Issuu on Google+

R Reevviissttaa ddoo C CE EIIP P ddee C Chhaanncceellaass

O Entroido

O Belén: Un ano mais gañador do Concello.

Día das Letras Galegas 2010 Adicado a Uxío Novoneyra

Este foi o curso da nosa horta escolar.


Esta revista e tódalas fotos deste curso se atopan en Internet: http://centros.edu.xunta.es/ceipdechancelas/, http://endldoceipdechancelas.blogspot.com/

Os Maios

Letras galegas

A horta

2 de xuño 15 abril

Esta revista está subvencionada polos fondos recibidos da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística dentro do Plan de Fomento do uso do Galego.


Índice Editorial O Samaín Receitas gañadoras Pareados do Samaín O Nadal O Entroido Cantiga do Entroido O Magosto O Día da Paz A Nosa Horta Os Maios Coplas dos Maios Concursos e Gañadores O Día do Libro Letras Galegas Despedida de 6º Pasatempos Fin de Curso Querida profe Sole

pax. 4 pax. 5 pax. 9 pax. 12 pax. 13 pax. 14 pax. 16 pax. 17 pax. 19 pax. 23 pax. 24 pax. 25 pax. 26 pax. 28 pax. 29 pax. 30 pax. 31 pax. 33 pax. 34


Editorial Un ano máis, nestas datas que anuncian vacacións e praia, chega a nosa revista escolar “O Sabelotodo”, chea de novas, traballos, fotos e información que queremos darvos a coñecer. A presentación dunha nova revista sempre é un bo momento para reflexionar sobre os obxectivos que nos marcamos ao principio do curso e sobre os que xiran todas as actividades e celebracións do ano escolar. O tema común a todo o colexio escollido para este curso foi “A horta”, chegando a ter no colexio unha preciosa horta ecolóxica da que todos nos sentimos partícipes e responsables. Todas as semanas as clases de Coñecemento do Medio convírtense nun aprendizaxe práctico e inesquecible. Confiamos en que esta iniciativa sexa un punto de partida que dea lugar a moitos aprendizaxes relacionados co mundo do campo e a sabiduría popular, continuando durante moitos anos co coidado e atención da horta do colexio e realizando talleres paralelos á mesma. Como todos os cursos, non podemos deixar de agradecer o esforzo e entrega por parte de todo o profesorado e de todos os pais e nais ante as iniciativas que parten do colexio. Celebramos o Samaín cunhas cabazas terroríficas, tivemos xogos populares e castañas no magosto, realizamos xuntos un Belén digno do 1º premio que acadou, disfrutamos xuntos no festival de Nadal, camiñamos nunha marcha solidaria para Haití, disfrazámonos de productos da horta e degustamos as tradicionais orellas e filloas no entroido, celebramos a festa dos maios… Consideramos que todos estes momentos van ser inolvidables para os nenos e nenas do colexio de Chancelas e agradecemos a todos os pais e nais a súa axuda e colaboración constante con nós. Tamén queremos mostrar un agradecemento especial ás nais que forman a directiva da ANPA “O Xunqueiro”. Foron moitos anos de propostas, responsabilidades e adicación gratuita, nalgunhas ocasións incluso preocupacións non merecidas e poucas mostras de gratitude. O feito é que no Centro contamos cun comedor escolar e un plan madruga, servizos moi necesarios para moitas familias, grazas a súa boa xestión. Agora collen o relevo novos pais e nais e nós mostramos os nosos brazos abertos para entablar unha relación de colaboración e apoio co mesmo fin, buscar a maior calidade para a educación dos nosos nenos e nenas. Ademáis das tradicionais celebracións houbo moito traballo nas clases por parte de todo o alumnado, así como moitas horas invertidas en formación, programacións, reunións e modernización por parte do profesorado. Temos posta en marcha a páxina web do cole http://centros.edu.xunta.es/ceipdechancelas/, así como o blog do equipo de Normalización Lingüística http://endldoceipdechancelas.blogspot.com/. Queremos animar a toda a comunidade educativa a visitar estas páxinas con frecuencia, nelas haberá informacións interesantes, pero tamén traballos e novas realizadas polos propios nenos/as así como fotos das diferentes actividades que se desenvolven no Centro. Non podemos deixar de adicar unhas palabras de cariñosa despedida á nosa compañeira Sole, a representación en persoa da paciencia e tranquilidade, e de adicación constante no día a día cos máis pequenos/as do colexio. Moitas grazas por toda unha vida de entrega e por deixar a túa pegada en tantos nenos e nenas de Chancelas. Tamén botaremos de menos á nosa eficaz, activa e traballadora profe Pilar AL e á profe Teresa, co seu impecable inglés e enorme corazón. Moita sorte ás tres nas vosas novas aventuras ! Despedímonos desexándovos unha feliz lectura e sobre todo, un feliz verán a todos!!

