Page 1

MEMORIA PROVINCIAL

2015 OURENSE


1. A Institución . . . . . . . . . . . . . . . . 4 2. Resumo de actividade . . . . . . . . . . 7 3. Voluntariado e Formación 3.1. Voluntariado . . . . . . . . . . . . . . 9 3.2. Formación . . . . . . . . . . . . . . 11 4. Programas e actividades 4.1. Persoas en situación de extrema vulnerabilidade ou risco social . . . . . 13 4.2. Emprego . . . . . . . . . . . . . . . 16 4.3. Persoas maiores . . . . . . . . . . . 20 4.4. Infancia en dificultade social . . . . 24 4.5. Persoas con discapacidade . . . . . 26 4.6. Persoas reclusas . . . . . . . . . . 28 4.7. Saúde e Socorros . . . . . . . . . 29 4.8. Cruz Vermella Xuventude . . . . . . 34 4.9. Medio Ambiente . . . . . . . . . . . 38 4.10. Cooperación Internacional . . . . . 40 5. Xestión económica 5.1. Fontes de financiamento e destino dos fondos . . . . . . . . . . . 5.2. Agradecementos . . . . . . . . . .

43 48


4

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

1. A Institución

Dende xuño de 2015, Felipe Ferreiro preside o Comité Provincial de Cruz Vermella en Ourense, recollendo o relevo da man de José Luis Santos Ascarza ao remate dun proceso electoral que renovou os órganos directivos da Institución a nivel nacional. O novo Comité Provincial de Cruz Vermella en Ourense está formado por: Convidámosvos a coñecer o labor social desenvolvido durante o 2015 e a achegarvos ás persoas que forman parte desta gran familia que é a Cruz Vermella. Os resultados das nosas actividades non son cifras, son vidas coas que compartimos momentos bos, dificultades, alegrías e algunhas tristuras. Estamos para apoiar ás persoas cando o precisan e axudalas a saír adiante por si mesmas. Felipe Ferreiro Presidente Provincial de Cruz Vermella en Ourense

Presidente D. Felipe Ferreiro Feijóo Vicepresidentes D. Francisco Soto Dna. Margarita Cobián Presidentes comarcais D. Modesto Ojea Feijóo Cruz Vermella no Carballiño D. Amadino Pereira Fernández Cruz Vermella Terra de Celanova D. Antonio Fernández Fernández Cruz Vermella en Maceda D. Maximino Alonso Alejandre Cruz Vermella en Valdeorras Dna. Pilar Vega Sánchez Cruz Vermella en Viana, Conso-Frieiras Dna. Carmen Sobrino Cerdeiriña Cruz Vermella en Monterrei D. Antonio de la Peña Crespo Cruz Vermella no Ribeiro Secretaria Provincial Dna. Sofía García-Iturri Tosar Coordinadora Provincial Dna. Marisa Visitación López Casero

Vogais electos D. David González Gándara D. Jacinto González Gándara Dna. Patricia Susana Marcos Nicora Dna. Blanca Romero García Dna. Mari Carmen Janeiro Vences D. Pablo Mosquera Otero D. José María Rosell García Dna. Maria Africa Lavandeira Adán D. Amancio Isidro Lameiras Movilla D. Gonzalo Hervera Mené Dna. Mercedes Milagrosa García García D. Daniel Freiría Rodriguez D. Miguel Ángel Estévez Valle Dna. Mª Esther Cruz Rodriguez Vogais designados D. Héctor González Menor Cruz Vermella Xuventude Dna. Marisol Díaz Mouteira Xunta de Galicia D. Rosendo Luis Fernández Fernández Deputación de Ourense D. Manuel Arias Arias Subdelegación do Goberno de España


MEMORIA PROVINCIAL 2015

|

5

Unha Cruz Vermella máis comprometida DENDE OS NOSOS PRINCIPIOS E VALORES, promovendo a difusión do Dereito Internacional Humanitario e Dereitos Humanos, aumentando a nosa cohesión entorno aos nosos Principios e Valores Fundamentais e impulsando a nosa capacidade de influencia a través da Diplomacia Humanitaria.

