Page 1

MARIA MAGDALENA


María Magdalena tivera unha vida de pecadora antes de coñecer a Xesús. Era dunha poboación chamada Magdala, a orilla do lago Tiberiades, o mesmo lago onde eran pescadores Pedro e outros discípulos de Xesús.


Desde o seu encontro con Xesús, cambiou a súa vida e adicouse a acompañalo a El e aos apóstoles durante a súa predicación, xunto con outras mulleres, as que se coñecen como “santas mulleres”.


Ao contrario ca os apóstoles que, a excepción de Xoan, abandoaron a Xesús durante a paixón e crucifixión, María Magdalena acompañou a Virxe aos pes da cruz e no momento de por o corpo no sepulcro.


Despois da Paixón, o primeiro día da semana, as santas mulleres foron ao sepulcro de Xesús levando perfumes para o corpo. A entrada estaba tapada cunha inmensa pedra circular e non sabían como a ían mover.


Cando chegaron a pedra estaba movida pero ao entrar non atoparon o corpo de XesĂşs. MarĂ­a Magdalena estaba fora chorando, ao entrar viu a dous anxos con vestiduras brancas.


“Muller,

por que choras?”, preguntáronlle os anxos. Ela estaba tan desconsolada que so lles dixo: “Porque levaron ao meu Señor e non sei onde o puxeron”.


Ao darse a volta viu a Xesús ao que confundiu cun xardineiro que coidaba os campos cercanos. Xesús díxolle: “Muller, por que choras? A quen buscas?”. Ela respondeulle: “Señor, se ti o levaches, dime onde o puxeches e levareino eu”.


Xesús so lle dixo unha palabra: “María”. Nese intre deuse de conta de que era o Señor. Así foi como aquela muller que fora tan fiel a Xesús se convertiu na primeira testigo da sua resurrección.


FIN

Maria Magdalena  

Personaxes da Biblia

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you