Page 1

E (Autor : Alberto Ribadulla de 4ºESO)

UNIDADE DIDÁCTICA INTERDISCIPLINAR PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO IES DE CURTIS (A CORUÑA) 1


ÍNDICE: •INTRODUCCIÓN ….................................................................... PÁX. 3 •OBXECTIVOS ….........................................................................PÁX. 5 •CONTIDOS. ACTIVIDADES …....................................................................... PÁX 6 •TIPOS DE VIOLENCIA …........................................................... ..PÁX 7 •REALIZACIÓN MARCAPÁXINAS ACTIVIDADE PLÁSTICA ANÁLISE CRÍTICA DE CONTOS CLÁSICOS …...................... ….........PÁX 8 •ALGUNHA SENTENZA ESCANDALOSA ….........................................PÁX. 10-11 •A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NO MUNDO …....................... PÁX 12-13-14 •INVENTAMOS UN LEMA LISTA PARA EVITAR A VIOLENCIA DE XÉNERO.............................. PÁX 15 •CANCIÓNS................................................................................PÁX 16 a 21 •SON VERDADE ESTES TÓPICOS? …....................................... …....PAX 22-23 •DESTRIPANDO NOTICIAS ….........................................................PÁX 24-25 •MÁIS INFORMACIÓN QUE DEBEMOS COÑECER.............................. PÁX 26 •UN POUCO DE HISTORIA …......................................................... PÁX 27 •REFRÁNS MACHISTAS …............................................................. PÁX 28-29-30 •ELAS DENUNCIARON (Def con dos) LA MATÉ PORQUE ERA MÍA (Platero y tú) …................................... PÁX 31-32 •TEXTOS LINGUA GALEGA …......................................................... PÁX 33 a 47 •TEXTOS LINGUA CASTELÁ …........................................................ PÁX 48 A 50 •HISTORIA DO 25 N ….................................................................. PÁX 51-52 •LISTAXE DE MULLERES ASASINADAS …......................................... PÁX 53 a 58 •TELÉFONOS DE INTERESE ….........................................................PÁX 59 •AS NOSAS FONTES ….................................................................. PÁX 60

2


25

DE

NOVEMBRO

DÍA

INTERNACIONAL

PARA

A

ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES

INTRODUCIÓN A violencia contra as mulleres foi unha constante ao longo da historia e, aínda que estamos nos albores do séculos XXI, segue sendo unha eiva que parece non ter fin. Tratamos de interpretala e de buscar solucións, pero nunca chegará o fin desta violencia se non somos quen de buscar a verdade dende a raíz, se non tratamos de desentrañar as verdadeiras razóns que a xeran. Sempre se penalizaron as agresións dos homes ás mulleres, pero, en lugar de ser interpretadas como manifestacións de problemas profundos, a sociedade patriarcal necesitou interpretalos como casos illados e accións patolóxicas de quen os cometen e non como un problema social de fondo. A violencia contra as mulleres estivo e está presente de forma xeneralizada e preséntase de moi diferentes maneiras: unhas veces de xeito subliminal, a través do control e imperando a falta de respecto cara ás mulleres; outras, de maneira clara e obxectiva, dando lugar á violencia física, que en moitos casos significa a morte de moitas delas.

A análise das circunstancias débenos levar a interpretar que o elemento común das condutas violentas contra as mulleres está nos valores culturais e sociais. A diferenza sexual feminina sempre se converteu nunha fonte de desigualdades, de discriminacións e de subordinación das mulleres aos homes. Así se construíu a sociedade patriarcal, sobre a base da súa posición de poder e a forma de facerse valer e impoñer os seus criterios. Como consecuencia desta posición de desvantaxe e de subordinación, moitas mulleres non puideron saír da espiral da violencia na que estiveron envoltas.

Por todo iso, se queremos erradicar a violencia contra as mulleres:

 É necesario buscar outras formas de entender o masculino e o feminino.

 É necesario encontrar formas de convivencia en que as mulleres e os homes vivan libres e nunha sociedade igualitaria.

 É necesario vivir en igualdade para vivir sen violencia.

3


Vive en Igualdade. Vive sen violencia

Este curso queremos presentarvos unha serie de actividades para traballar nas aulas e intentar, pouco a pouco, ir erradicando a violencia de xénero. Sabemos que é difícil pero só se o intentamos poderemos logralo.

UNIFEN (Fondo de desenvolvemento de Nacións Unidas para a muller) di que "o maltrato cara ás mulleres é unha epidemia global ", por iso é necesario que loitemos con todas as nosas forzas para rematar con ela e,

unha das mellores formas para facelo é a educación; só se

educamos

os

nosos

alumnos

e

alumnas

na

igualdade,

solidariedade e na tolerancia conseguiremos rematar con esta eiva.

4

na


OBXECTIVOS:  Desenvolver e potenciar a tolerancia no noso alumnado.

 Descubrir a violencia como un problema social que nos afecta a todas e a todos e contra o que debemos loitar para rematar con el.

 Construír unha sociedade máis equitativa e xusta, onde as relacións entre homes e mulleres se baseen na igualdade.

 Promover unha educación non discriminatoria, non sexista e non violenta.

 Combater a linguaxe sexista e a degradación das mulleres.

 Aprender a expresar as emocións de forma adecuada, evitando os insultos, agresións, berros...

 Mostrar e visibilizar a gravidade da violencia de xénero dentro dos centros educativos.

 Descubrir as consecuencias que trae a desigualdade entre homes e mulleres.

 Identificar, visualizar e definir todas as formas de violencia que se exercen sobre as nenas e mulleres.

 Previr a violencia como medio para rematar con ela.

5


CONTIDOS:  Formas de violencia. Os roles masculino e feminino.  Repercusións da desigualdade na nosa sociedade.  Violencia de xénero próxima e afastada a nós e nós.  Violencia e desigualdade.  Linguaxe sexista.  Violencia nos medios de comunicación.

ACTIVIDADES: Presentámosvos unha serie de actividades que se poden traballar cos nosos/as alumnos/as. Non están separadas por niveis xa que moitas pódense utilizar con varios niveis educativos.

1. Traballar co alumnado as seguintes definicións: Segundo a especialista Concha García Hernández:

Violencia de xénero: "é a que se exerce cara ás mulleres polo feito de selo, e inclúe malos tratos da parella, como agresións físicas ou sexuais de estraños, mutilación xenital, infanticidios femininos, etc. Susana Velázquez amplía a definición

afirmando

que

comprende

todos

os

actos

mediante os que se discrimína, se ignora, se somete e se subordina as mulleres nos diferentes aspectos da súa existencia. É todo ataque material e simbólico que afecta á súa

liberdade,

dignidade,

integridade moral e/ou física".

6

seguridade,

intimidade

e


Tipos de violencia:

 Física: "é aquela que pode ser percibida obxectivamente por outros, a que habitualmente deixa máis pegadas externas. Refírese a empurróns, dentadas, patadas, puñazos, etc., causados coas mans ou algún obxecto ou arma. É a máis visible, e, polo tanto, facilita a toma de conciencia da vítima". 

Psicolóxica:

"a

violencia

psíquica

aparece

inevitablemente sempre que hai outro tipo de violencia. Supón ameazas, insultos, humillacións, desprezo cara á propia muller, desvalorizando o seu traballo, as súas opinións...

Implica

unha

manipulación

na

que

a

indiferenza ou o silencio provocan nela sentimentos de culpa

e

indefensión,

dominación

do

incrementando agresor

o

control

sobre

e

a

vítima".

 Económica: "é aquela na que o agresor fai o posible por controlar o acceso da vítima ao diñeiro, impídelle traballar de forma remunerada ou obrígaa a entregarlle os seus ingresos, facendo el uso exclusivo destes”  Social: "o agresor limita os contactos sociais e familiares da súa parella, illándoa do seu ámbito

e

limitando

así

un

apoio

social

importante

nestes

 Sexual: " O agresor intenta impoñer á vítima unha relación sexual por medio da forza, a coacción ou a indefensión".

A partir das definicións, propoñemos:  Facer unha reflexión en pequenos grupos sobre a información que lles achegamos.

 Tentar que eles e elas saquen as súas propias conclusións.

 Facer unha posta en común en gran grupo sobre o traballado.

 Elaborar e escribir as conclusións ás que se chegou.

7

casos".


Realizar un marcapáxinas cunha frase

e un debuxo que

fagan referencia a como ven os alumnos/as a violencia cara ás mulleres.

Actividade plástica: Facer tarxetas tamaño cuartilla. En cada unha delas pegaremos a noticia de cada unha das mulleres que foron asasinadas por violencia de xénero durante este ano. Podémolas unir con argolas para facer unha cadea e colgala das paredes da entrada do noso centro ou da nosa aula. Hai que facer reflexionar os nenos e as nenas sobre a cantidade de mulleres mortas e o problema social que isto implica e tamén hai que facelos ver que o caso dos asasinatos de mulleres é o máis dramático sobre violencia de xénero, pero que se fixésemos a cadea con todas as mulleres que son agredidas sexual, física, psicoloxicamente... non poderiamos colgar a cadea no noso centro xa que sería demasiado grande (nun anexo podedes encontrar o listado de todas as mulleres mortas durante este ano 2011).

Análise crítica dos contos clásicos: Case todos os contos clásicos (Cincenta, Brancaneves, Carapuchiña vermella, Os sete cabriños...) mostran unha imaxe da muller moi estereotipada: totalmente sumisa e dependente do home. Todas as nenas/ mulleres son:

Guapas  Indefensas  Son as coidadoras e criadas dos demais  Esperan casar e coidar dos fillos/as  As que non son guapas nin indefensas adoitan ser bruxas malvadas.

Analizaremos os contos co noso alumnado e inventaremos un conto novo no que as mulleres non estean discriminadas e fagan as mesmas cousas que os homes, como medio para lograr a igualdade e a non violencia entre homes e mulleres.

8


Buscar en internet noticias sobre violencia de xénero:

 Que encontramos?  Hai moitas noticias?  Quen son as vítimas ?  Hai moitas mulleres mortas pola violencia?  Que conclusións podemos sacar?  Outras actividades que se nos ocorran.

9


Algunhas sentenzas escandalosas Hai ocasións en que as mulleres son dobremente agredidas. Primeiro sono pola súa parella, pola súa familia, polos seus compañeiros de traballo, os seus xefes... e logo volven ser agredidas cando denuncian e os xuíces e xuízas ditan sentenzas como estas: VI Informe de Sentenzas Benévolas a Maltratadores (www.redfeminista.org)

Algunhas das sentenzas máis relevantes:

Denéganlle a orde de protección e a garda e custodia do fillo porque lle deu un ataque de pánico ante o forense:

Unha muller embarazada sofre unha crise de ansiedade ao ser examinada polo forense. Ese motivo é suficiente para a denegación da orde de protección e a atribución da garda e custodia provisional

do

fillo

común

de

tres

anos

ao

denunciado.

Dubídase da capacidade da nai para coidalo e entrégaselle ao pai denunciado. O agresor, amparado nisto, pediu a garda e custodia definitiva do neno de 3 anos e do que vai nacer.

Absolven o maltratador porque a querela ten moitos folios e moita testemuñas e por cometelo "só no ámbito familiar":

Na Sentenza núm. 256/2004, do 19 de xullo de 2004, o Maxistrado do Xulgado do Penal n.º 16 de Madrid, pronuncia un fallo de ABSOLUCIÓN dos delitos de maltrato familiar e aldraxes, nunha Sentenza na que, ademais de referirse continuamente á adicción, depresión e abuso de alcohol do acusado como causa dos feitos, di que "soamente existe o testemuño da esposa, dos fillos do matrimonio e do sogro do acusado, como persoas que puidesen testemuñar o delito de maltrato familiar”.

