Issuu on Google+

ACTIVIDADES FORMACIÓN DE USUARIOS Os países e O pasado

Diccionarios e enciclopedias

Ler, falar

Pensar e coñecerse

Crear, divertirse

Rezar

Curar, fabricar

A natureza

Baleiro

C.E.I.P. de Louro


1ยบ CICLO


Obxectivos - Estudar as fontes de información. - Presentar a distinta función dos dous grandes grupos de libros, ficción e coñecemento, e a súa ubicación na biblioteca. - Distinguir o tratamento temático en libros de ficción e nos documentais. - Buscar a información. - Recoñecer os rasgos formais dos libros, coleccións e a súa variedade. - Identificar o título e o autor nas obras de ficción. - Identificar o autor e o ilustrador, e distinguir as súas diferentes funcións. - Utilizar os materiais. - Iniciar o hábito do préstamo individual dentro da biblioteca.

Actividades ♦ Actividade introductoria. Daranse a coñecer as normas de comportamento na biblioteca: falar en voz baixa, utilizar os lugares asignados para eles, coidado dos libros, devolver o libro ao andel correspondente,… procurando crear un ambiente agradable e distendido. Xogo do semáforo ♦ Conto das preguntas de Uxío. A partir da lectura dun conto, familiarizar aos alumnos/as co sistema de ordenación dos materiais nunha biblioteca tendo en conta a función dos mesmos: lectura e información.


Na visita á biblioteca reseñarase a utilización de cores para clasificar os libros (a roda das cores). ♦ Quen e que (ficha 1). Trátase de que o alumnado distinga, a partir de mostras adecuadamente seleccionadas o/a autor/a ou os/as autores/as, o título da obra e de qué trata. ♦ Comparar e diferenciar textos de ficción e documentais a partir dunha fotomontaxe feita cos dous tipos de textos (ficha 2). ♦ Cada rapaz ou rapaza deberá anotar na súa tarxeta de préstamo o título, autor/a e unha valoración dos libros lidos (ficha 3:Tarxeta do/a alumno/a). ♦ Carné de identidade dun libro (ficha 4) A partir de varias cubertas de libros saber recoñecer os distintos elementos que identifican un libro: título, autor/a, ilustrador/a, colección e editorial. ♦ ¿Como son os libros? (ficha 5) Explicaremos as partes dun libro e onde se atopan os datos máis importantes. As partes do libro que deben coñecer no primero ciclo de Primaria son: Cuberta, lombo, autor/a, ilustrador/a, título, editorial, colección.


“O semáforo” Destinatarios/as: Infantil, 1º e 2º ciclos de Primaria Obxectivos: - Experimentar a biblioteca como lugar máxico de encontro cos libros e co resto da comunidade educativa. - Establecer un primeiro contacto co seu amigo “o libro”, de xeito lúdico. - Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter na biblioteca. - Recoñecer a biblioteca como un lugar onde se

pode buscar

información. Material: Círculos de cartulina verdes e vermellos (un de cada cor para cada alumno/a) Desenvolvemento: Comezamos cun diálogo sobre como debe ser o comportamento na biblioteca e como se deben tratar os libros. Aclararemos todas as dúbidas que xurdan. Repartimos un círculo de cartulina verde e outro vermello a cada un dos nenos e nenas e explicamos o seu uso: os verdes para os comportamentos correctos e os vermellos para os incorrectos. Insistirase en gardar silencio: só se levantará a cartulina. Accións de comportamento correcto (positivas = cartulina verde) e incorrecto (negativas = cartulina vermella).


