Page 1

CURSO 2014-15


ÍNDICE 

LIMIAR

ENCANTADOS COS CASTELOS

AS PROBAS DE CRABELA

VISITA DE ARTURO E CRABELA

LALALOUCHO E O SEU CASTELO MUSICAL

TEMPO DE OUTONO

O CASTELO DE SAN ANTÓN

SAMAÍN

O MAGOSTO

DEREITOS DOS NENOS

ESCENOGRAFÍA

CHEGOU O NADAL

DÍA DA PAZ

O ENTROIDO

MANUEL PRESENTOUNOS A TROMPA

BALLET: O LAGO DOS CISNES

DÍA DA ÁRBORE

SEMANA DA PRENSA

DÍA DO LIBRO

A PEPATECA

PICASSO

GRANDES ARTISTAS

GLOBOFLEXIA

CONCERTO BOLBORETA

CONCERTO “A FRAUTA MÁXICA”

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

MAXIA OU CIENCIA?

A CASA DAS CIENCIAS

CONTICRA

SAÍDA FIN DE CURSO


LIMIAR A revista “As Novas de Pepa” vólvese a editar outro ano máis, co motivo das Letras Galegas, adicadas nesta ocasión a Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Nesta a

súa 9ª edición

amosa unha

escolma de traballos realizados polo alumnado do CRA de Culleredo, nas distintas escolas. Grazas polas aportacións do alumnado que son mostra dun gran esforzo, ilusión e traballo por parte

deles

profesorado

e e

pola demais

colaboración membros

da

de

todo

o

Comunidade

Educativa. Por último, recordarvos que a finalidade de “As Novas de Pepa” é achegar e promover a lingua galega, poñéndoa en contacto con todos nós, nas casas, nas escolas… , xa que nas mans do noso alumnado está o futuro da nosa lingua. Un saúdo e… Disfrutade moito coa nosa revista!!!


ENCANTADOS COS CASTELOS O proxecto anual deste curso estivo centrado na época medieval. Todo comezou coa inesperada visita dunha princesa chamada Crabela nas escolas.

Crabela estaba moi triste porque os seu príncipe Arturo fora secuestrado por un malvado dragón que o encerrou nunha torre. Para liberalo precisaba pasar unha serie de probas e pediunos axuda para poder superalas, e como non podía ser menos, nós aceptamos encantados. Como sabíamos que Crabela e Arturo vivían nun castelo, o primeiro que fixemos foi convertir as nosas escolas en castelos.


AS PROBAS DE CRABELA

Crabela comezou a mandarnos cartas coas distintas probas que debiamos superar. Puxémonos a investigar e pedimos axuda ás familias para poder superar as distintas probas. AS CONSTRUCCIÓNS DO MEDIEVO Nesta proba tivemos que averiguar o lugar do castelo onde o dragón tiña encerrado a Arturo.


ESTAMENTOS SOCIAIS Aquí a nosa misión consitía en saber a que estamentos social pertencía o carceleiro que vixiaba a torre onde Arturo estaba preso.

ESCUDOS Nesta proba tivemos que averiguar como eran os escudos na época medieval, e inventar un escudo para Crabela.


PROFESIÓNS Para poder axudar a Crabela tivemos que investigar sobre as distintas profesións que se desenvolvían no castelo e tivemos que transformarnos en oleiros xa que o dragón lle pediu unhas pezas de barro.

COSTUMES Nesta proba centrámonos nas diversións que tiñan nos castelos: feiras, torneos, xogos de mesa,…


VISITA DE ARTURO E CRABELA Como axudamos moito a Crabela, conseguiu liberar a Arturo do Dragón que o tiña preso na torre. E como Arturo e Crabela estaban moi contentos de volver a estar xuntos fixeron unha visita a todas as escolas para agradecernos a nosa axuda.

Ademáis trouxeron un regalo. Regaláronnos unha medalla a cada un e nomeáronnos cabaleiros e damas do seu reino, Cullercra.


LALALOUCHO E O SEU CASTELO MUSICAL Este curso foi un moucho moi divertido o que nos acompañou na clase de Música. Aprendemos con el moitas cousas musicais: o pentagrama, a clave de sol, as figuras … ademáis de

ensi-

narnos instrumentos e as súas familias. Sempre que Lalaloucho viña á clase cantábamoslle a súa canción.

