Page 1

Eran as 7:30 horas da maña do Luns 12 de Febreiro, a cadea de Montaxe no Sistema 1 realizaba a parada prevista para necesidades fisiolóxicas. Os marcadores do ANDON comezan a súa conta fatídica dos 8 minutos de parada, namentres as/os traballadoras/es aínda estaban rematando o seu traballo. O tempo apremia, a parada é curta. Comézanse a ateigar de xente as zoas das cafeteiras e baños. Un café rápido, un cigarro correndo, e sen rematar a medio consumir, regresan correndo ó seu posto de traballo. Os marcadores do ANDON xa reflexan os poucos segundos que quedan para botar a andar a cadea. Un tempo gañado con suor, non regalado. A liña comeza a camiñar, as/os traballadoras/as identifican o coche e as pezas a montar, pregando que a composición nesta xornada non penalice aínda mais o seu corpo e mente. Despois duns intres, comeza a sirena do ANDON a soar, o panel marca un posto con problemas, as/os traballadoras/as practicamente non se alteran ante un son que xa é familiar, molesto, e habitual nas liñas que pasa desapercibido aos seus sentidos. Un ADP correndo, un RU camiña co móbil na orella incumprindo as súas propias regras de seguridade. Alguén berra: NON ESTAMOS TODOS, FALTA UN!. Con cada coche que pasa o rumor no modulo comeza a ser máis grande, e o final constatase nunha realidade. Non estabamos todas/as, faltaba outro traballador eventual que decidiu abandonar a fábrica na primeira parada da liña. O taller na procura do traballador percorre a cafeteira, o baño, o Servizo Medico, ata que constatan que marchou da fabrica. Aínda que ten algo de conto, é real. Onte pola tarde, outro mais.....e o goteo continua. Son varios os/as compañeiros/as que nos últimos tempos deciden abandonar a fábrica. A resposta da Dirección cando a CUT fai alusión a esta realidade, sempre é a mesma:

EL QUE NO ESTE A GUSTO QUE SE VAYA!.

Vaiamos ó concreto, o “fuxido” formouse durante uns días nun posto, e o Luns a xerarquía da Empresa decidiu deixalo solo. A impotencia, a carga física e mental, e a presión da xerarquía ante as paradas reiteradas da liña, quizais foi o motivo para que o traballador tomara a decisión de abandonar a fábrica, igual que xa anteriormente o fixeran outras/os. Aínda por enriba ó non preavisar cos 15 días que marca o convenio, os días traballados non os cobra, obtendo a empresa rédito do seu traballo. Outra presión que ata poderiamos denominar como coacción se está exercendo sobre os eventuais, e supostamente a realizan os “AMARELOS” polas liñas en busca de afiliados/as. Pero no so os amarelos están de caceria; segundo nos contan as/os propios/as traballadores/as. Ca suposta afiliación lles garanten pasar o período de proba, ou ter asegurado ser chamado nun futuro. Non levan no taller nin 24 horas, e xa caen coma aves de rapiña sobre eles/as. Quen lles pasara o listado?... Queda claro quen o fai.


A CUT dende que denunciamos no xulgado as cláusulas abusivas dos contratos eventuais, sobre a distribución da xornada, mobilidade, etc. (xuízo 26 Marzo), nin tan sequera se nos facilitan as copias básicas dos contratos celebrados que viñan remitindo a cada sindicato ata o de agora en cumprimento da Lei. Pretenden deixarnos cegos. Incumprindo a Lei e Vulnerando os dereitos que temos como representantes legais dos traballadores/as Que un traballador/a marche do Centro, e que teña que ser substituído por outro que non é o titular do posto, non afecta a calidade?, e a imaxe de grupo?. Eses feitos agora xa non quedan escritos nunha folla de papel ou esquecidos, senón que os propios/as afectados/as os recollen nas redes sociais ó alcance de todo o mundo. Cando o voceiro da Empresa “Faro de Vigo”, publicou a nova das posibles 900 contratacións na súa edición dixital, dos mais de 1000 comentarios non había un so positivo deste Centro e das súas condicións sociais i económicas. E o máis alarmante nas queixas, ó trato humano recibido. Ai quen intencionadamente di que a CUT, por facer públicos os conflitos, somos os que danamos a imaxe do grupo, e quen avivamos eses comentarios. Cada quen que xulgue o que considere. Compañeiras/os eventuais, a afiliación sindical é libre. A coacción, ameaza e chantaxe para afiliarse é un delito. A libre afiliación esta protexido pola Constitución. Dicirlle que: NO es NO. A consecuencia de igual traballo igual salario neste Centro non é posible grazas ós mesmos que vos intentan convencer de que que se queredes garantir un futuro no Centro debedes afiliarvos. Os mesmos que permiten que os contratos sexan de 4 horas, e con dispoñibilidade os 7 días da semana as 24 horas do día. Pero nesta andaina nunca estiveron solos, sempre foron acompañados de quen baixo o paraugas da súa maioría se escusaron para non facer nada. Por un interese sindical, asinando acordos de modificación de “primas” onde unha parte dos/as traballadores/as eventuais igual xa non perciben, e outra parte é absorbible para os indefinidos/as. Ou acordos como o de Industrialización de 2018, onde antes de consumir os días de adecuación os que teñen saldos negativos entre -23 e -30 pretenden mandalos o ERTE. Loxicamente a sinatura será a cambio dun “pedazo” da suposta tarta desas 900 contratacións, para garantir afiliación e manter estruturas deficitarias que mantiñan grazas a subvencións publicas que agora lles recortaron. Sen esquecer garantir un trato de favor e numero de votos nas eleccións sindicais deste ano para seguir garantindo á Empresa quen lle asine acordos, e eles manter ou aumentar representatividade. 19 Febreiro 2018

Nota repartida  

Nota repartida pola CUT en Psa Vigo

Nota repartida  

Nota repartida pola CUT en Psa Vigo

Advertisement