EN ALIANZA COA SOCIEDADE, impulsando o papel do voluntariado como elemento de resposta e estímulo na participación, cooperación e solidariedade cidadá, logrando ser referentes na promoción, capacitación e educación nos ámbitos da saúde, os socorros, as emerxencias e potenciando as redes e alianzas como elementos de transformación social.

EN RESPOSTA ÁS SITUACIÓNS DE VULNERABILIDADE, adaptando as nosas actuacións aos cambios e demandas sociais, potenciando un enfoque integral da intervención e reforzando, tanto a vertente preventiva, como a dimensión transformadora.

2015 2019

Un novo Plan de Acción para os vindeiros

EN CONSTANTE EVOLUCIÓN , fortalecendo a nosa rede territorial, diversificando as fontes de financiamento, mellorando o modelo de xestión e afondando na mellora da transparencia , o bo goberno e a rendición de contas como aspectos clave para garantir a confianza da poboación cara a Institución.

catro anos Transparencia

Calidade

A Institución está suxeita á Lei de Subvencións e ao control das Administracións Públicas. A auditoría externa anual das nosas contas pola consultora Price Waterhouse & Coopers garante a eficacia e transparencia da xestión económica.

A implantación da calidade nos proxectos de Cruz Vermella susténtase na norma ISO 9001, contando coa certificación ONG Benchmarking.


2. Resumo da Actividade

MEMORIA PROVINCIAL 2015

16.136 117.035 INTERVENCIÓN SOCIAL

1.171 55.936 TOTAL

EMPREGO

15.286 44.610 6.467 4.851

CRUZ VERMELLA XUVENTUDE

3.086 4.086

MEDIO AMBIENTE

INTERVENCIÓNS

41.563 PARTICIPANTES

SAÚDE E SOCORROS

1.390 38

226.556

FORMACIÓN

|

7


3. Voluntariado e Formación

MEMORIA PROVINCIAL 2015

|

9

3.1 Voluntariado

XVI Encontro Provincial de Voluntariado en Celanova.

O Carácter Voluntario é un dos sete Principios fundamentais de Cruz Vermella e o motor da Institución. No 2015, incorporáronse 360 novas persoas voluntarias a diferentes proxectos que a Institución desenvolve na provincia de Ourense.

En total, contouse coa colaboración puntual de 4.704 persoas, das que 1.302 participaron habitualmente nas actividades de Cruz Vermella.


10

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

Formaciรณn sobre Primeiros Auxilios na Praza Maior de Ourense.

Humanidade Imparcialidade Neutralidade Independencia Voluntariado Unidade Universalidade


MEMORIA PROVINCIAL 2015

|

11

3.2 Formación

FORMACIÓN PARA A POBOACIÓN XERAL

FORMACIÓN PARA VOLUNTARIADO E PERSOAL TÉCNICO

51 668

105 1.093

CURSOS ALUMNADO

Formación para mellorar as competencias en novas tecnoloxías.

Ao longo do ano, o voluntariado e persoal técnico recibiron formación para poder realizar de forma axeitada o seu traballo nos diferentes proxectos sociais de Cruz Vermella. Tamén se realizaron cursos abertos a toda a poboación, fundamentalmente na área sociosanitaria.

TOTAL

156 1.761


4. Programas e actividades

MEMORIA PROVINCIAL 2015

|

13

4.1 Persoas en situación de extrema vulnerabilidade ou risco social O contexto socioeconómico colocou a moitas familias e persoas nunha situación extremadamente vulnerable pola falta de recursos para a cobertura das necesidades básicas: vivenda, recibos (luz, auga, gas), alimentación, medicación, etc. O desemprego foi un factor determinante, aínda que non o único, xa que moitas persoas continuaron a precisar axuda pese a estar traballando, porque os ingresos eran mínimos ou temporais, non permitindo abandoar a situación de pobreza. Así mesmo, unha importante parte das persoas atendidas carecían de calquera fonte de ingresos estables, tendo que facer uso das redes de apoio familiares e sociais, que en moitos casos se atopaban en situacións semellantes.

Perfil das persoas atendidas: muller de nacionalidade española de entre 30 e 49 anos.

