Issuu on Google+

CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

XOLDA O PROXECTO VOLARE, ENTRE OS TRES MELLORES DE EUROPA

A reciclaxe de residuos en Rois Un ano máis, o proxecto presentado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do CPPI dos Dices foi seleccionado para participar no congreso escolar anual que organiza o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Este ano foi novidoso, xa que os proxectos non estaban relacionados con espazos susceptibles de conservación como en anos anteriores, senón coa ciencia, investigación e divulgación sobre residuos.

O equipo que participa no proxecto Volare de Robótica -formado por Fabián, Alba, Sergio, Sandra, Andrea e Sara -coordinado polo profesor Javier Méndez- acaba de clasicarse entre os tres mellores de Europa nesta competición promovida pola Axencia Espacial Europea. Agora teñen Amsterdam no horizonte, porque o excelente traballo realizado dálles o dereito de competir alí o próximo mes de outubro. Parabéns! PREMIO E-TWINNING EN FRANCÉS

O alumnado de francés de Rois comezou o ano 2013 baixo o signo da colleita do fruto do seu esforzo e investimento na súa aprendizaxe, ao ser premiado polo seu primeiro p r o x e c t o e Tw i n n i n g : Comment est ton collège? !

GAÑADORES DO CLUB DE DEBATE 2013

O Equipo de Debate do CPI dos Dices gañou a final comarcal de Ames e a final galega do Club de Debate do ano 2013. PÁXINA 1


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

CARTA DO DIRECTOR

indispensable para garantir a integridade física do alumnado.

Loitar contra os elementos estase a co n v e r te r n o p r i n c i p a l r e to d o s ce n t r o s educativos. A comunidade educativa do CPPI dos Dices -formada por un alumnado que acolle con ilusión cada iniciativa que se lles propón, unhas familias que apoian activamente as propostas educativas que chegan dende o centro, e un profesorado motivado e implicado como poucos que propicia a brillante calidade educativa de que gozamos (así como un persoal non docente que traballa arreo no mesmo camiño)- semella aquela Armada Invencible que Felipe II mandou á guerra contra Inglaterra e que, estando lista para superar todos os obstáculos, foi derrotada polos elementos. ! As institucións políticas foron creadas para organizar a sociedade, de maneira que resolvan os problemas da cidadanía. Pois ben, cando estas institucións -pola nefasta xestión dos seus responsables- non só non resolven os problemas, senón que os crean, estamos ante estes “elementos” que acaban coa Armada Invencible, e isto é o que está a ocorrer no noso centro educativo. Comezando pola administración local, que nunha continua falta de respecto á nosa comunidade educativa, nin se preocupa polos nosos problemas nin -en moitas ocasións- responde cando lles demandamos solucións. Sirva como exemplo o anaco de beirarrúa que leva anos e anos en obras sen que o Concello de Rois o remate dunha vez, aducindo supostos problemas co propietario da finca colindante. Excusas dificilmente comprensibles tendo en conta que se ÍNDICE trata dun Carta do director! ! ! ! 2 anaco duns Congreso do CEIDA! ! ! 3 Entrevista con Roi Vidal ! ! ! 5 v i n t e The Volare space robotics competition ! 8 metros que Ratos e máis ratos no CPI dos Dices! ! 10 é 2º de Educación Primaria! ! ! 12 Club de debate! ! ! Campaña de recollida de alimentos! Aquí estamos nós! ! ! Premio e-twinning e intercambio ! A nosa viaxe por Asturias! ! Baleas: os xigantes do mar! ! Exposición Querido Balbino!! Espello deportivo ! ! ! Fotografía matemática! ! Mural de Bolaño e proxecto Rosalía!

! ! ! ! ! ! ! ! ! !

14 15 16 23 25 28 30 31 32 34

! Continuando coa administración educativa autonómica, en concreto a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, que tamén ten por costume non contestar ás demandas que se lle fan dende o centro. Sirvan como exemplo os problemas de horario e comedor que arrastramos dende hai anos (horario ilegal e comedor masificado), sen que se molesten o mais mínimo en poñerlle remedio. ! Finalmente, que dicir da LOMCE que o goberno central pretende implantar, unha Lei que non busca en absoluto unha mellora na calidade educativa, senón unha clara imposición ideolóxica proveniente dos sectores máis reaccionarios, que provocou un enorme rexeitamento na sociedade (cun seguimento de folga superior ao 95% no CPPI dos Dices por par te de alumnado, profesorado e familias) e que aprobaron sen consenso con ningún outro grupo político. ! En fin, estes son os “elementos” contra os que temos que loitar no día a día. A cambio, pola banda da Armada Invencible dos Dices, atopamos mestras como Loli Pintor, que tras tantos anos de profesionalidade, cooperación coas familias e preocupación polos seus alumnos-as se xubilou neste curso. Ou como o persoal de cociña que agora temos no centro, que sen medo ao traballo, danlle sempre para adiante a todas as situacións para solventar os problemas que temos. Ou o noso bedel e o administrativo, sempre ao servizo de quen os precise, todos os profesores-as que traballan arreo (campións de Galicia do Club de Debate 2013, entre os tres finalistas de Europa do concurso de robótica da Axencia Espacial Europea 2013, premio e-twinning en francés, Proxectos coma o do Tratamento do Lixo; o do ADN traballando cos ratos no laboratorio, os blogs e canal de vídeo en Youtube, os traballos feitos polos cursos ABALAR, o intercambio con Francia, etc. etc.) para que o CPPI dos Dices siga gozando dun prestixio de calidade educativa internacionalmente. De momento imos gañando. Que os elementos non nos afundan os barquiños. Xa non lles pedimos que axuden, tan só que non estorben. O Director do CPPI dos Dices

!

