Issuu on Google+

ENTREVISTA FEITA POLOS ALUMNOS DE TERCEIRO ESO.


“Realmente a ti contratan para iso, para que a xente se ría” Zoraida Gestal Sánchez. CARRAL Xosé Antonio e Marcos, humoristas e actores. Son dúas figuras do panorama humorístico galego. Levan o nome de “Os dous de Sempre”,, pero son máis coñecidos como “As Cantareiras de Ardebullo”, dúas irmáns chamadas Nucha e Mucha que fan rir a toda Galicia coas súas particulares historias. Afirman que Nucha e Mucha poden ser calquera veciña, amiga ou mesmo una avoa, pola súa forma de muller rural galega. Visitaron o colexio Vicente Otero nunha entrevista informal que se dou grazas ao ambiente creado pola súa amabilidade e simpatía. Mostráronnos entre outras cousas que aínda que o seu traballo é facer rir eles tamén se rin. A profesión elexiuvos a vós o vós fostes quen elexiu a profesión de ser humoristas e actores? Marcos: As dúas cousas. Xosé Antonio: Escóllela porque che gusta…, despois se vales máis ou menos, tamén se debe ter en conta. Se queres ser piloto de rallyes e ves que non podes e non tes nin idea..., bueno pois... igual cambio... e dis “quero ser cantante de ópera!”… Sí. Escóllela, é coma todo...Todos temos algo que nos gustaría ser…e o bo é intentalo en calquera profesión, e máis nunha profesión coma nosa. As veces hai traballo, outras veces non, as veces vaiche moi ben, outras veces non…Entonces, as dúas cousas. Ti escolles e ela escóllete a ti un pouco. Canto tempo fai que vos coñecedes? Marcos: 16 anos ou 17... Xosé Antonio: Coñecímonos no colexio en Tarrío. Marcos: Teriamos 12 anos… Xosé Antonio: Sí por aí, ou un pouco menos. El veu de Alemania con 7 anos. Era “el niño nuevo que viene de fuera”. Coñecímonos xogando o balonmano. El é un ano máis novo ca min, entonces eu abusaba. Con 18 ou por aí comenzamos a facer teatro xuntos. Na Laboral… É complicado combinar o traballo dos espectáculos co traballo na Sala The Star? E si tíverades que elexir? Marcos: É complicado pero tamén hai momentos nos que tes que derivar e bus-

Na aula, co grupo de terceiro.

car xente para que te axude…, mais ben contrátalo, que xa non é axuda. Nós agora na Sala non estamos tanto porque non temos tempo… Xosé Antonio: É o que falabamos antes. Hai momentos que tes mas chollo ou menos. Canda tes máis tempo dedícaslle máis tempo a Sala e cando tes máis traballo pois a Sala queda un pouco máis de lado e quedan outros alí. Os vosos personaxes máis famosos son Nucha e Mucha, de onde saíron e por que mulleres? Marcos: Sairon de casualidade, eh? Aquí, naceron, aquí en Carral. Fai… sete anos. Xosé Antonio: Sí. Están de cumpleanos. Marcos: Sete anos o 16 de maio. Era para facer 15 minutos e estas saíron 5 máis ou menos. Facemos eses 15 minutos con outra historia e logo sairon elas a cantar unha canción. E foi de casualidade, foron mulleres pois porque eran cantareiras, e naceron da pandeireta. Xosé Antonio: Eu penso que naceron un pouco así un día de broma, facendo unha versión cunha pandereta do Europe’s living a celebration, e como cunha pandeireta sempre vai pegar mellor unha cantareira, pois foron mulleres por eso. E o Nome de Cantareiras de Ardebullo, por que? Marcos: Porque eran de Berdillo.

(risas) Eran de Berdillo… pero votáronnos de alí. Había un grupo de Cantareiras de Berdillo, pero un día pedíronnos que si podiamos cambiar o Nome. Xosé Antonio: A cousa naceu así como un pouco en broma. Entón, cando nos viron vestidas…, a nai de Marcos dixo así “ay , mira as Cantareiras de Berdillo” e quedoulles o Nome. Nós non sabiamos que existía Berdillo. Como empezou en broma fixémolo aquí, fixémolo noutro lado…, en concursos de monólogos, e coincidiunos de ir dúas, tres veces, a Carballo...e un día viñeron: “Mira que acabamos de sacar un disco as Cantareiras de Berdillo, e hai xente que ven vervos a vós pensando que somos nós”. E cambiamos o Nome. Sala de The Star parece un xogo de palabras. Por que ese nome? Marcos: Porque é un xogo de palabras. Xosé Antonio: Non sei… eu penso que si o puxeramos en galego éranos bastante máis fácil, porque a hora de mandar correos electrónicos, tes que decir Sala The Star escríbese T-H-E. É que por principio quería ser máis como unha sala de estar e facíanos gracia que en inglés sona como en galego. Todo é casualidade. Humoristas ou actores? Como preferides que se vos considere? Marcos: Non hai moita diferencia, sabes? Para min era a mesma cousa. Humoristas, humoristas…, a min gústame máis humoristas. Xosé Antonio: Eu as dúas cousas, ou quizás ningunha porque as dúas dan traballo…Hai unha que é igual e que colle todo, que é o que se chaman cómicos e a todos os actores se lle chaman cómicos. Pero da igual… o importante é traballar. Algunhas veces chaman a TV e critican o voso humor. Que sentides neses casos? Xosé Antonio: Faime moita gracia. Marcos: A min tamén.Ó principio non sabes… Xosé Antonio: Eu pensó: “Canto se aburre a xente habendo tantos canales e que gasten os cartos en chamarte a ti por teléfono e decir mira, eso non me gusta”…


