Page 1

De Suzanne Lebeau Con María Salgueiro Lois Soaxe Dirección: Salvador Del Río

www.teatrodeningures.com


O OGROCHO De Suzanne Lebeau

Tradución de Henrique Harguindey Reparto: Nai: María Salgueiro Ogrocho: Lois Soaxe Música: Composición e arranxos: Anxo Graña Intérpretes: Pablo Souto e Anxo Graña Interpretación en escea: Anxo Graña e María Salgueiro Técnico de iluminación: Héctor Pazos Deseño e construción escenografía: Pablo Giráldez “O Pastor” Deseño e confección vestiario: Chui Blanco Salgueiro Deseño gráfico e fotografía: Diego Seixo Deseño iluminación: Salvador Del Río Maquillaxe: María Salgueiro e Lois Soaxe Realización vídeo e montaxe: Deica Audiovisual Coreografía: Olga Cameselle “Lez” Dirección: Salvador Del Río Producida por: Ningures Produción SL


Nunha casa no bosque viven O Ogrocho e a súa nai. Xa cumpriu seis anos, e todo está listo para o primeiro día de escola.


CamiĂąo da escola a nai dalle os Ăşltimos consellos, pero sobre todo lĂŠmbralle que debe afastarse do vermello.


Na escola descobre que é diferente dos demáis nenos da súa idade, non só no tamaño e na forza, tamén na conduta. A mestra escríbelle unha carta á nai recomendándolle non mandalo á escola.


A nai sempre protexeu ao Ogrocho, ocupรกndose de que non crecesen froitos de cor vermella nos arredores da casa.


O Ogrocho vai mudando cada vez máis a súa conduta, e sente unha atracción inexplicable polo bosque e os seus perigos.


A nai escríbelle á mestra, intentando xustificar o comportamento do seu fillo e pedíndolle que o trate como a un neno máis.


O instinto vai medrando e O Ogrocho vaga polo bosque, aĂ­nda que despois non lembra o que lle pasa alĂ­.


A nai explícalle o porqué do seu extraño comportamento: é o fillo dun ogro e herdou os seus instintos.


O Ogrocho non se resigna a aceptar o seu destino de ogro e esconderse da xente... Unha carta que deixou o pai explica un remedio: para curar a ogridade un ogro debe superar tres terribles probas, e decide intentalo.


O Ogrocho debe encerrarse dende que sae o sol ata a seguinte saída, cun galo branco e auga. Se á mañán do segundo día o galo canta, a primeira proba está superada.


O Ogrocho ten que vivir durante sete días, nun lugar pechado cun lobo, se ao cabo dos sete días o lobo esfameado foxe ao bosque, a segunda proba está superada.


O Ogrocho dubida, non sabe se realmente superou a segunda proba, pero a súa nai confírmalle que realmente foi así.


A nai queda soa, O Ogrocho marchou na compaña de Pamela, unha amiga da escola: Ten que pasar todo o tempo que dura unha lúa cun neno, se ao cabo dos vinteoito días o neno canta ao pasar o limiar da porta, a terceira e derradeira proba está superada.


O Ogrocho estรก de volta, superou a terceira proba. Pamela estรก na casa e hai unha festa preparada para celebrar o regreso. A ogridade estรก curada...


O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, reconcílianos co mellor e o peor que levamos en nós.

FIN


Producida por

Coproducida por

Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Coa colaboración de

www.teatrodeningures.com Ningures Produción S.L. Apdo. 117, 36.950, Cangas, Pontevedra. Contratación: Salvador del Río: 654 464 360 salvadordelrio66@gmail.com

O Ogrocho  

Dosier de "O Ogrocho" de Suzanne Lebeau, espectáculo de Teatro de Ningures, interpretado por María Salgueiro e Lois Soaxe e dirixido por Sal...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you