Issuu on Google+

xuño’09

noites novas, 10 anos de Andaina en Abeiro, xuntanza de catecumenado, café concerto, os xogos paralímpicos de tardes abertas, voluntariado en Alemaña...

MEGABEIRO revista do cx. abeiro


Revista Megabeiro - Revista Informativa da Asociación Centro Xuvenil Abeiro - Número xuño 2009 - CX Abeiro Rua Don Bosco nº1, 15002 A Coruña - 981 229 943 - www.cxabeiro.org - Neste número participan: Jose Antonio, Carlos Leira, Ángel Gudiña, César Rouco, Ana Delgado, Cristina Gallego, Luis Yang, Álex Fernández, Luis Pena Cañizares, Alicia Alonso, Miki, Susana García Collazo, animadoras/es de Andaira e Tardes Abertas, Isa Balsa, Carlos Yáñez, Diego Sánchez Pardo, Ángela Mouzo, Aida Mosquera e María Díaz

CX Abeiro www.cxabeiro.org

 Índice

Saúdo O tempo libre en Alemaña Noites Novas Xuntanza de Catecumenado Os xogos paralímpicos de Tardes Abertas ADS 2008-09 Os artistas da Sala Aberta A sétima parada Este ano en sala aberta... 15 anos de Abeiro... en fotos De teclas e monitores Encrucillado Galiza en letras Xuntanza Andaina 2009 10 anos de Andaina en Abeiro Sopa de Andaina V Café-concerto Abeiro (Feb’09) 3 4 5 6 7 8 8 9 10 12 14 15 16 17 18 19


 ¡Ola a todos e a todas! Xa temos aquí unha nova revista Megabeiro. Agora que estamos a rematar o curso e as nosas actividades chega unha nova entrega na que contamos as nosas actividades máis salientables como son as xuntanzas, acampadas, actividades na sala aberta,… Levamos todo o ano “construíndo pontes” dende o noso centro xuvenil. Construíndo pontes de ilusión cos rapaces e rapazas que veñen ás actividades durante todo o ano, con gañas de pasalo ben e de disfrutar co traballo que os animadores e animadoras preparamos para eles. Gracias a todos e todas pola vosa ilusión e o voso tempo a hora de preparalas.

E agora chega o verán e con él os esperados campamentos e cursiños que todos e todas levades preguntando e esperando dende hai xa varios meses. Volver a ve-los amigos e amigas e xunto con eles pasar grandes experiencias durante uns días inesquecibles. Así que para poder disfrutar deses días traballemos arreo e fagamos ese esforzo final para pasalo xenial.

Jose Antonio e Carlos Director e Presidente do Centro Xuvenil Abeiro

Megabeiro xuño’09


CX Abeiro www.cxabeiro.org O Tempo libre en Alemaña Neste mes que estou a pasar en Alemaña, ademais de aprender alemán dun xeito intensivo e efectivo, o IJAB (Instituto Federal da Xuventude Alemana para proxectos internacionais) estanos a amosar o Sistema Educativo Alemán, que é moi diferente ao que temos en Galicia, e tamén as organizacións que traballan no eido do tempo libre educativo. Ata o de agora teño visitado tres institucións que son de interese que me gustaría que coñecerades. Trátase dunha escola con novos métodos pedagóxicos, un centro deportivo e filosófico, e unha casa da mocidade, que levan conxuntamente o Concello de Tübingen cunha Asociación. Mörikeschule: É unha escola de educación secundaria na que están os rapaces con peores notas, ou que teñen problemas co Alemán. A verdade é que non ten moi boa reputación (coñécense como Hauptschule), xa que os rapaces con boas notas van a Gymnasium e os os non tan bos á Realschule. Trátase dun sistema moi clasista e segregacionista, que está a ser moi criticado. Nesta escola, tentan cambiar este rol, combinando o estudo das materias que temos en España, con outros centros de interese para os rapaces, e tamén con cousas necesarias para a vida diaria: por exemplo, todos os rapaces e rapazas teñen que aprender a cociñar e facer pasteis, e tamén carpintería e electrónica. Traballan dun xeito moi intenso o tema da educación non sexista. Outra cousa curiosa, e que a escola en sí mesma ofrece un Centro Xuvenil, e que a orientadora, ademais de engarcarse de levalo adiante, tamén ocúpase de convencer aos profesores da necesidade desas outras materias. A derradeira cousa curiosa é que os rapaces escollen o tema do seu exame final de tipo práctico, que pode ser de calquera cousa: dende deportes ata pintura, e xeralmente e apoiado polos profesores.