Nos fundamentos xurídicos da Sentenza, dise textualmente que "non hai nada máis que realizar unha lectura detida da querela para mostrar a estrañeza que supón considerar necesario tantos folios para poder explicar unha conduta denigratoria, vexatoria do acusado

10


respecto da súa esposa, que pode ser considerada constitutiva dun delito de violencia doméstica. Esa mesma estrañeza prodúcese ao observar todas as testemuñas propostas".O xuíz prosegue coa súa argumentación dicindo que: "Como diría un insigne penalista, abondan dúas ou tres liñas para mostrar a certeza da existencia dun delito. Se son necesarios tantos folios, tantas testemuñas, para levar a un Tribunal á certeza da comisión dun feito delituoso, é porque non existe base para iso, e porque se intenta buscar tres pés ao gato. Algo así pode dicirse no seguinte procedemento”.

O

xuíz

segue

argumentando

que

ao

non

exceder

o

ámbito

familiar,

os

feitos do

maltratador non puideron causar menoscabo psíquico. Por último sinala o maxistrado que, ademais, a actuación do imputado, querendo reconciliarse coa muller mesmo con viaxes, aconsellan que o Dereito Penal non interveña.

Rebaixa de 17 a 15 anos por "reparación do dano" tras estrangulala e despezala. Madrid. Trátase dun empresario madrileño que contratou, como facía asiduamente, a unha muller prostituta de 22 anos no parque. Levouna ao seu domicilio e no cuarto, por sorpresa, colleuna polo pescozo e golpeouna no rostro ata que faleceu. Logo despezouna e tirou o cadáver ao colector. El alegou que é moi tranquilo e que non sabe que lle pasou. Rebáixanlle a condena 2 anos por "reparación do dano" ao ingresar a indemnización para os herdeiros da vítima.

Un xuíz antepón o dereito laboral dun maltratador ao "Afastamento" da súa vítima:

Sevilla.

Condenáraselle

a

1

ano

e

11

meses

de

prisión

por

maltrato

habitual,

psicolóxico e ameazas. E quebrantara varias ordes de afastamento, pero agora un xuíz di que prevalece o dereito ao traballo do agresor, á “tranquilidade e liberdade deambulatoria da vítima".

As sentenzas falan por si soas polo claras que son. Podemos:

 Comentarlas en pequeno grupo.

 Sacar conclusións en gran grupo.

 Que podemos cambiar destas sentenzas?

 Escribir/debuxar /facer unha obra plástica ou audiovisual co que lles suxiren estas sentenzas.

11


A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NO MUNDO A violencia cara ás mulleres é unha eiva social que se produce en todos os países do mundo e entre todas as clases sociais. Para facerllo ver aos nosos alumnos e alumnas traballaremos con estes testemuños de mulleres que sufriron a violencia machista.

Testemuños de mulleres victimas da violencia de xénero

Faduma Abdi Ibrahim descríbese a si mesma como unha zombi ambulante. En 1994 foi secuestrada na súa casa de Somalia por unha banda de 28 bandidos que a violaron por quendas durante meses. “Cada día e cada noite rezaba para morrer”, recordou.

Os bandidos, que pertencían a unha das milicias responsables da actual guerra civil en Somalia, disparáronlle no brazo dereito e logo abandonárona, créndoa morta.

Ibrahim, que agora vive no campo de refuxiados de Kakuma, en Kenya, dixo que se ben algunhas boas samaritanas a salvaron da morte, persoalmente non ten ningún motivo para vivir. “Apoderáronse da miña vida e da miña dignidade”, expresou.

Mulleres de Etiopía expresaron preocupación sobre a crecente violencia cultural a través de prematuros matrimonios forzados. Nalgunhas comunidades etíopes, moitas nenas son casadas á idade de seis anos.

Unha adolescente queniana contou como un ministro do goberno a violou cando tiña 13 anos. A moza, que agora ten 16, tivo que deixar a escola cando se decatou de que estaba embarazada. ''L. (o ministro) ameazoume e díxome que non falase.

Dixo que non había xeito de que unha rapaza pobre coma min o puidese prexudicar, porque el estaba sempre co presidente'', relatou ao tribunal.

12


Sonia, unha rapaza española, tiña 17 anos cando sufriu unha experiencia que a marcou para toda a vida. Saían en grupo con outros rapaces e rapazas do barrio e un día apareceu un rapaz novo que era veciño do seu amigo Sergio. Este rapaz procedía dunha familia desfavorecida, o seu pai era alcohólico e un irmán maior estaba no cárcere por roubar nunha gasolineira (era toxicómano). En poucos días fíxose o líder do grupo: era o máis divertido e chistoso, gustaba moito a todas as rapazas do instituto e a súa labia tíñaos a todos marabillados. Pasados uns meses comezaron a saír como parella. A Sonia non lle parecía nada serio posto que o coñecía e sabía que ía de flor en flor, pero a ela gustáballe e pasaban bos anacos xuntos. Os problemas comezaron cando un día lle dixo que non puxese saias curtas nin tops, que a quería só para el e que os demais buscasen outra”.

A Sonia pareceulle excesivo dado o incipiente da relación, pero pouco a pouco foi cohibíndose á hora de vestir, ata o punto de que as súas amigas se rían dela por facerlle caso. Comezaron a aflorar os puntos máis negativos deste rapaz, todo resultou unha fachada e detrás había unha persoa agresiva e conflitiva. Calquera que mirase a Sonia ou que a saudase era un motivo para empezar unha pelexa ou discutir con ameazas e insultos. As amigas comezaron a separarse dela polo medo que lle tiñan e víanse ou falaban ás agachadas para que el non se molestase. Sabía que podían ser as causantes de que Sonia reaccionase.

O aspecto físico de Sonia foise deteriorando, tiña olleiras e a ansiedade levábaa a comer pouco e, ás veces,

a vomitar. Choraba polas noites porque non sabía que facer e o medo tíñaa

paralizada.

Un día, tras a presión da súa nai, contoulle o que ocorría e, a partir de aí, todo se resolveu. Os seus pais e ela foron xuntos a denunciar a este rapaz e tras a conversa de rigor do seu pai con el, nunca máis volveu molestala. Romperon definitivamente, ela foise todo o verán á casa duns primos e, ao volver, o rapaz desaparecera. Os amigos dixéronlle que marchara traballar ás illas. Tivo sorte.

13


Charlotte

Fedders,

aparentemente

de

tíñao

Estados

todo:

Unidos,

casada

cun

próspero e bo mozo avogado, nai de cinco fillos saudables, casa con cinco dormitorios, socia dun exclusivo club, etc. Pero detrás desa fachada escondíase algo horrible: o abuso físico e emocional ao que o seu home a sometía a ela e aos seus fillos. Durante 17 anos aguantou en silencio.

Finalmente, Charlotte armouse de forzas para abandonar o seu abusivo marido, e agora é unha

campiona

maltratadas. "Shattered

na

defensa

Publicou Dreams"

un e

de

mulleres

libro

titulado

testificou

ante

o

Congreso. Ten como metas elevar a conciencia sobre o problema e obter reformas lexislativas na área da violencia doméstica. Di: "Quero axudar a que comprendan que ningunha persoa ten dereito de aterrorizar a outra”.

"Ao principio era nova... el era bo tipo. Considerábame bonita, intelixente e digna de ser amada. "Logo viñeron as palabras ameazadoras... Facíame sentir, fea, bruta, indigna do amor de Deus e dos humanos. Comecei a chorar todas as noites". "Máis tarde chegaron os golpes... el dicíame que os merecía... Pensei que quizais el tiña razón... Eu recordaba que prometera ser a súa muller para sempre.

Finalmente abrín os ollos e chegoume a liberación. O problema non era meu, senón del. Unha mañá de primavera decidinme a comezar a miña vida de novo, soa. Deixeino e falei. Díxenme que nunca máis viviría ese tipo de violencia e así foi".

14


Inventamos un lema En pequenos grupos pensamos nun lema co que podemos loitar contra a violencia cara ás mulleres.

Traballar o noso lema, analizando todo o que quere dicir e todo o que significa. Pensar que podemos facer nós: na nosa casa, na nosa clase, no centro, cos nosos amigos e amigas... para que esta frase se faga realidade nas nosas vidas.

Pódese tentar facer unha obra plástica en gran grupo ou en pequenos grupos que reflicta o que o slogan significa.

A lista para eliminar a violencia de xénero Escribir cos alumnos e alumnas unha lista de accións concretas e realizables que podemos levar a cabo para rematar con esta eiva social. Tentaremos que sexan accións próximas a eles e posibles de realizar por todos e todas.

15


Escoitamos e reflexionamos sobre a letra e a mensaxe destas cancións: Escoitar a canción de Revólver: "O que Ana ve". Podemos pedirlles aos alumnos e alumnas que debuxen o que lles suxire ou escriban que sentimentos lles provocan.

Este é o enlace que vos permite ver e escoitar a canción de Revólver.

http://www.youtube.com/watch?v=6jPnPk2E16g

Ana tiene un mensaje pintado de azul en el ojo derecho Ana tiene un mal día grabado en los labios partidos por cierto Ana tiene un secreto que no sabe nadie aunque no es un secreto Y un día cualquiera es el último día, y un día de estos.

Ana cree que el mundo es enorme pero no lo bastante A Ana le engañan diciendo si te vas no tardaré en encontrarte Ana no tiene claro partir de cuando todo se volvió negro Pero él dijo un día antes muerta que viva, con otro ni en sueños O cuando escupía diciendo tu vida será puro miedo

Abrir las alas y volar dejarlo todo sin hacer y largarse pronto con lo puesto Quién quiere ver lo que Ana ve una noche otra también La vida es bella pero quién quiere ver lo que Ana ve

Y dónde puedes ir cuando tú sabes bien que irá por ti Como vas a gritar si sabes que nadie te escuchará Todos dirán vaya exageración no será tanto no Mientras esculpe a golpe de puño su nombre en tus huesos Mientras te tapa la boca y te aplasta un cigarro en el pecho

Abrir las alas y volar dejarlo todo sin hacer y largarse pronto con lo puesto Quién quiere ver lo que Ana ve una noche otra también La vida es bella pero quién quiere ver lo que Ana ve

16


Abrir las alas y volar dejarlo todo sin hacer y largarse pronto con lo puesto Quién quiere ver lo que Ana ve una noche otra también La vida es bella pero quién quiere ver lo que Ana ve

Recuerda que dijo antes muerta que viva Con otro ni en sueños O cuando escupía a golpe puño Su nombre en tus huesos

Abrir los brazos y volar dejarlo todo sin hacer Y largarse pronto con lo puesto Quién quiere ver lo que Ana ve, una noche otra también La vida es bella pero quién quiere ver lo que Ana ve

Abrir las alas y volar dejarlo todo sin hacer y largarse pronto con lo puesto Quién quiere ver lo que Ana ve una noche otra también La vida es bella pero quién quiere ver lo que Ana ve.

