!
grandísima antigüedad” que rodean o espazo no que apareceron, onde chega a insinuar, poderían vivir os construtores destes monumentos (García: 1923). López Cuevillas vai tratar estas pezas en diferentes momentos da súa obra; en 1926 non engade nada novo ao dito; de feito, cita textualmente a Villamil y Castro, ata o punto de recoller oito doas en vez das nove existentes nese momento, e só desconfía do paralelo establecido co mundo
galorromano
“fundados
n-esta
semellanza
incluimos
na
ourivesaría castreja taes doas de colar anque pol-o seu atipismo nonos pareza a sua atribución inteiramente segura” (López Cuevillas: 1926). Teremos que esperar ata 1951 para que no seu estudo de conxunto das xoias castrexas se decida a describilas dun xeito máis “científico” falando de “nueve cuentas bitroncocónicas de distintos tamaños de oro de 22 quilates, con un peso de 135g” e, sen dubidalo, adscríbeas ao mundo castrexo baseándose no suposto parecido co colar articulado de Estela, Póvoa de Varzim (López Cuevillas: 1951). Neste intre, parece como se todas as pezas de ouro galegas coñecidas puideran vincularse, dun ou doutro xeito, co mundo castrexo, ben como precursoras, ben como típicas dese período. Desde este momento en ningún dos traballos sobre o ouro prerromano galego parece coñecerse a existencia destas contas. Tan só no catálogo de ourivería do Museo Provincial de Lugo, centro no que ingresan como parte da colección Gil Varela (froito da disgregación da de Blanco Cicerón), son estudadas por Peinado quen, pese ao seu coñecemento da obra de Cuevillas, chega a diferentes conclusións. Quizais este autor tivera acceso a algún tipo de documentación pertencente a Blanco Cicerón que aportaba novos datos sobre a aparición do “colar”, e que segundo dá a entender foi atopado canda outros obxectos de bronce, de aí que para el non resulte acertada a cronoloxía de Cuevillas, e o relacione co período Neolítico ou coa Idade do Bronce (Peinado: 1975). Chegados a este punto consideramos que era o momento de volver empezar: de iniciar dende cero o estudo das doas, como se as acabásemos de atopar e, para non xogar con vantaxe, empregar tan só a análise comparativa como os autores anteriores, e guiándonos por esta, tentar encadralas nun nicho cronolóxico máis axeitado. '+!