Kidojo: Trátase dun centro deportivo no que se están a practicar todo tipo de deportes de loita, cunha dobre finalidade. A máis básica é que reporta beneficios económicos e proporciona un sitio de entrenamento para todos aqueles amantes de estes deportes. Ademais, pode autofinanciarse grazas a que a xente paga polo uso das diferentes. Cerca de vinte clubes da cidade, e de todo tipo, empregan a súas instalacións. A segunda finalidade, e máis importante, é que se potencia a educación da xente moza en hábitos saudables (evitando problemas de obesidade), en técnicas de relaxación (contra o estrés) e no autocontrol, a través das artes marciais e do tiro con arco tradicional. Por último, se cadra é a característica máis sorprendente, traballan con aqueles rapaces que están expulsados do colexio durante uns días por mala conducta, ou que teñen cometido algún pequeno delito. Estes rapaces encárganse de tarefas de mantemento do local, fan deporte e inícianse nas artes marciais. Como dixo o traballador social, todo o mundo fala con eles. Así, primeiro fai que se movan e logo cando están cansos, pensan no que teñen feito.


 Epple Haus: A casa de Epple é unha casa de mocidade, con diversas ofertas lúdico educativas en cada planta. No subterráneo e no primeiro andar atópase unha asociación adicada á promoción de todo tipo de música. O traballo desenvólveno voluntarios que están acompañados por tres traballadores sociais a tempo parcial. Organizan concertos e festas temáticas e son moi coñecidos na cidade de Tübingen. No segundo andar atopamos unha especie de Sala Aberta que coordina o Concello, pero que está apoiada polo traballo duns 25 voluntarios, e que se parece moito á nosa Sala: teñen unha sala de ordenadores, futbolíns, billar, un bar e tamén algo diferente, una sala de Chill Out, onde descansar e escoitar música para relaxarse. No terceiro andar, ademais do taller, onde están todas as ferramentas coas que fixeron todos os mobles, atópase a sede do concello xuvenil, formado por rapaces de 12 a 18 anos, que representan a voz da mocidade no Concello. Estes rapaces on escollidos entre todos os institutos de Tübingen, reúnense no Concello e fan simulacros de plenos, un bo xeito para aprender hábitos democráticos. Na derradeira planta hai unha vivenda acondicionada para acoller a todos aqueles grupos que veñan de lonxe a tocar, e que teñan que quedarse a durmir en Tübingen. Están desexando que xente de todos os estilos toque no seu local e amose a súas habilidades, así que xa sabedes...

Ángel Gudiña

Noites Novas no Centro Xuvenil “Non te deitarás sen saber una cousa máis”. É a mítica frase da avoa, pero a verdade é que tiña moita razón. Nestes últimos meses podo dicir que durmín unhas cantas noites tranquilo, grazas ó programa “Noitenova” e ó noso Centro Xuvenil. Este programa presenta actividades alternativas para o tempo de lecer. Son moi variadas, de xeito que todo o mundo está contento. A miña experiencia nestes meses foi moi proveitosa. Agora podo dicir que son un pocuo paiasete (xa o era, pero agora o podo xustificar), que xa podo regalarlle a alguén un cinceiro de cerámica, e que sei coser un abelorio, cousas moi importantes que nunca están de máis no curriculum!! Coma paiaso, pasei tres tardes facendo dinámicas, xogos, e tonterías varias, para despois poder facer as nosas primeiras actuacións na rua. Totalmente recomendado para os vergoñosos. No obradoiro de cerámica aprendín a facer un pousa-chaves, que agora fai moito máis bonito o hall dos Rouco. E no obradoiro de complementos fixen un broche con forma de “beatle” tuneado e uns agasaios en forma de pinza para o pelo, todo feito con feltro. Espero que o meu relato sirva para que os que ledes esto vos animedes e animedes tamén ós vosos amigos e inimigos. E todo esto para dicir que é unha alternativa diferente, coñeces diversas formas de enfocar unha actividade, e ó fin e ó cabo, pasas un bo rato!!