PÁXINA 2


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

O Departamento de Bioloxía centrou este curso o seu traballo nos residuos sólidos

A visita a SOGAMA non incluiu, por motivos que descoñecemos, a visita á zona de tratamento dos residuos que se incineran. En Lousame, pola contra, da man de Dna.Marta Domínguez (Técnica de Proceso), fixemos unha detallada visita a toda a instalación e soubemos do tratamento que recibía ata o último residuo que entra nela. Entrevistamos tamén a D. Xosé Manuel Penas Patiño, Unha vez seleccionados mestre xubilado do noso centro, e exalcalde puxémonos mans á obra, e o que pensaba- de Rois entre os anos 2003-2007. Relatoumos que ía ser unha tarefa doada, deu máis nos detalladamente cal era a situación que dores de cabeza dos esperados. había cando chegou á alcaldía, e os estudos económicos e ecolóxicos que se fixeron paDado que en Galicia hai básicamente dous sistemas de tratamento de residuos, procedemos a estudar cales eran as principais diferenzas entre eles. Con tal motivo visitamos a planta de tratamento de residuos de SOGAMA, que engloba a meirande parte dos concellos de Galicia. Alí a materia orgánica xunto cos inertes (excluídos os envases e voluminosos) é incinerada para producir enerxía eléctrica. Na planta de Lousame, na que está integrado o noso concello, a maNa planta de Lousame teria orgánica sométese a compostaxe para a obtención dun ra integrar o confertilizante chamado compost, sistema que cello de Rois no sistema de tratamento de consideramos máis respectuoso co medio residuos de Lousame. Como parte do traVisita a Sogama

ballo, tamén visitamos na Universidade da Coruña os proxectos de compostaxe a e de !

PÁXINA 3


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

Andrea, Ánxela, Silvia e Pablo no Congreso do CEIDA

tratamento de augas residuais mediante balsas vexetadas que leva a cabo D. Manuel Soto , Catedrático de Enxeñaría Química da Universidade da Coruña. Estes procesos son un desafío para o tratamento a mediana escala dos resiudos, aplicable en aldea s e urbanizacións de ata 2000 habitantes.Tivemos así mesmo unha charla impartida por Dna. María Rodríguez, Educadora Ambiental da asociación ecoloxista ADEGA, na que aprendemos os pasos para facer unha boa compostaxe, e ademais fixemos un taller para a elaboración e posta en funcionamento dun composteiro caseiro.

Con todo, a información máis ampla dos tratamentos dos residuos orgánicos en Rois, obtivémola a través dunhas enquisas que se repartiron a todo o alumnado de secundaria e que logo foron interpretadas polo equipo de traballo. Por elas soubemos da frecuencia de recollida dos residuos, dos tipos de contedores, do grado de implicación dos veciños, e incluso das deficiencias e propostas para mellorar a xestión de resiudos en Rois. Con todo o material elaborouse unha presentación e un vídeo, que Silvia, Andrea, Ánxela, e Pablo presentaron dun xeito excelente o pasado 23 de Abril. na sede do CEIDA ,nun esplendido día de sol e , porque non dicilo, no marco incomparable do Castelo de Sta Cruz en Sta Cruz de Oleiros

Tamén visitamos varias casas particulares de alumnos e alumnas do centro, nas que vimos como a través de miñoqueiros e composteiros abordan o tratamento ecolóxico dos residuos orgánicos nas súas viven- Vídeo: Os resíduos orgánicos en Rois das. Vídeo: Congreso do CEIDA. !

PÁXINA 4


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

ENTREVISTA

LETRAS GALEGAS 2013 Conversa con Roi Vidal Ponte, dramaturgo

“Vidal Bolaño fixo de Santiago un motivo literario” Roi Vidal Ponte, filólogo, músico integrante do grupo Ataque Escampe, dramaturgo é tamén un especialista na obra de Roberto Vidal Bolaño. A bioloxía quixo que sexa fillo do escritor lembrado este ano no Día das Letras e mais de Laura Ponte, actriz; a xenética seleccionou a súa inclinación teatral como auto teatral e estudoso da obra bolañesa, dedicación que agora compaxina co labor de axudante de dirección na obra Días sen gloria que acaba de estrear o Centro Dramático Galego. A compañía institucional -que Bolaño contribuíu a crear- dedícalle este ano, en exclusiva, a súa tempada.

Bolaño foi un home que se achegou ao feito teatral desde moitos puntos de vista, non si?

teñen que ver coa creación teatral: director de escena, actor (porque empezou sendo actor antes ca dramaturgo), iluminador, produtor (tivo ao longo da súa Os entendidos sinalan que foi un vida dúas compañías teatrais autor factótum, é dicir, que se propias) e impulsor de asociativo que dedicar -á parte de es- cións e iniciativas que deron lucribir teatro- a todo o resto de gar á profesionalización facetas que do teatro galego e á creación do Centro Dramático Galego. Houbo quen dixo que noutro país sería un ídolo. Que lugar consideras que ocupa na historia da literatura galega? Dentro do teatro galego é o que ten un discurso máis claro, unha

!

traxectoria máis contundente, tanto pola calidade dramática dos textos coma pola variedade e polos camiños que estes textos foron abrindo. Vidal Bolaño sufriu o veto do conselleiro Portomeñe. Como foi aquel episodio? Unha das múltiples barreiras que tivo que sortear ao longo da súa vida foi un desencontro co teatro, que comezou sendo un desencontro coa clase política por unhas declaracións que el fixo na prensa e que non sentaron nada ben ao Conselleiro de Cultura, Portomeñe, naquela altura. Despois sentiuse afectado pola falta de apoios dos propios compañeiros de profesión e isto fixo que renunciase a dedicarse ao mundo do teatro e pasase a dedicarse ao que el sempre quixera, o cine. Como naqueles mediados dos 80