Tamén podemos escoitar e reflexionar sobre a letra da canción de

Bebe “Malo”

Enlace: http://www.youtube.com/watch?v=Qm1wuSq2rm8

Apareciste una noche fría con olor a tabaco sucio y a ginebra, el miedo ya me recorría mientras cruzaba los deditos tras la puerta. tu carita de niño guapo se la ha ido comiendo el tiempo por tus venas y tu inseguridad machista se refleja cada día en mis lagrimitas. Una vez más no, por favor, que estoy cansada y no puedo con el corazón, una vez más no, mi amor, por favor, no grites, que los niños duermen. una vez más no, por favor, que estoy cansada y no puedo con el corazón, una vez más no, mi amor, por favor, no grites, que los niños duermen. Voy a volverme como el fuego, voy a quemar tu puño de acero, y del morao de mi mejilla saldrá el valo

17


pa cobrarme las heridas. Malo, malo, malo eres, no se daña a quien se quiere, no; tonto, tonto, tonto eres, no te pienses mejor que las mujeres. malo, malo, malo eres, no se daña a quien se quiere, no; tonto, tonto, tonto eres, no te pienses mejor que las mujeres. El día es gris cuando tú estás y el sol vuelve a salir cuando te vas, y la penita de mi corazón yo me la tengo que tragar con el fogón. mi carita de niña linda se ha ido envejeciendo en el silencio, cada vez que me dices puta se hace tu cerebro más pequeño. Una vez más no, por favor, que estoy cansada y no puedo con el corazón, una vez más no, mi amor, por favor, no grites, que los niños duermen. una vez más no, por favor, que estoy cansada y no puedo con el corazón, una vez más no, mi amor, por favor, no grites, que los niños duermen. Voy a volverme como el fuego, voy a quemar tu puño de acero, y del morao de mi mejilla saldrá el valor pa cobrarme las heridas. Malo, malo, malo eres, no se daña a quien se quiere, no; tonto, tonto, tonto eres, no te pienses mejor que las mujeres. malo, malo, malo eres, no se daña a quien se quiere, no; tonto, tonto, tonto eres, no te pienses mejor que las mujeres. Voy a volverme como el fuego, voy a quemar tu puño de acero, y del morao de mi mejilla saldrá el valor pa cobrarme las heridas. Malo, malo, malo eres, no se daña a quien se quiere, no;

18


tonto, tonto, tonto eres, no te pienses mejor que las mujeres. malo, malo, malo eres, no se daña a quien se quiere, no; tonto, tonto, tonto eres, no te pienses mejor que las mujeres. malo, malo, malo eres, malo eres porque quieres; malo, malo, malo eres, no me chilles, que me duele. Eres débil y eres malo y no te pienses mejor que yo ni que nadie, y ahora yo me fumo un cigarrito y te echo el humo en el corazoncito porque.. Malo, malo, malo eres, tú, malo, malo, malo eres, sí, malo, malo, malo eres, siempre, malo, malo malo eres.

No le grites. Los Suaves http://www.youtube.com/watch?v=TOuJLYFD3Uw Tal vez porque no has podido cumplir ni una sola de tus promesas ni siquiera le has conseguido una casa de muñecas. ¿No se rompe tu corazón ? Cuando la ves deformar sus manos en un taller de sol a sol, Horas extras de trabajos forzados. Tal vez cuando el día se va y la ves regresar agotada, tú sigue aplastando el sofá a ella aún le quedan las cosas de casa. Sigue cometiendo errores empujando su vida a la desgracia, "zapea" tirado en la sala mientras sola solloza en la cama.

Entonces te vas a dar cuenta que sólo a ti te ha querido,

19


todo lo que deseaba era estar siempre contigo. Confiar en tus palabras, soñar con lo que le dices, dormir cuando tu la abrazas y que nunca le grites.No le grites, a tu mujer, no le grites. No le grites, nunca le grites a tu mujer. No le grites a tu mujer, no le grites. No le grites, nunca le grites a tu mujer.

Discusiones, reproches, voces acusándose el uno al otro, cuando llega el momento de hablar y ponerse de acuerdo, se callan. Mientras fuera en la calle todos gritan, nadie escucha, sin compañía a estas horas, soledad,¿ por quién preguntas?

El día que te dijo adiós, muy cansada el sol se marchó de la ciudad, entonces te dio la espalda para que no la vieras llorar. Collares de perlas calientes, flores en ramos malditos, El perdón no es suficiente si no lo acompaña el olvido.

Recuerda que esa mujer sólo por ti ha vivido, nunca dejó de quererte, el amor se murió de frío. Te quiso después de la muerte, por siempre y un día más, Sólo pedía tus brazos,

20


y nunca oírte gritar. No le grites, a tu mujer, no le grites. No le grites, nunca le grites a tu mujer. No le grites a tu mujer, no le grites. No le grites, nunca le grites a tu mujer. No hace mucho, la he visto en la calle y casi rompí a llorar pues vi como sus ojos arrastraban la misma mirada de su madre. Llevaba en la frente su mala estrella, su hija apretaba su mano, esa niña que será como ella maltratada por el matrimonio y los años.

Poco después me han contado que se murió mientras dormía, que antes de soñar cada noche llorar y llorar era lo que hacía. Me dicen que la mitad del cielo es cuando te quiere una mujer, pero creo que ella fue cielo entero y su infierno ha sido él.

¡Qué tarde te has dado cuenta que sólo a ti te ha querido ! Lo único que deseaba era estar siempre contigo, confiar en tus palabras, soñar con lo que le dices, dormir cuando la abrazabas pero que nunca le grites.

No le grites,no le grites, a tu mujer, no le grites. No le grites,no le grites,

21


nunca le grites a tu mujer. No le grites, no le grites, a tu mujer, no le grites. No le grites,no le grites, nunca le grites a tu mujer.

Son verdade estes tópicos? Le e observa estes “mitos” que escoitamos moitas veces:

 A muller é inferior ao home.  O home é a cabeza de familia e ten total autoridade.  A muller pertence ao seu home e debe obedecerlle.  A muller debe servir o marido.  A muller ten que estar na casa coidando o marido.  Se o seu home lle pegou... algo faría.

Coméntaos co noso alumnado para ver se cren que isto é certo. Sucede na súa casa, entre os seus amigos e amigas?

Despois de falar destes tópicos, podemos ver, reflexionar e falar sobre o que nos suxire o contido do seguinte material audiovisual:

http://www.youtube.com/watch?v=3JTlhRoL5W4&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=RsXKPUPs22o&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=4yOoRwKz0bk&feature=related

http://www.youtube.com/watch?NR=1&v=e1MTOzKj2lI

http://www.youtube.com/watch?v=2l4hGvSIZSA&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=9vrC3thf_gE&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=LIkCXGk3wOk&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=Dy8qoo1feQQ&feature=related

22


http://www.youtube.com/watch?v=2n68d7wAZKw&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=8vzRGAsDI1I&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=mjeAR0D7SMw

http://www.youtube.com/watch?v=1sOuJDKFOkw&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=14pZ4qCN2wc&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=SndmKXvB4lk

http://www.youtube.com/watch?v=yTBAwz4kiOE&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=MeQ60UeLu5g&feature=related

http://aprofa.blogspot.com/2010/05/saca-tarjeta-roja-7.html

http://aprofa.blogspot.com/2010/05/saca-tarjeta-roja-5.html

(A seguinte ligazón levaraos a un blog moi interasante no que podedes atopar materiais audiovisuais moi bos para as clases. En concreto hai un curtometraxe de Anxeles Muñíz “Propiedad privada” que adxunta un archivo PDF cunha guía didáctica sobre el.) http://trafegandoronseis.blogspot.com/

23


Destripando noticias: Información que debemos coñecer como punto de partida:

Á sociedade resúltalle moi duro recoñecer a existencia de tanta inxustiza contra a muller, tanta violencia, e precisa buscar escusas. Son defensas que se basean en:

1. Xustificar a acción do agresor en enfermidades ou rarezas de carácter: alcoholismo, drogadicción, enfermidade mental, ciúmes, delincuencia...

2. Culpabilizar a vítima: perdoouno varias veces, é masoquista, é unhacoitada, é inculta, fixo algo para provocalo...

3. Culpar o contexto sociocultural de vítima e agresor: espazos de

marxinación,

xente de barriada, xente de orixe humilde, xente doutras culturas...

4. Darlle ao acto violento unha auréola de romanticismo: un arrebato de

ciumes,

un problema de convivencia, a desesperación...

Mais a realidade é que estas explicacións NON son certas. Hai moitos agresores que non responden a este estereotipo e, por outra banda:

As vítimas non responden a esas características e aínda que así fose, nada xustificaría as agresións.

É certo que hai contextos que xeran máis violencia, mais a violencia de xénero é bastante universal e non se relaciona de ningún xeito coa incultura, a pobreza...

Estas escusas instáuranse de tal modo que aumentan a tolerancia cara o maltrato contra as mulleres. Algúns estudos realizados en centros educativos revelaron que a tolerancia de ambos sexos á violencia de xénero está xa establecida no ensino secundario. Identificáronse unha serie de mitos, estes son algúns deles:

Se ocorreu só unha vez, non ocorrerá máis. Mentira: a violencia doméstica é continuada, non ocorre ocasionalmente. Xeralmente aparece máis veces e até con maior agresividade.

Só certo tipo de homes abusan das súas parellas. Mentira: non existe un tipo concreto de agresor contra as mulleres.

24


Os homes que maltratan son enfermos mentais. Mentira: non existe relación causaefecto entre enfermidade mental e violencia doméstica.

A violencia contra as mulleres é causada por drogas e alcohol. Mentira:

un gran

número de agresores atacan cando están sobrios.

Se fose tan violento, ela teríao denunciado. Mentira: máis do 46% das mulleres non denuncian a violencia que sofren por medo, precisan protección.

A violación ocorre a mans de estraños. Mentira: o 83% das mulleres son violadas por alguén a quen coñecen e en quen confían.

A

muller

estaba

borracha/drogada/facía

dedo/vestía

provocativa

e

sensual/

seduciuno/quería marcha. Esta é unha escusa máis para xustificar a violación.

As nenas corren perigo só con estraños. Mentira: o 82% dos abusadores son coñecidos pola súa vítima e até familiares.

25


Máis información que debemos coñecer: A maioría das persoas teñen integrada a tolerancia cara a violencia exercida contra as mulleres. Nenas e nenos son socializados nunha sociedade que manexa mitos que van contribuír a que desenvolvan roles diferenciados (submisión- supremacía).

a. Recoller noticias de xornal, televisión, internet... sobre violencia de xénero.

b. Aparece na clase un mural "MITOS DA VIOLENCIA" no que se recollen algúns mitos.

c. Comentamos o cartel mural e tentamos ver o que quere dicir.

26


Un pouco de historia Moitas veces a violencia cara ás mulleres estivo, e está, avalada e xustificada desde as institucións. As leis e algúns homes que, cos seus escritos, tentan demostrar que eles son superiores e deben dominar as mulleres. Aquí temos algúns exemplos que nos poden servir para traballar na aula.

Gerda Lerner explica que, xa, no século XIV a. C., as leis asirias

estipulaban que a

muller era un ben do home, fora pai ou marido, ata tal punto que a violación se consideraba un delito grave contra a propiedade do home, a quen pertencía legalmente a vítima da agresión. Se esta estaba casada, condenábase á morte ao violador, por apropiación indebida dun ben alleo. A muller quedaba impune se podía demostrar que defendera con moito empeño a propiedade do seu marido.

O Código Napoleónico de 1804 di tamén unhas cantas lindezas con respecto ás mulleres e restitúe a plena autoridade do marido sobre a súa esposa: “é o xuíz e soberano absoluto da honra da familia”. A cambio da protección do seu esposo, esta débelle obediencia e fidelidade absoluta. Obviamente o chamado débito conxugal forma parte das súas obrigas e, se cómpre, o marido ten dereito a exercer a forza para conseguilo. O adulterio cometido pola esposa está castigado máis duramente porque ten efectos máis perigosos que a infidelidade do marido, xa que pode introducir unha descendencia ilexítima na familia.

