Page 1

12 de maio" 2014"

Día escolar" das matemáticas

Departamento de Matemáticas
 IES Xoán Montes" departamentomatematicasxm@gmail.com" http://matematicasxoanmontes.blogspot.com.es/" Tf.: 982241984 Fax: 982227342
 R. Montevideo s/n. 27004 Lugo"

Adiviña quen son


DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

6. Utilizou o pseudónimo de “Le Blanc”para os seus escritos matemáticos e hai uns números primos que levan o seu nome.

7. A esta matemática dedicóuselle o último “Día da Ciencia en Galego”

8. Recibiu o premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica no ano 1983 por ser un dos xeómetras máis importantes da súa época.

9. Dixo: “Non te preocupes polos teus problemas coas matemáticas, os meus son aínda maiores”.

10. Na universidade estudou dereito, medicina, grego e filosofía. Foi matemático, astrónomo, xurista, físico, m i l i t a r, d i p l o m á t i c o e e c o n o m i s t a . Formulou unha das teorías máis importantes da ciencia: O modelo heliocéntrico.

1. Recibiu este ano o que se considera o Nobel das matemáticas.

2. Esta matemática non é a muller máis influínte do mundo (Beyoncè), nin a que vende máis libros en España (Belén Esteban) e aínda que acaba de morrer aos cen anos non aparece nas portadas dos periódicos e informativos coma un adestrador de fútbol (Tito Vilanova).

3. A este matemático dedícaselle o Día escolar das matemáticas.

4. Desenvolveu o primeiro compilador para procesamento de datos que usaba ordes en inglés en vez de código máquina.

5-Foi a primeira muller membro da Academia de Ciencias de Estados Unidos e dixo: ”Antes que ser recoñecida como a primeira muller que fixo iso ou aquilo, preferiría ser recordada coma calquera matemática, simplemente polos teoremas que demostrei e polos problemas que resolvín”.

11. A escola fundada por el tiña como símbolo unha estrela de cinco puntas.

12. Está considerado como o primeiro demógrafo, fundador da bioestatística e precursor da epidemioloxía.

13. Foi o primeiro en utilizar o símbolo π para o número 3,14159...

14. Este médico e “matemático aficionado” tratou de impoñer, mediante unha lei, que π valía exactamente catro. “O proxecto de lei de π” foi debatido no parlamento do seu estado en 1887.

15. Este matemático español (1888-1962) cando lle preguntaron polo infinito respondeu: “Para min, o infinito empeza a partir de 1000 pesetas”, facendo alusión ao seu soldo de profesor.

Adiviña quen son 2014  

12 de maio, Día escolar das matemáticas

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you