2.690 persoas recibiron prestación, así como apoio psicosocial individual ou grupal, formación sobre aforro doméstico e consumo responsable.

Un proxecto específico deu apoio a mulleres vítimas de violencia ou en situación de especial dificultade, no que participaron 127 mulleres das que o 79% tiña entre 18 e 49 anos. O 55% eran de nacionalidade española.

Dende o proxecto Atención Integral a Persoas sen Fogar atendeuse a 273 persoas sen fogar, transeúntes ou en situación de grave risco de exclusión social. A Unidade de Emerxencia Social fixo 142 saídas diúrnas e nocturnas: atendéronse 264 persoas que precisaban bebidas quentes, mantas, sacos de durmir, luvas, etc.


14

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

Ademais, Cruz Vermella distribuíu os alimentos do Plan de Axuda ás Persoas Máis Desfavorecidas da Unión Europea entre 82 entidades colaboradoras e directamente a 427 beneficiarios/as dos programas da Institución.

Obradoiro sobre economía doméstica en Valdeorras.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

ATENCIÓN INTEGRAL A PERSOAS SEN FOGAR (UES)

ATENCIÓN URXENTE A NECESIDADES BÁSICAS

PRESTACIÓNS DO CHAMAMENTO

1.612

3.642

10.359

537

1.165

1.199


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Atención a persoas sen fogar na rúa.

Clases de español para a integración de persoas inmigrantes.

APOIO NA PREVENCIÓN DA EXCLUSIÓN ESCOLAR EN TEMPOS DE CRISE

PREVENCIÓN DA EXCLUSIÓN RESIDENCIAL

ATENCIÓN DE INMIGRANTES

ACOLLIDA, ATENCIÓN E ASESORAMENTO A MULLERES EN SITUACIÓN DE PRECARIEDADE

ATEMPRO

503

511

7.049

1.067

393

336

131

366

127

36

|

15


16

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

60% MULLERES

4.2 Emprego Hai máis de 15 anos que dende o Plan de Emprego dedicamos os nosos esforzos a mellorar as competencias e capacidades de persoas consideradas de difícil inserción laboral: mozos/as sen formación, persoas desempregadas de longa duración ou persoas inmigrantes, entre outros colectivos. Traballamos para que todas as persoas, independentemente da súa idade, sexo, raza, educación ou condición social atopen a súa oportunidade no mercado laboral e poidan mellorar as súas condicións de vida. 1.311 persoas participaron en cursos de formación e capacitación ou obradoiros de formación prelaboral: actividades de venda, hostalería, carnicería e atención socio-sanitaria a persoas dependentes, entre outros. Ademais, a través do proxecto Galicia Suma, fomentamos a responsabilidade social empresarial entre 366 empresas da provincia que colaboraron coas nosas iniciativas de formación e inserción laboral.

TOTAL

30 % ORIXE ESTRANXEIRA

1.171

Un reto difícil, pero non imposible: 189 persoas acadaron un traballo na provincia a través de Cruz Vermella durante o 2015.


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Sinatura do convenio Incorpora de “La Caixa” coa Asociación de Pasteleiros.

|

17


18

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

Prácticas do curso de pescadería en Valdeorras.

ITINERARIOS INTEGRAIS CON PERSOAS INMIGRANTES EN DIFICULTADE SOCIAL: REDE INTERLABORA

ITINERARIOS INTEGRAIS NTENSIFICADOS PARA PERSONAS DE MOI BAIXA EMPREGABILIDADE

ITINERARIOS HORIZONTAIS PARA XÓVENES NA EMPRESA

ITINERARIOS LABORAIS A TRAVESO DA R.S.C. INCORPORA

PROXECTOS DE FORMACION E EMPREGO: APRENDER TRABALLANDO

MEDIDAS ESPECIFICAS PARA O ACCESO EMPREGO: EMPLEA REDES

COMPETENCIAS BASICAS PARA O EMPREGO CON XÓVENES

7.512

5.673

6.474

8.025

6.854

2.185

2.101

111

60

51

100

22

94

29


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Charla formativa para participantes do curso de hostalería.

|

19

Campaña pola igualdade de oportunidades nun establecemento colaborador.

