Issuu on Google+

2ยบ CICLO


Obxectivos - Dominar o espazo da bblioteca e as súas áreas e seccións - Estudar as distintas fontes de información. - Identificar as características e os distintos usos dos documentos impresos, electrónicos e en liña. - Localizar a información na biblioteca e utilizar correctamente os servicios que presta. - Comprender o sistema de ordenación dos documentos segundo a CDU. - Traballar con distintos tipos de documentos. - Conservar e reelaborar a información. - Coñecer as funcións do/ bibliotecario/ escolar.

Actividades ♦ Coñecer o libro e outros soportes como fontes de información e clasificar os documentos obtidos (libros, vídeos, cassettes, carteis, etc.). Ficha 1. ♦ Comprobar na biblioteca do Centro onde están os libros de consulta, lectura, vídeos, mapas, cassettes, CD Rom, etc. Elaborar un plano da biblioteca onde se vexan as diferentes seccións existentes (se se considera oportuno se lles pode dar o plano feito para que eles o completen situando as diferentes seccións nel) ♦ Ler o conto O segredo da biblioteca e facer actividades. Ficha 2. ♦ Coñecer a organización da biblioteca escolar. Ficha 3


♦ Comprobar a distribución dos libros de lectura recreativa segundo os niveles aos que van dirixidos: identificar as etiquetas de cores por idades. ♦ Buscar determinados títulos en libros, vídeos, CDs, etc. ♦ Cubrir fichas completando os datos que faltan: autor/a, ilustrador/a, editorial, etc., dun libro concreto. ♦ Coñecer a existencia do programa informático MEIGA e manexalo con axuda do/a profesor/a. Realizar actividades de préstamo e devolución de libros. ♦ Realizar unha entrevista á persoa encargada da biblioteca escolar. Ficha 4. ♦ Coñecer o catálogo e practicar determinadas búsquedas nel establecendo previamente que tipo de búsqueda require cada caso. Ficha 5. ♦ Realización de diferentes xogos e concursos para acadar autonomía na utilización dos recursos que a biblioteca nos ofrece: Dentiños, A oca, Concurso por equipos,…


Ficha 1: ¿Cómo podo saber?

¿Onde buscarías ti se quiseras saber algo sobre estes temas? Indica o número da pregunta nas casiñas correspondentes (unha ou máis). 1. ¿Cal foi o resultado do último partido de fútbol do teu equipo favorito? 2. ¿Como podo hacer un pastel de chocolate? 3. ¿Como xogar ao xedrez? 4. ¿A que hora e en que canal emiten o teu programa preferido? 5. ¿Que pasou onte no mundo? 6. ¿Que tiempo fará mañá? 7. ¿Onde se cultiva o cacao? 8. ¿Que comen os hamsters? 9. ¿Cantos habitantes ten Andalucía? 10. ¿Como son os desertos? 11. ¿Como se fabrica o pan? 12. ¿Onde está a biblioteca da túa localidade? 13. ¿Cales son as regras do baloncesto? 14. ¿Cando e onde naceu e morreu Rosalía de Castro?

periódicos

revistas

radio

televisión

Internet

enciclopedia

Contos e novelas

Libros informativos

vídeo

teletexto

persoas


Ficha 2: O segredo da biblioteca

Obxectivo: Familiarizar ao alumnado co sistema de ordenación dos materiais nunha biblioteca a partir da súa clasificación seguindo as pautas da CDU.

Nivel: Segundo Ciclo de Primaria

Esta actividade plantéxase, como a de Ramoncín e os golfiños), a partir dun texto protagonizado por un rato (como non) de biblioteca

que

explica

a

Clasificación

Decimal

Universal

(CDU) como método utilizado polas bibliotecas para a organización do coñecemento. O texto, na súa orixe, servía como introducción a un libro de lecturas, organizadas segundo a agrupación de materias da Clasificación Decimal. Para o noso obxectivo, o texto reduciuse e adaptouse. A partir da narración, proponse un exercicio para a mellor asimilación dos contidos.