Nalgúns

países

islámicos

esíxeselle á muller que foi violada que presente un mínimo de 5 testemuñas, homes por suposto, para que a súa denuncia sexa admitida a trámite.

Nos

Códigos

países

como

(artigos

558

Penais

de

Etiopía e

599),

Rumania (197), Honduras (151), Guatemala (200), Uruguai (116)... continúase eximindo ao violador da súa culpa se casa coa súa vítima. Aínda que hai que dicir que no noso país existiu a mesma posibilidade ata a reforma do Código Penal De 1989.

27


“ Se unha muller se dirixe irrespectuosamente a un home, esmagaráselle a boca cun ladrillo a lume vivo”, Edicto de Urukagina, Mesopotamia, 2350 a. C.).

“ A esposa non ten ningún dereito sobre o seu corpo; ao casar, entregoulle ese dereito ao seu home, e este é o único que pode facer uso del, en orde á función reprodutora”... (Padre Santiago Navarro, Problemas médico-morais 1963).

Refráns machistas Refrán: Dito agudo e sentencioso de uso común (RAE)

A violencia cara ás mulleres estivo lexitimada socialmente ao longo de toda a historia. Só moi recentemente a sociedade na que vivimos empezou a condenala e perseguila, pero a evidencia demóstranos que vai ser unha tarefa moi lenta e penosa conseguir erradicala. Isto é debido a que a violencia simbólica cara ás mulleres está presente na nosa vida cotiá en multitude de ámbitos e situacións, amparadas en prácticas culturais que non se revisan nin contestan. Se tes a impresión de que a violencia contra as mulleres é un mal recente da nosa sociedade, se “non te explicas” como pode pasar o que pasa, le os seguintes refráns do refraneiro galego e contesta as preguntas que se expoñen:

Coas mulleres, hai que facer como coas uvas: as boas, colgalas; as malas pisalas. En que se parecen a mula e a muller? En que unha boa malleira fainas obedecer. Dor de muller morta, dura até a porta. Entre marido e muller ninguén se debe meter. A noz e a muller, a golpes hanse vencer. Muller morta non fala. Muller que asubía e pita que canta, córtalle a garganta. Muller reideira, ou puta ou peideira. Muller que ao andar colea, algo desea.

De todos estes refráns, cal consideras que xustifica o “mirar cara a outro lado” ante a violencia de xénero? Busca outros que coloquen a responsabilidade de ser maltratada directamente na muller, como reflicte o “algo faría” que aínda se pode escoitar en múltiples versións na rúa, nos bares, na televisión...

A continuación tes máis refráns que insultan, ridiculizan, censuran ou desvalorizan ás mulleres. Busca máis en internet e encadra todos eles nalgunhas das seguintes categorías, segundo sexa a idea que transmiten:

28


 Que induzan ao silencio, a calar ás mulleres, a que non se relacionen entre si.

 Que reflictan a desconfianza que todos os homes deben de sentir cara a todas as mulleres en xeral ou algún tipo de muller en particular.

 Que cuestionen a “suposta” subordinación da muller ao home, representándoas como as que realmente teñen o poder, ou como “manipuladoras” de pobres homes inxenuos.

 Que sexan a orixe de todas as desgrazas dos homes.

 Que responsabilicen ás mulleres das condutas dos seus maridos.

 Que reflictan que a maior desgraza que lle pode pasar a unha muller é non ter marido ou pretendente.

 Que reflictan que as mulleres existen para ser “usadas” polos homes.

 Que sitúen á muller no mesmo nivel que moitos animais.

 Que indique que pode ou non pode facer unha muller, onde pode ou non pode estar...Que limite ás mulleres indicándolles “o seu sitio”.

 Que describan ás mulleres como “falsas”, especialmente cando se queixan.

Á muller e ao ladrón, quitarlles a ocasión. Ao diaño e á muller, nunca lles falta que facer. En coxeira de can e bágoas de muller non hai que crer. Da mala muller non te guíes e da boa non te fíes. O home na praza e a muller na casa. O xogo, a muller e o viño, quitan ao home de tino. O que a muller non logra falando, lógrao chorando. A muller, a escopeta e o cabalo, non prestalo. A muller casada ben composta quita o home doutra porta. A muller e a besta seu amo a teña. A muller e a burra, cada día a súa. A muller e a cabra, corda larga pero non soltala. A muller e a ovella con día na cortella.

29


A muller e a sardiña están ben na cociña. A muller e a sartén na cociña están ben. A muller e o vento cambian ao momento. A muller e a cabra, a pata quebrada. A muller pra estar tranquila, ou preñada ou parida. A muller que aos trinta anos non casa, descarga o xenio co demo. A muller que non recolle un alfiler non é muller. A muller que non sabe a doutrina culpa é do home que non a ensina; pao de carballo, rebolo de encina, toma, muller, aprende a doutrina. Mazá, troita e muller, que sexan frescas, se pode ser. Mentres o home pensa, a muller dá que pensar. Mulas, mulleres e muletas empezan coas mesmas letras. Muller que sabe latín e burra que fai jin, jin, líbranos, Señor, dela ata o fin. Non hai home ruín, sendo a muller boa. Non tomes por dona muller replicona. Home casado nin muller é.

Pensa en situacións da vida cotiá nas que, sen necesidade de recorrer ao refraneiro, transmitimos ou referimos algunhas das ideas que reflicten estes refráns. Reflexionar sobre outras maneiras moito máis sutís de dicir as mesmas mensaxes. Anotádeas ao longo de todo o curso nun panel, a medida que as vaiades atopando. Podedes chamarlle “museo dos horrores”.

30


Elas denunciaron Escoitade esta canción de Def con Dos e contrastádea coas mensaxes doutras cancións, que en vez de denunciar a violencia contra as mulleres, ensinan que “por amor” aguántase case todo.

http://www.youtube.com/watch?v=yPKb0dx7N6s

http://www.youtube.com/watch?v=DJZ2Yiy9CCE

Ellas Denunciaron. Def con Dos

¿Y cuántas mujeres al año? ¿Y cuántas mujeres? ¿Y cuántas mujeres al año, saben que tienen sus días contados? Ella no recuerda porque aunque quiera no puede acordarse del error cometido al fiarse de aquel tipo mezquino y cobarde marido, verdugo su peor pesadilla ella está muerta y el en la calle, ¡La maté porque era mía! 'Mía, mía, mía, sólo mía' ¿Quién ha ofendido al macho dominante? ¿Quién se ha atrevido a denunciarle? Destapando el secreto de la otra cara de un vecino correcto, ¿Quién acusa al cazurro cobarde que pega a su mujer y le dice que calle? 'Ya se lo advertí entre puñetazos: si me denuncias te mato' País de mierda, país infame, que ataquen a mujeres no le importa a nadie las torturas y las amenazas. Según los jueces son cosas de casa, no sirve de nada pedir ayuda no existe delito si no se consuma,

31


sólo cuando ya están muertas ven que las amenazas eran ciertas ¿Y cuántas mujeres al año? ¿Y cuántas mujeres? ¿Y cuántas mujeres al año, saben que tienen sus días contados? 'Mía, mía, mía, sólo mía' Ellas no recuerdan lo que les pasó ni por qué les pasaba porque ya están muertas y ningún cadáver puede, aunque quiera, acordarse de nada y no se lamentan de los que pasó ni por lo que pasaron, porque los muertos no emiten lamentos y en vez de gritar les toca callarse y se callan Ellas denunciaron, no las escucharon Ellas murieron, los jueces consintieron

¿Y cuántas mujeres al año? ¿Y cuántas mujeres? ¿Y cuántas mujeres al año, saben que tienen sus días contados?

LA MATÉ PORQUE ERA MÍA de Platero y tú Escoita esta canción de Platero y tú e analiza a mensaxe que envía respecto de a que mulleres está xustificado matar, ou os motivos polos que se mata ás mulleres.

Que lle dirías a alguén que lle guste esta canción? Debatede na clase sobre a liberdade de expresión, a apoloxía da violencia e pensade en distintas estratexias para que cancións como esta obteñan un total rexeitamento social.

http://www.youtube.com/watch?v=Wj1gIfAgtG8

Me ha cogido la madera, a mi novia yo he matado no saquen fotografías, tengo el cuerpo ensangrentado. Yo era un chico muy decente, ella era una prostituta ya no usara la cama, ahora duerme en una tumba. Me han llevado al calabozo y me han dado unas hostias

32


me han dejado el cuerpo roto, mi cerebro no funciona y ahora mismo nada entiendo, solo veo periodistas que me dan algún dinero por salir en sus revistas Vaya jeta, vaya jeta, mucho morro, mucho morro yo no quiero tu portada, periodista escandaloso no quiero que con su sangre puedas escribir mentiras la mate porque la amaba, la mate porque era mía

A través da literatura lemos e reflexionamos sobre a violencia de xénero A seguir presentamos unha selección de textos literarios que abordan o problema da violencia de xénero. Foron extraídos do espazo web do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña que o 25 de novembro, co fin de denunciar e erradicar todo tipo de violencia, fai unha lectura pública e aberta á cidadanía. Podes atopar estes e outros textos en:

http://www.udc.es/snl/dinamiza_25_novembro.html prendo cos beizos a agonía

este mal que soubeches imprimir cun golpe de man certeiro

sábeme salgada férrea a identidade

encadeada de morderme sempre para silenciar toda vontade

criches saber de min todo

33


construíches para min unha cela á túa medida e saíches dela deixándome dentro para ofrecerme o teu minúsculo mundo agora MAIÚSCULA teño voz propia común a todas e a todos que miramos alén das propias fronteiras e sobre elas para recuperar a memoria que une que solda os lazos que nos han facer fortes contra as mans túas que temín sempre Alberto Momán

A ferida True love Dimo outra vez, anda. Dimo se te atreves. Que, ¿Onde está a túa nai agora? ¿Onde? Non a vexo. ¿E ti? Eh, eh... ¿Onde cres que vas? Quieta aí. ¿Dóeche? Máis che vai doer como non te esteas quieta. ¡Axeónllate! ¡Dixen que te axeonlles! Así, moi ben... Imos buscar a mamaíña. ¡Mamaíiiiñaa! ¿Onde estás, mamaíña? ¿Debaixo da cama? Non, ¿verdade? ¿E no armario? Mira debaixo do armario. ¡Que mires, che dixen! Ah, a nena non quere mirar... ¿Agora non queres ver a mamá? ¿Non querías irte con ela? Sen avisar, ademais.¡Contesta! ¡E non chores, cona! Veña, dimo, dimo á cara. Eu entendereino. Eu enténdeo todo. Entendo que teño unha muller

34


que non vale nada, ¡nada!, ¿oíches?, entendo que teño a casa como o cu, ¡a miña casa! E por riba, ¡manda collóns!, quéreste irá casa da puta da túa nai, a facerlle de criada ¡Estúpida! Deixa de chorar. Que deixes de chorar. Non o aturo, ¡sabes que non o aturo! ¿Que queres, tolearme? ¿Buscas bulla? ¿É iso? ¿Que? Ah, non, ti non te vas. ¡Ven aquí! ¡Que veñas! ¿Ves? Xa te avisei... A culpa é túa, ti obrigáchesme a facelo, con esas putas bágoas, con esas fodida cara de vítima que tes. Estarás contenta, ¿non? ¿Máis bágoas? ¿É que non aprendes? ¿É que queres máis? ¿É iso? A nai que te pariu... Serás porca... Límpao. Que o limpes, díxenche. ¡Que o limpes, cona! ¿E a min que collóns me contas? Coa blusa, co pelo, coa lingua, que máis da. ¡Límpao! Así... Moi ben... Ves como non era tan difícil? Begoña Paz