PÁXINA 5


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013 non había industria cinematográfica en Galicia -dende logo non coma a de agora- tivo que conformarse con meterse no mundo da publicidade. Aí aprendeu a montar, a escribir guións, a b u s c a r l o c a l i z acións... Recuperou ese espírito cinemato g r á f i co q u e x a manifestara cando, antes de dedicarse ao teatro, de mozo, formara parte do equipo LUPA, un dos primeiros grupos de cine afeccionado do país. E iso tamén condicionou a forma na que volveu ao teatro? Si, porque eu creo que esta etapa en Olimpus Comunicación, que así se chamaba a axencia de publicidade na que traballou, serviulle para cando volveu a escribir teatro, ao que lle imprimiu trazos da linguaxe cinematográfica. Como deu o paso á profesionalización da súa compañía? Se hai algo no que todo o mundo coincide en que Bolaño ha pasar á historia é por ser o fundador -xunto con Laura Ponte, a súa muller daquela- da primeira compañía profesional do teatro galego: Antroido. Cando a Vidal Bolaño o despediron do Banco Comercial no que traballaba atopouse na conxuntura de ter que decidir de que ía vivir. Como xa tiñan un grupo afeccionado probaron a ver se en Galicia os teatreiros podían vivir de facer teatro.

Tamén loitou pola creación do CDG Si, no ano 84 a xente de Antroido, xunto con outras compañías, formou parte da asemblea que se xerou no país para ver se o Conselleiro de Cultura accedía a crear o Centro Dramático Nacional Galego, o que ía ser o CDG. Dentro da historia desta institución Vidal Bolaño tamén foi o primeiro autor galego ao que se lle re-

!

PÁXINA 6


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013 Tanta que lle dedicou varias das súas obras. Importante a cidade, pero tamén o camiño. El tivo moito interese en lendas relacionadas co camiño de Santiago e tamén foi actor nunha serie documental na que facía de peregrino. Sobre o camiño, á parte de Días sen gloria destaca As actas escuras. Desde logo. El informouse sobre a “inventio” dos restos do apóstolo e escribiu As actas escuras, que el consideraba o seu mellor texto. É unha visión crítica de todo este “tinglao”, como diría el, que temos montado na catedral ao redor dos restos que hai aí e que non se sabe de quen son. Escribiu Doentes, que é unha homenaxe a Luces de Bohemia de Valle Inclán pero tamén á Compostela bohemia dos anos 50. E tamén hai fragmentos espallados polo resto de obras, mesmo en proxectos que non viron a luz, coma unha obra sobre as dúas Marías, que enchían de cor o branco e negro da ditadura franquista en Compostela. Tamén aparece en teatro infantil coma Touporroutou da lúa de do sol. Foi un escritor que fixo da cidade da que naceu un motivo literario. VÍDEO: Telexornal Vidal Bolaño. VÍDEO: A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. VÍDEO: Compostela na obra de Bolaño.

presentou unha obra, que foi Agasa!o de sombras, a segunda produción da compañía institucional, no ano 84. Que importancia ten a obra Saxo tenor no seu regreso ao teatro? Efectivamente, é un texto importante na traxectoria de Bolaño porque con el volveu ao teatro logo do parón da segunda metade dos oitenta. Con este texto gañou o premio Álvaro Cunqueiro e isto sérvelle de pulo para montar unha nova compañía, Teatro do Aquí, xunto con Belén Quintáns, que era a súa parella. Trátase dunha homenaxe ao arrabaldo, non si? Si, e en concreto ao barrio de Vista Alegre de Santiago, no que se criou el. Está cheo de personaxes estrafalarias típicas dos arrabaldes da Compostela. Saxo tenor xoga a dialogar coa literatura popular, do cine negro, do thriller de intriga que ten unha trama baseada nun asasinato e envolto nun clima de tolemia propio dun ambiente marxinal. Santiago ten unha importancia capital na obra de Bolaño.

!

PÁXINA 7


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

THE VOLARE SPACE ROBOTICS COMPETITION . Como non, non era posible, que Javier Méndez, o noso profesor de Tecnoloxía, pasara un ano sen argallar calquera cousa para introducir aos seus alumnos por completo no mundo das competicións, da tecnoloxía e sobre todo do inglés. E este ano, tocounos a nós, aos seis alumnos de TecnoRoisTres de 3º da ESO. Aínda recordamos ese día en que Javier nos falou por primeira vez desta competición: “Volare Space Robotics Competi-

t i o n” . Aínda recordamos ese día en que Javier nos falou por primeira vez desta competición: “Volare Space Robotics Competition”.Ter que deseñar un robot, para que leve paquetes dun módulo a outro da Estación Espacial Internacional, parece moi doado, pero non, non é asi. A verdade é que nós nunca traballaramos con robots, polo tanto, díxonos que teríamos que traballar duro; pero estabamos moi ilusionados, cunhas ganas tremendas de esforzarnos e dar o máximo para poder chegar lonxe. Simplemente, para entrar nesta competición, era necesario entregar unha carta (en inglés, como é todo o mundo relacionado con esta competición) na cal contabamos un pouco porque queriamos participar nela, falar da motivación que nos impulsaba a entrar, os nosos datos e o “team motto”. Tan só, con isto, xa estabamos dentro, pero non foi tan sinxelo como parece, porque, os prazos foron e están sendo moi apretados. Unha continua montaña rusa: tes que traballar moi duro, con moita presión, para despois pasar dúas semanas de descanso, e volta a traballar duro e así constantemente. O seguinte paso, foi facer un vídeo dun máximo de cinco minutos (pero se o faciamos de un, non iamos chegar moi lonxe). Como Javier sempre di, os detalles, son moi importantes, por iso !