O segredo da biblioteca O grande segredo da biblioteca e dos bibliotecarios e bibliotecarias, e dos ratos de biblioteca, está escondido nun furado debaixo dunha sentencia: «Un sitio para cada libro e cada libro no seu sitio». Se vos metedes no furado que está debaixo desta sentencia e ides lendo, quero dicir lendo os libros ordeados no seu sitio, descubriredes que están ordeados como a historia da humanidade. Pero non como a historia dos descubrimentos ou as guerras, dos


reis ou dos guerreiros, senon a historia do pensamento dos homes e mulleres, e é unha historia que empeza coa vida humana hai moitos

miles

de

anos,

e

que

aínda

non

terminou.

Os bibliotecarios e bibliotecarias dividen esta historia en dez grupos de números, dez, tantos como os dedos das dúas mans. A cada apartado danlle un número, un número de unha soa cifra, do 0 ao 9, son dez, contádeos, cada apartado ten libros co seu número nos seus andeis, e nos andeis colócanse os libros de cada un dos grandes apartados da historia da humanidade. Mirade a lista.

No 0, poñemos as Obras Xerais, os diccionarios, as enciclopedias e obras que tratan un pouco de todo, como cando os homes e as mulleres empezaron a pensar un pouco en todas as cousas. Pero non creades que no 0 e no resto dos números os libros están revoltos; están ordeados como queren os bibliotecarios e as bibliotecarias. No 1 están os libros que as persoas escribiron sobre como pensan, estudan, imaxinan; os chaman os libros de Filosofía. No 2 atoparedes os libros do que os homes e as mulleres cren: as relixións, as oracións; son os libros de Relixión. No 3 están os libros que contan como vivimos xuntos, traballamos, educámonos, organizámonos… Son os libros de Ciencias Sociais. O 4 deixarémolo baleiro polo momento. No 5 colócanse os libros sobre como son e que leis teñen os seres que nos rodean, pequenos e grandes, cercanos e lonxanos e os fenómenos do mundo natural. Son os libros dos números, dos astros, dos experimentos, dos animales ye as plantas... Estes son os libros de Ciencias Puras.


No 6 están os libros que tratan de como as persoas transformamos o que coñecemos e de como utilizamos o que sabemos para mellorar o mundo. Estes libros explican para que serven as matemáticas, ou a bioloxía, ou a física... Poden servir para facer carreteras, para curar aos enfermos ou para crear ordenadores... Os libros que falan de esto son os de Ciencias Aplicadas. Pero non vaiades crer que terminamos. Porque no 7 poñeremos os libros onde se fale de cousas bonitas e de cousas que fai para entreterse nos ratos libres. Son os libros de Arte, Xogos e Deportes. E no 8 atoparemos as novelas, os libros de poesía e de teatro. Son os libros de Literatura. Os libros de contos e narracións para vós atoparédelos ordenados por idades e cores: etiqueta vermella para os de Infantil e 1º ciclo, verde para os do 2º ciclo e amarela para os do 3º ciclo. E ao final, no 9, están os libros que explican cómo todo o que descubrimos, pensamos e fixemos foise sucedendo nos séculos, e cómo se atopa agora sobre a Terra. Tamén aquí se ordean os libros que narran a vida dun personaxe. Son os libros de Historia, Xeografía e Biografías.

(Adaptado de I. Benet, M. Mata, M. J. Udina. Pipirigaña. Lecturas 4º. Ed. Onda, 1985)


Ficha 3: A organización da biblioteca

Copiade a palabra ou as palabras que atopedes escritas nos rótulos dos andeis que indican os números seguintes: 0 ........................... tratan de................................................................ 1 ........................... tratan de................................................................ 2 ........................... tratan de................................................................ 3 ........................... tratan de................................................................ 5............................ tratan de................................................................ 6............................ tratan de................................................................ 7............................ tratan de................................................................ 8........................... tratan de................................................................ 9........................... tratan de................................................................ Fórmanse varios grupos e a cada un se lle adxudica un número da CDU. Observade os libros que se atopan no andel do número que vos correspondeu e escribide de que tratan.

Cada grupo aporta os seus resultados. O/a bibliotecario/a pode exemplificar os resultados con libros correspondentes a cada número.

Anotade, ao lado de cada número da pregunta 1, de que tratan os libros que atoparon os vosos compañeiros.

