Issuu on Google+

1


O MEU BARCO Teño un barco de xoguete e nel me quero embarcar. Polos mares dos meus soños quen me verá navegar! Navegarei por mil rios sete mares hei cruzar. No meu barco de xoguete cansarei de viaxar! No meu barco de xoguete, mariñeiro e capitán...! Non teño medo ó trebón nin me asusta o furacán! O meu barco de xoguete! O meu barco moito val: verei terras, verei illas, verei mares de coral...! Andiven tódolos mares! Xa cansei de navegar co meu barco de xoguete sin saír do meu fogar!

Manuel María

2


HAI UNHA ILLA LOUBADA Hai unha illa loubada alá no fondo domar. Ten bois da color do tempo e pastoras de cristal. Ten un río de paxaros que desembocan en canción. Paxaros monos de illa cos seus niños no sol . Ten lúa nova e crecente e ollos para decir ailá! A boca tena pechada para vendimias de sal. E ten un cabelo novo, Ai amor! Que pelo ten. Cheiro profundo de alga e sabor limpo de mel. Álvaro Cunqueiro. 3


VERDE ESTÁ O MAR Verde está o mar cando o miro polo cadro da ventá: pelo verde, verde peito, ollos verde mazá: por un val do seu costado, ráchalle unha barca o sal, mil peixes descoñecidos berran sen poder berrar. Sangue no ronsel de escumas, branco sangue, sangue real. Rompéndolle o corpo verde aquel barco vai pescar.

Ana Mª Fernández

4


PERGUICE Polos anzos de Sampaio fita o sol de ista mañán: quer mirar as illas Cíes, mais nos as pode mirar. Érguete, sol perguiceiro, érguete, que é tempo xa: debalaron os arrolos agarimosos do mar, que o berce da lúa chea xa está canso de arrolar. Érguete, sol perguiceiro, érguete, que é tempo xa; que fuxa a neboa agoirenta e cante o merlo lanzal. Érguete, sol perguiceiro, que teño de ir a pescar!.... ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

5


ONDAS DO MAR Ondas do mar, verdes ondas, altas, baixas, longas, fondas; ondas cun facho de escuma, ondas que buscan fortuna, ondas que son latriqueiras e de ribeira en ribeira saltan en máxicas dunas; ondas que bican os fondos e remontan altos tombos, ondas que estralan, que brúan; ondas con dedos de chamas, ondas que abraian e aclaman, ondas que xuntan areas, ondas que contan fazañas, ondas que erguen montañas, ondas do Sur e do Norte, ondas que esconden a Vida, ondas que tecen a Morte, ondas pequenas, mainiñas, ondas que cobren o mundo. Moradoras da mariña, mensaxeiras do profundo.

Ana Mª Fernández

6


CABALEIRO DO MAR Cabaleiro do mar, fun cabaleiro dun castelo de estrelas desvalidas, entre cachóns de anémonas perdidas entre cinzas que afloran no salseiro. Cabaleiro do mar, fun cabaleiro, na galera de mans esvaecidas, entre bágoas de sal esmorecidas, amarrando o puntal do mastroeiro. Cabaleiro do mar; de pés mollados, entre alfanxes sombríos, ondulados, de azagaia sutil e nacarada. Cabaleiro de soño e de serea tumbado no devalo da marea sen pavés, sen loriga e sen espada. ALEXANDRE NERIUM

7


SAÍA A SEREA Saía a serea con saia de mar. Saía a serea, cantando un cantar. Saía a serea con saia salgada, cabelos de noite e escama dourada. Saía a serea no mar do coído, con tres margaridas nun peto escondido. Saía a serea dun fondo castelo, levaba unha cuncha prendida no pelo. Saía a serea con moito esplendor, saía soíña buscando un amor. E andaba ós menceres cantando baixiño, montada no lombo dun mouro golfiño. Que nade, que nade a linda serea, que teza mil ondas en cada marea. Que teza mil ondas, que enfeixe cantares para os mariñeiros que sucan os mares. Ana Mª Fernández