Díselles, de xeito mesturado, as seguintes frases e deben levantar o círculo verde ou o vermello segundo crean que se debe facer o non. Se se considera oportuno se poden comentar as accións. ACCIÓNS POSITIVAS

ACCIÓNS NEGATIVAS

mirar as pastas

doblar os libros

ver os debuxos

facer raias e debuxos nos libros

pasar con coidado as follas

arrincar unha folla

deixarllo a un amigo

recortar un debuxo dun libro

pedirlle a alguén que mo lea

quitar o forro

gardalo no seu sitio

coller un libro cando estou comendo

forrar os libros

tiralos ao chan

facer un debuxo sobre o libro

mollalos

devolver o libro que me prestan

meter o bocadillo dentro dun libro

falar moi baixiño na biblioteca

deixar os libros remexidos con outras cousas

mover con coidado as sillas

dar gritos na biblioteca

pedir que alguén coloque o libro

pelexarme cun compañeiro/a para quitarllo

non remexer todos os libros

comer na biblioteca

Duración e temporalización: 30-40 min. 1º trimestre do curso.


As preguntas de Uxío La s preguntas de Uxío Uxío tiña seis anos e encantábanlle os golfiños. Pasábase o día debuxando golfiños: golfiños que nadaban, golfiños que saltaban por enriba da auga, golfiños que xogaban á pelota... Como os golfiños lle interesaban tanto, falaba deles continuamente. Á súa nai, mentras tendía a roupa: - Mamá, ¿ti sabes cantos anos viven os golfiños? – preguntaba Uxío. -

¡Ai, fillo! Agora non o sei. Logo, en canto teña un momento, mirámolo na enciclopedia, a ver se está. Tamén o intentaba co seu pai que fritía o peixe:

-

Papá, ¿como é que os golfiños falan? ¿E como o fan?, ¿coma nós? –preguntaba Uxío.

- Non, Uxío, coma nós non. É outra linguaxe, con sons. Anda, sal da cociña que non te salpique o aceite. Despois, en canto teña un momento, mirámolo no libro de animais que temos, a ver se está. E Uxío saía da cociña e se sentaba a escribir unha lista de preguntas sen resposta. Nin o pai nin a nai tiñan un momento para axudalo a saber que dicían os libros sobre os golfiños. Uxío tiña unha tía que o quería moito, a tía Rosalía. Cando Uxío cumpliu sete anos, a tía Rosalía fíxolle un regalo. - ¡Felicidades, Uxío! –dixo a tía Rosalía–. Tróuxenche un libro de golfiños. - ¡Un libro de golfiños! ¡Yuuppii! –exclamou Uxío–. Moitas grazas, tía, encántame. E se foi á súa habitación a lelo de cabo a rabo. O libro titulábase O golfiño Berlín. Era a historia dun golfiño chamado Berlín moi amigo de un neno; o neno axudábao a atopar á súa nai porque o golfiño se perdera. Era unha historia moi bonita.


Pero Uxío colleu a súa lista de preguntas sobre os golfiños e resultou que o libro da tía Rosalía non respondía a ningunha. - Os libros non serven para nada –pensou–. Non explican as cousas que me interesan. ¡Que birria! E, moi enfadado, tirou o libro ao chan. Entón oeuse unha vocecita que berraba: - ¡Ai, ai! Ti, rapaz, ¿que te cres? A voceciña saía do libro. Uxío abreuno; era Berlín que falaba: - ¡Fixéchesme dano! ¿Que maneira de tratar os libros é esta? Danáchesme a cuberta. ¡Un pouco máis de respecto ao meu libro, por favor! É a miña casa, este libro. - Síntoo, eu non cría que... –intentou excusarse Uxío–. - Non importa, xa está feito–respondeu o golfiño–. Pero ¿se pode saber a que vén tanto mal humor? ¿Por que estabas tan enfadado co meu libro? - Perdóname; enfadeime porque no teu libro non saen as cousas que eu quero saber. - ¡Ah! ¿Así que non te interesou a miña historia? - Non é eso. - ¿Non te gustan os debuxos? ¿Parézote feo? - Non, non –dixo Uxío–, parécesme moi cuquiño. Pero o teu libro non explica o que eu quero saber dos golfiños. E leulle a súa lista de preguntas de cabo a rabo. Berlín despois de escoitalo díxolle: - Compréndoo. Estas cousas non se explican no meu libro porque non fai falla. Pero non digas que os libros non serven para nada: o que pasa é que te equivocaches de libro. - ¿Que queres dicir? - Mira, hai libros que explican historias inventadas, como o meu; e hai outros que explican cousas de verdade: son os que serven para saber cousas. - ¿E que libros son estes? ¿Onde están? –preguntou Uxío.