En que número da clasificación poderíades atopar libros que trataran de: xadrez

acertixos

paxaros

corpo humano

pintura

piratas


Ficha 3: A organización da biblioteca

Os países e o pasado

Diccionarios e enciclopedias

Ler, falar

Pensar e coñecerse

Crear, divertirse

Rezar

Vivir xuntos

Curar, fabricar

A natureza

Baleiro

Observade cada un dos pétalos da flor e indicade o número e a cor que correspondería a un libro que trate de …. TEMA Os cans O baloncesto O corazón O teatro Os romanos A arquitectura Como se fai o pan A música

NÚMERO

COR


Ficha 4: Entrevista co/a bibliotecario/a

Seguro que máis dunha vez vos preguntaríades cales son as tarefas das persoas que se ocupan das bibliotecas. Agora poderedes sabelo.

1. Xunto con un grupo de compañeiros/as, pensade algunhas preguntas para entrevistar á encargada da biblioteca do voso cole.

2. Logo, entre todos os alumnos e alumnas da clase, preparade a entrevista, de maneira que cada grupo realice unha pregunta.

Anotade as preguntas no recadro "preguntas".

3. A continuación, un/ha representante de cada grupo pregunta en voz alta á bibliotecaria.

Escoitade atentamente as respostas que vos dá e anotádeas no recadro "respostas".

Preguntas 1 2 3 4 5 6

Respostas


Ficha 4: Entrevista co/a bibliotecario/a

4. Agora que xa sabes o mรกis importante, debuxa ao bibliotecario/a realizando algunha das tarefas.


Ficha 5: Uso do catálogo

Os catálogos son unha especie de inventario de todos os materiais da biblioteca. Para cada libro, CD-Rom, vídeo ou outra fonte de información, os/as bibliotecarios/as enchen unha ficha onde indican os datos máis importantes como o autor, o título, a colección ou a materia de que trata o libro. Con estas fichas elaboran os catálogos. Pode ser que a túa biblioteca teña os catálogos no ordenador pero tamén os pode ter confeccionados a base de fichas ordenadas en caixonciños. A consulta ao catálogo permite saber, pois, que libros ten a biblioteca escritos por un autor ou autora determinados, que libros tratan dunha determinada materia, que libros dunha colección concreta ten a nosa biblioteca e se temos o libro que buscamos e do que só coñecemos o título.

¿Que catálogo consultarías para saber se a biblioteca ten: documento buscado

Un CD sobre os inventos O vídeo de “El pequeño vampiro” Un conto de Andersen Un libro de cabalos Un CD de “La fuga” Un libro da colección “El barco de vapor” Unha novela de terror O conto de “A bruxa regañadentes”

palabra por la que buscas

inventos

catálogo de autores

catálogo de títulos

catálogo de materias

X

catálogo de coleccións


Xogo: Dentiños

Nome da actividade: “Dentiños” na biblioteca

Destinatarios: 2º ciclo de Primaria (podería facerse tamén co 3º ciclo)

Obxectivos: 1.- Profundizar na relación do alumnado coa biblioteca como lugar máxico que permite saciar a súa curiosidade. 2.- Espertar, crear e extender o gusto pola lectura. 3.- Desenvolver a imaxinación e a creatividade a través dos recursos que ofrece a biblioteca. 4.- Profundizar nos hábitos de comportamento da biblioteca. 5.- Iniciar ao alumnado na metodoloxía bibliotecaria. 6.- Aprender a buscar, organizar e aplicar a información dispoñible.

Material: “Dentiños” recortados en cartulinas de cor, os libros da biblioteca, tarxetas de cartulina coas pistas necesarias para atopar os “Dentiños”

Este Dentiños quere darse unha volta pola Galia con Axterix e Obelix


Desenvolvemento: O bibliotecario ou bibliotecaria esconderá a Dentiños na 1ª páxina do libro que os/as nenos/as deben de atopar. Antes, terá preparadas as tarxetas coas pistas necesarias: título do libro, autor/a, materia da que se trata, tejuelo ou etiqueta (se, por exemplo, elixe a materia, asegurarase de que na materia elexida non haxa moitos exemplares para que o poidan atopar dun xeito sinxelo). O número de “Dentiños” variará segundo o número de equipos e o número de compoñentes por equipo, distribuíndoos de xeito que non haxa aglomeracións nas estanterías. É imprescindible que durante a búsqueda garden as normas da biblioteca en canto a silencio e orde.