MOTIVACIÓN, ACTIVACIÓN E ACOMPAÑAMENTO HACIA O EMPREGO: OBRADOIROS DE MELLORA DA EMPREGABILIDADE PARA MULLERES

PROXECTO DE MOTIVACION PARA O EMPREGO DE MULLERES INMIGRANTES: SARA

INFORMACIÓN LABORAL

ESPAZOS DE BUSQUEDA ACTIVA DE EMPREGO

PLAN EMPREGO: ITINERARIOS INTEGRAIS CON PERSOAS DE DIFÍCIL INSERCIÓN

ITINERARIOS DE ACTIVACION PRELABORAL

COOPERACIÓN EMPRESARIAL

1.047

1.846

5.071

3.695

4.265

1.049

8.450

77

18

378

300

55

41

366

EMPRESAS


20

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

4.3 Persoas maiores As persoas maiores foron de novo unha prioridade para nós: Ourense é a terceira provincia máis envellecida da Unión Europea. O 31% das persoas teñen máis de 65 anos, cada vez vivimos máis e desexamos facelo, se é posible, no noso fogar e participando na nosa contorna habitual. Queremos que ese envellecemento sexa activo, nas mellores condicións e coa maior autonomía, seguridade e calidade de vida. Por iso desenvolvemos os proxectos de Axuda a Domicilio Complementaria, Teleasistencia Domiciliaria, Respiro Familiar e Centro de Día.

Mesa informativa sobre o programa de Maiores en Celanova.

Atendemos a 2.371 persoas maiores

81

Ademais, mediante a metodoloxía de Proximidade Local, as nosas chamadas de seguimento achéganlle ás persoas maiores información de interese e de carácter preventivo, como as campañas Vaga de Frío/Calor ou a campaña de prevención da gripe.

+65

ANOS

ANOS

80%

55%

ATENCIÓN A MAIORES

COIDADORAS RESPIRO FAMILIAR

* Idade media

* Idade media


MEMORIA PROVINCIAL 2015

|

21

Celebración do Día Mundial das Persoas Maiores en Xinzo de Limia.

Obradoiro de manualidades na Gudiña.

As actividades complementarias destes proxectos téñense incrementado e modernizado nos últimos anos, atopando unha oferta ampla e variada na programación das nosas asembleas: dende estimulación específica para a prevención e atención do deterioro cognitivo, ata clases de zumba ou ioga, obradoiros de pintura, calceta ou bailes de salón.


22

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

Charla sobre produtos de apoio na biblioteca de Cruz Vermella en Ourense.

SaĂ­da cultural en Ourense con voluntariado e participantes dos proxectos de Maiores.

Paseo saudable en Valdeorras.


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Celebración interxeracional o Día da Luz no Centro de Día.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

Clase de Taichi para persoas maiores no Barco de Valdeorras.

APOIO TEMPORAL A FAMILIAS CON PERSOAS MAIORES A CARGO

AYUDA A DOMICILIO

CENTRO DE DIA

TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

2.665

29.989

16.095

8.174

158

1.486

43

910

|

23


24

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

4.4 Infancia en dificultade social As situacións de pobreza e vulnerabilidade durante a infancia conlevan desigualdades na vida cotiá de moitos nenos/as e das súas familias. Dende Cruz Vermella ofrecemos alternativas e fórmulas de convivencia que propician un clima de maior estabilidade, socialización e normalización aos nenos/as, entre os que se atopan os proxectos de acollemento familiar e apoio a familias monoparentais con fillos/as menores a cargo e o Centro de Día de Menores de Verín. A través da xestión do proxecto Familias Monoparentais do Concello de Ourense, 24 menores recibiron atención no seu domicilio e/ou na ludoteca, para facilitar a vida laboral e familiar das súas nais. Dende o programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, que xestiona Cruz Vermella, atopouse un fogar temporal para 25 menores que por diferentes motivos non podían vivir coa súa familia biolóxica.

Obradoiro en ServiOcio Eiroás sobre primeiros auxilios nunha actividade de difusión do programa de Acollemento.