8


GALICIA Galicia docemente está ollando o mar: ¡ten vales e montanas e terras para labrar! Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos ¡cargados de traballos, cargados de trafegos! Galicia é unha nai velliña, soñadora: ¡na voz da gaita rese, na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento... ¡Pro hai outra Galicia que vai no sentimento! Galicia somos nós: a xente e mais a fala ¡Si buscas a Galicia en tí tés que atopala! Manuel María

9


PATRIA DO

MAR

Patria do mar, e como vén o vento de salitre e laído de arroaces, e como el é de peixes e de fugaces figuracións de mar en movemento. Patria do mar, e como a lonxanía nos calexóns penetra e se peneira, como entra en cada casa mariñeira cun ancho recender a marusía. Patria do mar, e como brilla a danza das gaivotas xirando harmoniosas sobre as ondas á beira do alborar, e como verde musgo da lembranza resplendece nas pedras nemorosas da cidade que se ergue cara ó mar. DARÍO XOHAN CABANA

10


DORNA Sobre as ondas do mar, baixo do vento, vai a dorna peneira que peneira, e a gaivota que vaga vagaceira non é máis grácil, non, nin ten máis tento. Non é máis espilida e mariñeira nin lizgaira sardiña nin famento golfiño brincador que vai atento do cardume de xarda viaxeira. E corre polas ondas e retorna sobre de si, sumisa á man humana, e acanéase e baila e non se entorna, cousa linda movéndose galana na crista do abalar, preciosa dorna onde un home libérrimo se afana. DARÍO XOHAN CABANA

11


VEIRAMAR Veira da mar, noite mesma. No lombo do ceo, escamas de bulideiras estrelas. Lúa poñente. Gadaña sanguiñosa boca aberta agoreira, esfameada. Lóstregos na lonxanía. Ollo chuscalleiro o faro, voltando, mira que mira. Un pino tece unha coita. Chirlatexa un mouricego. A mar nos penedos rosma. Falan os arbres ao vento. Pola veiramar bogando van as barcazas do medo. As sombras dos malfalados, os mortos polos feitizos que non foron soterrados. BLANCO AMOR

12


DEIXAME LIBRE DEIXÁDEME LIBRE, QUE QUERO IR Ó MAR; CAMIÑO DE IDA, NON VOU REGRESAR. AS ONDAS ME LEVEN ONDE HAXA UN CANTAR. DO BARCO DOS SOÑOS, SEREI CAPITÁN. ARROACES MOUROS VIRANME ESCOLTAR. SEGUIREI DA ESCUMA O LOUCO BAILAR. DOS PORTOS QUE TOQUE, NINGÚN SABERÁ. DEIXÁDEME LIBRE, QUE QUERO IR Ó MAR. (ANA Mº FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”)

13


ESTÁN MOI CANSAS AS BARCAS

Están moi cansas as barcas aló no fondo do mar. Semella que están durmindo e non queren espertar. O vento está a acariñalas cos seus dedos pillabáns. As barcas seguen durmidas e parecen non notar os aloumiños e beixos que o vento lles quere dar. Dormen as barcas cansadas aló no medio do mar (García Teijeiro.Ventos)

14


CANDO O VENTO AGARIMA

Cando o vento agarimaba ás ondiñas xoguetonas, os peixiños prateados dábannle forte ás zanfonas. -Ollanos- dixo un cativo. -Bícanos- dixo un segundo. -Fainos cóxegas, ventiño, - dixo, mecoso, outro deles. O vento abriu os seus brazos cara ós peixes pequechiños. Peixes e ondas fixeron unha roda de aloumiños. (García Teijeiro. Ventos)

15


SAÍA A SEREA Saía a serea con saia de mar. Saía a serea, cantando un cantar. Saía a serea con saia salgada, cabelos de noite e escama dourada. Saía a serea no mar do coído, con tres margaridas nun peto escondido. Saía a serea dun fondo castelo, levaba unha cuncha prendida no pelo. Saía a serea con moito esplendor, saía soíña buscando un amor. E andaba ós menceres cantando baixiño, montada no lombo dun mouro golfiño. Que nade, que nade a linda serea, que teza mil ondas en cada marea. Que teza mil ondas, que enfeixe cantares para os mariñeiros que sucan os mares. Ana Mª Fernández