Duración e temporalización: Depenerá do número de “Dentiños” que teñan que atopar, aínda que non debe superar os 35/40 minutos. 1ª trimestre do curso.

Variacións: En 6º se lles pode mandar buscar por etiqueta (tejuelo).


Equipo A Estou merendando con Roald Dahl. Se queredes, invitámosvos a que collades o ascensor de cristal de Charlie e nos acompañedes. ¡Animádevos!

1

6

A ver se seguides atopándome. Agochadiño estou en: 087-N-C BAT niñ

8 Xa que este curso imos tratar o tema do medo eu xa estou falando coa bruxa que vive na casiña de chocolate. A súa dirección é: Editorial Kalandraka s/n. ¡Vémonos alí!

Buscádeme, agora, nun libro de poesía que escribiu Gloria Sánchez.

3

Chegaron uns cómics novos que teñen moi boa pinta. Son dun rapaz que se chama Cedric. Estou lendo un e despois xa vos contarei.

4

Estouno pasando pipa cos Gnomos e, de paso, estou aprendendo un montón de cousas sobre eles.

7 Estou intentando buscar un disfraz para o Entroido. Ao mellor fago algunha máscara de papel dalgún monstro. A ver se adiviñas de que vou ir.

2 Cando celebrastes o Magosto, eu estiven asexándovos por un furadiño. Encantáronme os xogos e por eso eu estou buscando máis xogos populares para a próxima festorra.

5


Equipo B

Como esta biblioteca se vai facer moi famosa teño que saber como comportarme con persoas moi importantes. Alí estou, buscando “Buenas

Hoxe estou con Knister, que me vai presentar a Kika superbruxa para que me ensine o feitizo do Nadal

maneras”.

2 Necesitaba buscar algunha información sobre os Rolling Stones, uns cantantes boísimos, e metinme no tomo 5 da Enciclopedia básica do estudante.

6

7

Dentro de pouco vai ser o tan esperado Festival de Nadal. Eu estou no teatro con Pluft, el fantasmita a ver se atopo algo para representar.

8

¡Que susto! De súpeto oín un ruído espantoso Brrumm – Brrumm e tívenme que esconder de verdade. O estruendo saía da colección Merliño que ten a editorial Xerais.

Sempre soñei con dar unha volta polo mar arrastrado por un delfín. Vou ver un DVD que me fale sobre eles e así poderei seguir soñando.

4

1

A ver se seguides atopándome. Agochadiño estou en: 087-T-G SER tea

5

¡Que impresionante!, ademais de ver a famosa Muralla China me estou enterando de moitas cousas da súa historia: cal foi o seu 1º emperador, cal é a súa relixión, as pagodas, o cultivo do arroz… ¡Vente a China, merece a pena!

3


Equipo C

Agora só vos podo dicir que estou en: 087-N-C PRE bic

3

¿Para que vou facer só unha pregunta? Eso non é nada. Vou buscar nada menos que 250 preguntas e as súas respostas. Os temas serán do máis variado.

1

Tédesvos que dar présa pois “la gran fiesta del Universo” xa empezou. ¡Eu estouno pasando xenial!

Estou con Teo mirando as travesuras que fai. Víndevos á editorial Timun Mas: o lugar onde buscar.

2

5

Xa me escapei outra vez. Son un rato moi activo e estou aprendendo xardinería con Elena Apaolaza.

6 ¡Tengo piojos!, ¿que podo facer? Eso é o que estou intentando averiguar.

8

Ver á familia de vez en cando está ben, así que me fun ver ao meu curmán Pérez, o ratiño dos teus soños. Non estaba nese momento pero estou vendo a súa película mentras que non volve.

4

Tanta invasión de morcegos por toda a biblioteca, non sei, non sei... Fun ata a casa abandonada de Úrsula Heinze e a ver se descubría algo.

7


Xogo: A oca Nome da actividade: A oca dos libros Destinatarios: Alumnado de 2º e 3º ciclos Temporalización: 1º trimestre Material: -

taboleiro dunha oca (en concreto usamos o empregado na campaña de fomento da lectura. “ De letra en letra ¡ eu leo porque me peta!”)

