Page 1

A LINGUA DAS BOLBORETAS A lingua das bolboretas

1


ÍNDICE

I.

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA

II.

ACTIVIDADES PREVIAS AO VISIONADO DA PELÍCULA

III.

ANÁLISE DA PELÍCULA

IV.

ASPECTOS TÉCNICOS

V.

CONCLUSIÓNS

A lingua das bolboretas

2


A LINGUA DAS BOLBORETAS I FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA

SINOPSE A historia dunha infancia nun entorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República. Baseada nos contos "A lingua das bolboretas", "Carmiña" e "Un saxo na néboa", extraídos do libro Que me queres, amor? de Manolo Rivas. FICHA ARTÍSTICA Dirección: / José Luís Cuerda Dirección fotografía: / Javier Salmones Figurinista: / Sonia Grande Guionista: / Rafael Azcona Intérpretes: / Uxía Blanco / Celso Bugallo / Jesús Castejón / Alberto Castro / Alfonso Cid / Jose F. Expolio / Fernando Fernán Gómez / Eva Fernández / Eduardo Gómez / Milagros Jiménez / Tucho Lagares / Orestes Lara / Manuel Lozano / Fely Manzano / Elena Mar Fernández / Tamar Novas / Celso Parada / Antonio Pérez / Manuel Piñeiro / Alexis de los Santos / Manuel Seara / Guillermo Toledo / Gonzalo Uriarte / Roberto Vidal Bolaño / Diego Vidal / José Ramón Vieira / Xosé Manuel Olveira “Pico” Montaxe: / Nacho Ruiz Capillas Música: / Alejandro Amenábar Produción: / Fernando Bovaira / José Luís Cuerda Xefatura de son: / Goldstein & Steinberg FICHA TÉCNICA Distribuídora / Biblos Clube de Lectores / Ignacio Benedeti Cinema S.L. / La Voz de Galicia / Warner Sogefilms Produtora / Las Producciones del Escorpión / Sogetel / Televisión de Galicia (TVG) / Voz Audiovisual S.A. Titulo orixinal: La lengua de las mariposas Tipo: Longametraxe Xénero: Drama Coprodución Realizada a cor Duración: 95' Orixe: Galicia Ano: 1999 Idioma V.O.: Castelán A lingua das bolboretas

3


Subtitulada: Inglés, Castelán Dobrada: Galego Orzamento: 2.211.800 € Recadación: 4.632.493 € Espectadores: 1.181.526 Manuel Rivas O xornalista e escritor Manuel Rivas naceu na Coruña en 1957. Comezou a escribir na súa adolescencia e colaborou en distintos medios de comunicación .Tamén fundou diversas revistas literarias de curta vida. É socio fundador de Greenpeace e ten un posto na xunta directiva da organización. É considerado o escritor máis sobresaliente da literatura galega actual, na que destaca a súa mestría no uso da lingua, a autenticidade das súas historias e o compromiso social e político. Cultiva distintos xéneros literarios como a novela, o ensaio e a poesía. Da longa listaxe que constitúen as súas publicacións destacamos Os comedores de patacas (1992), O lapis do carpinteiro (2001), Os libros arden mal (2006) ou a recente Todo é silencio (2010). Os dezaseis relatos breves de Que me queres, amor? (1996) foron considerados pola crítica como unha xoia literaria, algúns dos cales (e entre eles, "A lingua das bolboretas") merecerían figurar nas antoloxías universais do conto. O libro ten como eixo central a incomunicación persoal nas relacións humanas, onde a soidade e a dor conviven co humor e a tenrura. Os guionistas e o director José Luís Cuerda adaptou estes relatos ao cine contando como guionista con Rafael Azcona. Tamén o propio Rivas, quen se confesa enfeitizado polo cine, colaborou no guión e mostrouse moi satisfeito co resultado. Así, o produto final é unha escritura conxunta na que tres marcadas personalidades contribuíron á súa creación e deixaron o seu selo persoal. Rafael Azcona Naceu na Rioxa, en 1926. Coñéceselle como o mellor guionista do cine español, que cultivou o éxito internacional, pero tamén é un destacado escritor da xeración de medio século (xunto con Aldecoa, Fernández Santos, Rafael Sánchez Ferlosio...), o que influíu na súa forma literaria e poética de facer cine, e constituíu un factor esencial na escritura de obras mestras como O cochecito Plácido ou O verdugo (de Berlanga). Na súa visión da realidade española están presentes as marcas de Quevedo, Val Inclán e Cela, así como o humor do Paspallás; destacando sempre pola súa capacidade de observación e o seu escepticismo en temas sociais e políticos. Traballou cos mellores A lingua das bolboretas