No Centro de Día de Menores de Verín, 14 nenos e nenas de entre 3 e 17 anos recibiron todas as atencións e coidados diarios que necesitaban: manutención, vestiario, material escolar, traslados ao centro educativo, actividades lúdicas, apoio escolar e familiar.


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Xogos infantís no parque Miño con nenos e nenas de Acollemento Familiar.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

Actividade de sensibilización na rúa en colaboración co C.C. Aberto Ourense Centro e o pintor Rafael Cachaldora.

ATENCIÓN FAMILIAS MONOPARENTAIS CON FILLOS/ AS MENORES A CARGO

ACOLLEMENTO FAMILIAR

CENTRO DE DIA DE MENORES DE VERÍN

2.100

1.457

886

24

162

14

|

25


26

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

4.5 Persoas con discapacidade En relación coa atención a persoas con capacidades diferentes, como tendemos a recoñecer actualmente, Cruz Vermella axuda a promover, manter ou restablecer a autonomía e a independencia das persoas que presentan limitacións funcionais. Este programa supón un referente a nivel provincial tanto como recurso para transporte adaptado como para préstamo de diferentes produtos de apoio que fan máis doada a vida diaria destas persoas nos seus fogares.

Por outra banda, no obradoiro de ocio e tempo de lecer para persoas con discapacidade de Cruz Vermella no Ribeiro, realizáronse actividades culturais, lúdicas e formativas de diversa índole: visita ao Museo Etnolóxico, visita a bodegas ecolóxicas, charla sobre prevención de accidentes domésticos, participación no desfile de entroido e a Cabalgata de Reis, entre outras citas.

No 2015, realizouse o transporte adaptado, dun xeito diario na meirande parte dos casos, de 66 persoas con mobilidade reducida a centros de rehabilitación, de estudo, de ocio ou simplemente para a realización de pequenas xestións que non poderían facer por si mesmas. Ademais, 84 persoas recibiron en préstamo andadores, muletas, cadeiras de rodas, grúas, camas articuladas, etc.

Neste proxecto, o 60% dos participantes foron homes e o 80% tiñan entre 35 e 64 anos.

+65

35-64

ANOS

O 61,34% das participantes neste proxecto foron mulleres de máis de 65 anos.

ANOS

61%

60%

TRANSPORTE ADAPTADO

OBRADOIROS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

* Idade media


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Transporte adaptado.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

Obradoiro de agricultura ecolóxica para persoas con discapacidade intelectual do Ribeiro.

PRÉSTAMO DE PRODUTOS DE APOIO

TRANSPORTE ADAPTADO

OCIO E TEMPO DE LECER

TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

AXUDA A DOMICILIO COMPLEMENTARIA

6.196

19.710

465

196

313

84

66

15

19

27

|

27


28

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

4.6 Persoas reclusas No Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar 83 persoas reclusas participaron no proxecto de diminución de consumo de drogas a través de actividades educativas, deportivas e terapéuticas en grupo e de forma individual. Os obxectivos que procuraron nas súas actividades son os sinais identificativos deste proxecto con moitos anos de evolución: o fomento da autoestima, o coidado persoal e a mellora das súas habilidades sociais.

83

89%

PROXECTO DIMINUCIÓN DE CONSUMO DE DROGAS * Idade media

ANOS

25 - 40

83

ANOS

83%

TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE

No ámbito das súas diferentes asembleas, Cruz Vermella facilita a realización de traballos en beneficio da comunidade a persoas que cumpren condea, preto do seu domicilio e mantendo o seu emprego. En total, 83 persoas beneficiáronse desta medida durante o 2015 en Ourense, Monterrei, O Carballiño, Valdeorras e O Ribeiro. Colaboraron en distintas áreas: acompañando a persoas maiores, facilitando tarefas administrativas ou axudando na organización dos diferentes proxectos.

