Page 1

ACER Marca de ordenadores e produtos electrónicos

O seu nome provén do adxectivo latino acer, acris, acre, que significa “forte, vivo, impetuoso, fogoso”. Trátase dunha empresa viva, impetuosa, enérxica, ademais de valente no relativo ó lanzamento de novos e resistentes produtos ó mercado.


ADIDAS É unha compañía multinacional alemá de artigos deportivos.

As tres liñas paralelas son o selo distintivo da compañía de vestiario e calzado. Utilizaron o eslogan de Impossible is nothing debido a que fai 10 anos esta empresa quebrou por culpa doutra marca deportiva. Este eslogan indica o espíritu da marca: “Nada é imposible”.


AJAX Produto de limpeza

A marca "Ajax" vén do grego Aias, heroe grego, o máis forte e poderoso despois do seu primo Aquiles. Pelexou na guerra con coraxe e destreza. Na Ilíada descríbese coma un guerreiro de gran estatura e forza colosal. Dáse por feito que non hai mancha que resista a súa forza desengrasante.


ARGENTARIA Entidade bancaria española

O nome desta empresa significa “mina de prata”. O termo formouse a partir do substantivo latino de xénero neuto argentum (AG), “prata”. O mesmo orixe ten o nome de Arxentina, o país da prata. A relación entre o nome do negocio e a idea de valor e riqueza é evidente.


ASICS Empresa xaponesa adicada á fabricación de calzado deportivo

É un acrónimo formado polas iniciais desta frase latina: Anima sana in corpore sano, que ten o significado de: “mente san nun corpo san”. Ao uso dos artigos desta marca asóciase a idea de saúde.


AUDI Automóbil

O nome desta marca provén da forma Audi (“escoita”), imperativo do verbo latino audio, que significa ”escoitar”. Un dos socios fundadores da empresa, de apelido Horch (que significa en galego “escoita”), perdeu nun litixio a potestade de poñer o seu apelido á empresa e entón decidiu chamala AUDI, que era o seu equivalente en latín, porque resultaba máis comercial.


BIFIDUS Iogur

Do numeral bis ("dúas veces") e o adxectivo fidus,-a,-um ("fiel, seguro, leal"). Significa, por tanto, "dúas veces seguro", é dicir, dúas veces efectivo á hora de alimentar e de ser beneficioso para o corpo e a saúde.


BRIOCHE PASQUIER Docería e pastelaría industrial

Brioche é unha palabra francesa que se traduce por “bolo” é un pan de xema, bolo de leite ou suízo. Brioche Pasquier é unha empresa familiar francesa que fabrica e comercializa bolería e pastelaría industrial. A empresa volveuse o número un da bolería en Francia. A empresa foi fundada no 1974. É controlada pola familia Pasquier, que posúe máis do 90% do capital da empresa.


CAMEMBERT PRÉSIDENT. Queixo francés.

Camembert é un tipo de queixo francés con pasta branda e codia balorecida. Président traducido “presidente” é a marca creada en 1968. O nome da marca foi deseñado por Besnier, quen tería dito, "Francia é o país de Presidentes, todo o mundo é o presidente! [...] " A fundadora deste alimento foi Marie Harel no ano 1791, seguindo os consellos dun sacerdote refuxiado na cidade Camembert, na rexión da Baixa Normandía.


CARREFOUR

Cadea multinacional de distribución

Foi creado pola familia Fournier e Defforey no 1959. É unha cadea de de distribución de orixe francesa na que hai dende comida ata tecnoloxía . Carrefour tradúcese ao galego como “intersección” ou “encrucillada” e o seu nome é así porque o primeira tenda montada estaba nun cruzamento de cinco rúas.


!"# $

% &

'

'








! !

"

!


!

" !

# &

$ '

! !

#

#

%


CHANEL Marca luxosa de moda parisina.

O nome desta marca provén do nome da súa fundadora e deseñadora Coco Chanel no ano 1910, está especializada en deseñar e confeccionar artigos de luxo como bolsos, perfumes, cosméticos entre outros.


CITROËN Marca de coches.

Marca francesa construtora de automóbiles fundada en 1919, que leva o nome do seu fundador André Citroën. O logotipo de Citroën consiste en dous galóns (chevrons) e inspíranse nun invento de André, referente a unha engrenaxe cos dentes en forma de V, que foi montado en modelos de altas prestacións de Citroën, e que avantaxa en prestacións ás engrenaxes de dente plano.


