Issuu on Google+


MATERIAL NECESARIO

- Unha baralla de partes de animais. A baralla debe ter tantos animais completos distintos como xogadores máis un. É dicir: se hai cinco xogadores, debe haber seis animais completos distintos na baralla, se hai seis xogadores, sete animais, etc. Un animal completo componse de 5 partes ou cartas: Cabeza, corpo, extremidade A, extremidade B e extremidade C. - Un panel de ecosistemas, no que os gañadores poidan colocar e seu animal completo ao final do xogo. - Unha táboa con tantas columnas como ecosistemas e con 3 filas baleiras, que haberá que completar ao longo do xogo con características definidas previamente. Cada columna irá encabezada por un cartel de ecosistema. As características de todos os ecosistemas están nunhas tarxetas que se colocan á vista pero fóra da táboa. O número de ecosistemas debe ser a metade aproximadamente do número de xogadores, pero non máis de 5. É dicir: Para 5-6 xogadores, 3 ecosistemas; para 7-8 xogadores, 4 ecosistemas, e a partir de 9 xogadores, 5 ecosistemas. E de cada ecosistema debe haber 3 características que o definan e polo menos 1 animal na baralla. - Unha batería de polo menos 20 preguntas de xogo (sobre Darwin) e 10 preguntas de ecosistema (sobre calquera tema relacionado cos animais e os seus ecosistemas).

Nº DE XOGADORES/AS - Mínimo 5 xogadores e un director/a de xogo. - Pódense facer diferentes grupos na clase e incluso xogar unha liguilla (cada grupo tería o material indicado anteriormente).


COMO SE XOGA Barállanse as cartas e repártense 5 a cada xogador/a. As cartas sobrantes colócanse nun montón co debuxo cara a abaixo. Á de tres, cada xogador/a desbota unha carta (co debuxo cara a abaixo) cara á súa dereita e recolle a carta que tira o seu compañeiro/a da esquerda. Cada 2 pases, o director de xogo fai unha pregunta a algún xogador/a (aleatoriamente). Entón poden darse os seguintes casos: - O/a xogador/a responde correctamente: Entón debe roubar unha carta do montón e desbotar outra deixándoa debaixo do mesmo montón. Despois debe elixir unha característica de ecosistema e asignala ao ecosistema correcto. Por exemplo, “Xeo” en Ecosistema Polar - O/a xogador/a equivócase na súa resposta ou non o sabe: A pregunta rebota ao primeiro en levantar a man e dicir " Eu seino!" . O/a xogador/a que acerta a resposta é o que rouba carta e asigna característica a un ecosistema. - O/a xogador/a responde correctamente pero se equivoca ao asignar a característica do ecosistema: (por exemplo, " Vexetación abundante" para " Ecosistema Polar" ). O/a xogador/a perde a ocasión de completar ecosistema e o xogo continúa. Cando un xogador/a logre reunir todas as partes que compoñen o seu animal (por exemplo, un pingüín) debe berrar DARWIN! e golpear a mesa coa man (se varios xogadores/as completaron animal, gaña o que primeiro berre Darwin! e golpee a mesa). Antes de amosar o seu animal completo, o/a xogador/a elixe o ecosistema que lle correspondería, e entón poden suceder dúas cousas: Que o ecosistema estea completo ou que lle falte algunha ou todas as súas características.


- Se o ecosistema está completo, coloca ao seu animal nel sobre o panel (por exemplo, Ecosistema Polar se ten ao pingüín) e gaña a partida. - Se o ecosistema está incompleto, o director de xogo faille unha pregunta de ecosistema. Se acerta, coloca o seu animal no panel do ecosistema que lle corresponde, sen importar que lle falten unha, dúas ou todas as características, e gaña a partida. Se falla a pregunta de ecosistema, non ten máis remedio que seguir xogando e desfacerse dunha carta, o que supón "desmembrar" o animal que lograra compoñer. Actividade paralela: Cando un neno ou nena elixe un ecosistema que en teoría non corresponde ao seu animal, prodúcese unha oportunidade para razoar e debater. Un neno ou nena pode decidir que as focas viven na cidade porque as viu nun parque temático. O/a profesor/a pode aceptar o seu razoamento ou rebaterllo, moderando o improvisado debate. Tamén o feito de que haxa animais que encaixen en distintos ecosistemas (por exemplo o elefante, se é indio na selva tropical, se é africano na sabana) dá pé a debater sobre como unha mesma especie de animal evolucionou de forma distinta en ámbitos diferentes.


Regras do xogo