36,4

* Idade media

TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE

ATENCIÓN A DROGODEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS

3.183

706

83

PERSOAS

PARTICIPANTES CHARLAS

83 / 288


MEMORIA PROVINCIAL 2015

|

29

4.7 Saúde e Socorros 4.7.1 Saúde Para mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación, en Cruz Vermella promovemos hábitos e estilos de vida saudables, así como condutas e actuacións de prevención de accidentes de tráfico, domésticos e de ocio. Durante 2015 incrementouse a actividade de sensibilización e información: 5.095 persoas participaron en charlas ou actividades de rúa, dirixidas á poboación xeral. As redes sociais convertéronse tamén nunha canle de información directa e as 155 publicacións, relativas a diversos aspectos da saúde, recibiron 110.885 visitas. Ademais, nas distintas intervencións en relación coa atención e prevención da transmisión de VIH chegouse a 438 persoas, que recibiron atención individual socioeducativa, información ou apoio psicolóxico. Medición da glicosa e a tensión arterial na campaña “Saúde de Ouro” na Rúa.


30

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

Apoio á campaña de vacinación fronte á gripe das persoas maiores.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

“Tour dos Primeiros Auxilios” na praza Maior de Ourense.

AXUDA A DOMICILIO SIDA

PREVENCIÓN DE ACCIDENTES

ENFERMIDADES TRANSMISIBLES (RESPIRATORIAS)

211

26

165

21

1.041

357


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Inauguración do “Tour dos Primeiros Auxilios” na praza Maior de Ourense.

PREVENCIÓN DE VIH EN POBOACIÓN INMIGRANTE

PREVENCIÓN DE VIH EN POBOACIÓN XERAL

PROMOCIÓN DE SAÚDE

275

19

206

364

282

4.061

|

31

Obradoiro de prevención de VIH e outras ETS.


32

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

4.7.2 Socorros Estamos seguros de que previr é vivir, polo que voluntariado de socorros e emerxencias de Cruz Vermella mantívose en alerta ante situacións de risco previsible de accidente ou grandes aglomeracións de persoas. Durante o 2015 Cruz Vermella realizou 122 servizos preventivos en distintos actos na provincia de Ourense, maioritariamente de carácter deportivo e lúdico, nos que participaron 290 voluntarios/as. En total, de 239.710 persoas que participaron nestes eventos como público ou nas competicións, atendéronse a 430 persoas, das que 34 precisaron ser trasladadas a un centro sanitario en ambulancia. Voluntariado ourensá da ERIE Psicosocial participou en diversas formacións e reunións de coordinación, a nivel autonómico e nacional, cos equipos especializados no apoio psicolóxico e asistencia ás vítimas en catástrofes e accidentes.

Servizo preventivo en “Pazolandia”, o maior parque de atraccións de Galicia.

PROXECTO

SERVIZOS

PERSOAS ATENDIDAS

SERVIZOS PREVENTIVOS TERRESTRES

122 430


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Nena participando nun obradoiro de primeiros auxilios.

Participaciรณn na xornada de prevenciรณn de lumes organizada polos Bombeiros da Mancomunidade de Terra de Celanova.

|

33


34

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

4.8 Cruz Vermella Xuventude

Os nenos e nenas que recibiron apoio escolar melloraron notablemente as súas cualificacións ao longo do ano.

O proxecto de Promoción do Éxito Escolar continuou sendo un recurso necesario para axudar ás familias na educación e atención dos seus fillos/as, intentando orientalas na mellora das súas habilidades para o estudo e ofrecerlles actividades variadas para promover unha educación integral. Cruz Vermella ofreceu apoio escolar a 410 nenos/ as de entre 6 e 16 anos, compartindo merendas solidarias, actividades educativas e lúdicas. No ámbito educativo, 12.016 mozos/as participaron nas actividades de Educación para a Saúde, Prevención de Condutas Violentas e educación non sexista, prevención da violencia de xénero, educación viaria e prevención de accidentes. As intervencións relizáronse nos centros educativos, centros comerciais ou nas rúas de distintas localidades da provincia.

Apoio escolar.

Grazas ao programa Xoguetes para educar, 665 rapaces e rapazas da provincia recibiron xoguetes educativos, non bélicos e non sexistas. No CHUO, 1.492 nenos e nenas hospitalizados compartiron con voluntariado de Cruz Vermella xogos e obradoiros para facer máis agradable o seu ingreso, en colaboración con Obra Social “la Caixa” e o seu su proxecto de Cibercaixas.