CLUB BALONCESTO BREOGÁN

O nome do club provén do mítico rei céltico de Galicia Breogán , gran referente mitolóxico da nación galega. A presenza dos celtas en Galicia foi moi salientada no Rexurdimento e estivo moi presente en obras de autores como Eduardo Pondal. Este personaxe mítico aparece no poema “ Os pinos” que, posteriormente, foi elixido como o himno galego. O nome Breogán significa Breo- Genus, é dicir fillo de Brath, sendo a forma Breo a equivalente ao Brath gaélico.


CLYO Marca dunha colonia

O nome deste perfume vén do grego Cleió, da raíz cléo, que significa “alabar” oυ “cantar”. É tamén o nome da musa da historia e da poesía heroica. Como todas as musas, é filla de Zeus e Mnemósine. Ao relacionar o nome do produto con alguén descendente dos deuses dáselle unha connotación positiva. A conexión coa historia, co tempo, pode indicar tamén que é un perfume de efecto duradeiro.


DECATHLON Empresa francesa adicada á venda de artigos deportivos

O nome fai referencia a unha proba de atletismo que consiste na práctica de dez disciplinas deportivas. Decatlón é unha palabra composta, formada polos lexemas gregos deca, que significa “dez” e atlon, que significa “proba, loita”. Na marca concorren a connotación positiva da lingua clásica e a do deporte.


DUREX Marca de preservativos.

Utilízase como método de anticoncepción e tamén se usa de xeito profiláctico para evitar a transmisión de ETS. A orixe do nome da marca ven de 3 palabras inglesas: "Durability, Reliability, and Excellence" que queren dicir: “Durabilidade, Fiabilidade e Excelencia”.


El SUEÑO DE MORFEO Grupo español de música pop-rock

Na mitoloxía grega Morfeo era un dos mil fillos do deus dos soños Hipno e tamén era o encargado de levar o soño a reis e emperadores. O seu nome, que deriva da palabra grega que significa forma, indica a súa función: encárgase de adoptar unha aparencia humana e aparecer en soños ás persoas durmidas. Era representado con ás que batían rapida e silenciosamente, permitíndolle ir voando velozmente a calquera curruncho da terra.


ESTRELLA GALICIA

Produtora de cervexa e augas.

As orixes de Estrela Galicia remóntanse a 1906, data na que José María Rivera Corral funda a primeira fábrica de cervexa e xeo, tras o seu regreso da emigración en México. A Coruña foi a cidade elixida para algúns dos investimentos empresariais entre os que se encontraba a fabricación de cervexa. A escolla do nome Estrela Galicia rememoraba o seu negocio ''La Estrella de Oro'' na cidade de Veracruz e apostaba por un produto que lembraba asemade a súa galeguidade. O seu lema é “O noso é noso”.


EUDERMIN Μarca dunha crema que se utiliza para peles danadas

Vén do adverbio grego eu- que significa “ben” e o substantivo grego derma que significa “pel ”. A marca Eudermin significa, de xeito literal, “que ten capacidade para coidar a pel”.


FESTINA Marca de reloxos

Festina provén da locución latina Festina lente, que significa literalmente “apura lentamente”, “apura, pero pouco a pouco”. A súa orixe está nas palabras atribuídas a Augusto, primeiro emperador de Roma, que as usou para indicar que a precipitación e a temeridade son os defectos que máis se deben evitar. Festina é unha das formas do imperativo do verbo festino e significa “apura”. Está implícita a idea de que quen usa eses reloxos será alguén que fará un bo uso do tempo.


FNAC Empresa francesa especializada na venda de artigos electrónicos, ordenadores, artigos fotográficos, libros, música e vídeo.

O termo Fnac é un acrónimo (do francés: Fédération Nationale d'Achats des Cadres; en galego: 'Federación Nacional de Compras de Profesionais'). Fundada por André Essel e por Max Théret en 1954.


! &

'"

( "

"

)

"

#

$!

%


!" %

# &

#

# $ $


HAMBURGUESAS GOURMET Hamburguesas

Gourmet é un vocábulo francés traducido pola Real Academia Española (RAE) como “gastrónomo”, unha persoa entendida en gastronomía ou afeccionada ás comidas exquisitas. O termo utilízase como adxectivo para cualificar a aquelas comidas de elaboración refinada. As hamburguesas gourmet presumen de ser máis saudables e máis caseiras que as de "fast food".