O Nadal


O Cole f铆xose coparticipe da tradicional festa do . Realizamos diversas actividades e algunha delas coa participaci贸n das familias, como a decoraci贸n das

. Estas foron expostas no sal贸n de

actos onde realizamos un pequeno evento sobre o mesmo.


No salón de actos leuse o conto polo equipo de normalización lingüística. Os nenos/as agrupados por diversos cursos, realizaron unha pequena coreografía da canción “Thriller” de Michael Jackson.


Neste mesmo acto realizouse a entrega de premios de cabazas e de receitas onde os premiados foron:

CABAZAS:

1ยบ Premio:

2ยบ Premio:


3ยบ Premio:

4ยบ Premio:


RECEITAS:

1ยบ Premio: Receita:


2ยบ Premio: Receita:


3ยบ Premio: Receita:


4ยบ Premio: Receita:


Tamén lle fixemos unha mención especial á familia pola súa participación e colaboración en todos os traballos que lles solicitamos ás familias. Ó final realizamos unha degustación de platos típicos feitos con cabaza, a cal foi posible grazas a participación das familias.


Os rapaces e rapazas de 1º ciclo fixeron uns pareados terroríficos…


O NADAL Un ano máis acadamos o primeiro premio no “Concurso de adornos de Nadal” organizado polo concello de Poio. Nesta ocasión artellamos o nacemento en relación ao tema principal deste curso: “A Horta”. Como ven sendo habitual nos últimos anos, contamos para a súa realización coa colaboración das familias.

Tamén recibimos a visita de Mamá Noel.

.

E no Festival, cantamos, bailamos e interpretamos


O ENTROIDO O entroido hortelano deste ano foi moi moi amoroso e divertido, xa que nos disfrazamos de froitas e verduras, aproveitando o noso proxecto de facernos expertos agricultores. Os pequerrechos foron de pementos amarelos,verdes e colorados; os de 1º e 2º de ricos amorodos, ben coloradiños e cheos de puntiños; en 3º e 4º se vestiron de ricas peras verdes e amarelas; e por último os maiores, de racimos de uvas. E así disfrazados, ata a praza do pobo desfilamos, onde as nosas cantigas de entroido cantamos. Que ben o pasamos!!!! E ó regreso á escola nos demos un atracón de ricos postres destas festas, que máis se pode pedir?


Ata o vindeiro curso, xa veremos de que nos toca ‌

CANTIGA DO ENTROIDO


Rebola, bola, vós que dis que dis que deu, vós que dis que de na bola i é que na bola non deu (bis) Xa chegamos de Chancelas, xa estamos todos na Chouza todos vimos disfrazados de verduras e de froitas.

(Letra de 3º)

Rebola, bola… Este inverno no colexio vai frío por todos lados, nos pasillos e nas clases quédamonos conxelados.

Rebola, bola…

Cando facemos ximnasia acabamos moi cansados, de tanto bailar batuca imos caer desmaiados.

(Letra de 5º)

Rebola, bola… Este inverno, que é o que pasa? que non para de chover, cando non chove vai frío ou sopra vento nordés.

(Letra de 2º)

(Letra de 1º)

Rebola, bola…

Rebola, bola…

Os recreos son moi curtos non nos chegan para nada! Queremos xogar máis tempo e facer máis gamberradas.

No ximnasio do colexio o teito nos cae enriba e por causa da humidade todos os nenos patinan.

(Letra de 4º)

(Letra de 6º)

Rebola, bola…


O Magosto


O

de

celebramos no centro o día da Paz realizando

distintas actividades alusivas ao tema e coa participación de todos os ciclos. Fixemos unha conmemoración un tanto diferente, recordando a catástrofe que sufríu

.

A principal actividade foi unha marcha solidaria, onde o

esforzo físico dos nenos/as, foi recompensado simbólicamente por vales que canxeaban por cartos, aportados por diferentes establecementos e organismos do concello.


