Issuu on Google+

O Planeta Terra, o Sol e a Lúa Os movementos do noso planeta e do seu satélite A Lúa As estacións do ano A representación da Terra.


A Terra, o Sol e a Lúa  A Terra é un planeta. Nel, si o observamos dende o

espazo, podemos ver:  Auga: mares ríos, lagos e océanos, por iso lle chaman o

planeta azul;  Terra firme: continentes e illas; e  Atmósfera: capa gaseosa que rodea a terra na que se encontra o aire que respiramos e as nubes.

 O Sol é unha estrela e arredor dela xira a Terra e o

resto de planetas do Sistema Solar. Emite luz e calor necesario para a vida.  A Lúa é o satélite da Terra, polo tanto xira arredor dela. Non ten nin auga nin aire, por iso nela non hai vida.


A Terra e a Lúa móvense.  A Terra realiza dous movementos:  O movemento de ROTACIÓN é cando xira sobre sí mesma, de xeito semellante a unha peonza ou buxaina. Tarda 24 horas en dar unha volta completa sobre sí mesma, polo tanto este movemento de rotación dá lugar aos días e ás noites.  O movemento de TRASLACIÓN é cando xira arredor do Sol. A Terra tarda 365 días, é dicir, un ano, en dar unha volta completa ao Sol. Este movemento dá lugar ás estacións do ano (primavera, verán, outono e inverno).


A Lúa tamén se move:  A Lúa xira arredor da Terra. Tarda 28 días en dar unha volta completa.  Non sempre vemos a Lúa coa mesma forma. Isto ocorre porque só vemos a parte da Lúa que ilumina o Sol.  As diferentes formas da Lúa teñen nomes diferentes e chámanse FASES, son catro:  Lúa nova. A Lúa non se ve.

 Cuarto Crecente. Ten forma de D.  Lúa Chea. A Lúa vese enteira.  Cuarto Minguante. Ten forma de C


As estacións do ano.  Ao longo do ano a noite e o día non duran o mesmo.

Tampouco son iguais as temperaturas nin as chuvias nas distintas estacións:  Primavera: os días duran igual cas noites, e vanse facendo

máis longos cara ó verán. As temperaturas son suaves e adoita chover. As árbores rebrotan e moitas plantas florecen.  Verán: os días son longos e calorosos e chove pouco. Algunhas plantas secan e moitos froitos maduran.  Outono: os días duran igual cas noites, pero vanse facendo máis curtos e fríos cara ó inverno. As chuvias son frecuentes e as árbores de folla caduca perden as súas follas.  Inverno: os días son curtos e fríos. As precipitacións poden ser en forma de neve e as árbores de folla caduca están se follas.


A representación da Terra.  Para representar a Terra usamos varios métodos:  Os mapas: son unha representación plana da Terra ou dunha parte dela. Cando un mapa representa toda a Terra, chámase planisferio ou mapamundi.  O globo terráqueo: é unha esfera que reproduce a Terra con moita exactitude.  As fotografías dos Satélites: os satélites artificiais son naves que xiran arredor da Terra e nos envía fotografías da súa superficie. Tamén poden enviar información acerca do tempo meteorolóxico e mellorar as comunicacións.


Os océanos:

Os continentes:

 Océano Pacífico.

     

 Océano Atlántico.  Océano Índico.  Océano Glacial Antártico.  Océano Glacial Ártico.

Europa. Asia. África. Oceanía. América. Antártida


Vídeos relacionados co tema:                   

A formación do planeta Terra (1º 34´00´´). Origen de la Tierra. Como se hizo la Tierra(25´). La Luna. El Universo (9´50´´). Movimientos de rotación y traslación (1´20´´). El Sistema Solar (6´01´´). Documental “Interior del Sistema Solar” 1/8 (8´22´´). Documental “Interior del Sistema Solar 2/8 (8´22´´). Documental “Interior del Sistema Solar 3/8 (8´22´´). Documental “Interior del Sistema Solar 4/8 (8´55´´). Documental “Interior del Sistema Solar 5/8 (8´21´´) (A Terra). Documental “Interior del Sistema Solar 6/8 (8´40´´)(A Lúa). Documental “Interior del Sistema Solar 7/8 (6´09´´). (Eclipses). Documental “Interior del Sistema Solar 8/8 (9´59´´). (Marte). Viaje a la luna (clásico de Georges Melies)(16´37´´). Neil Armstrong. First Moon Landing 1969 (34´13´´). En el espacio. 26 Viajes espaciales (10´01´´) La conquista del espacio. Las Estaciones Espaciales 1/3 (10´36´´) La conquista del espacio. Las Estaciones Espaciales 2/3 (7´20´´). La conquista del espacio. Los primeros astronautas (23´16´´).

 

As fases da Lúa (10´10´´). Las estaciones del año-1 (4´56´´).


A Terra