PÁXINA 8


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

fixemos unhas camisetas propias para o equipo, modificamos a aula, e creamos unha gran maqueta para poder comprobar logo o noso robot. Despois de moito traballo, de pasar as vacacións de semana santa facendo probas diante da cámara (detrás da cal, como a cada paso que dabamos,estaba Javier), de preparar e preparar un diálogo, de moitas tomas que nunca saían como se quería, de motivar a Sergio coa italiana, conseguimos, o día anterior, ás presas, gravar un vídeo de 4:53. Despois de tanto esforzo, pasamos cerca de dúas semanas sen ter noticias de ningún tipo, ata que, un día pola mañá, chamounos Javier á aula de tecnoloxía. Polo visto, xa había novas sobre a competición. Para a nosa sorpresa, foramos seleccionados como o mellor equipo entre os 5 finalistas para seguir adiante e pasar deste xeito á 4º fase! Agora, levamos varias semanas de esforzo e tensión entre os exames e este proxecto. Temos que mellorar algúns detalles para conseguir que TRT (o noso robot) funcione á perfección. E sobre todo, traballando duro e intentando mellorar ao máximo o noso inglés, porque a próxima fase, será facer unha videoconferencia con persoas da ESA, e de aí, sairán os próximos tres equipos premiados, que terán que ir a Amsterdam a competir co seu robot, e a demostrar que todo o traballo feito ata agora foi necesario.Sabiamos que o listón desta proba estaba moi alto, pero as nosas esperanzas de poder alcanzar á última fase, de ir a Amsterdam e, sobre todo, de levar a Rois, ata o máis alto outra vez máis cumpríronse case ao remate do curso cando Javier nos deu a noticia de que estabamos entre os tres equipos seleccionados.. Para nós, é unha oportunidade inexplicable e única, que non só nos está axudando a ampliar os nosos coñecementos sobre Os membros de TecnoRoisTres: Fabián, robótica ou a mellorar o Alba, Sergio, Andrea, Sandra e Sara. noso inglés, senón que nós está demostrando que con esforzo e paixón, pódense conseguir as cousas. Pero tamén é verdade, que nada disto, sería posible sen o interese, a confianza e sobre todo o traballo que Javier está realizando. Por iso, un GRAZAS PROFE DE TECNOLOXÍA queda pequeno. E agora, só podemos dicir... “SPACE, IS WAITING FOR US”!

!

PÁXINA 9


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

Ratos e máis ratos no CPPI dos Dices tres garfos. Os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO rapidamente se fixeron cargo da situación, e instalaron os novos veciños nunha parte axeitada do laboratorio, morna e na que non houbese moita luz. A partir de aí iniciaron a investigación. Todo os días sacaban os ratos das súas gaiolas ,pesábanos, amañábanlles o cucho, cambiaban a auga e pesaban o penso que ían comer. Ao longo do proceso detectaron que unha das feCon ilusión e ganas de traballar, iniciamos este mias aumentaba de peso, e que a súa barriga ano unha novidosa experiencia que se está a aumentaba, polo que se abriu a sospeita de que levar a cabo de xeito experimental en 20 cen- estaba preñada. E así foi; a mediados de mes tros escolares de Galicia. O proxecto, patroci- trouxeron ao laboratorio 5 novos habitantes, nado pola Fundación Barrié, despegou cando chegaron ao noso instituto unhas caixas que levaban no seu interior a uns novos i n q u i l i n o s . Ni n máis nin menos que dúas parellas de ratos Si,si,, ratos, Mus musculus, os mesmos que ás veces se coan a altas velocidades nas nosas casas para saquear a despensa. Pois si, cada parella viña na súa gaiola, e ademais con eles viña o menú: unha saca de penso de !

PÁXINA 10


CPI DOS DICES! que pola súa pel espida e rosada danse en chamar “os pinkis”. Pasados tres días nos que non se debían molestar, comenzamos a pesalos e facer anotacións de como evolucionaban, ata

que chegou o momento de levar a cabo unha difícil tarefa: sexalos. Se ben os adultos non teñen dificultade para diferenciar o macho da femia, cos pequerrechos é máis complicado, e a distancia entre o orificio rectal e xenital non está, nin de lonxe, tan definida como nos adultos. A outra parella, porén, parece que non está polo labor e adícase únicamente a comer penso no spa. Unha vez sexados entramos na investigación puramente xenética. Hainos con coloración uniforme e irregular, e cos ollos vermellos e escuros. Como os pais carecen das características de parte dos fillos, e dado que lles supoñemos fidelidade case relixiosa no seu matrimonio, temos que botar man dos coñecementos recibidos do noso benquerido pai da xenética, o monxe benedictino Gregor Mendel, para intentar argallar unha árbore xenealóxica que chegue cando menos ata os avós , para descifrar o enigma suscitado. Por suposto que toda esta experiencia compartímola coa comunidade de “ratoestudosos” a través do blog de ratos no laboratorio ao cal enviamos posts semanais , e polo que ademais

!