-

fichas de cores

-

dado

-

fondos da biblioteca

Desenvolvemento: Fanse como máximo 4 grupos aos que se lles asigna unha ficha dunha cor diferente (vermello, amarelo, verde e azul). O/a xogador/a tira o dado e avanza tantas casillas como marca o número que saca. Nas 63 casillas das que consta o taboleiro, hai casillas especiais nas que hai ocas, preguntas, probas, nas que perden quendas ou nas que avanzan ou recúan. Nas que non hai nada disto, o grupo poderá volver a tirar cando lle volva tocar. En caso de caer nunha “casilla especial” non poderán volver a tirar ata que superen a proba ou pregunta. O xogo remata cando un dos grupos acada a casilla final.


Casillas especiais ♦ Nas casillas número 5, 9, 14, 18, 23, 27, 32, 36, 41, 45, 50, 54 e 59 hai ocas. Nelas, sáltase á oca inmediatamente seguinte e volve a tirar ao tempo que dí “De oca a oca, eu leo porque me toca”. ♦ Nas casas nº 6 ou 12 (as pontes) avanza ou recúa ata a ponte seguinte ou anterior, ao tempo que dí “De ponte a ponte

e tiro

porque lin onte”. ♦ Se caen na casa 19, deben agardar dúas quendas é dirán “Dúas quendas na pousada das lendas”. ♦ Se caen na casilla 26 ou 53 (os dados) avanzan ou recúan ata a seguinte ou anterior, ao tempo que dín: “De dado a dado cara ao conto contado”, e volve a tirar. ♦

Na casa 31 (o pozo) deberán permanecer alí ata que caian outros/as xogadores/as ao tempo que din: “¡Ai de min, no pozo caín!

♦ Se caen na casa 42 (o labirinto) estarán dúas quendas sen tirar e dirán: “ No labirinto, eu non me rindo”. ♦ Na casa 52 (o cárcere) estarán tres quendas sen tirar e dirán: “Ao cárcere vou, tres quendas estou”. ♦ Se caen na casa 58 (a morte) deberán volver a casa nº 1, dicindo: “topei coa morte, non tiven sorte”

Casillas con preguntas e probas ♦ Casilla nº3.- Buscade na estantería de teatro dous exemplares de “Grande invento para sair do aburrimento”. Abride a páxina 20 e facede unha lectura dramatizada. ♦ Casilla nº8.- Que lobo! Sabiades que

hai unha escritora que se

apelida Lobe? Buscade e dicide o título dun libro escrito por ela.


♦ Casilla nº16.- No libro de poesía “Canciones y poemas para niños” de García Lorca, buscade o poema “La Tarara” e cantala (se non saben a música que a inventen). ♦ Casilla nº21.- ¡Menuda “calabaza”! Por certo sabedes cal é o seu nome científico? Buscade no “Diccionario ilustrado de los nombres vernáculos de las plantas en España” e o atoparedes. ♦ Casilla nº28.- Estes pés están escapando dun dinosaurio. Buscade un libro deles e fecede un debuxo (dispoñedes de 5 minutos). ♦ Casilla nº34.- ¡Que listo é Polgariño! Aquí teño unha versión de Perrault. Colocade este libro no lugar axeitado en menos de un minuto. ♦ Casilla nº35.- Este home é un carteiro frustrado que lle gustaría ser bombeiro. Buscade un libro sobre este oficio e dicide 5 obxetos que haxa nun camión de bombeiros. ♦ Casilla nº43.- Fixádevos nesta bruxa e facede un discurso dun minuto a favor da súa bondade. ♦ Casilla nº46.- Menuda era a madrasta de Brancaneves! Na biblioteca hai unha versión deste conto da editorial SM. Traédeo en menos dun minuto. ♦ Casilla nº48.- Estes pratos non teñen comida. Ímoslle poñer queixo! Buscade un libro sobre este alimento e dicide o nome de 5 animais dos que se saque leite. ♦ Casilla nº60.- Este patiño está a piques de sofrir unha hipotermia. Que é iso? Busca no diccionario “ Espasa escolar” e dicídemo antes de 2 minutos.


Formacion de usuarios 2º ciclo