16


Cando o vento agarimaba ás ondiñas xoguetonas, os peixiños prateados dábanlle forte as zanfonas. -Óllamos- dixo un cativo. -Bícanos- dixo un segundo. Fainos cóxegas, ventiño,-dixo mecoso outro deles. O vento abriu os seus brazos Cara ós peixes pequeniños. Peuxes e ondas fixeron unha ronda de aloumiños.

Ventos García Teijeiro

Están moi cansas as barcas aló no medio do mar. Semella que están durmindo e non queren espertar. O vento está a acariñalas cos seus dedos pillabáns. As barcas siguen durmidas e parecen non notar os aloumiños e beixos que o ventos lles quere dar. Dormen as barcas cansadas aló no medio do mar. Ventos García Teijeiro

17


O mar Ti nunca viches-lo mar cos seus berros bruadores, coas súas barcas de prata, cos barcos e os pescadores.

-¿ Ti non víche-lo mar a tecer e destecer ondas azues que van á praia mansa a morrer? -¿ E ti non sabes que o mar é unha inmensa longura, auga e ceo, ceo e auga, maxestade e fermosura?

-¿ Ti nunca víche-lo mar? ¿ E sabes que non repousa? ¡ Se nunca víche-lo mar non víche ninguna cousa! Soños na gaiola Manuel María

18


Cancións do pirata O señor Fragata ten un violín que toca ós solpores cantos de delfín.

Con ferreñas de aire ten unha pandeira, pelello de nube, aro de orballeira.

No seu cataventos cada media hora coa risa do vento toca unha tambora.

Nas noitiñas quentes con grande emoción o señor pirata toca o acordeón. Na noite de prata coa lúa redonda o señor Fragata toca unha zambomba.

Coa vela de nube, barquiño de sal, voga sen descanso dun mar a outro mar. Xoán Babarro e Ana Mª Fernández

19


O MAR Mar verde, mar azul, mar calmo, de cristal mar gris, mar revolto, que brúa co temporal.

Mar de illas de coral praias, portos e gaivotas. Ronseis de escuma moi branca que se perden nas súas ondas.

Mar de peixes de colores, golfiños e tiburóns a agochar aló no fondo tesouros e galeóns.

Mar de dornas e veleiros, mar de barcazas e soños sucando a rosa dos ventos, pintando viaxes nos ollos.

Mar de augas moi salgadas, en constante movemento, que gardan rotas secretas baixo do manto do ceo.

Quixera navegar os sete mares e de noite, á luz da aurora, pescar as sereas todas. Farrapos de nube Xoán Neira e Ánxeles Ferrer

20


O CAFÉ DO MAR Á tardiña, reúnense no café peixes, cangresos, golfiños conversando son felices!

Esperanzados falan das correntes do mar; do pouco que comen os calamares, do perigo que corren todos os mares.

No café do mar, o faladoiro é tan ameno, que se esquecen de cear. Menos o camaron, que é un lambón comeuse a súa ración e todo o que sobrou do día anterior.

El escoita, pouco fala. Porque cre que pola boca more o peixe! Máis non sabe el, que non é por falar, é por encherse a comer.

Os poemas da gata Florenta Pilar Mayorales 21


MARATÓN MARIÑEIRO A quinta maratón de natación apuntáronse mil cangrexos con ganas de chegar lonxe.

Antes da competición quentaron as patas blindadas, tomaron zume de uva e media ración de algas.

O disparo de saída, deuno unha sardiña, todos saíron contentos, máis moi lentos, para percorrer dez metros, tardaron tres días e medio.

Os habitantes do mar con emoción, animaron ao gañador, a todos os participantes deron trofeos, tebeos, churros con chocolate, felicitacións e aplausos, porque ninguén abandonou a maratón.

Os poemas da gata Florenta Pilar Mayorales 22


23


Un mar cheo de poemas