César Rouco Animador do Centro Xuvenil

Megabeiro xuño’09


CX Abeiro www.cxabeiro.org Xuntanza de Catecumenado O 17 de xaneiro tivemos a Xuntanza de Catecumenado aquí, na Coruña. Viñeron chicas e chicos de Ourense, Lugo, Vigo e Cambados. Todos eles de idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos. Cando cegaron os autobuses, os coruñeses escandalizamos á xente cos bicos, apertas, apretóns,… qué ledicia ver ós amigos!! Logo dos saúdos puxémonos mans á obra cas actividades programadas. Repartíronse unhas pegatinas co nome de diferentes países e un número que serviría para saber o lugar a ocupar no taboleiro de xogo. A actividade foi un xeito de ‘Monopoly’, representando cada país mediante cadansúa bandeira. Segundo o país, adxudicábaselle unha cantidade de diñeiro, enerxía e diferentes recursos. Ás dúas da tarde paramos a actividade, tocaba xantar e descansar ata as tres e media. Neste momento, e dada a privilegiada ubicación no noso Centro Xuvenil, a maioría xantamos na praia sentados nas rochas.



Mentres comiamos os nosos ricos bocatas e algunhas que outras larpeiradas, soplaba brisa mariña entre algúns raios de sol moi agradables. Xa pola tarde, a actividade consistiu en realizar o ‘Congreso sa ONU de 2009’, no que cada país aportaba ideas para mellorar a súa situación e a dos demais. O que inicialmente era un xogo, convertiuse en algo serio, houbo discusións con ideas similares, enfrentadas, competitivas… Cando rematamos saimos todos xuntos ó patio e fixemos fotos, moitas fotos. Despedímonos unha e mil veces e sempre diciamos o mesmo: “temos que vernos pronto”. Estas actividades son moi útiles, nos aportan moitísimo e, sobre todo, nos ensinan a convivir. O día foi curto pero intenso, maravilloso. Todos pensamos: “Cando volveremos vernos?”

Ana Delgado y Cristina Gallego Catecumenado


 Os Xogos Paralímpicos de Tardes Abertas Nesta sopa de letras atoparás 17 palabras relacionadas coa aventura do 3º trimestre de tardes abertas, os xogos paralímpicos: B I G