4


directores de cine españois e doutros países. Entre os seus títulos atópanse A vaquilla, Ai, Carmela , A corte do faraón, Belle Epoque… José Luís Cuerda Naceu en Albacete en 1947. É técnico de Radiodifusión e Televisión, e exerceu como profesor de Realización cinematográfica no Instituto Español de Tecnoloxía e na Facultade de Belas Artes de Salamanca. Traballou en Televisión Española e é o autor dalgúns dos títulos máis orixinais e sorprendentes do noso cine: con O bosque animado (1987, baseada nunha novela do mesmo título de W. Fernández Flórez) penetra nun cine onde cultiva un humor absurdo e surrealista profundamente español, cómico e poético ao mesmo tempo. Amence que non é pouco (1988) é o seu primeiro gran éxito de despacho de billetes, unha sátira delirante sobre a vida española. O mesmo escenario de O bosque animado, a Galicia rural, ambienta A lingua das bolboretas (1999). En 2012 volveu a colaborar co escritor Manuel Rivas na rodaxe de Todo é silencio baseada na novela homónima. Neste caso a acción está centrada no narcotráfico galego nunha localidade costeira nos anos 70 e 80.

II ACTIVIDADES PREVIAS AO VISIONADO DA PELÍCULA

1

Xustificación da elección desta película:

Escollemos esta versión cinematográfica baseada nos contos de Manuel Rivas do libro Que me queres amor? tendo como obxectivos principais abordar os seguintes aspectos: •

O coñecemento do contexto histórico da época previa á Guerra Civil.

• A importancia dos valores: a amizade, a intolerancia, a liberdade, o respecto… • A educación como factor determinante na formación intelectual e persoal.

2

O contexto histórico.

A película que imos ver sitúase na época da 2ª república, no momento histórico previo á Guerra Civil. Cómpre que antes de comezar aclaremos algúns conceptos respondendo ás seguintes cuestións: • • • • •

Que é unha República? Que países teñen ese modo de goberno? Que diferenzas ten co sistema de monarquía parlamentaria? Cantas Repúblicas houbo en España? Que é unha guerra civil? Por que se denomina así? A lingua das bolboretas

5


• Cando tivo lugar a Guerra Civil española? Canto durou? • A que bandos enfrontou e quen foi o gañador? • Que consecuencias trouxo a nivel político e social a fin da guerra?

3

Achegámonos ao ensino na II República e na ditadura.

Propoñemos a análise e comentario na aula dos seguintes textos: Texto 1 Ao iniciarse a década dos anos trinta, o sistema educativo español achábase en condicións moi precarias. O Estado tiña unha presenza débil, subordinado á actuación da Igrexa católica no ensino. A desidia pública manifestábase nos niveis primarios da educación, na discriminación que tiña lugar entre quen podían cursar o bacharelato e quen non tiñan a posibilidade de estudar tras a primaria, no abandono do ensino secundario. A Segunda República naceu cun programa de reforma global do sistema educativo que incluía a construción urxente de escolas, a dignificación do mestre cun aumento substancial das súas retribucións, o establecemento dun sistema unitario de tres ciclos, o fomento dunha pedagoxía activa e participativa, unha concepción laica do ensino. Por pór un exemplo, en catro anos, entre abril de 1931 e abril de 1935, o número de mestres nacionais pasou de 37.500 a 50.500. A reforma concitou a hostilidade de sectores poderosos da sociedade española. José María Maravall no prólogo do libro: Maestros de la república: Los otros sentidos, los otros mártires, de María Antonia Iglesias). Texto 2