O MOUCHO LALALOUCHO O MOUCHO DÍXOLLE Á LÚA NUNCA REPARAS EN MIN POIS EU VIVO NUN CASTELO SOAN MELODÍAS SEN FIN. CLAVE DE SOL ABRE A PORTA VEXO A SÚA FORMA ESPECIAL CINCO LIÑAS E CATRO ESPAZOS E AS FIGURAS BAILARÁN INSTRUMENTO VAN CHEGANDO Lalaloucho presentaunos a personaxes do Castelo que se adicanban á música: trovadores, xograres , bufóns e clérigos.


TEMPO DE OUTONO

Cada vez que comeza unha nova estación prodúcense cambios no entorno. Por iso na Choeira, os nenos e nenas da clase de Conchi fixeron unha pequena saída aos arredores da escola. Aproveitaron para recoller follas e froitos de outono para traballar despois na escola.

Na escola de Vinseira, fixeron un pequeno taller de plástica para decorar a escola, fixeron pingas de choiva, follas secas, caracois e cogumelos. Unha vez rematados colgáronos do teito conseguindo un verdadeiro ambiente outonal!


Estamos no tempo da vendima e na escola da Choeira decidiron facer mosto. Levaron uvas a aula para coñecer as súas propiedades, cor, textura e tamaño. Ademáis viron un video da elaboración do viño e das partes da vide. E como tiñan moitos acios fixeron zume de uva. Estaba moi doce e encantoulles.

CASTELO DE SAN ANTÓN Visitamos o Castelo da San Antón. Disfrutamos das súas fabulosas vistas e vimos cousas moi interesantes nas exposicións que teñen.


SAMAÍN

Chegou o mes de outubro e con el o Samaín. Para celebralo decoramos e baleiramos cabazas. Unas eran monstruosas e outras moi divertidas.

E o 30 de outubro as aulas enchéronse de seres monstruosos: pantasmas, esqueletes, vampiros, bruxas,…


MERENDAS MONSTRUOSAS Na escola de Vinseira para clebrar o Samaín elaboraron na escola unha pizza fantasmal. Estaba riquísima!!!

Na escola da Choeira, na clase de Silvia, tamén disfrutaron dunha merenda de medo. Comeron morcegos e pantasmas. Que delicia!!!


O MAGOSTO O 14 de novembro celebramos o magosto. Nesta ocasión reunímonos todas as escolas na Choeira, e ademáis este ano tivemos uns convidados na festa, os nenos e nenas da escola de Queixas (Cerceda). Disfrutamos xogando todos xuntos.

PATO-OCA

TRES EN RAIA

PEÓNS


A CULLER

ENCESTAR CASTAÑAS

E para rematar a festa disfrutamos dunhas deliciosas castañas asadas.


Na escola de Sésamo elaboraron unhas cestas para comer as castañas o día dos magosto. Quedáronlles moi bonitas.

Os nenos e nenas da clase de Conchi elaboraron con castañas un xoguete moi divertido, “castaña voadora”. Poideron xogar un montón con ela na casa.


DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Para conmemorar o día dos dereitos dos nenos, que se celebra o 20 de novembro, na escola de Sésamo fixeron un bonito mural no que plasmaron con palabras aquelas cousas que a eles lles parece que todos os nenos e nenas deberían poder disfrutar.

ESCENOGRAFÍA

Na escola de Sésamo levaron a cabo unha actividade basada na experimentación e modificación do espacio, unha escenografía. Presentousellas un espacio cunha serie de elementos para que primeiro os observasen e despois procedesen a experimentar con eles e a modificar ese espacio.

Foi unha experiencia moi divertida!


CHEGOU DE NADAL CARTEIRO REAL Este ano o Carteiro Real viaxou por todas as escolas para recoller as cartas que nós escribimos e facerllas chegar aos Reis Magos.

DECORAMOS AS ESCOLAS Para prepararse para estas datas decoramos as escolas. Na escola de Sésamo fixeron unha orixinal árbore cos seus mellores desexos de Nadal.


Na escola de Vinseira tamén fixeron unha preciosa árbore coas súas mans. Traballaron moito e o resultado foi fabuloso.

Na escola da Choeira montaron un precioso Belén con todo detalle.


FESTIVAL DE NADAL O 18 de decembro reunímonos novamente na escola da Choeira para celebrar o Nadal. Como grandes artistas, cada escola preparou unha gran actuación.

E para rematar a festa merendamos todos xuntos productos típicos destas datas. Foi unha festa xenial!


DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da Paz, na clase da profe Silvia, fixeron unha pomba de Picasso e enchérona de palabras bonitas que escribiron en papeliños de cores. Tamén, entre todos decoraron as letras da palabra Paz e puxérona na porta do Castelo con outra pomba de Picasso. Por último cantaron a cantiga que lles ensinou a profe Mabel, “A muralla”.

