJA MALLO Máscaras con bolboretas

Píntome de azul, Píntome de violeta E a cada lado Unha bolboreta.

Póñome triste Póñome contento Imos de festa A pasar o tempo.

Época de antroido Pintamos as fazulas E un puntiño na fronte Do tamaño dunha agulla.

Época de antroido Saímos á rúa É noite pechada Xa se ve a lúa.

Paula Pose Fariña 6º B


O TESOURO DE TREBÓN Un día de 1945 un vello aventureiro, solitario e un pouco rosmón andaba a remexer na súa biblioteca. Tiña montóns de libros, papeis e obxectos raros das súas viaxes. Tamén moitos pergamiños e nun deles decatouse de que había un mapa estraño. Non lembraba de onde viña nin que llo dera. Luís, que así se chamaba, decidiu investigar, semellaba un lugar descoñecido xa que non aparecía en ningún outro mapa.

Luís tiña un bo amigo chamado Pedro, mariñeiro e experto en mapas. Ambos colleron poucas cousas , o vello compás de Luís e marcharon na procura de repostas e aventuras. Pedro tiña un barco de pesca e a mellor das tripulacións. Nada podía saír mal. Botáronse ó mar, navegaron sen dificultade todo o día, pero ao chegar a noite as ondas do mar medraron, semellaban montañas, os brazos dun xigante enfurecido, as pólas dunha árbore no medio dun furacán. O barco ía sen rumbo, os mariñeiros rodaban polo chan, era o fin da aventura… Por sorte, pola mañá os mariñeiros espertaron cheos de golpes pero vivos. Non sabían


onde se atopaban. De súpeto viron unha rocha xigante cunha árbore moi estraña, con tentáculos en vez de pólas.

Era demasiado perigoso, así que decidiron voltar. Ao virar o barco, algo flotaba no mar, semellaba unha botella con algo dentro. Decidiron collela e cando a abriron saíu un xenio disparado. Era o capitán Nemo! O único capaz de navegar os sete mares! Concedeulles un desexo, entrar na illa misteriosa. Ninguén antes puidera saír con vida. Así o fixeron. Todo estaba moi escuro, ía moito frío. Metéronse dentro dunha cova, ao final algo resplandecía, era un tesouro! O famoso tesouro de Trebón, o feroz rei das treboadas! O medo apoderouse dos mariñeiros, apañaron todo o que puideron nos petos e saíron correndo. A cova enteira comezou a tremer, caían pedras, raios, tronos, os mariñeiros mergulláronse no mar e nadaron ata o seu barco. Cando miraron cara atrás a illa desaparecerá por completo. Nunca se soubo que fixeron con tesouro…maldito! Nin nunca se soubo dos mariñeiros. Martín Rodríguez Osende 6º C


Jorge Peteiro. Sagrada Familia

NAGORE CASTRO 1ยบ B


LENDA MARIÑA por Mateo Fraguela Díaz (3º B)

LENDA MARIÑA_URBANO LUGRIS

Conta a lenda que había un monstro mariño vixiando a igrexa de Santa Bárbara. Isto era así por unha maldición que botara o malvado pirata capitán do barco pantasma “O Holandés Errante”. Cando a lúa chea iluminaba a igrexa, aparecía o monstro mariño. Era medio peixe e medio unicornio. Era aterrador! Dende a existencia da maldición, ninguén iba á igrexa de Santa Bárbara. Unha noite de lúa chea, un valente monxe atreveuse a loitar contra o monstro. Rezoulle a Santa Bárbara e esta axudouno creando unha tormenta. O monxe alzou a súa espada e Santa Bárbara envolveuna cun lóstrego. O monxe atravesou a besta mariña e de súpeto formouse un remuiño na auga que absorbeu ao monstro. O ceo despexouse e volveu sair a lúa chea, pero o monstro xa non estaba nin volveu nunca máis.


A MIÑA ALDEA Dende a ventá da miña aldea vense verdes campos. Dende a ventá da miña aldea vense vaquiñas pastando, bolboretas voando e grilos cantando. A frescura do solpor acaricia unha flor. Casas, árbores e campos conviven con vermellos, verdes e brancos. CAROLINA LOUREIRO PLANA - 5º B

Paisaxe de Arzúa, 1969. MARÍA ANTONIA DANS


A paisaxe do pintor. Era pola tarde e encontreime unha bonita paisaxe, de árbores xigantes e herba brillante. Nese lugar había só un camiño que te levaba a todo os sitios. Tamén observo unha casa abandonada, pero no seu interior é unha elegancia, e unha igrexa pequena atrás da cordilleira de montañas de moitas alturas que parecían montañas rusas. Na paisaxe o que vexo é todo tipo de cores. Ese sitio transmitíame a tranquilidade dos pobos. É tan alegre que comezou a ir xente de todo o mundo para visitala. Incluso un señor chamado Manolo, pintouna. A súa pintura a colgaron no museo máis coñecido do mundo enteiro, que sempre estaba cheo a rebosar, grazas a ese cadro tan maxistral. Os nenos quixeron coñecer ao pintor e el encantado os levou ao pobo. O coñeceron en persoa e disfrutaron dunha tarde ben molona. O home quixo pintar aos cativos, para que se levaran un recordo ben bonitiño. Manolo fíxose moi famoso por pintar cadros tan fermosos. Aquí remata o meu relato de Manolo e o panorama maravilloso.

Valentina Álvarez Rodríguez 5ºB


O Xogo Había unha vez unha nena que xogaba a ser muller. Ela fixábase nas mulleres do campo. Todas elas traballadoras, fortes e valentes. O traballo era moi pesado para o corpo das mulleres. Pero eso non impedía que realizaran as súas tarefas. Esto era o que máis chamba a atención da nena. Yanira Asencio Chans 5ºB


ÁLEX PARDO CANOSA 3 anos A


AS DÚAS MÁSCARAS. Hai dúas máscaras unha branca e outra negra as dúas afeitadas a vida alegran. Teñen dous ollos un verde e outro azul así ven os piollos a través do tul. Cas súas bocas vermellas soltan bicos a moreas van en parellas e así non as afeas. Nando García López 5ºB


Clara Vรกzquez Iglesia. 5ยบA


O PESCADOR PESCADO Había unha vez un pescador chamado Unai, que saía todas as noites a pescar para poder comer algo, sempre pescaba moitísimos peces, coma uns dez cada vez. Pero aquela noite era todo distinto, a caña empezou a tremer sen parar e con ela o barquiño, entón Unai dixo: É un rodaballo xigante! Aquel peixe medía dous metros “Se non fago que pare voume espetar contra as rochas!” Entón non conseguiu que soltase o anzol, bateu contra as rochas, pero por sorte engancháraselle o anzol e caeu ao mar xusto antes de que o barco se rompera. Ao día seguinte, Unai espertouse nunha illa deserta e alí estivo un longo mes alimentándose dos peixes que pescara antes de que o rodaballo o tirara ao mar, entón un día fixo unha balsa para regresar, e por fin un día despois conseguiu chegar a súa casa.

UNAI VÁZQUEZ FIEIRA 5ºA Ernesto Goday: Marinero del Grove


Profile for EDLG CEIP SOFIA CASANOVA

CERTAME LITERARIO 2020 "TEXTOS CON ARTE"  

Achegas do alumnado participante no Certame Literio 2020 "Textos con Arte"

CERTAME LITERARIO 2020 "TEXTOS CON ARTE"  

Achegas do alumnado participante no Certame Literio 2020 "Textos con Arte"

Advertisement