A M V

S R B

T F E

O X F

N U C

A L E

M S Ñ

P T D

O N E

Z A F

R B X

O G A

F E G

S H O

E Ñ L

Z O M

O I H

U

J

B

I

V

A

L

E

N

T

I

A

A

D

K

H

E

M

M O R B A K M I C O I D O P

I N A U G U R A C I O N U A

A Ñ D C F R H M W B C E M R

J R S L V M U T X R B D O A

L P D T P D E U K S Z S C L

D E I R A R O D A S F U O I

C B A O Ñ T S X V E M P S M

I E N S L C I P D V O E O P

A T O C S A M T E Z U R P I

P E C W W R W G P N H A P C

O I V A E T C O O I N C O O

S R R G R E T I R T S I D S

R O S D L L E G T H L O I S

Q X Q N O M A Z I M R N A T

S I S P R O T E S I S W I L

M T M Z S Z A L T R N X M U

D A D L A S N C A N G U I A

U O U E P I Z U S T A I E R

Megabeiro Megabeiro xuño’09 xuño’09


CX Abeiro www.cxabeiro.org ADS 2008-09

Os artistas da Sala Aberta

Neste ano os nenos e nenas de ADS fixemos moitos xogos entretidos. No primeiro trimestre realizamos xogos para coñecernos . Custounos un pouco adaptarnos ao grupo pero ao final levámonos moito mellor. Ademais, neste trimestre tamén tivemos unha acampada no albergue do Centro Xuvenil. No segundo trimestre fixemos xogos para as responsabilidades do grupo. Todos tiñámonos que encargar de algo, se xeito que cadaquén tiña unhas obrigas e responsabilidades que cumprir. Neste terceiro trimestre tivemos a famosa Xuntanza cos demais grupos de ADS en Vigo, aínda que a metade das actividades foron canceladas por mor do temporal. Neste último trimestre tivemos a ‘imposición’ e algúns non estiveron moi contentos cos resultados, aínda que a gran maioría acadou o símbolo. Tamén tivemos unha acampada conxunta á que asistimos os rapaces de Tardes Abertas, Andaina e todos nós.

Luis Pena Cañizares e Alicia Alonso



Debuxos de Luis Yang e Álex Fernández


 “A sétima parada” De novo está connosco o Campamento Urbano. Do 3 ó 7 de Agosto emprenderemos unha viaxe moi especial onde faremos un percorrido que, día a día, de parada en parada, leváranos por distintos lugares da cidade, e tamén a compartir un día cos rapaces e rapazas doutros campamentos Urbanos de Galicia.

Megabeiro xuño’09


CX Abeiro www.cxabeiro.org

10


11

Este ano na Sala Aberta... Obradoiros: “Coas túas mans…cerámica”, Anime animación xaponesa, decoración para o magosto, chaveiros de cabaza, decoración de nadal (nacimento de plastilina, adornos navideños…), obradoiro de carteiras, pulseiras, velas... Festas: Magosto, Halloween, Entroido... Actividades musicáis: Café-concerto, karaokekilo, Rumbo Tupac... Torneos: Campionato de “pingpongkilo” por parellas, Password... Cine: Cinema na Sala Aberta Actividades formativas: Parolando con Elena Álvarez do voluntariado en África Actividades ó aire libre: roteiro por O Burgo.

Megabeiro xuño’09


CX Abeiro www.cxabeiro.org 15 anos de Abeiro... en fotos 1.2.3.4.5.6.7.8.9.-

Animadores/as de Tardes Abertas (2000) Imposici贸n de panos Tardes Abertas (2001) Animadores do Campamento Urbano (2003) Xuntanza de animadores Andaina (2004) Primeira agrupaci贸n Andaina (2001) Animadores ADS explorando Monfero (2003) Animadoras ADS (1996) Animadores de Abeiro en Le贸n (2004) Botando unha man contra o piche (2003) 1

3

2

4

5

9

12

6

8

7


13

10

10 e 11.- Pombas solidarias (1997 e 1998) 12 e 13.- Operación Quilo (2000 e 1996) 14.- Café Concerto (2001) 15.- Grupo de Catecumenado (2002) 16.- San Xoán en Abeiro (2005) 17.- Act. Conxunta de inicio de curso (2000) 18.- Xabi Blanco e Carlos Paz, director e coordinador do C.X. Abeiro (1998) 19.- Curso de monitores de tempo libre (2000)