Na escola de Vinseira elaboraron uns libros cun poema da poeta Gloria Fuertes, quedáronlles moi ben.


O ENTROIDO

Este ano as escolas enchéronse de damas e cabaleiros, e os profes convertéronse en dragóns.

Para celebrar esta festividade reunímonos todos no Edificio de Usos Múltiples de Culleredo. A festa comezou cuns xogos moi divertidos.


Despois merendamos postres tĂ­picos destas datas que trouxeron as familas.

E rematamos a festa cun gran baile!


MANUEL PRESENTOUNOS A TROMPA Manuel toca na Orquestra Sinfónica de Galicia un instrumento moi chamativo e brillante: A TROMPA. Un día achegouse ás nosas escolas e contounos a historia deste instrumento de vento metal. As xentes nun principio comunicábanse cun corno. Foron axundándose da natureza e con árbores inventaron a TROMPA ALPINA. Esta trompa chamoulle á atención ao REI SOL e quixo levala de caza. Así foi como decidiron enroscala e chamala TROMPA DE CAZA. E

foron conseguindo diferentes sons

coa axuda da man e diferentes tubos ata chegar ao instrumento como o vemos hoxe en día.


BALLET: O LAGO DOS CISNES TCHAIKOVSKY

Despois de coñecer a Manuel e a trompa, achegámonos ao Palacio da Ópera para ver a Orquestra Sinfónica de Galicia que interpretaron O LAGO DOS CISNES, un ballet de Tchaikovsky. Gustounos moitísimo.


XA É PRIMAVERA

Chegou a primavera e na Choeira, na clase da profe Conchi, decoraron a árbore que teñen na aula con flores. E tamén estamparon flores con patacas e cenorias. E decoraron as portadas dos traballos do trimestre con flores feitas con distintos materiais. Encantalles a primavera!

Coa chegada desta nova estación na clase da profe Silvia apareceron uns convidados, uns vermiños de seda. Observáronos todos os días e aprenderon moitas cousas da vida destes vermiños: como hai que coidalos, que comen, como hai que limpalos, como mudan a pel… Agora como os coidaron moi ben e xa medraron moito e están esperando ver as fases da metamorfose.


DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar o día da árbore o concello convidounos ao Xardín Botánico. Disfrutamos moito coas actividades que nos tiñan preparadas. Plantamos unha árbore no paseo marítimo, fixemos xogos na natureza, disfrutamos dun conto moi divertido “Xaime e as landras”, e para rematar, houbo un obradoiro de maquillaxe e outro de globoflexia.

SEMANA DA PRENSA Durante a Semana da prensa, na escola de Vinseira estiveron lendo xornais buscando noticias, vendo fotos, interpretando os mapas do tempo…e fixeron este pequeno traballo.


A PEPATECA http://pepateca.blogspot.com.es/

Neste curso creouse a Pepateca, un espazo na sede do CRA adicado ao xogo, á arte e á lectura.

No Nadal editamos a primeira Guía de Lectura do CRA de Culleredo; foi algo laborioso pero mereceu a pena.

Durante a confección desta guía fixemos a votación ao Mellor libro do CRA de Culleredo 2014; había 8 candidatos e o alumnado tiña que pegar en segredo un gomet ao seu favorito. Convocamos mesa con presidente, secretario e vogal e o resultado o podedes ver na guía de lectura.


Xusto á volta do Nadal aconteceu outro feito inédito no noso centro... comezaron a viaxar as mochilas viaxeiras; Xa está a rematar a súa andadura e en breve colgaremos na web os cadernos viaxeiros das familias, que colaboraron cun alto grado de participación

Como no ano pasado, celebramos de novo un concurso literario sobre a temática do noso proxecto "Encantados cos castelos". A familia “Vicente Meier” recibiu na romaría das Letras Galegas un lote de libros como gañadora. Parabéns.


DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o día do libro. E nas escolas recibimos un regalo que debiamos abrir ese día, o máis interesante é que apareceu colgado no teito. Cando o abrimos descubrimos que era un libro para a nosa biblioteca.

Ao día seguinte organizamos unha festa na Pepateca. E veunos visitar a Dragona Ramona que nos contou un conto de príncipes, princesas e dragóns. Despois tivemos diversas actividades e por último merendamos todos xuntos.


DÍA DA TERRA Para conmemorar o Día da Terra na escola de Vinseira fixeron un bonito mural coas súas mans, porque o futuro da terra está nelas. Quedoulles precioso!