Teño dereito a ser muller. A decidir o que non quero nin preciso, o que me abonda para ser libre. Teño dereito a non depender das palabras doutros nin da condena daqueles que falan de lonxe. Teño dereito a esquecer unha historia de obediencia, de silencio inconfesábel, de esperanzas traizoadas. Teño dereito a prescindir de epopeas, de frases feitas, de batallas perdidas. Quero erguerme sen levantar sospeitas,

35


sen contar os pasos, sen escoitar o medo nos ollos dos que me abren as portas. Quero ter esperanza no pasado. Redimir o futuro con palabras transparentes. Sentir que desta beira da ignominia hai un oco para respirar. E que hai alguén que escoita. Quero ter fe na palabra que obriga. Sei, con todo, que non abonda con ser escoitada. Mais quero que esa palabra que nunca has pronunciar tamén sexa túa. Que non a deas por perdida. Que ma entregues ao final como testemuño dun encontro que non reclama vinganza. Tan só un pouco de luz para esta noite na que algunhas dormen un soño de odio e afiado abrente. Baldo Ramos

Quérote Velaí outra volta do rodicio. Xa chegou. Outra noite máis de convidada

no banquete do inferno. Un banquete de aldraxes e desprezos. E, coma sempre, o alcohol

36


-ese veleno que amansa as feras, ou volve heroes aos pailáns- é manancial de tolemia. Xa renxe tatexa a chave na pechadura. Érguete, fuxe. Colle os nenos nun brazado. e tírao polas escaleiras abaixo na fuxida. E non mires atrás. Fuxe.

Trémenme as pernas. Os nenos dormen. Anxos do inferno. Deste inferno no que entrei da man do noso Señor. Ai, o noso Señor, Señor! A cadencia deses pasos seina de memoria. Cállame o sangue nas veas. Empeza a desigual guerra. Outra vez as súas mans de seixo fronte ás miñas mans de boneca. De boneca que posúe un reino de sombras agochadas e tristeza.

Os nenos durmían mentres el me aldraxaba. Mentres me acusaba. Mentres me zoupaba. Mentres eu soportaba

37


o fedor dos seus bafos de alcol e o noxo das súas baballas esvarando polas miñas tetas. Mentres posuía as miñas carnes murchas de boneca de trapo

E chamoume puta, fillo de puta! E unhas forzas efémeras de femia fozada subíronme polas pernas. E o meu peito volveuse cerna. E as miñas mans -noutrora de bonecaconsumaron a desfeita.

Os nenos espertaron co seu berro de porco acoitelado. E todo o viño que traía escorreu das súas veas, agora a cachón, agora en fervenza intermitente, despenándose no chan de plaqueta.

Quérote, dicíame sempre, mentres choraba covarde, despois de cada malleira. Toño Núñez

38


Unha de vítimas

(Artigo publicado en La Voz de Galicia o 4 de xuño de 2007 por María Canosa) EL CHÁMASE Rafiq Naunari, ela, non se sabe. Tan só transcendeu que é unha nena de oito anos, que foi raptada cando ía camiño da escola. El cometeu unha violación a unha menor, e ela foi a vítima. El foi xulgado por unha corte tribal do seu lugar paquistaní, ela resignarase a cargar o resto da vida con tal aldraxe. El foi absolto, pero a súa muller, ela outra vez, foi condenada a pagar o delito do seu cónxuxe. Sería entregada ao pai da nena, Nawaz, se non fose porque logrou fuxir antes de executarse a sentenza. El e elas. ¡Tan diferentes! El, o infractor, e elas, sempre as vítimas, sexa por sufrir a agresión de primeira man ou ben por enmedar a culpa do outro. Elas... Elas son moitas neste caso e en tantos outros. A nena violada a primeira, as sobriñas de Rafiq en segundo lugar, pois antes que a propia muller, foron ofrecidas en matrimonio ao pai da nena, quen as rexeitou. E en último lugar, a muller do transgresor. Todas mulleres, pagando culpas alleas. A policía de Multán Mirza Muhhammad Ali escúdase en que nin a familia da meniña nin a do violador denunciaron o caso ante as autoridades, e que, polo tanto, a sentenza tan só se basea na interpretación da tradición, e non nas leis da xustiza.

39


Sempre está ben coñecer e respectar os costumes e a cultura dos demais, pero casos coma este producen un revulsivo, porque amargan e feren no corazón. Claro que, coñecendo algunha das sentenzas de países desenvolvidos, onde non hai condenas exemplares, senón que a maioría delas se suavizan por «bo comportamento» (excelente se cabe) dos presos... pois tampouco teñen moito que envexar, nin nós moito que dicir, ¿non? ¡Ah! A sorte que temos é que vivimos nun país totalmente civilizado. Non esquezamos que o día 4 de xuño é o Día Internacional dos Nenos Inocentes Vítimas de Agresión. ¡Non vaia ser!

As palabras nas bocas femininas

A boca feminina foi deseñada para se pintar, sorrir e estar calada. Dicía o pergameo: “Se falase farao sempre en lingua distinguida igual que ha camiñar con paso curto e o busto ben ergueito. Non deberán os labios femininos envilecerse nunca coas palabras de pastores, labregos, mariñeiros,

40


que dexoban a boca igual que a bosta, o esterco e o salitre e nunca serán aptas para labios que luzan dentes brancos”. A boca feminina foi para se pintar, sorrir e estar calada. Dicía o pergameo: Se vivise en terras de Galicia esa muller. podería expresarse en lingua allea que alí medrou sen lixo nin suores, idioma que adornou os talonarios, que exhortou en sermóns baixo das cúpulas e que nunca explicou aos desherdados que os ángulos dun triángulo suman sempre dous rectos”. Por iso estas palabras tiña venia e eran as pronunciadas pensando que en ningures se atoparan co lixo como as nosas. Helena Villar Janeiro

41


O ulido do sexo a peixe Pasou o ferrollo volvendo a sentarse no outro extremo da mesa, no seu lugar, onde el exerce cos mesmos xestos a súa postura de poder. Con acenos indicoulle que se fose despoxando de todo. O único agradábel e o que máis os diferencia era aquela calor que ás veces lle facía rabiar as mans. Ela estaba fría coma un carambelo. Deixou a modo no chan o plástico grande, as botas de goma e o gorro mollado. El ordenoulle que bulise, e ela sentiuse miseria. Non fixo falla que lle dixese nada máis. El retirou de golpe a cadeira para atrás, desagolletou o cinto, baixándose só a medias o pantalón, un pantalón impecábel, de raia perfecta. Meteulle a cabeza a puxón entre das pernas mentres lle ía colocando nas mans aqueles guantes negros e sedosos que gardaba no caixón da dereita. Xemía de gosto. Gustábanlle así, putas e caladas. Botouna contra da mesa e por detrás golpeouna violentamente repetidas veces ata que rematou nun laio e naquel asubío de bronquios e fatiga. Ela vestiuse á présa e sentiu un odio que a cegaba. El sentiuse como a primeira vez. Dende entón sedúceo o ulido do sexo a peixe, aquel ulido quedo da carne e da miseria. Medos Romero

Man ergueita sobre meixela dourada

A unha muller maltratada

Man ergueita sobre meixela dourada vai petando forte, forte, forte. Berros de catro letras mesturándose no ar lívido con berros de seis letras nunha macabra sinfonía inacabada. E agora un novo regato delicadamente vermello e cristalino a baixar pola faciana cansa de tanto aldraxe sen sentido. Man ergueita sobre meixela dourada vai petando forte, forte, forte. Sons de seis letras mesturándose no ar corrompido

42


con sons de sete letras nun falso allegro mesquiño. E agora promesas incumpridas a baixar polo peito nu neste abafante día repetido de soños e desexos imposibles. A man segue ergueita. A meixela xa non é dourada. O século XXI avanza: poder, cartos, sexo e fama. E todo permanece igual. E non pasa nada. ¡Que tristura!

Alberte Suras

Vivimos nun sistema que trata de nos educar de xeito diferente segundo sexamos homes ou mulleres. Só temos que follear un catálogo de xoguetes, dos que estes días chegan ás nosas caixas de correo, para decatármonos de que, xa desde ben novos, temos que adestrar naqueles oficios ou labores domésticos, para os que parecemos predestinados e predestinadas. Sempre as nenas protagonistas do ámbito privado: coidado de crianzas, doentes ou cociñeiras. Preocupadísimas polo seu aspecto físico, pola beleza e a estética persoal. Podemos atopar nun catálogo de xoguetes até unha ducia de toucadores, maletíns de beleza ou bonecas que lles ensinan ás nenas o oficio da técnica de peitar. As mulleres, sempre ideais de beleza, temos que estar e aparentar estar perfectas. Mentres os nenos constrúen barcos, pilotan avións, viaxan ao espazo ou se pelexan contra o maligno, as nenas deben aprender a estar belas ou a ser futuras nais responsábeis. Esta predisposición tamén marca como temos que falar as mulleres. En contextos monolingües, as mulleres sempre fan un uso do idioma máis coidado e deixan os palabróns para o sexo masculino. No caso galego, en que existen dúas linguas, unha de prestixio e outra, que durante anos foi a lingua á que o poder consideraba lingua dos pobres e incultos, non fai falta que expliquemos cal foi a lingua que se procurou para as mulleres. Para que unha muller subise máis doadamente algúns chanzos na escala social, cumpría abandonar o galego e cambialo polo

43


idioma do imperio. Hoxe, 25 de novembro, no que a sociedade reflexiona sobre a violencia que se exerce sobre as mulleres, queremos reivindicar que existen moitos tipos de violencia e que todos deben ser desterrados. Temos que cambiar a sociedade patriarcal en que vivimos, que educa as nenas para que manteñan unhas regras de xogo inxustas e discriminatorias e que condena as mulleres ao traballo invisíbel para as cifras macroeconómicas. Temos que cambiar un sistema que condena a millóns de mulleres á pobreza extrema e que segue condenando, ás galegas que queren ser ben tratadas polos poderes establecidos, a mudar de idioma, deixar de usar a súa lingua materna e educar os seus fillos e fillas en español en nome do progreso social. Ermitas Valencia

Illa de liberdade

Estou no seu barco, teño que abandonalo, se non o fago vivirei condenada para o resto da vida, se antes non me mata. Comprometinme a cegas. Como puiden estar tan tola para non decatarme a tempo? Díxenlle si, e encadeeime a el. Ao pouco da voda, as súas imposicións, o seu maldito caracter pesábanme coma un lastre. Parvadas, cousas sen importancia, contestoume a miña nai o día que lle mostrei a primeira mazadura. Algo farías para incomodalo, filla, aos maridos débeselles obediencia... As mulleres somos parvas. Axiña que chega un tipo que nos gusta, se nos propón matrimonio, aló imos de cabeza. Non pensamos nin calculamos o que ven detrás dese contrato que só os beneficia a eles. Vendémonos baratas e por riba disfrazámonos... Traxe