HERMES Tenda de accesorios, bolsos, maletas

Na mitoloxía grega Hermes (Mercurio para os romanos) é o deus mensaxeiro, o deus das fronteiras e dos viaxeiros que as cruzan, dos pastores, dos oradores, do inxenio e do comercio, en xeneral, da astucia dos ladróns e dos mentireiros. Fillo de Zeus e da pléiade Maia. Os seus atributos son un sombreiro e unhas sandalias aladas e o caduceo (vara con dúas serpes enroscadas formando un oito incompleto).


INTERFLORA Rede mundial de florarías, ocúpase da decoración con flores

Nome formado pola preposición de acusativo intra que significa “entre” e Flora, que na mitoloxía romana era a deusa da natureza, das flores, dos xardíns e da primavera. Interflora significa literalmente “entre flores”.


! %

!

" !

#

$ !

&

' (

)

*

+


J' ADORE. DIOR Perfume de muller.

J´adore (encántame) é o nome do perfume. Contén en francés a palabra “or” (ouro) e na imaxe xogan moito con esa cor. En honor á paixón que Christian Dior sentía polas flores, j adore é un perfume que simboliza a feminidade absoluta, glamurosa e sofisticada .


GAFAS JULBO Lentes

Julbo é unha marca francesa de lentes deportivas, fundada en 1888 en Morez , no Jura. A compañía tomou o nome de Julbo en 1954, polo nome do seu fundador Jules Baud.


KFC Cadea de restaurantes de comida rápida.

KFC son as siglas de Kentucky Fried Chicken que significa “Polo frito de Kentucky”. A empresa fundouse en 1939 por o Coronel Sanders, ten 18.000 restaurantes en 120 países diferentes. Son especialistas en producir polo frito. O seu slogan é so good que quere dicir boísimo.


L’ORÉAL Marca francesa de cosméticos.

O famoso slogan de L'Oréal Parce que vous le valez bien traducido ao galego como ”Porque ti o vales”, evolucionou ao longo dos anos. Parce que je le vaux bien “Porque eu o vallo”, popularizouse a finais dos anos 1990. En 2004, a publicidade de L'Oréal empezou a apuntar cara ao crecente mercado de cosmética masculina con “Porque ti tamén o vales”. Despois, en 2009, a súa publicidade empezou a usar “Porque nós o valemos”, e para os nenos, ”Porque nós tamén o valemos”. O paso ao "nós" veu motivado por un estudo psicolóxico realizado entre a base de consumidores de L'Oréal. Parece ser que o uso de "nós" fomenta unha maior implicación do consumidor na filosofía e o estilo de vida de L'Oréal, ademais de producir unha maior satisfacción do cliente cos produtos da marca.


LA CAJA DE PANDORA Tenda na cal se vende complementos e roupa, dedicada especialmente ás mulleres

Pandora foi a primeira muller enviada por Zeus, para castigar os homes. Zeus encargoulle a Hefesto (Vulcano para os romanos) que fixese unha figura de arxila con forma de muller a imaxe das deusas. Despois Zeus deulle a vida e enviouna como regalo a Epimeteo. Esta muller recibiu o nome de Pandora, que significa “todas as calidades”. E unha delas era a curiosidade, que a levou, desoíndo a prohibición do seu home Epimeteo, a abrir a caixa na que estaban pechados todos os males. Foi así como estes se esparciron pola terra. Dentro da caixa só quedou a esperanza. E, en efecto, hoxe en día aínda dicimos: “A esperanza é o último que se perde”.


LA VIE EST BELLE. LANCÔME Perfume para muller

La vie est belle tradúcese ao galego como “a vida é fermosa”. Lancôme é unha casa de cosméticos e produtos de luxo creados o 21 de febreiro de 1935 por Armand Petitjean, perfumista en París. O nome foi elixido polo seu son "moi francés" .


LACOSTE Marca de roupa, colonias,calzado,cintos,maletas...