O Concello organizounos unha actividade de reciclaxe. Viñeron ás escolas uns monitores que nos ensinaron como facer cousas moi divertidas con material de refugallo.


PICASSO Este curso traballamos un gran pintor, Pablo Ruíz Picasso. Descubrimos que este artista viviu na Coruña cando era neno, e que xa nesas datas lle encantaba o debuxo a pintura

Como vimos un montón de traballos seus decidimos convertirnos en artistas e pintar como el o facía. Fixemos autorretratos, retratos das nosas familias, inventamos un fauno e ata pintamos con pincel en tablillas como facía Picasso cando vivía aquí. Os resultados foron auténticas obras de arte.

AUTORRETRATOS

RETRATOS DAS FAMILIAS


FAUNOS

TABLILLAS

E como facía 120 anos da primeira exposición que Picasso fixo na Coruña fomos ao Museo de Belas Artes disfrutar das súas obras.


GRANDES ARTISTAS

Os nenos da escola de Ledoño encantoulles coñecer as obras de Picasso e por iso decidiron facer distintas obras de arte pintando con tizas, con pincéis; recortando, facendo murais,….

GLOBOFLEXIA

Na escola da Choeira tiveron a visita da mamá de Susana que lles ensinou como facer cousas moi chulis con globos. Axudáronlle a inflar os globos, a buscar o tamaño axeitado, e escolleron as formas e as cores que usou,...quedou todo moi bonito!


CONCERTO BOLBORETA

Para conmemorar o día das Letras Galegas o Concello convidounos a un concerto na Laboral de Bolboreta. Con estes grandes músicos fixemos unha viaxe arredor do mundo.

CONCERTO “A FRAUTA MÁXICA”

Asistimos a un interesate concerto no Teatro Rosalía de Castro que levaba por título “A frauta máxica”. E estaba representado por títeres.


ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

Coma todos os anos reunímonos na Torre de Celas para celebar o día das Letras Galegas, que este ano estivo adicado a Xosé Filgueira Valverde.

Comezamos o día participando nunha serie de xogos populares e ata fixemos un maio.


Despois actuamos para as familias e ao rematar disfrutamos todos xuntos dunha comida campestre amenizada por un grupo de gaiteiros.

Rematamos a festa animando รกs familias nuns divertidos xogos.

Pasรกmolo moi ben!!!


MAXIA OU CIENCIA?

Este ano xogamos a ser feiticeiros medievais.

Nun primeiro momento observamos que pasaba se botabamos colorante no leite e posteriormente engadímoslle lavavaixelas. O resultado foi unha verdadeira obra de arte.

Despois xogamos a ser escribáns. En tempos medievais era necesario escribir mensaxes secretas, por iso averiguamos como o facían e descubrimos que a clave estaba no ácido do zume de limón.


Por último, fixemos maxia. Divertímonos moito pinchando un globo sen estalalo, inchando un globo sen soplar e poñendo lume debaixo dun globo sen que estoupe. Ao final do curso démonos conta que a ciencia é unha arte moi divertida.

A CASA DAS CIENCIAS

Este curso tamén visitamos a Casa das Ciencias.

Disfrutamos con todas as actividades científicas e tamén fomos ao planetario.


CONTICRA Coma en anos anteriores seguimos disfrutando co CONTICRA. Estas sesión de contacontos coicidiron con festividades que celebramos na escola. Así, no Samaín pasamos moito medo cos monstros que nos viñeron contar “A min non me comas”.

No Nadal disfrutamos

cun teatro de títeres que nos conta-

ron a fabulosa historia de “Marisela e o Roxo”


Os elefantes do conto “Brancos e Negros” amosáronos que

a

vida en paz é moito máis agradable.

Gustounos moito a historia de dúas amigas da princesa Crabela , chamadas Titiritesa e Wendolina, que vivían unha preciosa historia de amor.


SAIDA DE FIN DE CURSO

Na saída de fin de curso fomos ao castelo de Vimianzo. Alí disfrutamos vendo o castelo e tamén dun precioso conto “A princesa vestida cunha bolsa de papel”. Despois visitamos os obradoiros de oficios tradicionais.


Xantamos na Área recreativa de Gabenlle, en Laracha.

E

despois

de

xantar reunímonos por equipos para

facer

uns

divertidos xogos.

Antes de volver ás escolas disfrutamos montando o Guernica de Picasso no que estiveramos a traballar nas escolas.


CURSO 2014-15

Profile for lalala

As novas de pepa 14 15  

As novas de pepa 14 15  

Profile for culleredo
Advertisement