44


branco de cola, moita cola, veo, flores, banquete... Un capital invertido en nada. Se acaso, inda que non o saibamos para decorar o altar do noso sacrificio. Estes oito anos foron para min un pesadelo. Quero que me volva os meus días roubados, non ter que levar contas fronte ao espello das mazaduras, esas pequeneces conque a miña nai, que en paz descanse, bautizou o primeiro golpe. Odio a gaiola onde me ten presa. Son unha muller ou un paxariño asustado? Pode que unha muller moi, moi asustada que desexa ter ás, para fuxir polo aire, aló onde as súas mans non podan alcanzarme. Estou no seu barco, se me tiro pola borda non conseguirei poñerme a salvo. A miña illa da liberdade está lonxe, está en min pero está lonxe, nadar contra corrente non é doado. Fáltame valor... Obxecto, son un obxecto. El di que é o meu dono, que se pido o divorcio mátame. Odio os seus zapatos, eses zapatos de marca que dan sucias patadas. Seu olor, ese olor disfrazado de locións e perfumes caros. Hoxe non podo saír, nin mañá... Se cadra nunca A onde podería ir cun brazo esnaquizado e a cara sinalada? Dirán, como dicía a miña nai, que son culpable. Sen cartos propios e moi difícil saír do labirinto... Se morrese... Pero... Porqué eu, porqué non morre el? Si, podería morrer, de calquera cousa, ter un accidente, un infarto... Entón sería libre e xa non volvería a tocarme... Algunhas noites a súa virilidade maniféstase brutal... Nada de amor, tan só urxencia de sexo, e sobre todo, un afán de dominio. Ás veces, para me compensar, regálame unha alfaia. Podía regalarme afecto, xa que non amor. Un día sen me poñer a man enriba, sen me insultar. A estas alturas conformaríame con recuperar a miña dignidade. Chegou a casa de madrugada; mentres atravesaba o corredor, pensando na desvalida muller, tivo unha erección. Antes de entrar na alcoba imaxinouna cos ollos asustados, fráxil, pálida, escudándose tras o parapeto dunha saba. Esa visión toleábao... -Mar, Mar, prenda!-murmurou achegándose ao leito. A cama estaba baleira. -Estúpida muller! Mar! O baño. A porta estaba fechada. Empurrouna violento e emprendeuna a patadas con ela. Mar, abre, prenda, abre!. Sei que estas aí... Abre, puta, abre! Mar, non contestou. Chelo Suárez

45


A xeira das árbores. Fragmento Xa estou outra vez repasando. Vou respirar tranquila e durmir. Só quero durmir… e deixarme de lembranzas. Non vimos como mamá se rompía diante de nós, coma se fose un puzzle, rachando, desintegrándose… aquela nai tan nova e fermosa que tiñamos, que nos dicían pola rúa “se parecedes irmás, ti e as túas fillas”. Aquela muller diluíase en optalidóns para esquecer a humillación de que (cada vez que o mundo lle era desagradable, cada vez que o xefe lle rifaba, cada vez que os cartos non chegaban, cada vez que algo nel se rebelaba…) el chegara con ganas de pegar e pegáralle.

Tentara deixalo varias veces, infrutuosamente. El, terrible na convivencia, intolerante, iracundo, persistente, proxectaba a súa sombra tras dela. E mamá convencíase de que el cambiaría: “esta vez si, que o prometeu, agora vannos ir mellor as cousas, e que sería deste home sen min? Se levamos xuntos toda a vida, se non sabe facer nada na casa, el precísame e… se non se puxera así, coma un tolo, cando bebe. Ademais, onde vou ir eu cos tres nenos? Que parvada! El non me deixaría ir cos nenos; son a súa familia, o seu orgullo. A ver, onde iría eu soa? Dime, eh?… O matrimonio, sabémolo todas, é coma unha tea de araña. Algunha vez, nos primeiros anos, téñome marchado para a casa da miña nai. Cres que alguén me axudou? El viña todas as noitiñas a falar connosco, a dicirnos que ía cambiar, el… parecía un mozo namorado… Era bo crerlle… Os nenos crecen mellor nunha familia e eu non quería ser unha carga para os vellos… El tecía a tea de araña. Non podía irme do seu lado… Viviría con el toda a vida, iso prometera cando casamos… Meu Deus, ese ruído… coido que acaba de entrar pola porta!… Non te poñas así, por favor! Foi un despiste! Eu non collín nada da túa mesa, xa sabes que nin o po lle limpo para non che cambiar os papeis de sitio… Eu? Eu nin mirei para o teu compañeiro, xa o sabes, que outra cousa non, mais iso… ben podes poñer a man no lume por min. Ai! Ai! Non, non te atreverás… Direillo a túa nai... Ai! Ai! Vannos sentir os nenos… Mira ben o que fas, que me matas… Non eran as nove aínda cando cheguei, serían as oito e vinte, que estiven falando un cacho co meu irmán na praza… Ai! Pois pregúntallo a el, pregúntalle a Suso, se non me cres, que el cho dirá… Nin me toques outra vez, Ai! Aiii!!! Estou sangrando, malvado, que nin sei como puiden quererte nunca… Se non fose polos nenos…, se non fose porque non teño onde ir…, se non fose por esta terrible dor de cabeza…, ódiote, oes? Ó-DI-O-TE Ai!! Nooon, noon, iso non, por favor, non quero, déixame, déixame curar sequera esta ferida, Ai, debo ter o e brazo roto!, non quero que escoiten nada os nenos, fai o que queiras de min e déixame dunha vez, besta…”

Aquel día non puidera máis: lambera os esputos escumosos das beirarrúas, enviara coitelos sen mango e o seu sangue abrollaba das veas manchando as escaleiras dunha

46


inesperada cor violeta. O aire da casa estaba envelenado de palabras non ditas. As fotos da familia, gardadas en cadros, en portarretratos, esparexidas polas mesiñas, polos corredores, polos aparadores viráranse todas de costas. Ninguén se decatara de tan ridículo como era: Mar de primeira comuñón de costas ao fotógrafo, os nenos, aínda bebés, sentados na mesa medio espidos, colocadiños contra a cámara, a foto da voda cos pais de mans enlazadas ensinando as calugas. Debeu andar na procura de canto optalidón esquecido houbese polos caixóns porque o farmacéutico, coa nena que eu era mirando atenta, xa lle advertira tempo atrás: “mira que non podo venderche máis”. Xuntaría quince ou dezaseis. Xa non lle cumpría auga para tomalos que os enviaba en seco, de tanta práctica como tiña. Non se despediría das nenas, nin de Roberto, noutrora o predilecto, un pouco maior, máis capaz de entender o que había. Non lle daría pena marchar, ao contrario. Marcharía tan campante, sorrindo, convencida de atopar un campo con flores doutro lado da morte, un paraíso de botóns rosa que facían esquecer a brutalidade, a opresión, o silencio…, convencida de que máis valía unha eternidade quieta que un minuto máis sacudida.

Despois da desgraza ninguén lles dirixira una palabra a eles, aos nenos. Había que entender ás tías, á avoa. Vaia papelón! Como pronunciar ante os cativos a palabra suicidio? Como dicir bater, golpe, maltrato? Como falar da dor, da soidade? Como explicar a decisión de mamá sen lle chamar covarde? E, sobre todo: como explicar a decisión de mamá sen lle chamar a papá culpable? A avoa e as tías participaban do saber da tribo que ela volvera ver anos despois. Negáronlles aos nenos unha parte da realidade para non afectalos, como se os nenos non tivesen cheirado, comido, mamado desa parte pastosa, morna, fedorenta da realidade. Protexeron os nenos da verdade, non fose que a verdade os mancase. Dixeron que a mamá marchara de viaxe, que axiña volvería. Tanto tiña. Os nenos, petrificados, xa o entenderan todo. Logo as tías, a avoa dixeron que a mama fora vivir ao ceo. “Levaría optalidóns abondo? Como sempre ten dor de cabeza…”, preguntou ela inocente. Inocente? “Cala, nena”. Querían que pensaran na mamá coma nun anxo benfeitor. “Cala, nena”. A mamá adurmiñada, drogada para non ver o que vía, era agora unha anxiña activa, que pregaba por eles a canto poder supremo atopaba. Resultaba pouco crible. “Cala, nena”. Cando os adultos inventan historias desastrosas, os nenos apiádanse deles e finxen acreditar neles. É dese xeito como se constrúen mitoloxías: elevando ata os deuses aos mortos por accidente, por descoido, por culpas que deben permanecer ignoradas. Porén, ela era menos submisa que os seus irmáns e desbarataba as escusas. “Mamá non falará con ninguén, que sempre está cansa… E se é verdade iso, dicídelle que deixe todo e veña, que eu quero mamá”. “Cala, nena”. Os maiores negáronlle outra explicación. En torno dela comezara a crecer, xa daquela, o silencio. Teresa Moure

47


LEMOS E REFLEXIONAMOS SOBRE O MALTRATO DESDE DOUS TEXTOS DA LITERATURA CASTELÁ. CAZA MENOR (1951) La cena fue rápida y silenciosa. Emilio se negó, con un gesto de cabeza, a compartirla. Continuaba sentado en el mismo sitio, la cabeza hundida entre los hombros y los brazos colgantes entre las piernas, como en estado de inconsciencia. Pero se dio buena cuenta de que su mujer concluía de comer, pues rompió el absurdo silencio para decirle: - ¡Ale, a dormir!- su voz era apagada, premiosa, empastada, expelida a duras penas todavía. - No tengo sueño… - balbució Ana, atónita. ¿Acaso iba con ella la cosa? - ¡Arriba he dicho! Insistió él con cierta energía. - Bueno…- accedió con una sonrisa incomprensiva y humillada. Estaba extrañadísima y, al mimo tiempo, intrigada. Y esperaba que, cuando estuvieran a solas, él le hablaría de algún conflicto familiar: intereses, de seguro… Pero apenas entraron en la alcoba la cogió por los hombros, no muy rudamente –no se lo permitía su extrema laxitud-, y, quedósela mirando, sin proferir palabra, muy de cerca, arrojándole al rostro el aliento avinado. Ella no pudo evitar un movimiento de repudio y una exclamación airada: - ¡Estás borracho! Simultáneamente, con velocidad repentina y violenta, como por obra de resorte, la mano derecha de Emilio, ancha y dura, cayó sobre la mejilla izquierda de Ana. - ¡Dios mío!- dijo ella sólo, mirándole de hito en hito. Y en su ser hubo el tremendo derrumbamiento que experimenta una mujer normal ante la primera bofetada del esposo y cuya trascendencia suele ignorar el hombre. No hubo más. Se desvistieron en absoluto mutismo, preñado por ambas partes de dolor, de incomprensión mutua y de asombro de sí mismos. Ana se acostó al borde mismo del gran lecho, de canto, dando la espalda a su marido, rígida y fría, de alma como de cuerpo. Lo sintió removerse unos minutos y respirar sofocadamente… Y ella, en cambio, no pensaba nada, no sentía nada, pero no podía dormir: más que nunca, la desvelaba su estrepitoso roncar, que iba en crescendo, en crescendo, de un modo insoportable, exasperante, desquiciador… Y al fondo, igualmente continuo y angustioso, el rumor del viento en la fronda del pinar. ¡Echaría a correr taponándose los oídos, huiría lejos, lejos, en un ansia histérica de sueño, hasta donde existiera un silencio puro, perfecto! No se quedó dormida hasta rayar el alba.

Elena Soriano. (España 1917-1996) Castalia. Instituto de la Mujer. Edición a cargo de Concha Alborg. Madrid, 1992 (fragmento tomado de LA MUJER EN LOS TEXTOS LITERARIOS (págs. 171-172)

48


ALGÚN AMOR QUE NO MATE.