En colaboración coa Casa Rosada realizamos a activdade

facendo mención o tipo de alimentación de

.

Por ciclos tamén fixemos diversas actividades: En infantil realizamos unha árbore coa estampación das mans de todos os nenos/as e decoramos os pasillos con pombas da Paz.


En 1º ciclo fixeron diferentes actividades plåsticas coas pombas e relacionaron as badaladas da paz con palabras alusivas ao tema (amor, amizade, felicidade‌)


En 2º ciclo elaboraron un mural cun debuxo de Picasso (Paloma de Picasso) e realizaron o poema de Teresa de Calcuta “Himno de la alegría”


A NOSA HORTA Este curso, entre todo o colexio, fixemos unha horta. Cada curso temos asignado un bancal. Plantamos leitugas, cebolas, tomates, pementos de Padrón, amorodos… Ó principio tiñamos que ir regar tódolos días pero agora xa temos un rego automático “gota a gota”. Cada curso leva un rexistro semanal para ver como van medrando as plantas, observamos se houbo algunha incidencia, controlamos o abono, que non haxa plagas, etc. Despois dun mes e medio aproximadamente, xa temos as leitugas para recoller, fomos recollendo amorodos así como ían madurando . O curso que ven seguiremos a traballar na nosa horta!


OS MAIOS

Contando este ano coa visita dos familiares que pudieron asistir, celebramos no patio o día dos maios cantándolle as coplas que fixemos. O noso maio estaba precioso, cheo de frores, ovos, pampullos, etc…


COPLAS MAIO CHANCELAS 2010 Para facer este maio necesitamos fiuncho tamén laranxas e flores que APORTAN todos os cursos. Para facer este maio tivemos que ir a Ons, non podemos coller nada por culpa da extinción. Pola Paz houbo unha marcha para os nenos de Haití, todos conseguimos vales que enviamos para alí. Todos levamos a casa as mochilas viaxeiras cheas de libros e pelis que hai na biblio de Chancelas. Todos estamos facendo unha horta escolar con leitugas e cenorias amorodos e demáis.

Esta horta hai que coidala para que nos dea froitos e cando remate o curso comer os cultivos todos.

A nosa querida Sole se nos vai a xubilar. Botarémoste de menos, porfa vénnos visitar! Todos pedimos BAMBÁNs como o parque de infantil eles viven como reis queremos vivir así! Este ano cos exames non nos chega “pra” xogar queremos recreo sempre e que nos deixen en paz. Falaban de ordenadores de ter un “pra” cada un ao final non deron nada e quedamos sen ningún. Este é o terceiro ano que Chancelas fai un maio e quedounos moi bonito gracias ao noso traballo.


Este curso María Xosé Argibay Torres, unha nena de 4º foi a gañadora do Concurso

de Contos Xaime

Isla. Aquí tedes o conto gañador: “María Xosé e as aventuras.” Érase unha vez unha nena chamada María Xosé. María Xosé era unha rapaza normal como todas as rapazas do mundo pero ela tiña un segredo moi especial. A rapaza tiña unha caixa dos soños, pero non era unha caixa normal e corrente, a caixa era imaxinaria. María Xosé cada día metíase na caixa e vivía unhas aventuras moi divertidas pero un martes viviu unha moi diferente. María Xosé esta vez viaxou a un lugar onde as casas eran de caramelo, os bambáns de magdalenas, etc. Todo ía moi ben ata que un mago malvado chamado D. Aquiles convertiuna nunha golosina en forma de corazón. Don Aquiles a quixo comer pero ela foi rápida de abondo para correr e agacharse. María Xosé agachouse tras un arbusto e víu un neno. O neno tamén fora feitizado polo mago, entón axudouna e os dous cruzaron fragas, ríos e montañas ata chegar ao castelo de D. Aquiles para que a rapaza fose normal. O neno consegui que María Xosé fose normal pero ela espertou e deuse de conta de que todo fora un soño…”


Outra nena da mesma clase, Carmen Pousa Besada gañou un concurso de postais de Nadal convocado polo Concello de Poio nas distintas parroquias. Combarro e Carmen levaron o seu premio con esta postal:

Concurso de Parque Nacional Illas Atlánticas O Alumnado de 5º gañou este curso o 1º premio na sección de “Fotografía na praia” no concurso do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia. Esta foto a fixeron na visita ó parque, recollendo pola praia materiais naturais e elaborando con eles este Corvo Mariño, emblema do parque e ave en perigo de extinción.