- Mañán, ao saír do colexio, vai á biblioteca. Mira entre os libros que teñen un adhesivo de cor verde na parte de arriba do lombo; seguro que alí encontrarás alguén da miña familia que poderá axudarte. Dille que te mando eu. Ao día seguinte, Uxío foise á biblioteca. Había libros con adhesivos de distintas cores: rosa, verde, vermella, marrón, laranxa, azul, … Uxío púxose a buscar entre os títulos, cando deu coa balea Lena. - Veño de parte de Berlín –dixo Uxío. - ¡Vaia, o meu curmán! ¡lAlégrome! –exclamou Lena moi contenta–. ¿Que fai? ¿Como está? - Moi ben. Díxome que aquí na biblioteca me axudaríades a atopar libros que explican as cousas. - Claro que si. Dime que cousas queres saber. - Quero sabelo todo dos golfiños. - ¡Esto é moi sinxelol –dixo Lena–. Fíxate ben nos andeis, teñen diferentes nomes, números, debuxos,… Tes que buscar o andel onde haxa un cartel co debuxo dun animal. Se segues fixándote máis decataraste de que todos os libros que alí están teñen no lombo o número 59. Alí atoparás os que falan de golfiños. Uxío empezou a mirar os andeis e a fixarse ben. Decatouse de que xusto onde estaba había un cartel onde poñía: 59 ANIMAIS. Todos os libros de aquel andel tiñan escrito no lombo a cifra 59. ¡Serían os libros que dixera Lena! Non lle custou moito dar con un de golfiños. - ¡Xa o teño! –pensou. Sentouse e empezou a mirar: era un libro con debuxos e fotos que explicaba todas, todas as cousas que Uxío quería saber. Aquela tarde Uxío pasouna lendo na biblioteca. Cando terminou, xunto á lista de preguntas tiña outra de respostas.


Ficha 1: Título, autor/a e contido dun libro

1. Marca en azul o nome dos autores. 2. Marca en vermello o título do libro. 3. ¿De que pode tratar este libro?

4. Marca en azul o nome dos autores. 5. Marca en vermello o do título do libro. 6. ¿De que te parece que trata este libro?

7. Marca en azul o nome dos autores. 8. Marca en vermello o título do libro. 9. ¿De que te parece que trata este libro?

10. Marca en azul o nome dos autores. 11. Marca en vermello o título do libro. 12. ¿De que te parece que trata este libro?


Ficha 2: Texto expositivo e texto de ficci贸n

Texto expositivo

Texto de ficci贸n


a

Ficha 3: Tarxeta do/a alumno/a Alumno/a: T铆tulo

Curso: Autor/a

Opini贸n


Ficha 4: Carné de identidade dun libro

Un libro identifícase polo seu título e o seu autor ou autora, pero tamén pola súa editorial e a colección. Nesta imaxe podes ver onde se poden atopar estas indicacións.

Colección

Autor

Título Ilustrador

Editorial

Agora imos imaxinar o carné de identidade do libro. Enche os datos que faltan mirando a imaxe. Autor/a

Ilustrador/a

Título

Editorial

Colección


Ficha 4: Carn茅 de identidade dun libro

Nesta imaxe da portada dun libro, indica nas frechas correpondentes, que informaci贸n corresponde a: o autor ou a autora o t铆tulo a editorial a colecci贸n o ilustrador ou a ilustradora


Ficha 5: As partes do libro

Agora que xa sabes cales son os elementos que nos axudan a identificar os libros, imos

ver en que partes do libro soen

atoparse.

cuberta

portada lombo

Colle un libro da biblioteca e indica no cadro adxunto en que parte do libro podes atopar estes elementos identificativos lombo T铆tulo Autor/a Ilustrador/a Colecci贸n editorial

cuberta

portada


Formación usuarios 1º ciclo CEIP de Louro