Page 26

XA É PRIMAVERA

Chegou a primavera e na Choeira, na clase da profe Conchi, decoraron a árbore que teñen na aula con flores. E tamén estamparon flores con patacas e cenorias. E decoraron as portadas dos traballos do trimestre con flores feitas con distintos materiais. Encantalles a primavera!

Coa chegada desta nova estación na clase da profe Silvia apareceron uns convidados, uns vermiños de seda. Observáronos todos os días e aprenderon moitas cousas da vida destes vermiños: como hai que coidalos, que comen, como hai que limpalos, como mudan a pel… Agora como os coidaron moi ben e xa medraron moito e están esperando ver as fases da metamorfose.

Profile for lalala

As novas de pepa 14 15  

As novas de pepa 14 15  

Profile for culleredo
Advertisement