11

14

15

12

13

16

19

17

18

Megabeiro xuño’09


CX Abeiro www.cxabeiro.org De teclas e monitores Chegada a fin do curso, cómpre voltar a vista atrás e botar unha ollada ao camiño percorrido. O equipo de informática tamén gusta desta saludable técnica de autoafirmación. Polo de pronto, salientar que, por fin, xa somos dous no equipo! Se ben é certo que neste curso nos quedaron cousas pendientes, non é menos certo que seguimos avanzando no noso empeño por achegar as novas tecnoloxías para aplicalas á laboura realizada en e dende o centro xuvenil. Vale, que nos fallou ter a sala de ordenadores da Sala Aberta lista para comezo de curso; pero a melloramos e a deixamos lista despois de Semana Santa, con 7 equipos reciclados e plenamente funcionais, para as necesidades que xurdan. E aí seguimos traballando en cousiñas, que non se poden dicir aínda... Que tamén nos quedou no tinteiro o aprender aos animadores a empregar software de deseño para facer carteis e trípticos con certo estilo; pois o compensamos instalando un ordenador conectado a Internet e a ao servidor central, depósito dos datos comúns de Abeiro, en cada unha das salas das agrupacións, e apañando os ordenadores comúns da sala de material. Para isto último cómpre agradecer a doazón realizada pola Consellería de Sanidade de 5 equipos completos, que son os que se repartiron polas agrupacións. Nestas últimas datas e neses equipos, ademais, tratamos de favorecer o uso de software libre achegando ferramentas de deseño e ofimática sinxelas e potentes. Como último apunte, sinalar que temos novo gañador do concurso “O Rato de Ouro”, co que o equipo de Informática premia a participación na páxina web do centro das agrupacións e animadores de Abeiro. O ano pasado, os Andaina levaron o dourado periférico con bastante vantaxe respecto de Tardes Abertas, pero este ano non puido ser. Malia estar a competición moito máis reñida este ano, sobor de todo agora ao final do trimestre, Tardes Aberta álzase co Rato de Ouro 2009. Noraboa! E a seguir participando!

Miki

14


2

1

3

7

4

5

6

8

9

10 12

11

13 14

16

17

15

18 19

22

20

21

23 24

25

26 28

27 31

29

30

32

33

34

35

36

37

38 39

40

41 42

46

45 48

43

44

47

49 50

51

52

ENCRUCILLADO 2009

G al i z a en l e t r a s

15

HORIZONTAIS

VERTICAIS

2. Resplandor da Lúa. 3. Abeiro tén unha á que lle din Aberta. 7. Ganas de beber. 10. Ó ..., sen plan previo, ó azar. 11. Agrupación de gnomos, árbores, e panos amarelos. 12. Que non está vestida. 13. Nin este, nin aquel. 14. Pata de certos animais con uñas fortes, afiadas e curvas. 15. Campamento de verán que realiza Abeiro para os rapaces da cidade. 16. Eu ..., eu remando ..., a canoa polo río vai! 22. Aves solidarias que pintamos no chan nas actividades en prol das campañas de Mans Unidas. 24. Como son as actividades nas que participa máis de unha agrupación. 26. Cor do pano A.D.S. 28. Co que andas entre mans, nestes momentos. 29. Nome da actual coordinadora de Abeiro. 31. Anfibio que anda a saltos. 34. Oooo ..., o ... con unha pata! 35. Tés dous, destes, ao final das pernas. 37. Norma, regra. 38. O Rei Artur tiña unha redonda. 39. Xogo pasatempo, que consiste en ir enchendo con letras os cadriños dun debuxo, para formar palabras. 43. Contrario de inimigo. 46. Apelido de “Papi”. 47. Unha das cousas que máis fan os rapaces de Tardes Abertas. 48. Refuxio, Lugar onde un se pode protexer contra os rigores do tempo, un perigo, etc. 50. Palabra con que se afirma algo. 51. Facer coma ..., finxir que se fai algo. 52. Lazo que se fai con fío ou corda.