O slogan da marca Lacoste é "Un Peu d'Air sur Terre" (un pouco de aire na Terra). Lacoste vén do nome do seu fundador René Lacoste, quen inicialmente era un coñecido tenista francés. René Lacoste, alcumado 'Crocodile', tomou o seu alcume dende que apostou unha bolsa feita de crocodilo , aínda que non a gañou. Máis tarde, fixo bordar un crocodilo na lapela da súa chaqueta, pois por aquel entón aínda era infrecuente ver xogar aos tenistas en pantalón e camiseta curta. Máis adiante, cando fundou a súa propia marca de roupa púxolle o seu apelido á marca e a insignia do crocodilo verde co vermello do seu fociño aberto. O logotipo ,o recoñecido caimán gigi verde, tamén coñecido como crocodilo Charles, está presente en case a totalidade dos seus produtos. O artigo máis famoso desta compañía é a súa camiseta Polo feita de material piqué.


LE BEAU MALE .

JEAN PAUL GAULTIER

Perfume para home.

Le Beau Male, en galego, “O varón fermoso” é o nome do perfume. O envase mantén o deseño clásico con forma de torso dun home sen cabeza, pernas nin brazos a xeito dun manequín e decorado con franxas horizontais que recordan os deseños de camisetas en branco e azul que caracterizaron o deseñador.


LE PETIT MARSEILLAIS Xabón, xel e xampú.

Le Petit Marseillais que se traduce como “O Pequeno Marsellés” . Marsellés indica de Marsella (Marseille en francés, do grego, Massalia; en occitano provenzal, Marselha ou Marsiho) que é unha cidade e comuna portuaria do sur de Francia, do departamento de Bocas do Ródano e da rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul (PACA). O Pequeno Marsellés encarna os valores do Sur e o Mediterráneo (naturalidade, autenticidade, a proximidade e a alegría de vivir)


Leite Celta

Foi fundada en 1989. Situouse dende un principio como unha empresa do sector pero con sinais de identidade propios. O seu nome vén dos pobos orixinarios da Europa central que emigraron cara a Europa occidental. A súa chegada á península estaría sobre o ano 1200 aC. As súas clases sociais eran: druídas (sacerdotes), nobres, comerciantes e campesiños. A identidade céltica de Galicia foi reivindicada por autores do Rexurdimento como Manuel Murguía ou Eduardo Pondal.


LG Fabricante de produtos electrónicos

LG Electronics estableceuse no 1958 e, dende entón, liderou o camiño ata a era dixital avanzada. Este fabricante presentou moitos produtos novos, aplicou novas tecnoloxías como os dispositivos móbiles e os TV dixitais no século XXI e continúa reafirmando a súa posición como unha compañía mundial. O seu slogan é “Life’s good" traducido ao galego: “A vida é boa”.


LOUIS VUITTON Marroquinería de luxo , especializada en artigos de viaxe.

A marca Louis Vuitton foi fundada por Vuitton en 1854 en Rue Neuve des Capucines en París, Francia. Louis Vuitton observou un tipo de material ( O HJ Cave Osilite) que podía apilarse fácilmente e en 1858, Vuitton presentou o seu baúl con lona “Trianon”, comenzando así un deseño máis lixeiro e hermético. Moitos outros deseñadores de bauis e maletas imitaron o estilo e o diseño de LV.


LUMEN Editorial

A editorial Lumen toma o seu nome do substantivo latino lumen, luminis que significa “luz, resplandor, día”. O seu significado está relacionado coa identificación, desde a antiga Grecia, do coñecemento como luz e a ignorancia como escuridade.


! !" #

"

$

% $

&'

( )

(


XEADO DE VAINILLA E CHOCOLATE Alimento da familia dos lácteos, xeado

Magnum provén do adxectivo latino magnus,-a,-um que significa “grande, aquel que ten nobreza, moral, forza e potencia física”. O nome exalta o tamaño do xeado neste caso, grande e, tamén, a súa calidade.


! $ !* ! 0

%& !

' '$

! !

"

!

#

!

( + !

! ,---

'

,-'

.

! --/

(

) ( !!

/

1 ! -

#

+

!

!

!

!

$$

1 !

2


MICHELIN Pneumáticos e servizos de asistencia ao viaxeiro.

Michelin (Manufactura Francesa dos Pneumáticos Michelín) é, principalmente, un fabricante de pneumáticos. Fundada en 1889 en Clermont-Ferrand (Francia).Como actividade secundaria, Michelin realiza edicións de guías turísticas, guías gastronómicas e mapas de estradas, sendo a máis vendida a coñecida como Guía Michelin. A mascota desta compañía chámase Bibendum, un personaxe de cor branca que está formada por moitos pneumáticos. Este "home pneumático" foi creado en 1895, só tres anos despois de que nacese o automóbil. A forma avultada deste simpático personaxe derivou en chamar “michelines” aos excesos adiposos arredor da cintura en España e Chile. No resto de Hispanoamérica chámanse “llantas” ou “cauchos”.