Adiós mi amor: Principio y fin. Tú y yo tuvimos un principio. He encontrado un trabajo lejos de aquí. Todo tiene un final. No te reprocho nada. Sé que la culpa, si es que hay culpables, es toda mía. Nunca debí consentir que me anularas así, me negué a mí misma, me he perdido de vista. Me pediste tiempo y te di toda la vida. Todo lo hice por amor, te quise hasta ese punto, hasta éste. Ahora ya no. Voy a aprender a quererme de nuevo, lejos de ti, lejos. Cuando pase el tiempo suficiente, cuando te pierda el miedo, te mandaré nuestra dirección para que puedas visitar a tu hijo. Te quise hasta la locura. Ni un paso más. (146)

Descansa en paz, Prudencia. Sé que vas a morir. Pero ahora ya no me das pena. Me has dado pena durante toda tu vida. He tenido que vivir con la compasión, como si fuera un vestido que llevara puesto por dentro y no me lo pudiera quitar. Ahora sé que te vas a morir. Y tú lo sabes también. Por eso me diste las pastillas, para que me muriera contigo. A mí no me importa. Si con eso logro no verte más. No ver nunca la amargura de tus ojos, siempre tristes, siempre. Estoy cansada. Deja que me desnude de ti. Déjame descansar. No quiero que me confundan contigo nunca más. ¿No te das cuenta de que les estás trastornando a todos? Incluso mi marido me llama Prudencia. ¿Le oyes? Me está llamando Prudencia. Quiere despertarme. También me pide perdón. Te pide perdón. Prudencia. Tengo sueño, duerme. Tú también tienes sueño. Descansa. Ya duermes. Siento cómo me abandonas y tengo frío. Tantos años juntas y te vas sin decirme una sola palabra. Has sido la única que no me ha pedido perdón, te lo agradezco. Sí, ya duermes. Ahora que te has ido me encuentro muy sola. Dormir. Yo también me abandono. Me dejo ir, en silencio, como tú. Ya duermes. Mi marido no se ha dado cuenta de que acabas de morir. Ya duermo. Sigue gritándome: ¡Despierta, Prudencia, despierta! (158-159)

Los hombres necesitan de mucho mimo y mucho cuidado. Son como los niños, que si no los tienes bien atendidos se te echan a perder. O como las plantas con eso de que hay que regarlas, también son así. Yo disfruto teniendo a mi marido limpio y aseado. Cuando se enfada si no le tengo listo un pantalón, el que quiere ponerse, aguanto la bronca, porque sé que me la merezco. Y es que, como él dice, no tengo otra cosa que hacer y es mi obligación. Soy yo la primera que siente no haber averiguado que era el único que estaba sin planchar. Entonces tiene fácil solución porque se lo plancho en un momento. Lo malo fue aquella mañana que justo quería la única camisa que tenía sucia. No me quedó más remedio que admitir que soy una descuidada, pedirle perdón y decirle que no volvería a pasar. Sin rechistar ni esto cuando me obligó a lavarla a mano con agua fría a las siete de la mañana, delante de él, secarla con el secador de mano, plancharla y guardarla en el armario

49


bien dobladita, mientras él se ponía la que yo le había preparado. Es mejor estar al tanto para que estas cosas no sucedan, espabilar y tenerlo todo al día, para que él no se disguste y no tenga que irse al trabajo de mal humor. (49-50) Perdonarte más: Te dije que atravesábamos una frontera peligrosa. Ya lo has visto, la segunda vez es más fácil: ya sabes que puedes hacerlo, y que yo consiento que lo hagas. Sé que pierdes el control y que sabes que te quiero, que vas a pedirme perdón y yo te voy a perdonar. Quizá por eso te atreves a maltratarme así. Volví a perdonarte la segunda vez, y la tercera, y la cuarta. Pero la herida es profunda, y queda. No es bueno que te tenga miedo. Ni es bueno que sienta vergüenza delante de tu madre, estoy segura de que lo oye todo, ser vecina tiene muchas desventajas.

Ayer sentí terror cuando me escondí debajo de la mesa de la cocina. Estaba temblando, recordaba la última vez que me pegaste con el cinturón. Debajo de la mesa me tapé la cabeza entonces, agachada me protegía con las rodillas y los brazos, y era incapaz de gritar. Ayer no quería salir de mi escondite, aunque hubieras soltado el cinturón después de azotar la mesa con furia. No quería salir, porque los golpes retumbaban y me dolían como si me los dieras a mí, aunque te oyera llorar y pedirme perdón jurando que me amabas. Me seguía sintiendo acorralada por la violencia con que me gritabas tu amor, la misma violencia con la que me amenazabas. Te dije que te fueras, sin abrazarte, sin decirte que te perdono porque sé que ése no eres tú, que cuando te pones así es como si fueras otra persona. Te pedí que te marcharas porque no podía salir, me quedé paralizada y estuve en la misma postura llorando hasta que llegó el niño del colegio. No puedo explicarte lo que siento porque ni yo misma lo sé. Sólo decirte que no me gusta tenerte miedo. Te quiero demasiado para tenerte miedo. Ahora sé que me atrevo a escribirte lo que pienso pero no a decírtelo, por si te enfadas, y esto no puede ser. Me has prometido que no volverá a pasar, ayer cuando te ibas lo juraste. Espero que sea cierto, por nosotros, lo espero. Amor, te perdono (1996) Dulce Chacón (España, 1954-2003). Edit. Planeta, booklet, 2002. (fragmentos)

FICHA DE TRABAJO En un relato breve Dulce Chacón supo crear un retrato fiel de las actitudes de un maltratador y del proceso de destrucción física y psicológica de las mujeres maltratadas. Dos mujeres, la esposa (Prudencia) y la amante, serán víctimas del maltrato. Y la autora nos presenta dos formas de respuesta, Prudencia llega a la locura y el suicidio, tras soportar años de humillación y vejaciones de todo tipo. La amante es capaz de romper con el maltratador y buscar su libertad y su dignidad lejos de él. Los dos primeros fragmentos nos presentan las decisiones finales de estas mujeres. Los segundos nos dan una visión de situaciones frecuentes en los casos de maltrato.

50


Historia do 25N Por que o día 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres? O 25 de novembro foi declarado o Día Internacional Contra a Violencia cara ás mulleres no primeiro Encontro Feminista para América Latina e o Caribe, celebrado en Bogotá (Colombia) en 1981. No Encontro as mulleres denunciaron sistematicamente a violencia de xénero, dende agresións domésticas a violacións e tortura sexual ou violencia de estado. Estaban no recordo as irmás Mirabal asasinadas un 25 de novembro de 1960 pola ditadura de Rafael Trujillo na República Dominicana, onde son todo un mito ao igual que no resto de América Latina. A proposta feita por este Encontro foi recoñecida oficialmente en 1999 polas Nacións Unidas como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres.

Quen eran as irmas Miraval?

Patria (n.1924), Dedé (n. 1925), Minerva (n.1926) e María Teresa (n. 1935) naceron en Ollo de Auga na República Dominicana. Eran activistas políticas e símbolos moi visibles da resistencia á ditadura de Trujillo. Foron encarceradas repetidamente polas súas actividades e pola súa conciencia crítica e as súas opinións en contra do ditador e en defensa da democracia e a xustiza.

51


As irmás Mirabal tamén son coñecidas e represéntanse como as Bolboretas. Este era o nome secreto de Minerva nas súas actividades políticas clandestinas en contra da tiranía de Trujillo. O 25 de novembro de 1960 tres das irmás Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa foron asasinadas por membros da policía secreta de Trujillo. As tres volvían xunto con Rufino de la Cruz a Porto Prata de visitar os seus maridos encarcerados. A noticia destes asasinatos conmoveu e escandalizou á nación dominicana e impulsou o movemento antitrujillo. Finalmente este foi asasinado en 1961 e o seu réxime caeu pouco despois.

As irmás convertéronse en símbolo da resistencia, tanto popular coma feminista. As súas vidas son conmemoradas en poemas, cancións, libros e películas. Na década dos noventa, a escritora dominicoamericana Julia Álvarez titula a súa novela, baseada na vida das irmás Mirabal, "Tres heroínas e un tirano". Deste libro fíxose no ano 2000 unha película, "No tempo das bolboretas", na que unha das protagonistas era Salma Hayek", sendo o director o español Mariano Barroso. O 8 de marzo de 1997 inaugurouse un mural e un enorme obelisco que Trujillo erixira na súa propia honra en Santo Domingo, na pintura mural do obelisco vense imaxes das catro irmás e titúlase "Un canto á Liberdade" (bonita ironía).

52


Listaxe de mulleres asasinadas en España no ano 2011 por violencia de xénero. 1. 12-01-11 Torrecaballeros (Segovia). José Jaime, de 52 anos asasinou de varios tiros na cabeza á súa muller, Ana María Sánchez, de 49 anos e ao fillo de ambos os dous, Carlos, un adolescente de 16 anos.

2.

13-01-11 Granada. X.L., un home de 32 anos matou a golpes no cranio á súa

parella, W.L., de 29 anos. Estaba embarazada e tiñan outro fillo de 6 anos en común.

3.

17-01-11 Fuenlabrada (Madrid). Francisco N. J., de 47 anos, maltratou e

estrangulou á súa muller, Carmen J. N., de 54 anos, e avisou do crime á policía ao día seguinte.

4.

26-01-11 Los Belones-Cartagena (Murcia). Antonio, de 45 anos, apuñalou ata a

morte á súa parella, Jennifer, de 37 anos, e enviou un sms a un familiar dicindo que a matara. A filla dela, de 11 anos, foi a que descubriu o cadáver. O asasino está fuxido aínda agora.

5. 28-01-11 Calvià (Mallorca). Bartolomé Verger Cabrer matou a tiros á súa muller e ao can de ambos os dous e posteriormente suicidouse.

6. 30-01-11 Villacarrillo (Xaén). A.G.A., de 47 anos, apuñalou á súa esposa, Ramona M.F., de 44 anos, no pescozo e abdome, causándolle a morte. O asasino foi detido.

7. 30-01-11 Campo de Criptana (Ciudad Real). M.A.T.S., de 40 anos degolou a súa muller, J.M.M., de 43 anos, e posteriormente tratou de suicidarse tirándose polo balcón da vivenda.

8. 28-01-11 Fuerteventura (Canarias). Unha muller aparece morta nun quiosco de praia, apuñalada e desfigurada. Detido un indixente que adoitaba estar con ela. Non está probada aínda a relación entre ambos os dous polo que esta muller non aparece en listado do Ministerio).

9. 03-02-11 Roquetas de Mar (Almería). M.S, un home de 36 anos mata a golpes á muller coa que convivía, C.C.T., de 46 anos. Entrégase á policía ao dia seguinte.

53


10. 11-02-11 Barcelona. Pedro Pascual M.C., de 27 anos, acoitelou presuntamente á súa parella no céntrico barrio de Graza.

11. 15-02-11 Málaga. Mata a machadazos a súa muller, da que tiña orde de afastamento e estaba en trámites de separación.

12. 18-02-11 Dusseldörf (Alemaña). Busca á súa exmuller en Alemaña, onde fuxira e mátaa a coiteladas (Esta muller non engrosa as listas do Ministerio ao ter acontecido en Alemaña; inclúese neste listado por ser persoas que vivían en Girona e só pola fuxida dela o crime se produciu no devandito país).

13. 23-02-11 Valencia. O presunto asasino foi un home maior, de 73 anos, que asasinou á súa parella de só 32 anos ao parecer con algún coitelo

14. 23-02-11 Reus (Tarragona). A filla, de só 5 anos acudiu soa ao colexio (a pesar de estar lonxe da vivenda) e contou aos seus profesores que o seu pai, de 34 anos, matara a súa nai e estaba tirada na cociña.