1. Dedo do pé. 2. Tempo libre, dispoñible para facer algo ou para descansar. 4. Bonita, fermosa. 5. Tocar o chifre, asubiar, pitar. 6. C... Houbo un animador con este nome en todas as agrupacións de Abeiro. 8. Mes no que se celebra o San Xoán. 9. Símbolo do Centro Xuvenil Abeiro. 10. Deus e os anxos e os santos viven nel. 12. Así foron as noites de venres e sábados este curso na Sala Aberta. 17. www.cxabeiro.org é a do centro xuvenil. 18. Aqueles dos que se reciben moitas e boas ensinanzas. 19. Cacheira, fogueira. 20. Un dos barrios coruñeses máis próximos ao Centro Xuvenil Abeiro. 21. Contracción da preposición “en” e do indefinido “outro”. 23. En Abeiro hainos de moitas cousas: de música, de coiro, de barro, de pulseiras... 25. Naquel sitio. 27. Nunha serie vai antes ca ningunha outra. 30. O máis famoso dos afluíntes do Miño. 32. Xoán ..., patrón dos Salesianos. 33. Barriña branca que se emprega para escribir nun encerado. 36. Non dicir nada. 40. O máis famoso é o do carpinteiro de Manuel Rivas. 41. Fixar a vista intencionadamente nalgo. 42. O que somos todos e todas os do Centro Xuvenil. 44. Praia veciña do Centro Xuvenil. 45. Saquiño pequeno que se cose na roupa e serve para gardar cousas. 49. Peza máis importante do xogo do Xadrez.

(Solucións en www.cxabeiro.org)

Megabeiro xuño’09


CX Abeiro www.cxabeiro.org Xuntanza andaina 2009 A Xuntanza Andaina deste ano foi en León. Foron todos os andainas da inspectoría, foi como un campamento de un só día: todos os andainas quedamos durmir, etc… A xuntanza tratou sobre o circo. O sábado pola tarde houbo moitos xogos diferentes, todos relacionados co circo ou con actividades que se fan nel. Había de todo tipo: dende maxia, globoflexia, diábolo, maquillaxe… ata cantar na ‘play station’. ¡Rematamos agotados! Logo reunímonos por centros xuvenís e cada un tiña que montar un espectáculo. Despois de ensaiar, cenamos para repoñer forzas e, por fin, o Gran Circo Andaina abriu as súas portas cunha gran velada que comezou coa actuación dun mago xenial; aínda que estaba algo enfermiño, fixo un esforzo e amosounos que a maxia impacta a calqueira idade. A continuación, os andai-

16

nas de Coruña fixemos un baile hindú, e despois de todas as actuacións as formigas Trancas e Barrancas deleitáronnos coa canción de “Vete a dormir”, pero xa estabamos moi cansos e, despois de tomar un chocolate ben quente, a durmir! Ó día seguinte despois de almorzar reunímonos por idades e fixemos diferentes actividades relacionadas co cumpreanos andaina. ¡Ups! Olvidábaseme que a xuntanza foi tan especial porque Andaina cumpría 20 anos na inspectoría e 10 en Abeiro!! A xuntanza estaba a piques de rematar cando fixemos unha eucaristía no teatro, cantamos, unhas fotos, xogos libres e… ¡volta para casa! Isto foi todo… unha experiencia inolvidable!!

Susana García Collazo, 6º


17 10 anos de Andaina en Abeiro “Un árbol grande que regala su sombra, un gran camino que poder recorrer…” xa che conto. Pero neste caso camiño percorrido durante dez anos disfrutando en Abeiro, e vinte na inspectoría!! Anos cargados de experiencias, de xuntanzas, de xente de aquí e doutros lugares da xeografía española e italiana, de campamentos, de ilusión, de aventuras, de bos e malos momentos… pero sobre todo cargadiño de sorrisos e anécdotas, e se non seguide lendo e contestade:

Todo isto forma parte da nosa historia. Historia que formamos gracias a moitos de vós, nenos e animadores, e que esperamos seguir formando por moitos anos máis. Porque aínda quedan moitos retos que superar, moitas noites de terror que vivir, moita xente por coñecer, regras de ouro que pór en práctica. En definitiva…moito camiño por percorrer…

Equipo de animadores/as de Andaina

¡¡O noso foro andaina!! Boas a todos/as!! Abeiro súmase ás novas tecnoloxías. Proba diso é a fantástica web da que dispoñemos, aínda que non lle saquemos todavía todo o proveito que pode dar. En Andaina, este ano, tamén quixemos sumarnos á modernidade creando un blog no que os rapaces/as poden seguir o que aconteceu nas últimas actividades, e ata deixar os seus comentarios!