MILLADOIRO Grupo musical galego de folk

Os antigos peregrinos tiñan o costume de depositar pedras formando moreas chamadas milladoiros que sinalaban o camiño. Adoitaban situarse en lugares elevados dende os cales os romeiros vían mellor os santuarios. Estes pequenos monumentos populares nados entre a tradición relixiosa e a pagana, deron nome séculos despois a un grupo musical : Milladoiro . Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.


MON CHÉRI Marca de bombóns.

Mon Chéri vén do francés e significa "querido". Mon Chéri son pequenos bombóns da empresa chocolateira italiana Ferrero. Estes bombóns están recheos de licor de cereixas e dunha guinda cada un. Cada peza está empaquetada cunha envoltura rosa.


MOUSSEL Xel de ducha

Xel escumoso relacionado co termo francés mousse que significa “escuma” en galego. Ata os anos 60, a ducha estaba totalmente asociada coa pastilla de xabón. Foi nese momento cando o señor Henry Legrain creou Moussel, abrindo así unha nova categoría no mercado español, a do xel líquido, co seu bote fucsia octogonal de toda a vida.


NIKE MARCA DE PRODUCTOS DEPORTIVOS

Foi fundada en 1968 por Phil Knight. O seu nome baséase na Diosa grega da victoria, Niké. Pero non foi ata 1971 cando adoptou esta denominación. Nos seus 3 primeiros anos de a marca chamábase Blue Ribbons Sports. O logotipo foi desarrollado por unha estudante de deseño gráfico, Carolyn Davidson. O seu eslogan, JUST DO IT, significa “(NON O PENSES), SÓ FAINO”.


$

&

( *

1

) '


NORDÉS Marca de xenebra galega

Nordés Gin é unha marca de xenebra galega definida como un Atlantic Galician Gin, unha xenebra Premium española que utiliza como base alcohólica o viño albariño e as herbas galegas. Entre as plantas que se utiliza para elaborala atópanse: a herba caralleira, o toxo, a herbaluisa, o laureiro e o eucalipto, entre outras. O nome vén do nordés ou nordeste, unha coordenada cartográfica entre o norte e o leste. Adoítase denominar dese xeito o vento procedente dese punto.


NORIT Deterxente para prendas delicadas

Norit é a forma sincopada do verbo noscere, que significa "coñecer". Literalmente significa "coñeceu, soubo". Suxíresé que a persoa que elixe este deterxente é sabia, intelixente (soubo elixir este e non outro de calidade inferior).


OMEGA Marca de reloxos

Omega (Ω: maiúscula, ω: minúscula) é a vixésima cuarta e última letra do alfabeto grego. Úsase a miúdo para denotar o fin de algo. O nome da marca apórtalle o significado de “o último (reloxo) , o máis novo do mercado”.


ORIร“N Insecticida

O insecticida "Oriรณn" (do grego Orion, xigante mitolรณxico que aparece como excelente cazador na Odisea de Homero) fai honor รก efectividade na caza do personaxe que lle dรก nome.


!

"

# "

$ #

%&'(

!

') !

+

$

%-(&

! +

/ +

!

+ , "

+,

$

$ .

*

*

+

#*

%-(' ! 0


PAIDÓS Editorial

Provén do substantivo grego pais, paidós, que significa “neno". Esta editorial naceu co propósito de divulgar temas relacionados coa pedagoxía e coa psicoloxía infantil: de aí provén o seu nome. Cómpre dicir que actualmente as súas publicacións non son só deste tipo.


! " #

$" $ "

"$

&

$

$

%


PEUGEOT Marca de coches

Peugeot é unha marca francesa fabricante de automóbiles , fundada pola familia Peugeot. A marca Peugeot conta con máis de 200 anos de historia, está especializada na fabricación de turismos, vehículos comerciais, scooters, servizos de mobilidade como aluguer de vehículos, bicicletas e competición do motor, así como útiles de cociña como saleiros, pementeiros e molinillos.


PLÁCET Viño procedente da Rioxa, que nos invita co seu nome a descubrir a sensación de pracer que provoca nos consumidores.