XUÑO 2013 coñecemos como lles está indo a experiencia ao resto dos centros participantes. E como non,compartimos a experiencia con outros membros do noso centro, e así visitounos María cos seus alumnos/alumnas de 2º de Primaria e Mónica cos de infantil. Tamén viñeron os de 1º de ESO con Xurxo. Colgamos un vídeo en youtube sobre a experiencia e María colgou un vídeo no blog menineiro sobre a visita dos seus alumnos. Cando rematemos a investigación, non nos quedará máis remedio que despedir aos nosos compañeiros e agardar que para o ano que vén poidamos gozar novamente desta fantástica experiencia

VÍDEO:Ratos no laboratorio PÁXINA EDUCABARRIÉ VÍDEO: Visita ao laboratorio 2º EP

PÁXINA 11


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

2º EP

Somos os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria do CPI dos Dices en Rois e este ano fixemos moitas cousas que vós imos contar a continuación: No Entroido disfrazámonos de conductores de coches xa que bailamos a canción infan-

til dos anos 80 “ El auto de Papá” , xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria. Os nenos de 2º Primaria fixemos un proxecto de robótica, estivemos montando un motón de robots: crocodrilos, un león, unha nora, un helicóptero, uns coches de carreiras... O crocodrilo abría a boca ; o león ruxía e o porteiro de fútbol paraba cousas que lle tirabamos. Dous nenos e tres nenas en representación da clase fomos á Coruña a traballar cos nosos robots o día da “Ciencia na rúa”. Estivemos ensinando como traballabamos nos robots no stand da Fundación Barrié. Nun descanso visitamos a Casa das Ciencias.

!

PÁXINA 12


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

Ao longo do 2º trimestre fixemos un proxecto de inventos: cada neno e nena fixo un traballo sobre un invento e expúxoo na clase. E con todos os traballos fixemos un libro viaxeiro que foi por todas as casas. No 3º trimestre aprendemos cousas do cine : as profesións, os instrumentos.... Á parte de ver películas importantes na historia, fixemos un mural, e sobre todo con axuda dos nosos compañeiros de 4º ESO de Plástica e Informática fixemos unha película titulada “A Historia dos números”

O día 24 de Maio fomos á casa de Camilo José Cela a Iria e á casa de Rosalía de Castro en Padrón, que foron xunto con Castelao e Vidal Bolaño algúns dos autores cos que traballamos este curso.

!

PÁXINA 13


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

O EQUIPO DE DEBATE DO CPI DOS DICES GAÑADOR DO ANO 2013 ! Este ano saíulle redondo ao noso equipo de debate formado por Zeltia Iglesias, Aroa Otero, Irene Rivas Alba Sorribas e Sergio Vento. Os éxitos que conseguiron foron froito de moito traballo e un longo camiño que comezou coa xornada de formación que tivo lugar nos Tilos alá polo mes de novembro. Logo, unha vez coñecido o tema proposto para a fase comarcal (as redes sociais favorecen a comunicación entre as persoas) houbo que poñerse a traballar para preparar as dúas posturas (a favor e en contra). O día fixado para esta fase foi o 5 de abril en Bertamiráns, onde o equipo defendeu con brillantez os seus argumentos e por iso gañaron a fase comarcal cunha ampla marxe sobre o resto de concorrentes. Tocaba, xa que logo, defender á comarca de compostela na final galega, así que o 4 de maio había que enfrontarse aos demais gañadores comarcais co seguinte tema: o galego é unha oportunidade. Despois dun exhaustivo traballo de documentación, elaboración de vídeos, sincronización de imaxes entre a presentación e o texto e un concienciudo ensaio da posta en escena tamén nesta ocasión o equipo do CPI dos Dices quedou primeiro na fase de clasificación logo de defender as dúas posturas. Despois dun día intensísimo só quedaba o debate final, no que tralo preceptivo sorteo tocou defender a postura en contra ante o equipo do IES Saturnino Montojo de Ferrol. Fianalmente, o xurado decidiu conceder o primeiro premio aos dous equipos ex aequo. Parabéns polo esforzo e o excelente traballo realizado. Agora xa só queda gozar do premio por terras de Taramundi.

!

PÁXINA 14


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013 CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS Os alumnos e alumnas de 2º de ESO decidimos facer unha campaña de recollida de alimentos para axudar nestes tempos en que a xente o necesita. Esta recollida comezou o 1 de marzo e rematou o día 15. Os alimentos que se pedían eran artigos básicos (leite, fariña, pasta, legumes, galletas, aceite, café, etc.) e non perecedeiros. Esta foi unha idea que xurdiu na clase de sociais e que logo decidimos levala a cabo como axuda á xente que o está pasando mal.

A campaña foi un éxito grazas á colaboración de toda a comunidade educativa do noso centro. Unha vez rematada, os alimentos entregáronse a unha ONG de Santiago que é quen se encarga de facer o reparto entre aqueles que máis o precisen. A nosa profesora de música, Loly Santos axudounos a levar a cabo esta iniciativa . Tamén lle temos que agradecer ao director o permiso para levala a cabo e a Céline, a profesora de francés, que nos axudou a idear cousas para a recollida. Tampouco nos esquecemos do resto de profesorado que nos apoiou en todo momento e que colaborou na campaña. Probablemente non sexa a última vez que se faga. No próximo mes de decembro tentaremos repetir e agardamos outra vez a vosa magnífica colaboración. Moitas grazas a todos e todas. Mar Cortés e Andrea Vaamonde 2º de ESO

!

PÁXINA 15


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

AQUÍ ESTAMOS NÓS

4ºde infantil

5º de infantil !

PÁXINA 16


CPI DOS DICES!

XUテ前 2013

6ツコ de infantil

1ツコ de primaria

!

Pテ々INA 17


CPI DOS DICES!

XUテ前 2013

2ツコ de primaria

3ツコ de primaria

!

Pテ々INA 18


CPI DOS DICES!

XUテ前 2013

4ツコ de primaria

5ツコ de primaria

!

Pテ々INA 19


CPI DOS DICES!

XUテ前 2013

6ツコ de primaria

1ツコ de ESO

!

Pテ々INA 20


CPI DOS DICES!

XUテ前 2013

2ツコ de ESO

3ツコ de ESO

!

Pテ々INA 21


CPI DOS DICES!

XUテ前 2013

4ツコ de ESO

PCPI

!

