Page 1

ESCOLMA DE LIBROS ARREDOR DA MULLER HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA PREHISTORIA / HISTORIA ANTIGUA Mar Linares García Editorial Nigra Trea 2011 ISBN 9788415078074 19 €. Estudo da historia das mulleres da Galicia prehistórica e antiga, nas que combinando o manexo das fontes arqueolóxicas, epigráficas e literarias, Mar Linares traza un percorrido dende os máis humildes fragmentos da Prehistoria ata a analise do movemento priscilanista, no que algúns autores lle outorgan un protagonismo destacado.

HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA IDADE MODERNA Ofelia Rey Castelao Serrana Rial García Editorial Nigra Trea ISBN 9788415078081 € 25 Visión sintética da traxectoria histórica das mulleres que viviron na Galicia dos sécalos XVI a XVIII, donde as autoras nos dan a coñecer cal era o seu papel na vida familiar e económica, as diferencias sociais entre unhas mulleres e outras, o seu acceso á educación e á cultura. Rematan a obra con un repaso xeral de cómo as galegas eran vistas desde fóra de Galicia.

RICARDO CARVALHO CALERO: A ciencia ao servizo da nación. María Pilar García Negro Editorial Laiovento ISBN 978848447195 17 euros “Agrándase, co paso do tempo, a personalidades e a obra de toda unha vida de Ricardo Carvalho Calero (1910-1990). Non as cualificaremos como irrepetíbeis, mais si, desde logo como irrepetidas até o presente”. De este xeito presenta Pilar García Negro esta recompilación de 48 artigos de Carvalho Calero que van dende o ano 1930 a 1985. Nesta Nesta recopilaciñon podemos leer xoias coma: “Galego Real, Galego Ideal”, “Rosalía actriz” “O uso do galego para todo”, “Castelao e a sua lingua”, “Feminismo e Galeguismo”…


EL HOMBRE DEL REVÉS Fred Vargas Editorial Siruela ISBN 9788498415117 18,95 euros Volve a mestra do xénero negro francés e como sempre nos sorprende e nos engana ata o final. Esta vez vai de homes lobos. ¿Existen ou só é unha artimaña da autora para manternos en vilo ata o final? Non os defraudará

LAS SEÑORITAS DE ESCASOS MEDIOS Muriel Spark Editorial Impedimenta 2011 ISBN 9788415130055 € 18,40 Novela ambientada nas ruínas de Londres, recén rematada a Segunda Guerra Mundial, que describe a vida deliciosamente despreocupada dunhas rapazas que viven nun club residencial para mulleres solteiras. Divertidísima novela de costumes e desapiadada análise de afectos e filiacións

DONDE NADIE TE ENCUENTRE Alicia Jiménez Bartlett Editorial Destino ISBN 9788423344109 € 20,00 Premio Nadal 2011 Relato sobre Teresa Pla Meseguer, "la pastora", nacido neno cunha malformación xenital (pseudohermafroditismo masculino: escroto bífido e pene moi pequeno) que fixo dubidar os seus pais e decidiron rexistralo como muller. Despois de sufrir o indicible, mesmo abandonado polos seus pais, Teresa ou Florencio (como o se fixo chamar) uniuse aos maquis. A historia céntrase no interese dun psqiuiatra de La Sorbona, especializado en mentes criminais, pola “pastora”. Así iremos descubrindo a Teresa/ Florencio, personaxe insospeitado que foi tanto muller coma home e sempre estivo en fuga do mundo e de si mesmo.


NADA Janne Teller Seix Barral ISBN 9788432296963 € 16,00

“Nada importa Hace mucho que lo sé. Así que no merece la pena hacer nada. Eso acabo de descubrirlo. Pierre Anthon deixa o colexio o día que descobre que a vida non ten sentido. Sobe a unha ameixeira e declama a berros as razóns polas que nada importa. Premio ao Mellor Libro do Ministerio de Cultura Danés e Premio Libbylit á mellor novela do ámbito francofóno.

LA BUENA GENTE DEL CAMPO Flannery O´Connor Nórdica Libros ISBN 9788492683406 € 8,00 Reedición que Nórdica fai da obra de Flannery O ´ Connor, considerada unha das mellores escritoras de relato da literatura norteamericana do século XX. Considerado un relato autobiográfico, cóntanos a historia de Joy que con 32 anos e un doutorado en filosofía decide nun acto de rebeldía cambiarse o seu nome polo de Hulga. Un vendedor de biblias chega ao pobo e Hulga crerá que ten todo baixo control e que pode seducilo...

MARY WOLLSTONECRAFT SHELLEY E A SÚA CRIATURA ARTIFICIAL María Xosé Queizán Xerais ISBN 9788499141978 € 17,00 Neste ensaio, María Xosé Queizán, adentrase na persoalidade da escritora británica Mary Shelley, filla de Mary Wollstonecraft, que espertou cedo o interese dos estudos feministas. . Un viaxe a través da súa biografía, a través do contexto sociopolítico do seu tempo, da revolución industrial, e tamén en torno ao poder que emana do seu personaxe de ficción, o imperecedoiro Frankestein e o seu significado posterior.


LEONORA Elena Poniatowska Seix Barral ISBN 8432214035 Biografía novelada de Leonora Carrington, fantasiosa e excéntrica na súa infancia, desafiante na súa adolescencia, Leonora viviu unha turbulenta historia de amor co pintor Max Ernst. Con el viviu no turbillón do movemento surrealista e relacionouse en París con Salvador Dalí, Marcel Duchamp, Joan Miró, André Breton, Pablo Picasso... Toleada cando Ernst foi enviado a un campo de concentración, Leonora foi confinada nun manicomio de Santander do que escapou para conquistar Nova York da man de Peggy Guggenheim.

Ampliar información, ben pola nosa línea telefónica, ben mediante este correo: cartas@alibreira.com TEL. 981 651 399

ESCOLMA DE LIBROS ARREDOR DA MULLER

Escolma de libros arredor da muller  

Escolma de libros arredor da muller