Page 1

a z i l a G en s a r t le A B E I R O

C O N C U C R S

O

Un encrucillado é todo un reto. Unha forma de superación, unha loita entre o ser humano e o seu coñecemento. Noutras loitas implicáronse xente como Castelao, Bóveda, Rosalía, Curros, Sarmiento... Loitaron por medio da palabra contra o asoballamento do galego. Pretende ser pois, este encrucillado, unha homenaxe a todas aquelas mulleres e homes que traballaron arreo na procura da pervivencia da nosa lingua. Ogallá nos faga pensar, reflexionar, investigar, preguntar... mais, sobre todo, gozar do galego. Unha aperta, e boa sorte.


Encruc Galiza en

HORIZONTAIS 1

AVELINO ... O GAITEIRO DE SOUTELO DE

4

DA TERRA CHA (FEM)

9

ESTIRAR O CORPO PARA SACUDIR PREGUIZA, ESPREGUIZARSE

10

CAMIÑO MOI ESTREITO E ENCAIXOADO

12

PAO DELGADO E PEQUENO, QUE SE USA PARA PRENDER LUME

13

ENQUISA

15

VILA DA COSTA DA MORTE FAMOSA POLOS SEUS HÓRREOS

18

LAMA

19

PRAIA DA VILA DE ORTIGUEIRA, ONDE SE CELEBRA O FAMOSO FESTIVAL CELTA

21

CONXUNTO MUSICAL GALEGO QUE VEN DE CUMPRIR 25 ANOS DE ANDAINA MUSICAL

22

AGRADAR, SENTAR BEN

27

MIRAR EN SENTIDO OBLICUO, MIRAR DE...

30

BULE BULE. PERSOA DE GRANDE MOBILIDADE

34

PREDICCIÓN SUPERSTICIOSA DUN SUCESO NEGATIVO

36

COUSA QUE XA NON VALE PARA USAR

39

RÍO DA BISBARRA DO ORTEGAL

40

CIDADE ONDE ESTÁ A CASA DA TROIA

41

MALA VONTADE, RABIA EN CONTRA DALGO OU DE ALGUÉN

43

DE MUROS (MASC)