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Obradoiro artesanal de xabón no Centro de Mediación social de Barrocás.

En canto á súa organización interna, Cruz Vermella Xuventude aposta por un modelo participativo, no que todas as persoas que conforman a asociación son parte activa e representativa da mesma. No 2015 constituiuse o Consello da Xuventude Provincial e Local.

|

35

Xogos cooperativos na conmemoración do Día Mundial da Cruz Vermella.

Ourense acolleu o Encontro Autonómico de Pineo: os mozos/as de entre 14 e 18 anos gozaron dun día de convivencia e lecer, que contou cunha xincana pola cidade, almorzo en Oira e actividades lúdicas á beira do río.


36

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

Actividade no Día da Paz en Allariz.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

Obradoiro de máscaras de Entroido.

EDUCACIÓN E PREVENCIÓN DO VIH-SIDA E OUTRAS ENFERMIDADES TRANSMISIBLES

SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

PINEO

COEDUCACIÓN E EDUCACIÓN NON SEXISTA

EDUCACIÓN VIAL, PREVENCIÓN DE ACCIDENTES E PRIMEIROS AUXILIOS

4

32

74

70

27

24

218

1.626

3.556

17

2.237

884


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Horta de Cruz Vermella Xuventude no Parque de Montealegre.

Colaboración do Waterpolo Pabellón Ourense no CampaMiño.

PREVENCIÓN DE CONDUTAS VIOLENTAS

PROMOCIÓN E PARTICIPACIÓN VOLUNTARIA XOVEN NA VIDA ASOCIATIVA E INSTITUCIONAL

CIBERCAIXAS

XOGUETES PARA EDUCAR

CENTROS DE MEDIACIÓN SOCIAL

PROMOCIÓN DO ÉXITO ESCOLAR

42

-

251

634

1.111

39.054

964

5

1.492

665

43

410

|

37


38

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

4.9 Medio Ambiente Realizamos distintas actividades para concienciar sobre a necesidade de respectar o contorno natural no que vivimos e adquirir hábitos de consumo e estilos de vida que favorezan a protección do medio ambiente. Co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, levamos a cabo actividades vencelladas ao proxecto Movéndonos polo Medio Natural na cidade de Ourense, no Carballiño, Maside, Celanova, Verín, Ribadavia, O Barco, A Gudiña e Riós, para favorecer a conservación e protección do río Miño, declarado Reserva da Biosfera, dos seus afluentes e doutros espazos naturais de interese.

Plantación de árbores o dia Mundial da Auga.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

MOVÉNDONOS POLO MEDIO NATURAL

38 1.390


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Mural realizado o Día contra a Sequía e a Desertificación.

Análise da calidade da auga a través do kit de ADECAGUA.

|

39


40

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

4.10 Cooperación Internacional No eido da cooperación internacional, Cruz Vermella dirixiu o seu labor a atender á poboación máis vulnerable en países empobrecidos, en guerra ou tras un desastre natural. Dende o proxecto de Educación para o Desenvolvemento buscamos crear unha conciencia social e unha cidadanía comprometida na construción dun mundo máis xusto e solidario, coa organización de charlas en centros escolares ou asociacións nas que achegamos estas realidades e o noso traballo no exterior. Durante o 2015 o centro de atención desprazouse da epidemia de ébola na África Occidental á crise humanitaria nas fronteiras Europeas por mor das persoas que fuxían de distintos conflitos bélicos, fundamentalmente de Siria, pedindo asilo como refuxiadas en Europa. Foi especialmente reseñable a resposta solidaria dos ourensás no Día da Bandeiriña, que recadou fondos para este proxecto coa complicidade de moitos centros educativos da provincia, superando a cifra de 11.000 euros de recadación.

Día da Bandeiriña a favor das persoas refuxiadas no Barco de Valdeorras.

Destinamos o 1% do orzamento provincial ao Fondo de Cooperación, que dedicou a maior parte dos fondos ao desenvolvemento de proxectos en Angola.