Con que vos rides? Marcos: Eu con un mogollón de cousas. Xosé Antonio: Eu, por ejemplo… esta situación faime gracia Marcos: A min tamén. Xosé Antonio: Nunca pensei estar respondendo preguntas nunha escola… sí, a verdade… son situaciós que nunca pensas que vas estar aí. Con que nos rimos? Con nos rímonos moito. Eu polo menos cando volvo ver os vídeos…, cando volvo ver os videos, igual xa non por todo o que dicimos ni nada… pero como estás alí e sabes o que che pasa pola cabeza… “Uy.. estoume olvidando, agora que iba…”, do que falabamos antes…

As historias que contades están basadas en algunhas experiencias ou anécdotas reais? Marcos: Sí (risas) Xosé Antonio: Non se poden decir cales son verdade e cales son mentira. Marcos: Pero sí que son cousas que escoitas, cousas que ves, cousas que che contan na casa ou cando vas así, a casa dos abuelos. Escoitas historias que son máis increíbles cas que contamos nos. Xosé Antonio: E agora tamén. Cando falamos de ordenadores e de Internet ou cousas así, Hai xente que lles pasan as cousas que nòs contamos. Marcos: Claro, é ese maneira de contar dos vellos, ¿non? Facelo todo máis grande…, ¡para que che fagan caso! Xosé Antonio: Mais todo o mundo conta

como escoita, é coma o das palabras. Cando Mucha se equivoca nas palabras, e Nucha lle enseña como se ten que decir…, é como a xente que ten un vocabulario totalmente distinto o que é a realidade Marcos: Eso de que se equivoque é real. Eso, hai un montón de xente que fai eso…eu coñezo varias (risas).

“Con nos rímonos moito….” “… esta situación faime gracia. Nunca pensei estar respondendo preguntas nunha escola…”

“O NOSO PROPÓSITO É RECUPERAR O QUE SE FACÍA ANTES, FAI 40 ANOS…” Agora mesmo sabemos que estades cun novo espectáculo. Como xurdiu a idea? Marcos: Pois xurdiu… Así, de repente… Xosé Antonio: Mira, a nos chamámannos para ir a moitas festas e sempre era para actuar no medio dunha orquestra, e enton dixemos nos, por que en vez de ir e cada día actuar cunha orquestra distinta… vas, montas unha orquesta ti e levas todo xunto? Marcos: O noso propósito era recuperar o que se facía antes, fai 40 anos… ese repertorio… como se facían as verbenas antes. A nosa xeración tamén vai as verbenas. Xosé Antonio: É distinto. Agora hai moita música… é distinto a cando os nosos pais iban as verbenas, era máis recuperar ese tempo dos… músicos..., porque a verdade é que xuntamos uns músicos moi, moi bos. Tedes algunha anécdota que contar relacionada coa fama de Nucha e Mucha, a vosa profesión de actores…? Xosé Antonio: Sí… graciosa… Desde que… parounos unha vez tráfico… iba conducindo Marcos… Marcos: A mín… non me funcionaba a ventanilla. Xosé Antonio: …non lle funcionaba a ventanilla e tivo que abrir a porta…e…”Buenas noches” e dille o Garda Civil: “Ome, os dous de sempre”, e eu dixen pero que faríamos xa!, pero non me daba de conta que era os dous de sempre polo dúo. É di… “Bueno, ome, veña, continúen, continúen…” Metímonos no coche e… E despois, non sei… en actuacións de case matarnos, o outro día case me mato eu facendo a coña de caer. Empecei a sangrar por unha rodilla. Había tres escalóns, e pensei que había dous namais, claro, porque as gafas esas… con esas gafas tes moitas anécdotas e divertidas que contar.


Maio, 2009


Entrevista Os dous de sempre