Se vos dicimos cine… lémbrádevos dalgunha xuntanza? Se vos nomeamos Quiroga….alguén recorda algún percance nese campamento? ‘K.O’??? que é iso? Se vos falamos das gnomovaias… mmm as gnomovaias!!! Se vos dicimos un lugar…Camelot…como era o himno?

O noso contador de visitas do blog xa marca 440 visitas! Anímaste a deixarnos ti tamén algún comentario? Queres seguir de cerca as aventuras de David o Gnomo? Ou botar unha ollada a algunhas das últimas fotos? O blog aínda está poñéndose en marcha, pero agardamos que co tempo sexa cada vez máis completo. E contamos coa túa axuda para facelo cada día mellor. Se queres saber máis, visítanos en... http://andaina-abeiro.blogspot.com

Equipo de animadores/as de Andaina

Se tedes curiosidade ou algunha pregunta sen contestar preguntádelle a alguén de Secundaria ou Bacharelato que pasara por Andaina, a ver que vos pode contar.

Megabeiro xuño’09


CX Abeiro www.cxabeiro.org Sopa de Andaina Atopa 7 palabras que teñan que ver co mundo Andaina…

Ángela Mouzo, 6º

18

D

B

A

N

D

E

R

I

N

P

S

A

I

X

F

R

E

A

E

Y

L

K

P

V

P

A

R

W

Q

G

U

M

H

N

S

E

L

T

L

P

A

Ñ

O

L

E

T

A

N

O

C

R

Q

X

I

M

R

O

A

V

T

M

A

N

I

M

A

D

O

R

E

S

U

A

S

W

T

D

E

K

E

K

I

X

R

J

M

A

R

B

O

L

Q

L

J

R

A

N

P

A

O

E

H

T

U

S

H

C

S

I

Ñ

O

P

A

P

A

H

C

B

A

F


19 V Café-concerto Abeiro (Feb’09) “Construíndo pontes coa música”. Así rezaba o cartel desta quinta edición do Café-Concerto, organizado e promovido polo C.X. Abeiro, e que se celebrou o venres 20 de febrero de 2009. Nin máis nin menos que dúas horas e media de música en vivo con todo tipo de instrumentos, estilos, ritmos, e por suposto, moitas sorpresas. Un servidor non pode deixar de suliñar que estas oportunidades son de ouro para aqueles e aquelas que adoramos a música e queremos compartila cos demais, logrando, dun xeito ou doutro, crear vínculos, e transmitindo valores intrínsecos en cada un dos moitos eslabóns que conforman a cadea que leva aos participantes a acadar un tema en directo coa calidade que se puido apreciar. Gustaríanos destacar que nesta edición houbo una grande participación de alumnos xoves cursando a E.S.O. no colexio, así como de caras novas dos Antigos Alumnos do centro. De igual maneira, salientamos a difícil tarefa dos “mesas” que se volcaron para aumentar a calidade do son e poder gravar en pistas cada un dos temas (agardamos que sexan editados en breve). En último lugar, queremos agradecer a todos os que fixestes posible este café concerto tan divertido, e para moitos, inesquecible. Dende a “cúpula” do C.X. Abeiro, até o propio público, pasando por presentadores, artistas, colaboradores, mesas e todos aqueles e aquelas que dun xeito ou doutro nos destes alento para conseguir un resultado moi satisfactorio. Tanto, que nos fai soñar cunha sexta edición antes de que remate o presente curso. Gracias!

Diego Sánchez Pardo

Megabeiro xuño’09


MEGABEIRO revista do cx. abeiro


Megabeiro 2009