Page 1

VIGO 20, 21, 22, 26, 27 e 28 DE ABRIL, 18:30 TEATRO DA CIDADE UNIVERSITARIA, CAMPUS DE VIGO PONTEVEDRA DO 3 ao 8 DE MAIO, 20:30 TEATRO PRINCIPAL


Teatro e Universidade... Se o Teatro é unha arte eminentemente social, que necesita dunha sociedade, dun grupo humano concreto para nacer, para alimentarse, para medrar.. ¡que mellor segmento social que o representado pola Universidade para nela agromar e desenvolverse nun espazo do máis axeitado e nunhas condicións favorables!

Esta MITEU aspira a ser e a consolidarse, tanto en Pontevedra como en Vigo, como un espazo onde poidan mostrar os seus traballos grupos das Aulas de Teatro das tres universidades de Galicia, pero tamén representantes de universidades procedentes de países dos cinco continentes, tal e como ven acontecendo en todas as súas edicións. Aspira tamén a ser un espazo de encontro, de intercambio e de diálogo, entre todas aquelas personas que aínda que estean lonxe xeográfica ou culturalmente, teñen en común a súa paixón polo teatro, que son capaces de abstraerse das súas preocupacións, de escaparse das súas obrigas diarias, de poñer un pouco de tolemia na súa vida e buscarlle un oco a esta actividade. E tamén, como non, aspira a proxectarse non só na comunidade universitaria, senón a impregnar toda a sociedade de teatro, facendo deste evento un referente e unha cita ineludible para todos os amantes desta arte. Teatro de Ningures


Falar de primavera é falar de teatro universitario. A Universidade de Vigo, dentro da súa programación de Extensión Cultural, adica unha grande parte dos seus esforzos ao teatro: formación a través dos obradoiros de teatro (canteira de novos actores e actrices) e promoción a través das representacións que ano tras ano nos permiten contemplar os traballos das aulas teatrais das universidades de todo o mundo. Froito deste esforzo e grazas á ilusión e interese co que a cidadanía, en xeral, e a comunidade universitaria en particular acolleron anteriores Mostras, estamos a falar dunha nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario , e xa van doce en Vigo. Grupos de teatro universitario de toda España, Europa e América pasaron, pasan e seguirán a pasar por esta cita de referencia do Teatro Universitario para presentar as súas últimas producións. Nembargantes, a Mostra é moito máis que unhas simples representacións. Por enriba de todo, é punto de encontro e convivencia entre todas as persoas que amamos o teatro, universitarios e non universitarios O teatro é, como toda arte, unha ferramenta que permite desenvolver a creatividade, a crítica, a liberdade, o respecto; contribúe, en definitiva, á formación das persoas en xeral, e dos universitarios en particular. Gustaríame felicitar a tódolos colaboradores e participantes desta mostra polo interese, traballo e ilusión postos na organización deste evento. Sen eles e elas, non sería posible que todos gozaramos da beleza do teatro estes días. Moitísimas grazas a todos e todas Pero por encima de todo o teatro é entretemento. Pasou o tempo dos ensaios, do estudo, das presas... e agora e tempo de recoller. Acudide e gozade coas representacións da XII MITEU. Merece a pena.

Mª del Carmen Cabeza Pereiro Vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes


AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE VIGO, Campus de Vigo Residuos, AA.VV. FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO Aarón Domínguez Eguía, Álex Paz Domínguez, André Fernández González, Christelle Lory, Hadrián Grille Negreira, Pablo Fernández Medina. Espazo Escénico: Vestiario : Selección Musical: Textos:

Aula de Teatro Aula de Teatro Aula de Teatro Lluisa Cunille, María Zambrano, Suso de Toro, William Shakespeare e Xavier Lama Tradución: Aula de Teatro Dramaturxia e Dirección: Pepa Barreiro “O Mito” foi o tema do que partimos. Durante o traballo fómonos atopando con ecos, con resóns, con rumores deses desexos e temores que son comúns ao xénero humano de todos os tempos e condicións. E estes “RESIDUOS” que colleitamos e reciclamos son, con palabras prestadas, os que conforman este espectáculo.


AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE VIGO, Campus de Pontevedra Eclipses, de Manuel Lourenzo FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO Sara Abilleira Crespo, Sara Barcia Portela, Tamara Calvo Porrúa, Silvia Fernández García, Verónica López Rielo, Beatriz Piñeiro Serantes, Eva Rodríguez Calvar, Sandra Souto Gontad, Oscar Tosar González. Vestiario: Escenografía: Axdte. Dirección: Dirección:

Sonia Rúa Julia Abal Santiago Cortegoso Salvador del Río

ECLIPSES é un título xenérico para una colección de pequenas pezas teatrais que van dende unha mirada irónica ao ambiente que envolve a escena en “A PREA”, pasando polos ECLIPSES propiamente ditos (breves apuntamentos sarcásticos sobre a vida social, artística e pública en diversos momentos da historia) ata a “CRÓNICA FUNESTA DE ALEMPARTE”, experiencias dos que cruzaron o río e sen embargo continúan no empeño de protagonizar todas as emocións humanas. Un teatro sen revestimentos nin adornos, indirecto como a propia vida, nado dunha profunda vocación desestabilizadora.... Partindo das pezas de teatro breve que Manuel Lourenzo propón nesta publicación, encontramos un material moi interesante para traballar cos alumnos/as que dende a universidade inician (a maioría por primeira vez) un encontro co teatro.


AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA As cuñadas, de M. Tremblay FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO Natalia Vázquez, Bea Méndez, Patricia Coucheiro, Ana Conde, Carla Capeáns, Inmaculada Vila, Roi Méndez, Cristina Balboa. Deseño de espazo escénico, figurinos e iluminación: Roberto Salgueiro Atrezzo: Rodrigo Roel Arranxos vestiario: Clotilde Vaello Maquillaxe e peiteados: Bea Méndez Asistencia musical e arranxos: Fernando Cabo Cartel: Elena Tinickaya Programa: Xerardo Fuentes Asistencia técnica: Raúl Giraldo (RTA) Asistencia de produción e dirección: Roi Méndez Adaptación literaria e dirección: Roberto Salgueiro Agradecementos: Saúl Muíños, Centro Dramático Galego, Ernesto Chao O texto orixinal basea a súa acción no ano 1968 en Quebec, onde un grupo de mulleres se reúne para pegar uns cupóns cos que foi premiada unha delas por uns grandes almacéns. Nesta versión, a acción desenvólvese na cidade da Coruña no ano 1977, recén chegada a democracia.Unha comedia que trata de reflexionar se, coa perspectiva dos anos, a situación da muller mudou ou non tanto como se pretende.


AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE. MARICASTAÑA Odisea espacial, a partir da obra de Arthur C. Clarke

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO María Díaz, Natalia Forjan, Héctor Martínez, Daniel Alves, Esteban Puebla. Escenografía e luz: Suso Díaz Proxeccións: Diego Blanco Vestiario e complementos: Tegra Cartel e programa: Pablo Otero Deseño musical, dramaturxia e dirección: Fernando Dacosta ODISEA ESPACIAL é a primeira incursión de "Maricastaña" na ciencia-ficción. Clarke constrúe unha magnífica odisea nos seus libros (a primeira parte levada ao cine por Kubrick) na que nos remonta aos nosos antepasados homínidos para explicar a orixe da intelixencia e a evolución do ser humano. O monolito é a porta das estrelas e simboliza a forza dunha intelixencia máis aló do noso sistema solar. A vida é diferente noutros confíns, é o dominio sobre a materia, e a intelixencia é a enerxía que domina o tempo e o espazo. Una reflexión sobre a nosa existencia na inmensidade do cosmos...


COMPAÑÍA DE TEATRO DA USC, LUGO Unha dúbida razoable, de “12 homes sen piedade” de Reiginald Rose FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO Belén Prieto, Antón García, Xulia Varela, Rubén Perez, Lili Claro, Alba Martín, Conchi Fernández, Carlos Megías, Elena Santidrián. Dirección: Vestiario/Imaxe: Creación/Ambientación Músical: Escenografía: Iluminación: Fotografía: Locución: Tradución: Grafismo:

Alberte Cabarcos Sara Lage y Maru Calderón Migel García-Granero Alberte Cabarcos LuzSonga S.L. www.fotosebe.com Santiago Fernández Xusto C. Rodríguez Anxo Varela

Verán de 1992. Un caso de homicidio en primeiro grao está a ser xulgado nos tribunais de Nova York. Arestora un xurado popular, formado por nove cidadáns, está a decidir a culpabilidade do acusado, un rapaz de 18 anos que presuntamente matou o seu pai cunha puñalada no corazón. O veredicto deberá ser alcanzado por unanimidade, e no caso de que declaren culpable ao acusado éste será condeado á pena de morte. Os que voten culpable, que ergan a man… “Unha dúbida razoable” é unha proposta textual e clásica que afonda nas conductas humanas e no infinito valor da palabra como eixo fundamental da democracia.


AULA DE TEATRO E DANZA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA Rinoceronte no camiño, creación colectiva da Aula de Teatro FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO Mónica Suárez Casal, Lucía de Querol, Iago Iglesias, María Fernández Verdía, Patricia Doce, Bibiana Buján, Teresa Rodríguez Limas. Dramaturxia e dirección: Rubén Ruibal Axudante de dirección: Laura Mariño Sánchez Auxiliar de dirección: María Polo Piñeiro Iluminación: Afonso Castro Vestiario e maquillaxe: Dolores Pernas Música: Koroiev Proxeccións: Fagot Y Popota Produción: Aula De Teatro E Danza Da Universidade Da Coruña Deseño gráfico: Julia Núñez Nun futuro indefinido, un grupo de peregrinos que volvían ós seus lugares de orixe ou vagaban sen rumbo aparente polo Camiño de Santiago interpretando fragmentos de Rinoceronte de Eugene Ionesco e outras historias peregrinas son detidos e presos sen motivo coñecido. Mentres van declarando diante da autoridade, lembran as circunstancias que os levaron alí tecendo unha historia trufada de mentiras e verdades, de recordos e desmemorias. Nesa prisión, por medio de invencións, de momentos de absoluta sinceridade e de declarada mentira, reconstrúen os seus Camiños de Santiago, con idas e voltas, e as circunstancias que os levaron ata alí, e vense enfrontados por forza, mesturando imaxinación e realidade, ó seu lado monstruoso e ó seu lado humano.