O 14 de abril de 1931 proclamouse a II República en todo o Estado español, que encarnou a democracia e a modernidade, a liberdade, a educación e o progreso, a igualdade e os dereitos universais para todos os cidadáns. Unha escola pública, obrigatoria, laica, mixta, inspirada no ideal da solidariedade humana, onde a actividade era o eixo da metodoloxía. Así era a escola da II República española. De todas as reformas que se emprenderon a partir de abril de 1931, a estrela foi a do ensino. O Goberno tomou as primeiras medidas: recoñeceuse o Estado plural e as diferenzas lingüísticas (respéctase a lingua materna dos alumnos). Proxectouse a creación A lingua das bolboretas

6


paulatina de 27.000 escolas e a República propúxose encher as escolas cos mellores mestres. Pero os docentes da época tiñan unha formación case tan exigua como o seu salario. O soldo miserable daqueles voluntariosos mestres subiu a 3.000 pesetas á vez que se organizaban para eles cursos de reciclaxe didáctica. Nas Semanas Pedagóxicas recibían asesoramento dos inspectores, para aumentar a súa formación. A carreira de Maxisterio, elevada a categoría universitaria, dignificou a figura do mestre. Aos aspirantes esixíuselles, desde entón, ter completo o bacharelato antes de matricularse nas Escolas Normais, onde se ensinaba pedagoxía e había un último curso práctico pago. Fíxose do mestre a persoa máis culta, eran os intelectuais dos pobos e, con toda a precariedade en que vivían, exerceron dunha forma digna. Comezou a tecerse un sistema educativo que puxo a énfase no alumno, fíxoo protagonista das clases e da súa formación. Os nenos saían ao campo para estudar ciencias naturais, tratáronse de substituír os monótonos coros infantís recitando leccións de memoria polo debate participativo e pedagóxico; os nenos e as nenas mesturáronse nas mesmas aulas, onde se educaban en igualdade, e favoreceuse un tránsito sen sobresaltos desde o parvulario á universidade. Foi unha escola na que se educou aos nenos atendendo á súa capacidade, a súa actitude e a súa vocación, non á súa situación económica. Resumo dun artigo de José Luís Murillo García

Texto 3 O obxectivo de acabar co progreso educativo e cultural foi fundamental na insurrección do 18 de xullo de 1936. En guerras civís, a violencia fóra das frontes baseouse con moita frecuencia en motivos sórdidos, vinganzas persoais, envexas e rancores. Pero no caso das matanzas sistemáticas de mestres ao desencadearse a Guerra Civil española, razóns políticas guiaron as crueldades persoais.

Por detrás dos asasinatos, da crueldade, a dor e o medo, existía a política do franquismo: unha campaña sistemática de erradicación da política educativa e cultural da República. A abafadora maioría das execucións de mestres ten lugar ao comezo da Guerra Civil, entre xullo e outubro de 1936. As razóns das execucións eran erradicar o espírito da República encarnado nos mestres e na educación; provocar un medo xeneralizado. Esas razóns foron reforzadas polas vinganzas. Á hora de levar a cabo a represión, non só foron os verdugos os responsables. Aqueles eran xeralmente grupos de falanxistas armados e matóns, que logo alardeaban no pobo dos asasinatos e amedrentaban aos veciños. Unha boa parte da responsabilidade correspondeu a curas da Igrexa católica: elaboraban listas negras e acompañaban os fusilamentos. Os testemuños son abafadores. A Igrexa xogou un papel fundamental na represión e a depuración do maxisterio. Eu creo que basicamente polo papel que os mestres da República xogaron na aplicación da normativa sobre a supresión do ensino relixioso, cando se apartou das funcións educativas ás congregaciones relixiosas. . A lingua das bolboretas

7


Así foi a educación baixo o franquismo. Logo de concluída a guerra, en 1943, o ministro de Educación, José Ibáñez Martín, declaraba ante as Cortes que «o verdadeiramente importante desde o punto de vista político é arrincar da docencia e da creación científica a neutralidade ideolóxica e desterrar o laicismo, para formar unha nova mocidade, posuída daquel principio agustiniano de que moita ciencia non achega ao Ser Supremo». O concordato de 1953 entre o Estado español e o Vaticano confirmou o monopolio católico sobre a educación española. O Estado aseguraba o ensino da relixión católica como parte obrigatoria dos plans de estudo en todos os centros educativos do país, de calquera clase e nivel, así como a conformidade de todos os ensinos cos principios da Igrexa católica. Esta encargábase da pureza da fe, dos bos costumes e do ensino da relixión. Tamén podía prohibir e retirar libros, publicacións e material docente contrarios ao dogma e á moral católica.