Pテ々INA 22


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

PREMIO E-TWINNING E INTERCAMBIO CO CENTRO RENÉ CASSIN Céline Benmessaoud.

A aventura comenzara xa en novembro coa concesión do Selo de Calidade e finalizou en decembro co segundo Premio Nacional na categoría novel. Salientáronse, dende o Servizo Nacional eTwinning,

Recoñecedes as vosas fotos e os vosos carteis?

non só a calidade da expresión oral do alumnado senón tamén a estreita colaboración establecida co colexio René Cassin que deu orixe à adaptación teatral dun clásico da picaresca (Lazarillo de Río) e ao telexornal bilingüe (Antenne Rois) que viaxaron ata Conferencia Europea Anual eTwinning 2013 en Lisboa. Sen dúbida os resultados acadados invítanos a afondar na dimensión colaborativa e europea de ditos proxectos, ben por medio da incorporación de novos socios (o carteo con Grecia xa está en marcha!), ben por medio das viaxes de intercambio con acollida nas familias dos etwinners franceses. Pero para isto último, prefiro cederlle a palabra a Sandra Conde ... en francés, claro!

Le vendredi 5 Avril, les élèves de "ançais du co!ège CPPI dos Dices (Rois) disent au revoir à leur famille et partent en route vers l’Isle Jourdain. Après un long voyage de 18 heures (et oui! durant le trajet le bus a été immobilisé à cause d’un accident routier), on est finalement arrivé le samedi 6 Avril à 14 h 00. On nous présente notre fami!e d’accueil; chaque élève espagnol passe donc le week-end avec sa fami!e "ançaise.

!

PÁXINA 23


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

Le lundi 8 Avril, on met le cap vers Poitiers et le Futuroscope à la conquête des activités en 4D!  Le mardi matin, on part tous ("ançais et espagnols) visiter la Va!ée des Singes. Déjeuner à la cantine et a!ez hop, on continue! Hélas comme il pleut , on ne peut pas faire de kayak! On passe donc la journée sur les divers ateliesr e-twinning.  Le mercredi matin (10 Avril), on remet le cap vers Poitiers; une ville que l’on connait grâce à un jeu de pistes. On déjeune à la cantine et on est accuei!i à la mairie de l’Isle Jourdain. Et on recommence à bouger: un autre jeu de pistes sur L'isle Jourdain! Le jeudi 11 Avril, on travai!e toute la journée sur les ateliers etwinning. Bref, une vie de co!égien "ançais! Vendredi 12 Avril, nous repartons en Espagne. Nous disons au revoir à nos correspondants et nous montons dans le bus, les poches remplies de carambars et de souvenirs aussi!

E aínda que non o parezca, o proxecto deste curso está na súa fase inicial. Queda moito por investigar e coñecer ... como por exemplo, o alumnado francés que devolveranos a visita que lle fixemos.

“Un exemple d’amitié franco-espagnole forgée au long d’une semaine. Une expérience inoubliable” Alba Sorribas.

!

PÁXINA 24


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

A NOSA VIAXE POR ASTURIAS 1.!

A RUTA

Saímos de Rois e pasamos por varios lugares. Primeiro por Santiago de Compostela e por Oroso, a continuación pasamos por Betanzos e mais tarde por Vilalba; despois pasamos por Ribadeo, Luarca e Avilés e por último chegamos a Xixón.Cruzamos os ríos Eo, Navia, Sella e algún mais. E tamén polos Picos de Europa, Montes de Covadonga e os de Vilalba. 2.! A S AC T I V IDADES DÍA A DÍA ! Mércores: Saímos de Rois ás 7 da mañá e, despois de facer unha parada en Mondoñedo, dirixímonos a Cangas de Onís, onde vimos a ponte romana e demos un paseo. Xantamos e fomos ver os lagos de Covadonga, a continuación fomos ver o Santuario e a basílica da virxe de Covadonga. Ceamos no hotel San Miguel, no que nos aloxamos, e despois fixemos xogos nocturnos no paseo marítimo de Xixón. ! Xoves: Almorzamos e fomos cara a Oviedo; alí o guía René mostrounos a igrexa de Santa María do Naranco, San Miguel de Lillo, a Catedral gótica e a Igrexa de San Tirso, e logo fomos ver a

Lagos de Covadonga

Praza da Escandalera, onde se encontra o teatro Campoamor. Pola tarde fomos ao Museo da Minería de El Entrego, lugar no que visitamos as galerías dunha mina e onde houbo compañeiras que o pasaron un pouco mal; despois fomos á cidade de Avilés. Pola noite, despois de cear, fixemos un concurso sobre a viaxe no que, por equipos, tiñamos que responder as “preguntinas” que os profesores nos facían. San Miguel de Lillo

!

!

Venres: Almorzo e paseo polo paseo PÁXINA 25


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013 marítimo de Xixón . Despois estivemos nunha praza mentres esperabamos pola profesora Loly e un compañeiro que estaba enfermo que tivo que ir ao hospital. Na zona antiga de Xixón participamos nun Xogo Matemático que consistía en facer unha foto dunha estatua de Chillida, dunha pista de “skate” e unha foto matemáti-

ca do que nos ocorrera. Para rematar, pola tarde asistimos á representación do musical “La Bella y la Bestia”. 3.!

MONUMENTOS E LUGARES DESTACADOS QUE VISITAMOS !

Lagos de Covadonga: O conxunto dos lagos de Covadonga está formado por dous pequenos lagos, o Enol e o Ercina, de orixe glacial, situados na parte asturiana do Parque Nacional dos Picos de Europa, no macizo occidental da devandi-

A fabada, imprescindible

ta cadea montañosa. Existe un terceiro lago, o Bricial, que só ten auga durante o desxeo, pero tamén pertence ao conxunto. En Asturias son coñecidos, simplemente, como Os Lagos.