DÍA DO LIBRO

O día 23 de Abril celebramos no cole o día do libro. Para conmemorar este día fixemos unha árbore moi especial. Cada neno/a fixo una folla e una flor cunha mensaxe adicada aos nosos amigos os libros.

Letras galegas


Este ano o día das Letras galegas foi adicado a Uxío Novoneyra. No cole fixemos ó longo da semana unha serie de actividades todas elas relacionadas coa lingua e cultura galega. Traballamos nas nosas clases e aprendimos algo da súa vida e moitas das súas poesías. Tivemos un concerto de música popular onde Magoia e Paulo, un mestre doutro cole, interpretaron varios temas e nos ensinaron como soan e como se usan diferentes instrumentos tradicionais.

Tamén proxeccións de películas en galego e un pequeno festival onde lembramos a Novoneyra. Os máis pequenos presentaron a súa biografía, e tamén houbo cancións, poesías e ata bailes. Para remater escoitamos o conto “Ilda, o corzo, o lobo e o xabarán” lido por mestres e ilustrado cos nosos debuxos.

DESPEDIDA DE 6º


QUERIDOS COMPAS E PROFES: Hai moitos anos que nos coñecemos e que compartimos cousas xuntos. Pero o tempo pasa e nos chegou a hora de marchar. Disfrutamos moitísimo neste colexio , xa é un pouco o NOSO FOGAR , aquí sempre nos apoiaron e nos deron cariño. No “insti” posiblemente faremos moitos amigos e amigas novas, pero, queremos que saibades que, CÓMO VÓS, NINGÚN, SEMPRE VOS RECORDAREMOS. Aínda que marchemos, algo quedará aquí, xunto a vós. O CEIP DE CHANCELAS quedará gravado na nosa mente para sempre como o “cole” único e irrepetible no que disfrutamos taaaanto!!!!!!


Pasatempos


Descubre nesta sopa o nome de froitas e hortalizas.


M

N

A

M

O

R

O

D

O

O

A

A

T

O

A

O

S

T

O

T

O

G

Z

S

O

T

O

O

A

E

C

O

L

A

C

E

N

O

R

I

A

S

L

E

N

C

O

M

L

A

P

E

M

E

I

N

A

N

A

M

C

A

T

O

A

T

A

L

U

Ñ

J

D

L

D

S

M

U

N

F

D

W

E

R

R

R

F

O

G

N

O

A

C

E

B

O

L

A

L

A

D

C

U

N

T

S

Y

A

G

O

A

A

P

A

T

A

C

A

D

O

S

O

(Íria e Verónica) 3º Son de cor amarelo O mesmo que as miñas irmás E se nos pos no lume De un brinco quedamos brancas (Natalia) 3º Viaxo a toda velocidade Polo campo e a cidade E debido ao que son Nadie sabe onde vou. (María Teresa) 3º Unha señorita moi señoritada Chea de remendos Sen ningunha puntada. (Tania) 3º

Fin de curso


O martes 15 de xuño todo o cole marchou de excursión de fin de curso. Os nenos/as de Infantil fomos o día 15 de xuño de excursión de fin de curso o Chiquipan de Cambados. Vimos como se fai o pan e os pasteis e despois de comer fomos o centro de xogos onde cantamos, bailamos e xogamos na piscina de bolas.

Os maiores fixemos un día completo: pola mañá visita ó monte Siradella, na península do Grove, visitando esta zona Rede Natura incluida a praia da Lanzada e pola tarde, despois de comer no monte, paseo pola Ría de Arousa nun catamarán co fondo transparente para ver unha batea.

No barco, mirando a batea

Querida profe Sole:


Todo o colexio de Chancelas vaite botar moito de menos e te quere transmitir os mellores desexos na túa xubilación. Pola túa paciencia, polo teu don de transmitir tranquilidade e seguridade aos máis cativos, polo teu traballo de formiguiña contínuo e perfecto, polos teus sorrisos, pola túa colaboración, polo teu cariño, por facer unha labor tan grande en tantos e tantos cativos… MOITAS GRAZAS DE PARTE DOS TEUS ALUMNOS, DOS PROFES E DOS PAIS E NAIS DE CHANCELAS!!!

Chao, profe!!!

Saídas


O Nadal


O Magosto

Samaín

Día da Paz


O sabelotodo 2010