45

MULLER QUE TEN RELACIÓN CO DIAÑO

48

PEQUENA ELEVACIÓN DE TERREO ILLADA, DE POUCA EXTENSIÓN, PETOUTO

50

SECA, SEN HUMIDADE

51

LOCALIDADE DE POIO

53

SON BREVE E SECO PRODUCIDO POR ALGO Ó ESCACHAR OU REBENTAR

55

CHUVIA OU NEVE ACOMPAÑADA DE VENTO FORTE E XÉLIDO, XISTRA

56

NOME DO COMPOSITOR DA MÚSICA DO HIMNO GALEGO

60

PEIXE DE RÍO

63

CHISPA OU PARTICULA LUMINOSA QUE SALTA DO LUME

65

FRANCISCO ... ESCULTOR CAMBADÉS DE SONA INTERNACIONAL

66

SERRA DA PROVINCIA DE LUGO

67

RÍO QUE DESEMBOCA NA RÍA DE BETANZOS

68

VARA DELGADA

69

POBOACIÓN DO CENTRO XEOGRÁFICO DE GALIZA

70

RAPOSO

71

DENSO, ESPESO

72

EXTRAER COS BEIZOS UNHA SUSTANCIA OU ZUME

2

1

7

8

9

12 14

13

16 18 21 22 25

26

30

3 35 36 37 40 42 43 46

45

5 52

51

55

57

56

58 64

63

66

70

6

67

71


cillado n Letras 3

VERTICAIS

5

4

6

8 10

11

15 17

23

24

27 28

29

31 33

34

38

39

41

44 47

49

48

50

53

54

59

60 61

65

68

69

72

ALCUME CO QUE SE COÑECE AOS CORUÑESES

3

ESCRITOR DE MONDOÑEDO

5

SEN SABER QUE FACER OU QUE DICIR DIANTE DE ALGO INESPERADO

6

REPRESA DE AUGA

7

C... EMILIO FERREIRO

8

ALGAS QUE BOTA O MAR ÁS PRAIAS EMPREGADAS COMO ESTERCO

10

VISCOSO, DENSO, DE COR ESCURA OU NEGRA. PICHE

11

FIXAR A VISTA OU ATENCIÓN NALGO

14

VOLTA LIXEIRA SOBRE SI MESMO QUE SE DÁ AO BAILAR

16

QUEN DE SEU DEMOSTRA TER POUCO SISO, MEQUETREFE

17

LUBINA

20

VALADO VEXETAL

23

MARMURIO DAS FONTES, REGATOS OU FOLLAS

24

PARTE DA GAITA

25

HOME MOI ALTO E CORPULENTO

26

BOTAR NUN RECANTO O QUE NON SERVE

28

AFLUÍNTE DO MIÑO

29

FLOR DO TOXO

30

CONCELLO DA MARIÑA LUCENSE

31

Á CONTA DOUTRO, GRATIS, DE...

32

VERME DE LUZ

33

PENA DA COSTA CORUÑESA, DA QUE DISQUE QUEN A PASOU, PASOU A MAR TODA

35

ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ

37

PRAIA PEQUENA DO MAR DO ORZÁN, LUGAR DE MOITAS AMORAS

38

AXUSTAR UNHA COUSA ARREDOR DOUTRA

42

DIVERSIÓN BULICIOSA E ESAXERADA, REXOUBA, TROULA

44

PEQUENO INSECTO DE COR ENCARNADA CON SETE PUNTOS NEGROS. REIRREI

46

CETÁCEO

47

GOLPE DE CHUVIA FORTE, ABUNDANTE E DE POUCA DURACIÓN

49

DON QUE POSÚEN ALGUNHAS PERSOAS PARA ATRAER A OUTRAS

52

PRESIDENTE DA R.A.G.

54

PEZA DE BARRO AMASADO E COCIDO USADA PARA A CONSTRUCCIÓN. LADRILLO

57

LIBRE

58

RUÍDO PRODUCIDO POR ALGO QUE ZOA

59

CONVERSA AMIGABLE SOBRE COUSAS SEN IMPORTANCIA

61

ROER

62

PEPE O ... SERIE DA TVG

64

O QUE ESTÁ MOI DENTRO DE UN, NA INTIMIDADE

20

19

32

2

62


Bases do concurso: 1.

Poderá participar toda persoa maior de 12 anos (1º ESO), de acordo coas seguintes categorías: a.

12-14 anos (1º-2º ESO)

b.

14-16 anos (3º-4º ESO)

c.

16-18 anos (1º-2º Bach)

d.

maiores de 18 anos

2.

Para participar, deberase completar este Encrucillado correctamente, con letra maiúscula, e entregalo cos datos persoais cubertos no despacho do Centro Xuvenil Abeiro.

3.

A data límite de entrega é o 11 de Maio de 2007

4.

Estableceranse uns premios, a xeito de cheque a canxear por discos ou libros galegos (por valor de 20€ cada un), para os/as primeiros en cada categoría, que entreguen correctamente cuberto o Encrucillado.

5.

Os gañadores daranse a coñecer o día 17 de Maio de 2007 na páxina web de Abeiro (www.cxabeiro.org)

6.

A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases. Poderán participar todas as persoas que o desexen.

Nome: ����������������������������������������������������� Apelidos: ��������������������������������������������������� Data Nacemento: ��������������

Curso: ����������������������

Enderezo: �������������������������������������������������� Cód. Postal:  ������������������

Localidade: ������������������

Teléfono: ���������������������

Organiza:

Patrocina:

Selo do Centro Xuvenil Abeiro:

  Data de Entrega: ��������������   Hora de Entrega: ��������������

Concurso Encrucillado 2007  

CONCURSO ABEIRO2007: Encrucillado "GALIZA EN LETRAS"

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you