GRUPO BAMBÚ, HONDURAS Historias y más historias, de Edgar Valeriano e Leonardo Montes de Oca FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO Mariano Rodríguez e Edgar Valeriano Espectáculo de narración oral escénica, baseado nunha recompilación de diferentes autores e historias de Latinoamérica. Hai homes que toman as historias e dan as súas vidas para ir de pobo en pobo contado tristezas e repartindo alegrías. Vémolos pasar sen saber quen son, ou os vemos vir e énchennos de satisfacción ao saber que coa súa chegada, chegan historias doutros pobos. Tamén sabemos que cando se marchen nos levarán coas súas historias. Ás veces quixésemos que nunca deixasen de relatar historias, que son as nosas historias. Vémolos nas prazas, nos campos de cultivo baixo a sombra dunha árbore, ás veces nos teatros, nos comedores, no camiño real, nas cantinas, ou no atrio dunha igrexa. Aí pódense escoitar as risas, mirar os rostros calados e atentos de nenos e nenas, mozos, adultos e anciáns. Eses seres máxicos que nos enchen de imaxinación e nos provocan soños, non son outros que os contacontos.


MARIO DE MEZAPA, HONDURAS De sucias, cadejos y cucuruchos, por Mario de Mezapa (cantautor) FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA INTÉRPRETE Mario de Mezapa Fai mais de 50 anos, en Mezapa, Atlántida Honduras, naceu Mario Ernesto Castro. Coñecido artisticamente como Mario de Mezapa, un singular cantautor do interior de Honduras que ofrece unha ollada crúa e honesta dunha realidade que é allea ao escritor de cidade, unha poesía nada do pobo e que dende o pobo se entende, aprecia e goza.


LA COCINA TEATRO, O SALVADOR El secreto más terrible, a partir de “Potestad” de Eduardo Pavlovski FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO René Lovo Asistencia de dirección: Actor e director: Asistencia técnica: Deseño gráfico: Iluminación:

Pamela Palenciano Jódar René Lovo Natalia Domínguez Víctor Rodríguez René Lovo.

Facendo un reconto de cada un dos detalles que ocorreron na tarde do fin de semana, cando dous suxeitos chegaron á súa casa e raptaron á súa filla, a súa única filla, o personaxe vainos introducindo no pasado máis remoto e persoal, onde el e a súa muller protagonizan unha historia que non escapa á realidade política que marcou as súas vidas para sempre. Unha obra que pon no fondo do relato o problema da verdade e a identidade das persoas en desequilibrio coa xustiza. Unha narrativa fragmentada e labiríntica.


VIGO

20, 21, 22, 26, 27 e 28 DE ABRIL,18:30 TEATRO DA CIDADE UNIVERSITARIA

20 Aula de teatro da universidade de vigo. Campus de Vigo “Residuos”, AA.VV.

21 Grupo Bambú, Honduras

“Historias y más historias” de Edgar Valeriano e Leonardo Montes de Oca

22 La Cocina Teatro, O Salvador

“El secreto más terrible” a partir de “Potestad” de Eduardo Pavlovski

26 Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Grupo Maricastaña “Odisea espacial” a partir da obra de Arthur C. Clarke

27 Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra “Eclipses” de Manuel Lourenzo

28 Mario de Mezapa, Honduras

“De Sucias, Cadejos y Cucuruchos”, concerto

PONTEVEDRA

DO 3 ao 8 DE MAIO, 20:30 TEATRO PRINCIPAL

3 4

Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela “As Cuñadas” de M. Tremblay Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra “Eclipses” de Manuel Lourenzo

5

Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Grupo Maricastaña “Odisea espacial” a partir da obra de Arthur C. Clarke

6

Aula de Teatro da Universidade da Coruña “Rinoceronte no camiño”, Creación Colectiva da Aula de Teatro

7

Compañía de Teatro da USC, Lugo “Unha dúbida razoable”, adaptación de“12 homes sen piedade” de Reiginald Rose

8

Aula de teatro da universidade de vigo. Campus de Vigo “Residuos”, AA.VV.


UNIVERSIDADE DE VIGO CAMPUS DE VIGO Vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes: Mª Del Carmen Cabeza Pereiro Técnico de Cultura Vigo: Alfonso Caride Losada CAMPUS DE PONTEVEDRA Vicerreitor Campus de Pontevedra: Jesús Hernández Sánchez Área de Extensión Cultural e Estudantes: Ana Belén Fernández Souto ORGANIZA: TEATRO DE NINGURES Técnicos: Secretaria: Deseño gráfico: Prensa: Publicidade: Programación: Coordinación:

Héctor Pazos Diego Camaño María Martínez Diego S. Seixo Casilda García Sonia Rúa Pepa Barreiro Salvador del Río


programación XII MITEU  

Programación da XII edición da MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario da Universidade de Vigo