Page 1

Ata 14 anos Relato de un náufrago, G. García Márquez, 176 páx. Este maxistral relato móstranos a apaixonante loita do único supervivente dun naufraxio: vai á deriva polo mar Caribe nunha balsa durante dez días plantándolle cara á morte... Viaje al centro de la tierra, Julio Verne (adapt. en Clásicos a medida, Anaya), 160 páx. Axel cóntanos nesta fantástica adaptación da novela de Verne a viaxe que emprende co seu tío cara ó mesmísimo centro da Terra, seguindo as pegadas de A. Saknussemm, investigador e escritor do século XVI.

Bajo la misma estrella, John Green, 304 páx. Hazel e Gus son dous adolescentes: o cancro que ambos padecen estalles facendo ver que non hai tempo para lamentacións, pois eles só teñen na súa man o aquí e o agora. E aí dá comezo unha longa viaxe cara a Amsterdam para cumplir desexos... antes de que sexa tarde.

Trampa de luz, Agustín Agra, 80 páx. Unha novela de medo e fantasía sobre a procura dun segredo relacionado cuns feitos inexplicables acontecidos cos animais dunha pequena vila.

El valle de los lobos, Laura Gallego, 271 páx. Esta é a historia dunha nena, Dana, que vive nunha granxa e ten un amigo que se chama Kai; o problema é que o rapaz é invisible para todos... excepto para a protagonista, que será requerida polo Maestro para entrar no misterioso mundo da maxia... Todo por una chica, Nick Hornby, 304 páx. Sam é o fillo de 16 anos dunha nai divorciada, que aínda está buscando o amor. A Sam gústalle o skate, ten un bo amigo Tony Hawk (un póster) e está tolo por Alicia. Hornby mergúllase no mundo dos adolescentes e a súa relación coa vida a través das súas decisións e desexos.

A partir de 14 anos Sala de espera, José Luis Sampedro, 232 páx. Na sala de espera da morte, José Luis Sampedro bota a mirada atrás para relatar os seus dez primeiros anos de vida e reflexionar sobre o destino da humanidade. A obra póstuma dun escritor imprescindible.

La vida era eso, Carmen Amoraga, 320 páx. Esta novela, que vén de recibir o premio Nadal, fálanos do amor e da dor que produce a súa perda: a morte fulminante do seu home, deixa a Giuliana desfeita e soa con dúas fillas pequenas. Terá que loitar e ver a nova cara da vida..

111 poemas de amor; de todo corazón, selección de J.M. Plaza e ilustración de A. Ruiz de la Prada, 208 páx. Velaquí unha antoloxía de poemas de amor feitos desde o século XIX ata hoxe: Bécquer, Rubén Darío, Blanca de los Ríos,... farán as delicias dos lectores máis sentimentais.

El amor en los tiempos del cólera, G. García Márquez, 496 páx. A historia de amor ao longo de sesenta anos entre Fermina Daza e Florentino Ariza, no escenario dun pequeno pobo portuario do Caribe enche, mesturada coa deliciosa pegada do realismo máxico, as páxinas desta novela..

El juego de Ripper, Isabel Allende, 480 páx. A astróloga máis coñecida de San Franciso anuncia unha inminente cadea de crimes. A predición non tarda en cumprirse e o inspector Bob Martín será o encargado da investigación; sen contar vai recibir a axuda dun grupo de cibernautas coñecedores dos xogos de rol…

Guía del autoestopista galáctico, Douglas Adams, 296 páx. Un xoves ao mediodía a Terra é destruída para poder construír unha nova autopista hiperespacial. Arthur Dent, que esa mesma mañá presenciou como botaban abaixo o seu fogar, pensa que xa non pode aguantar máis neste planeta: decide, pois, fuxir cun amigo seu...