Catedral de Oviedo

!

! Basílica de Covadonga: A Basílica de Santa María a Real é un templo relixioso de culto católico situado en Covadonga. O templo foi ideado por Roberto Frassinelli e levantado entre 1877 e 1901 polo arquitecto Federico Aparici e Soriano, de estilo neorrománico, construído integramente en pedra calcaria rosa. PÁXINA 26


CPI DOS DICES! ! ! !

XUÑO 2013

Oviedo: Oviedo é a capital de Asturias. Con todo, antigamente, a capital de Asturias era Cangas de Onís. Destaca a catedral, na que entramos 1º e 2º da ESO e 6º de Primaria. O seu interior é moi grande e chámaselle nave porque parece o interior dun barco. En Oviedo non se pode tirar lixo. É obrigatorio reciclar. Por iso, os “carballóns”, como se chaman os naturais de Oviedo, teñen que contratar unha empresa para que lles leve o lixo de 8 a 11 da noite. O lixo está recollido e seleccionado correctamente en tres contedores e reciclado. Oviedo tamén ten o centro comercial máis grande de Asturias. A patroa de Oviedo é Santa Eulalia, que morreu mártir durante a persecución dos cristiáns.

!

San Miguel de Lillo: A igrexa prerrománica de San Miguel de Lillo (en asturiano, Samiguel de Lliño), dedicada a San Miguel Arcanxo, foi mandada edificar cara ao 842 polo rei Ramiro I no Monte Naranco, nos arredores de Oviedo. Atópase a escasos metros de Santa María do Naranco. Posiblemente é a que, segundo a crónica Albeldense, este monarca mandou construír xunto aos seus palacios, con función de igrexa palatina. En principio puido estar dedicada a Santa María e San Miguel. Declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1985. En xaneiro de 2009, advertiuse dun inminente derrube da estrutura e dunha case irreparable deterioración en xeral e por parte das pinturas debido á gran humidade que sofre. No ano 2011 levaron a cabo unhas obras de restauración.

!

A ponte romana de Cangas de Onís: A ponte romana -que non é romana- atópase en Cangas de Onís, no Principado de Asturias. Sitúase soPonte de Cangas de Onís bre o río Sella e está nomeado Monumento Histórico Artístico. Do seu arco colga unha réplica da Cruz da Vitoria. A xente adoita ir pescar salmóns alí. A súa construción fíxose durante o reinado de Alfonso XI de Castela e León. Por iso non é romana, senón medieval. DON PELAYO: VERDADE OU LENDA

A lenda (porque lenda é) conta que no 718, sete anos despois da invasión musulmá, tivo lugar unha primeira revolta encabezada por Pelayo, que fracasou. Pelayo foi detido e enviado a Córdoba. Sen embargo, conseguiu escapar e volver a Asturias, onde encabezou unha segunda sublevación desde as montañas de Covadonga e Cangas, donde se mantiña a resistencia. Así empezou a Reconquista. Ona, María, Nerea e Martina (6º EP) !

PÁXINA 27


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

Baleas: Os Xigantes Do Mar. As baleas son mamíferos mariños de gran tamaño, de cor escura polo lombo e esbrancuxado polo ventre, con dúas grosas aletas laterais e unha traseira horizontal, e con barbas en lugar de dentes. Os tipos de baleas son: azul, gris, piloto, xorobada, atlántica, franca, beluga, boreal,cachalote e narval Cazadores de baleas Os primeiros rexistros desta actividade remóntanse polo menos ao 3.000 a.C.Varias comunidades costeiras desde hai moito tempo cazaron baleas varadas para a súa subsistencia. A caza industrial das baleas comezou no século XVII. A principios do século XX o uso da tecnoloxía e o aumento na demanda de recursos superaron o límite sustentable polas baleas, causando o descenso nas poboacións destas. Na década de 1930, cada ano máis de 50.000 baleas foron capturadas. En 1986 a Comisión Baleeira Internacional prohibiu a caza comercial, co fin de permitir que as poboacións de cetáceos puidesen recuperarse. Con todo, permíteselles a certas comunidades continuar coa cazaría de subsistencia, como parte da súa cultura e Balea azul tamén con fins científicos. Produto da moratoria á cazaría comercial e as presións internacionais, Xapón desenvolveu a chamada cazaría científica, catalogado por varios países e institucións como unha cazaría comercial encuberta. Tamén existe a caza anual de golfiños en Taiji, en que centos de pequenos cetáceos son capturados para a industria do entretemento e algúns son destinados ao consumo humano. A caza de baleas no norte de Galicia Houbo un tempo no que as baleas era visitantes asiduas das costas do Atlántico ibérico. No século XV, franceses e vascos chegaron a Galicia para dar caza a estes colosais cetáceos. Pouco despois, crearon empresas navieiras nos portos de abrigo natural próximos aos lugares de paso das Balea gris mandas. Desta forma, a explotación baleeira constituíuse nun alicerce esencial na economía do litoral galego. Como as cazaban

Balea piloto

!

“Subir unha atalaia á punta dunha serra que cae sobre o mar, e de alí ven saltar de lonxe cantidade de auga para arriba facendo moita espuma, e aínda a mesma balea vén a metade do corpo fóra da auga; e así a atalaia dá aviso aos mariñeiros, os cales, armando as súas barcas e pondo dentro moita cantidade de cordas, e nos cabos atados uns dardos arpoados, vanse a elas, e tirándoos, PÁXINA 28


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013 como senten feridas, van logo moi bravas para o alto do mar levando metidos aqueles arpóns, e os pescadores, dando sempre corda, séguenas ata que xa moi desangradas e perdendo aquela furia, tráenas tirando delas, onde, facendo grandes lumes, fan delas moito aceite”.