A súa denominación provén do verbo latino placere: “dar pracer, agradar, deleitar”. Significa literalmente “o que dá pracer, o que agrada”.


RAY-BAN Fabricante de lentes de sol

O primeiro cristal Ray-Ban tiña cor verde, protexía da forte luminosidade e tiña un engadido que ata ese momento non se encontraba en ningunha outra lente: eliminaba os raios ultravioletas e infravermellos. Estas tres características deron pé a que nacese o seu nome: Ray-Ban, unha especie de xogo de palabras entre ray (raio) e ban (prohibir) que vén a significar algo así como "barreira contra os raios''.


RECTORAL DE AMANDI-RIBEIRA SACRA Viño galego

Recibe o seu nome de unha antiga parroquia do século XVII situada no mismo corazón da Ribeira Sacra, berce de recoñecidos viños galegos. Esa bodega garda, xa desde as súas orixes, unha estreita relación de identidade coa Denominación de Orixen Ribeira Sacra, sendo a primeira bodega amparada pola D.O e impulsora directa do seu desenvolvemento, crecemento e comunicación en todo o mundo.


REI ZENTOLO Deseño e fabricación de diferentes produtos: camisetas, mandís, cuncas, chapas...

Esta marca creouse no ano 2003, cando tres mozos galegos deciden crear este tipo de produtos con deseños que mesturan a cultura popular de Galicia, a estética “pop art” anglosaxoa e a cultura popular global. A súa filosofía é galeguidade, creatividade e universalidade e o denominador común o estilo divertido, cargado de ironía. O nome vén do Rei Centolo, mítico soberano que reinou nas terras de Mondoñedo segundo consta en varias lendas sobre as covas do mesmo nome.


ROQUEFORT Queixo francés.

Debe o seu nome á cidade de Roquefort-sur-Soulzon. O queixo Roquefort é un queixo azul francés de leite de ovella coagulada procedente da rexión de Causses do Aveyron.


SARGADELOS Fábrica de cerámica

Sargadelos é unha aldea do Concello de Cervo ( Lugo). Nesta poboación Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos fundou unha fábrica de cerámica no século XIX. O labor do marqués de Sargadelos tivo continuidade a mediados do século XX por iniciativa de Isaac Díaz Pardo. Na actualidade, é a marca da porcelana fabricada polas empresas do grupo que leva o mesmo nome, no propio lugar de Sargadelos e en O Castro (Sada).


SEPHORA Cadea francesa de cosméticos

Sephora é unha cadea de cosméticos fundada en Francia en 1969 e adquirida polo conglomerado LVMH, primeira empresa do mundo de artigos de luxo, con base en París, en 1997. O nome que recibe é unha combinación de "sephos", que en grego significa "beleza" e a versión grega de Tzipporah, que significa "paxaro" (femia) en hebreo, e era o nome da esposa de Moisés no Éxodo.


TOYOTA PRIUS Automóbil

Este nome provén do termo latino prius que signica ”primeiro, superior”. Deste xeito sublíñase a calidade do produto.


VERBATIM Marca de produtos electrónicos adicados ó almacenamento de datos

Toma o nome do substantivo latino verbum, -i , que significa palabra, ó que se lle engade o sufixo adverbial –tim. O conxunto ten o significado de "palabra por palabra, literalmente, ó pé da letra". Verbatim significa a reprodución exacta dunha secuencia de texto ou imaxe.


VETUS Viño de orixe zamorana

O seu nome provén do adxectivo latino vetus,-eris: “vello, ancián, doutro tempo”. A referencia á antigüidade nos viños é simbolo de calidade: un viño é mellor canto máis vello é.


VIM Produto de limpeza

Esta marca comercial toma o seu nome do acusativo singular do substantivo latino vis, vis, que significa “forza, enerxía, violencia”. Deste xeito quérese transmitir ao comprador a forza e poder do produto para acabar coa suciedade.


WHATSAPP MESSENGER A súa utilidade principal é chatear coas persoas do teu entorno. Permite a creación de grupos e o envío de texto, imaxe, son e vídeo.

WhatsApp é un xogo de palabras da expresión inglesa "What's up?" que vén significando "Que pasa?" ou "Como che vai?".


"

# %







$ %

&

% !





!

"

% &

%

& %

%


Profile for Curtisbiblio

A voltas coa publicidade - Fichas  

A voltas coa publicidade - Fichas  

Advertisement