Page 1

O Nadal


O Nadal é unha das nosas celebracións tradicionais. Pero, que outras tradicións encontramos en pobos con relixións distintas a nosa? Hanukkah

Celébrase o día 25 do mes do Kislev do calendario xudeu. É o “Festival das Luces”. A tradición conta que no século II a. C. o reinado sirio intentou impoñer a cultura grega aos xudeus, prohibíndolles practicar a súa relixión. Unha parte do pobo xudeu rebelouse contra a imposición siria. Pero cando entraron de novo ao templo, este estaba destruido excepto a Menorah, o candelabro de oito brazos e nove velas que sempre se mantiña acendido no templo, apagado. Acendérono e así estivo durante oito días. En recordo ao suceso do templo, as comidas que se preparan estes días están feitas a base de aceite.


Kwanzaa Entre o 26 de decembro e o 1 de Janeiro, os afroamericanos celebran esta festa, un tempo de renovación da fidelidade aos valores ancestrais da súa cultura. Kwanzaa provén do idioma africano kiswahii e

significa “Primeira froita da colleita”. A festividade baséase en sete principios fundamentais, un por cada día: • Umoja: principio de unidade na familia, a comunidade, a nación e a raza.


• Kujichagulia: principio de autodeterminación da propia vida, de liberdade de elección. • Ujima: traballo colectaivo, responsabilidade e solidariedade. • Ujamaa: economía de cooperación comunicativa. • Nia: importancia de creación de comunidades afroamericanas para preservar a cultura. • Kumba: creatarividade artística. • Imani: a fe na cultura, a súa historia, a súa loita e as súas xentes.


E neutros países? Como se celebra o Nadal neutros países? En Brasil o personaxe central é Papai Noel. E a cea de Nadal inclúe polo ou pavo con ensaladas, froita fresca e cervexa. Hai unha ce ana que xeralmente respéctase o horario: ás 12:00 da medianoite da “Véspera do Natal”. Dende hai unha década, sobre as augas da lagoa Rodrigo de Freitas, en Río de Janeiro, loce a árbore de Nadal flotante máis grande do mundo.


En Colombia os fogares adórnanse con árbores, presebe, botas de Nadal, e logo de gran cea, cando o reloco marque as 12, chega o momento de repartir agasallos. O 31 de decembro é outra ocasión especial e os famosos agüeros son unha das súas principias tradicións. Esa noite, en só cinco segundos, os colombianos prentenden cumplir cunha proba de resistencia: tómanse dun grolo a copa de viño espumoso, cómense 12 uvas mentres piden por cada unha un desexo, dan a volta á mazá cunha maleta; colócanse roupa interior amarela; bican a unha persoa do sexo oposto; miran o futuro nun ovo; bótanse as cartas; “len” o futuro nunha pataca pelada; reparten espigas e cantan villancicos toda a noite.


Coñeces estes Cantos de Nadal e Cantos de Reis que deixamos aquí? Vamos todos xuntiños Vamos todos xuntiños Vamos a Belén Qu’hoxe é noite de ruada, Noite de pracer. Anda axiña, compañeira, Anda axiña, pró teu ben, Xa verás aquel Neniño Xa verás que lindo é. Aquel Neniño que lindo é. Nunha pallas deitadiño, En coiriños alí está, Sendo dono deste mundo, O señor de canto hai. ¡Que cariña tan galana! ¡Que fritura de rapaz! Queda un ademirado, A mira-lo que alí hai.


Canto de Reis Día de Reis, día de Reis, Primeira festa do año, Entre damas e doncelas, Imos pedi-lo aguinaldo. Si nos queren da-lo aguinaldo, Non nos fagan agardar, Somos de lonxanas terras, E temos moito que andar. E ese señor Emilio, Posto nunha vidrilleira, Parece unha rosa fina, Cada sae da roseira. E ese señor Xosé Luis, Moito lle pinta a chaqueta, Meta a mao no seu bolsillo, E tíreme unha peseta.


A ese señor Tomás, Moito lle pinta o sombreiro, Metaa a mao no seu bolsillo, Denos un pouco de diñeiro. Aquí ven a vella, Co aguinaldo, Parérecelle moito, E vaille quitando. Cántolle os Reis, Guedellos de cabra, Cántolle os Reis, E non nos dá nada. Estas portas son de ferro, Aquí vive un caballero. Estas portas son de estopa, Aquí vive un lapasopas.


Toda a informaci贸n a recollemos da seguinte p谩xina: http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/nadal.htm

Profile for Julia Fernández

O Nadal  

Recollida de información sobre a celebración do Nadal por nenos de primeiro de ESO.

O Nadal  

Recollida de información sobre a celebración do Nadal por nenos de primeiro de ESO.

Profile for depalique
Advertisement