Resumo de José María Maravall no prólogo de: Mestres da república: Os outros entidos, os outros mártires, de Mª Antonia Iglesias)

4 Lemos e analizamos os contos pertencentes ao libro de Manuel Rivas Que me queres amor? nos que se basea a película. " A lingua das bolboretas " 1- O narrador (Quen nos relata os feitos?). 2- Argumento e tema. Resume brevemente a trama do conto (non máis de quince liñas) e determina o tema do mesmo. A lingua das bolboretas

8


3- Retrato dos protagonistas e análises das relacións entre eles. Describe, tanto física como psicoloxicamente, aos principais personaxes, estudando os seus respectivos papeis na trama. Imprecindibles: Moncho, o mestre, a nai e o pai.

4- Época en que transcorren os feitos. Explicita as alusións que aparecen no relato a feitos ou outros datos que nos permitan establecer o momento histórico. 5 Explica o título.

6- Análise do desenlace. O relato termina coas seguintes palabras: "Bérralle ti tamén, Monchiño, bérralle ti tamén"(...) Pero o convoi era xa unha nube de po de lonxe e eu, no medio da Alameda, cos puños pechados, só fun capaz de murmurar con rabia: "¡Sapo! ¡Tilonorrinco! ¡Iris!". Reflexiona acerca delas e establece: Por que Moncho sente rabia? Por que só é capaz de vocear nomes dos animais que don Gregorio lle ensinou? Que cres que o autor nos quere apuntar con iso? Ou dito doutro xeito, cres que o Pardal odia ao mestre pola súa ideoloxía ou, presionado pola contorna, fai ver que o insulta con claves cómplices entre eles?

" Un saxo na néboa" 1- Establece a perspectiva narrativa desde a que está contada a historia.

2- Argumento e tema. Resume brevemente a trama do conto (non máis de dez liñas) e establece o tema do mesmo. 3- Retrato dos protagonistas e análises das relacións entre eles. 4- Época en que transcorren os feitos. 5- Neste relato, do mesmo xeito que no anterior, fanse referencias a América. Analiza o papel que esta terra xoga na sociedade da época en Galicia.

6- O desenlace case parece un soño, no que a Chinita voa co noso saxofonista, mentres Boal aúlla na noite. Volve ler o final e interprétao. Explica o seu significado e o porqué da figura do lobo. A lingua das bolboretas

9


" Carmiña" 1- Neste relato dáse unha dobre perspectiva narrativa, ou, dito doutro xeito, dentro do relato hai outro, narrado por uns dos personaxes a outro protagonista. Establece a identidade de ambos e aclara en que persoa narrativa están contados os feitos. 2- Argumento. Resume brevemente a trama do conto. (Non máis de dez liñas). 3- Retrato dos protagonistas e análises das relacións entre eles. 4- Establece o tema do relato

III ANÁLISE DA PELÍCULA 1 O tema. - Cal é a mensaxe principal que transmite a película? Elabora un esquema cos temas secundarios observados ao longo da proxección. - Expón a película algún tema que non estea nos contos? 2 O argumento. O filme narra a historia dun neno, unha familia e un pobo na España da II República que está ás portas dunha Guerra Civil. Para fiar as tres historias orixinais, que eran totalmente independentes, o guionista tivo que tomar decisións que afectan a varios elementos do discurso fílmico: personaxes, tipo de narrador e punto de vista, tempo, e estrutura narrativa do discurso literario. Tras un breve resumo dos acontecementos máis significativos da película, o alumno comentará que aspectos do nivel da historia sufriron modificacións con respecto aos contos orixinais. Proponse a agrupación dos cambios nos seguintes tipos: • ausencia ou eliminación de determinadas secuencias ou partes da historia; • variación ou transformación dalgunhas partes dos contos • incorporación de contidos alleos á obra literaria. Destes dous últimos apartados destacan especialmente polo significado e o valor que engaden á historia as seguintes escenas: A lingua das bolboretas 10


- Visita de don Avelino á escola para regalar dous capóns ao mestre. - Morte e enterro da nai de Carmiña. - O baño das nenas no río e primeiro bico de Moncho. - Celebración do aniversario da República. - Festa de xubilación de don Gregorio. - Charlas do mestre con Pardal no horto e na casa do primeiro, ao levarlle o traxe.