Canta Irlanda, Javier Reverte, 384 páx. Javier Reverte volve á literatura de viaxes neste fascinante recorrido pola salvaxe Irlanda, pobo que non ten debuxadas nin águias, nin leóns nos seus escudos e bandeiras, senón unha lira gaélica.

Deseo de chocolate, Care Santos, 424 páx. Entretida novela que, a partir da historia dunha chocolateira de porcelana, narra o devir da cidade de Barcelona a través da súa tradición chocolateira e de tres mulleres, que teñen como nexo de unión o preciado obxecto de porcelana..

Los días de Alejandría, Dimitris Stefanakis, 714 páx. Un conglomerado de historias paralelas que se entrecruzan nunha estrutura de saga familiar, onde sobresae, como personaxe principal, a cidade de Alejandría..


El mar, Jonh Banville, 224 páx. Premio Príncipe de Asturias das Letras 2014. Un historiador de arte retírase ao pobo costeiro onde veraneou cos seus pais despois de que a súa muller morrera vítima dunha longa enfermidade. O pasado convértese agora no único refugio e consuelo para Max.

Intemperie, Jesús Carrasco, 224 páx. Un neno escapado da súa casa escoita, acubillado, os gritos dos homes que o buscan. Cando a partida pasa, o que queda ante el é una chaira infinita. Os seus pasos crúzanse cos dun vello cabreiro e, a partir dese momento, xa nada será igual para ningún dos dous.

La rubia de ojos negros, John Banville / Benjamin Black, 336 páx. John Banville ponnos diante do detective Philip Marlowe, que debe investigar sobre o antigo amante dunha fermosa muller rubia, herdeira dun emporio de perfumes.

Los sueños de Helena, Eduardo Galeano, Isidro Ferrer, 64 páx. Ao longo da súa narrativa, Eduardo Galeano foi transcribindo os sonos de Helena, a súa esposa. Este libro reúneos por primeira vez ao xeito dun gran relato.

Un home na escuridade, Paul Auster, 190 páx. A mestría e a inmensa capacidade narrativa de Paul Auster conseguen situarnos nunha serie de historias entrecruzadas nas que se analizan os grandes temores da sociedade actual.

Fuera de lugar, Amador Fernández-Savater, 432 páx. Este libro ofrece un ramallete de voces para pensar en compañía o mundo que habitamos. Entre crise e transformación.

La voyeuse, Fantah Touré, 80 páx. Iris non acudiu à cita e François non o entende. Nun correo electrónico, pídelle explicacións. A moza desvela , pouco a pouco, a súa historia, os seus medos, os seus soños… Veintrés maestros de corazón, Carlos González, 300 páx. Un mestre decide crear un ambiente máxico na súa clase para empoderar aos seus alumnos. Para levar a cabo o seu proxecto o profesor emprega curiosos trucos... Formúlase un modelo de ensino que se basea en descubrir a forza interior. No pienses en un elefante, George Lakoff, 176 páx. Manual imprescindible sobre linguaxe política. Achega ao votante da rúa a realidade do funcionamento do cerebro humano á hora de elixir entre un ou outro candidato, e de como utilizan os políticos a comunicación para conseguir levar a xente ao seu terreo.

Là où naissent les nuages, Heurtier Annelise, 199 páx. Filla única, de pais moi cariñosos, pero moi ocupados, Amelia, 16 anos, busca refuxio nas lambetadas.

El fantasma de la ópera, Christophe Gaultier, 112 páx. Adaptación maxistral da novela de Gaston Leroux nun cómic que combina romance, terror, misterio e traxedia.

A viaxe de Gagarin, Agustín Fernández Paz, 280 páx. Unha emocionante historia de amor e unha viaxe pola memoria. A vida e as vivencias de Miguel (alcumado coma o astronauta que dá título á obra), un home adulto que, mentres acompaña a súa nai no hospital, rememora a súa infancia e xuventude na Coruña dos anos sesenta.

Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro Emily Dickinson

Curtisbiblio

Recomendacións lectoras verán 2014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you