15. 07-03-11 Fonte o Salgueiro do Jarama (Madrid). Vicente, de 55 anos, asasinou presuntamente a súa exmuller, da que tiña unha orde de afastamento.

16. 21-03-11 Granada. C.M.C., de 62 anos e policía retirado, acoitelou e golpeou ata matar a súa muller N.C.C da mesma idade.

17. 22-03-11 Torredelcampo (Xaén). Un home mata á súa exparella de 44 anos. Ambos os dous denunciáranse por malos tratos mutuamente e ela tiña unha orde de afastamento pero vivían xuntos.

18. 04-04-11 Beriain (Navarra). Indicios apuntan á exparella de Yanela, que apereceu nunha lagoa da zona, como autor da súa morte.

19. 05-04-11 Torrejón de Ardoz (Madrid). Dorel, de 21 anos, estrangula a súa parella, de 20 anos e embarazada e móstralle a seu pai por webcam o cadáver.

20. 12-04-11 Mutxamel (Alicante). Un home apuñala a súa muller e logo queima a casa co fin de ocultar probas.

21.

24-04-11 Santa Colomba de Gramanet (Barcelona). Detido

un home de 32 anos tras matar presuntamente a súa parella e tirala dende unha ponte.

54


22. 12-11-10 Vilassar de Dalt (Barcelona). Detido hai unhas semanas o marido de Carmen B., polo seu presunto asasinato, en novembro de 2010. Ata este momento pensábase que fora un roubo. (Este caso, ao ter sucedido o ano pasado, non figurará nas listas do Ministerio deste ano nin nas de 2010 pero o blog do que tiramos a información non quere deixar de solidarizarse e visibilizar a todas e cada unhas das mulleres asasinadas por esta eiva chamada violencia machista).

23. 06-05-11 Bescanó (Girona). Juan T.T., de 76 anos, mata a tiros a súa exmuller, Cándida, de 71 anos. Separáranse hai só uns meses, había unha orde de afastamento e ela temía pola súa vida.

24. 08-05-11 Almería.. V.F.C, de 42 anos esperou á súa exparella ata que saíu de casa e matouna de 20 puñaladas. Tiñan dúas fillas de 7 e 9 anos de idade. Ela chamábase A.E.N. e tiña 30 anos.

25. 08-05-11 Madrid. Segundo Eulogio, de 39 anos, degolou presuntamente á súa muller cun coitelo e logo trata de degolarse a si mesmo aínda que segue grave. Ela chamábase Marisol Consuelo e tiña 40 anos, tiñan ademais dous fillos menores de idade.

26. 14-05-11 Noia (A Coruña). Asasina brutalmente a puñaladas á súa exnoiva diante do seu irmán de 2 anos.

27. 15-05-11 Cordoba. Aparece o corpo degolado dunha muller de 29 anos, a súa parella foi detida e está a ser interrogado por este crime.

28. 15-05-11 Sabadell (Barcelona). Ricardo, de 44 anos detido por homicidio da súa muller Rosa María, de 39 anos. Non se encontrou o cadáver ata o 6 de agosto.

29. 30-05-11 Fins (Almería). Oscar, de 35 anos confesa o crime da súa exmuller tras aparecer por fin o seu corpo sen vida.

30. 01-06-11 Mieres (Asturias). Constantino, de 72 anos, mata a machadazos á súa muller de 64 anos. Ela chamábase Inés.

31. 01-06-11 Móstoles (Madrid). Victor Manuel, de 42 anos, asasina a

puñaladas á súa exmuller, Miren, coa que aínda

compartía o piso.32. 01-06-11 Museros (Valencia). Teresa, de 82 anos, foi apuñalada polo seu marido, Ramón, de 79 anos, quen posteriormente se suicidou dun tiro nas tempas.

55


33. 11-06-11 La Ametlla de Mar (Tarragona). Unha muller caía ao baleiro dende a súa ventá, no trascurso dunha pelexa. O marido e un amigo foron detidos. 34. 13-06-11 Sant Andreu (Barcelona). Detida a parella da muller encontrada morta nunha casa semiabandonada.

35. 16-06-11 Durango (Bizkaia). Tras aparentar un suicidio, finalmente foi detido o noivo da muller de 31 anos que faleceu ao caer dende unha ventá.

36. 03-07-11 Hernani (Gipuzkoa). Mata á súa exparella, Rosario, a puñaladas e fere gravemente a filla desta.

37. 03-07-11 Zaragoza. O fillo, de 10 anos, foi o que avisou do crime machista a un familiar ao contarlle que o seu pai se fora e pensaba que á súa nai lle pasaba algo.

38. 04-07-11 Barcelona. Nesta ocasión tamén a filla, de só 5 anos e que probablemente pasou a noite na casa co cadáver da súa nai, foi a que, ao ir ao colexio, alertou os profesores do acuchillamiento machista.

39. 16-07-11 Chivas (Valencia). Julia, de 30 anos, foi estrangulada polo seu marido. Había unha denuncia de 2009 pero non tiña protección.

40. 19-07-11 Otura (Granada). Mónica, de só 19 anos, morta tras a brutal malleira que lle propinou o seu noivo Javi, de 20 anos.

41. 03-08-11 Madrid. Julián, de 71 anos, asasinou á súa muller Fructuosa (70 anos) e posteriormente suicidouse co mesmo coitelo.

42. 06-08-11 Madrid. Giovanna, de 38 anos foi asasinada, posiblemente, o 25 de xullo por Manuel Antonio, aínda que ata este dia non foi detido. Encontrouse o cadáver xunto a un encoro.

43. 22-08-11 Bilbao (Bizkaia-Pais Vasco). Hector, de 38 anos e con orde de afastamento acoitelou a Deisy á porta

da súa casa.44.

25-08-11 Murcia. Caridade, con 75 anos e moitos de maltrato ás súas costas, foi finalmente asasinada polo seu marido Hector, de 71 anos.

45. 29-08-11 Burgos. Unha muller de 49 anos, asasinada a puñaladas polo seu marido, D.V.J., de 54 anos. Estaban en

56


trámites de separación. 46.

18-09-11 Lora del Río (Sevilla). L.M.G, de 40 anos, presentara o pasado xullo

unha denuncia por violencia de xénero contra a sua exparella, presunto agresor, aínda que non pedira orde de afastamento.

47. 18-09-11 Arona (Tenerife). Luis Domingo, de 54 anos apuñalou presuntamente a súa muller, Cementina e posteriormente tratou de suicidarse.

48. 18-09-11 Vinarós (Castelló). Desaparecida o xoves anterior, Esther, de 47 anos apareceu morta e foi detido o marido (investigación baixo segredo de sumario).

49. 22-09-11 Puçol (Valencia). A pesar de denuncialo, de haber orde de afastamento, de levar dispositivo GPS é asasinada polo seu marido.

50. 27-09-11 Vicar (Almería). Unha muller de 41 anos é asasinada a golpes polo seu marido tras iniciar os trámites de divorcio.

51. 27-09-11 Sanlúcar de Barrameda (Cádiz). A muller foi ingresada o pasado 11 de setembro, con traumatismo cranioencefálico severo, tras discutir co seu marido, chamábase F.L e tiña 71 anos. Morreu varios días despois.

52. 09-10-11 Calpe (Alicante). Non hai idade para o crime machista. Ela tiña 78 anos, el 80.

53. 11-10-11 Vigo (A Coruña). Asasina a coiteladas á súa muller de 39 anos e entrégase despoi

54. 12-10-11 Tias (Lanzarote-Canarias). Mara, de 37 anos, é estrangulada pola súa parella estando presente a súa filla de 1 ano.

55.

14-10-11 Avilesino (Asturias). E.A.P. De 30 anos, mata a súa muller de 29 a

golpes e posteriormente entrégase. Tiña antecedentes de malos tratos a unha exparella.56. 17-10-11 Girona. Unha muller de 38 anos foi gravemente ferida pola súa parella, o empresario Bernard Andrighetto, de 48 anos, quen supostamente lle disparou polo menos 8 veces cunha pistola no chalé de luxo onde vivían.

57. 24-10-11 Andratx (Mallorca). Nuria Orol, de 24 anos de idade, é asasinada, presuntamente pola súa parella, que lle asestou polo menos catro puñaladas no peito e tórax.

57


58. 02-11-11 Zaragoza. Tatiana, de 29 anos, apuñalada por detrás por Miguel, a súa parella, de 51 anos.

59. 02-11-11 Tetuán (Madrid). Un home mata á súa parella a marteladas e enterra o seu corpo en cal viva no seu xardín.

60. 03-11-11 Vielha (Lleida). Ían asinar o divorcio pero o marido estrangulouna antes de que iso puidese acontecer. Posteriormente foi detido.

61. 16-11-11 Outeiro Villalba (Madrid). Aparece o corpo dunha adolescente de 17 anos asasinada 5 días antes polo seu exnoivo, que posteriormente foise de copas.

Información extraída da seguinte páxina. Nela vanse engadindo os datos das mulleres que van morrendo a mans das súas parellas.

http://ibasque.com/mujeres-muertas-en-espana-por-violencia-machista/

58


Centro de Información e Asesoramento á Muller Avda. Glasgow, 10 15008 - A Coruña Teléfonos: 981 282 024 - 981 282 044 centro24h.igualdade@xunta.es

Centro de Información e Asesoramento á Muller Calexón da rúa San Marcos s/n 27001 Lugo Teléfonos: 982 250 021 ciamigualdadelugo@yahoo.es

Centro Quérote de Asesoramento afectivo sexual para a mocidade Praza do Matadoiro s/n 15703 Santiago de Compostela A Coruña 902 141 617 info@querote.org

Teléfono do Menor 900 444 222

Teléfono da Muller 900 400 273

Atención á violencia de xénero: 900 222100 Asociación asistencia mulleres violadas: 915 740 110 Comisión investigación malos tratos: 900 100 009 Emerxencias: 112 Instituto muller: 900 191 010 Servizo Galego de Igualdade: 981 545 366

59


A NOSAS FONTES:

Unidade didáctica da Xunta de Galicia: “A Igualdade como solución”

Unidade didáctica da Xunta de Galicia: “Para unhas relacións de calidade, evitemos a desigualdade”.

Unidade didáctica da Xunta de Andalucía: “Vive en igualdad. Vive sin violencia” (desta unidade tomáronse varias actividades que se adaptaron ao noso centro e alumnos e traduciuse ao galego).

“Materiales didácticos para la prevención de la violencia de género. Educación Secundaria” Autoras: Maite Gorrotxategi Larrea e Isabel Mª de Haro Oriola Edita: Consejería de Educación y Ciencia. Junta de Andalucía.

“Materiales y Actividades Didácticas para la prevención de la violencia de género” . Secretaría Provincial de la Mujer de USTEA.

Unidade Didáctica: “Materiales para prevenir la violencia contra las mujeres desde el marco educativo” Unidade didáctica para Educación Secundaria.

● Vídeos da páxina www.youtube.es e do blog http://aprofa.blogspot.com/2010/05/sacatarjeta-roja-5.html ●

Campaña de dinamización lingüística Día da non violencia contra as mulleres (2008), Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.

TRADUCCIÓN E ADAPTACIÓN DA LINGUA: DEPARTAMENTO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA. IES DE CURTIS (A CORUÑA

60


61


62

UNIDADE DIDÁCTICA INTERDISCIPLINAR PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO  

Unidade didáctica violencia xénero educación secundaria

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you