3 A estrutura. O conto “A lingua das bolboretas” serve de columna vertebral ao filme: en que momento e como se inseriron os outros dous relatos? Con que personaxe da historia se consegue alcanzar a unidade narrativa?

4 O narrador e o punto de vista. Quen nos conta a historia? A quen está dirixida? Que actitude adopta o narrador ante os feitos narrados? Observas algún cambio de punto de vista con respecto aos contos? Ilustra as túas respostas recordando algunhas secuencias, escenas ou diálogos da película. 5 Os personaxes. Que personaxes teñen especial importancia no desenvolvemento da película? Caracterízaos a partir do que recordes da proxección. Que trazos da súa interpretación che chamaron máis a atención? Aparece algún personaxe novo? que importancia ten no desenvolvemento da historia?

6 O espazo. En que lugares se desenvolve a acción? Que ambientes, rurais ou urbanos, naturais ou internos, son os máis habituais? Consegue a película reflectir correctamente o mundo

literario

dos

contos

de

Rivas?

7 O tempo. En que época se sitúa a historia? Que datos explícitos se dan na película? Cómpre poner estes datos en relación co contexto histórico traballado ao principio da unidade. Lembra ter en conta os títulos de crédito iniciais.

A lingua das bolboretas 11


8 Os valores. Moitos son os temas presentes neste filme relacionados coa educación en valores . Podemos destacar: a liberdade, o amor á natureza, a amizade, a importancia da educación, a infancia, a iniciación á vida, pero tamén do medo, do terror, das miserias da condición humana… Algunhas propostas de análise son as seguintes: - A aprendizaxe da vida a través do mestre. Referido a este tema destaca especialmente a liberdade asociada coa importancia da educación. Neste sentido cómpre comentar a secuencia na que o pobo lle rende unha homenaxe ao mestre co motivo da súa xubilación. O punto de partida pode ser a seguinte frase de don Gregorio: “A liberdade estimula o espírito dos homes fortes” . Procede a relación cos textos comentados nas actividades previas ao visionado. - O amor pola natureza está presente ao longo de toda a película. Proponse seleccionar algunha escena especialmente significativa e comentala. - O final da película é fundamental para tratar o tema dos valores que nela se transmiten. A historia que se nos conta é a da traizón necesaria? para a supervivencia.O director da película móstranos como, ao matar ao mestre, non só matan o seu corpo senón tamén todas as ideas que el defendía. Contrasta os valores que Moncho aprende do seu amigo o mestre e os que debe asumir na última escena. Por que eran tan amigos? Cando rompe o estado de paz no que vivía aquela sociedade? O protagonista e a súa familia han de vivir un momento amargo renunciando aos seus amigos e ás súas ideas para sobrevivir.

-A animación á lectura ocupa tamén un lugar importante no filme. Comenta as palabras do mestre: Xa tes que empezar a ler libros. Os libros son como un fogar. Nos libros podemos refuxiar os nosos soños para que non se morran de frío.

A lingua das bolboretas 12


IV ASPECTOS TÉCNICOS • Analiza a importancia dos títulos de crédito iniciais, e ponos relación coa escena final e a imaxe do neno transformado en foto antiga como unha pincelada máis dunha época, dunha historia que tivo lugar no pasado. • Valora a utilización da luz ao longo da película, especialmente cando conta a historia do namoramento do irmán de Moncho. • A música como elemento relevante na narración dos acontecementos (de novo a rapaza chinesa, o final…) • Procura na película as pistas que se van dando previas ao clímax final. • Comenta a escena final dende o punto de vista técnico: a luz, a música, a ralentización final da imaxe e a transformación en fotografía. V CONCLUSIÓNS Posta en común e elaboración individual dunha recensión da película.

A lingua das bolboretas 13

GUÍA DIDÁCTICA - A LINGUA DAS BOLBORETAS  

Guía didáctica da película "A lingua das bolboretas"

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you