Así se mataban as baleas no norte de Galicia cara a 1.675, segundo narra o Licenciado Molina. Esta pesca, xunto coa sardiña, pescada, congro e abadexo, foron o sustento fundamental das pequenas vilas costeiras. O procesado básico facíase nas fábricas locais, aínda Balea xorobada que as formas máis elaboradas de afumado e salgadura, por excelencia, tiña lugar na coñecida barriada coruñesa da Pescadería, no istmo de entrada á Cidade Vella. O motivo era que, aínda que por entón Coruña contaba tan só con 3000 habitantes, era o núcleo de poboación máis importante de Galicia, e dispuña das mellores canles de distribución dos produtos do mar, que eran o motor económico da cidade (o 70% dos habitantes vivían na Pescadería). Con todo, non durou moito o florecemento desta industria. Xa en 1788, José Cornide Folgueira -ou de Savedra- informa que xa se abandonou a caza de baleas, e iso que aínda frecuentaban a costa: “Aínda que era común nas costas de Galicia noutros tempos, tal que enriquecía coas súas barbas e graxa a aqueles pescadores, non a podía describir cando adoitaban aparecer asucando impunemente o litoral galego, por non haber quen as persiga”. E engade que “xa non se vai á caza de baleas en portos como Camariñas, Laxe, Corme, Cedeira e San Ciprián, en cuxas casas subsisten aínda moitas vértebras que serven de bancos e varios ósos destinados a outros usos”. Incluso o propio nome do pobo de Cedeira, outrora baleeiro, vén do latín Cetaria ou Cetus, (as baleas son mamíferos cetáceos). A caza de baleas supuxo un grande apoio para a economía de subsistencia de entón, principalmente no inverno, que era cando estaban “en saIndustria baleeira en Fisterra zón”. Segundo o Licenciado Molina “dun baleato, aínda que sexa pequeno, sácanse duascentas arrobas ou cántaras de aceite, o cal serve para todo o que se aproveita o de oliveiras, salvo para comer. Sácase este aceite facendo pedazos delas e postas a cocer nunhas grandes caldeiras, derrétense, e queda case todo en graxa”. Clemente, Xoán, Gabri e Samu (6º EP,)

!

PÁXINA 29


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

EXPOSICIÓN QUERIDO BALBINO A exposición que conmemora os 50 anos de Memorias dun neno labrego veu ata Rois e con ela o seu autor, Xosé Neira Vilas. O último ciclo de primaria e mais 1º e 2º de ESO fomos á inauguración e á conferencia de Neira Vilas que logo sacou moi amablemente nos asinou libros e sacou fotos connosco. Aquí v e m o s algúns momentos do acto.

!

PÁXINA 30


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

ESPELLO DEPORTIVO Co actor Rubén Riós e o medallista paraolímpico Chano Rodríguez tivemos a oportunidade de achegarnos a este exemplo de superación persoal.

!

PÁXINA 31


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

Fotografía matemática Ao longo do presente curso realizamos no 2º ciclo de ESO unha actividade de Fotografía Matemática. Esta actividade consistía na realización, por parte de todo o alumnado deste ciclo, de unha ou varias fotografías relacionadas cun concepto ou propiedade matemática. Este ano os temas elixidos para as fotografías foron "Curvas" e "O grande e o pequeno; o tamaño das cousas".

Lara Barreiro

Sara Iglesias

!

PÁXINA 32


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

O obxectivo principal deste tipo de traballos non é outro que o de "facer ver" ao alumnado as matemáticas que hai arredor deles, nos obxectos máis inesperados. Tamén se intenta fomentar a creatividade no alumnado, ir máis alá da obviedade nas formas representadas. A calidade artística e matemática dos traballos presentados foi moi variada, sendo en xeral bastante boa, o que animou a varios alumnos e alumnas a presentar un traballo ao concurso de fotografía matemática que tivo lugar o 12 de maio dentro dos actos da VII Feira Matemática de A Coruña. O tema nesta ocasión era "Matemáticas e auga", e os tres primeiros premios na categoría de ensino secundario foron para as nosas alumnas Lara Barreiro, Sara Iglesias e Zeltia Iglesias.

Sara Iglesias

Zeltia Iglesias

Zeltia Iglesias

Andrea Conde

!

PÁXINA 33


CPI DOS DICES!

XUÑO 2013

Vidal Bolaño segundo os nenos e nenas de 5º de infantil

PROXECTO EDUCATIVO: “COÑECEMOS A ROSALÍA” Durante o terceiro trimestre os alumnos e alumnas de 6º curso da Etapa de Educación Infantil, traballamos a tan importante autora: Rosalía de Castro. Para coñecer os aspectos importantes da vida da escritora construímos unha casiña de Rosalía, de cartón, representando a Casa-Museo de Rosalía de Castro que se atopa no Concello de Padrón. No interior da casiña de Rosalía atopamos diferentes tarxetas, que tivemos que ler para coñecer datos da súa vida: onde naceu, onde morreu, a que se dedicaba, algúns dos títulos das súas obras máis importantes, con quen casou, cantos fillos tivo e moitas máis cousas. Ademais, visitamos varias páxinas web onde visualizamos imaxes de Rosalía, estatuas da mesma xa coñecidas por nós, imaxes da Casa-Museo, poemas da autora e escoitamos varias versións do poema “Adiós ríos, adiós fontes”. Outras tarefas levadas a cabo neste proxecto educativo foron a elaboración dun mural de Rosalía de Castro e a realización dun Caderno de Rosalía de maneira individual, onde plasmamos todas aquelas informacións que coñecimos durante estes días. !

PÁXINA 34


Xolda xun%cc%83o%20sen%20reducir v3