MEMORIA PROVINCIAL 2015

|

Charla sobre persoas inmigrantes, refuxiadas e solicitantes de asilo no colexio Salesianos de Ourense.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PARTICIPANTES

EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

9 567

11.000€ RECADACIÓN PROVINCIAL NO DÍA DA BANDEIRIÑA

41


5. Xestión económica

MEMORIA PROVINCIAL 2015

|

43

5.1 Fontes de financiamento e destino dos fondos

Obradoiro de cociña infantil co chef Pepe Solla na Gran Festa do Ouro en Celanova.

Dende os proxectos de loita contra a pobreza multiplicáronse os esforzos para atender as necesidades da poboación. Ante esta realidade, a sensibilidade da cidadanía ourensá amosouse en eventos como as Andainas Solidarias do Sorteo do Ouro ou concertos e desfiles benéficos de iniciativa privada.

Ademais, Cruz Vermella en Ourense contou coa colaboración de persoeiros de distintos campos das artes e medios de comunicación, de empresas e particulares que aportaron o seu saber á organización de eventos de carácter solidario.


44

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

Fontes de financiamento

34.213,98 €

1,21%

COTAS SOCIOS/AS

718.264,08 €

25,35%

SORTEO DO OURO

230.350,00 €

8,13%

FONDO SOCIAL EUROPEO

150.727,71 €

5,32%

SUBVENCIÓNS ESTADO

804.391,15 €

28,39%

SUBVENCIÓNS XUNTA

179.999,36 €

6,35%

SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN

22.066,40 €

0,78%

SUBVENCIÓNS CONCELLOS

14.550,08 €

0,51%

SUBVENCIÓNS PRIVADAS

114.887,45 €

4,05%

PRESTACIÓNS SERVICIOS

539.065,64 €

19,03%

24.932,40 €

0,88%

2.833.448,25 €

100,00%

DOAZÓNS

OUTROS INGRESOS

Colaboración do músico Daniel Minimalia co Sorteo de Ouro.


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Partido solidario do Ourense Envialia FC a beneficio das persoas refuxiadas.

Desfile benéfico organizado por Pamela de Marco e Leticia Celáa.

|

45


46

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

Andaina Solidaria do Concello de Cenlle, na que José Luis Santos-Ascarza recolle a doazón da man do seu alcalde, Gabriel Alén.


MEMORIA PROVINCIAL 2015

Destino dos fondos MULLER, INMIGRANTES E OUTROS COLECTIVOS DESFAVORECIDOS

COOPERACIÓN INTERNACIONAL

1,14%

COOPERACIÓN NACIONAL

2,20%

2%

LOITA CONTRA A PROBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL

8,83% VOLUNTARIADO

3,91%

PERSOAS MAIORES

FORMACIÓN

35,78%

2,86% EMPREGO

16,75% INFANCIA

11,71%

SAÚDE E SOCORROS

0,79%

TOXICOMANÍA E VIH CRUZ VERMELLA XUVENTUDE

5,39%

2,18%

CAPACIDADES DIFERENTES

6,46%

|

47


48

|

MEMORIA PROVINCIAL 2015

Actividade infantil con Sarabela Teatro.


MEMORIA PROVINCIAL 2015

|

49

5.2 Agradecementos Cruz Vermella quere dar as grazas ás administracións públicas,

de Ons, Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de

fundacións, obras sociais, a todos os seus socios/as, colaboradores/

Galicia, Frutas Mavaz, Panadería Roberto Rivela, Ourense Envialia

as, voluntarios/as e entidades de diversa índole que fixeron posible o

Club de Fútbol, Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense,

labor social da Institución durante o ano 2015:

Club Fútbol-Sala Verín, Escola de Música do Barco de Valdeorras, Centro Médico El Carmen, Asociación Cultural e Deportiva Vía XVIII,

Goberno de España, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense,

Xavier Vaz, Estrella Galicia, Cabreiroá, Correos, Carrefour, Begano,

Concello de Ourense, Concello de A Gudiña, Concello do Carballiño,

Froiz, A Ponte Club de Fútbol, Clínica Dental Floreano Vázquez

Concello de Celanova, Concello de Maceda, Concello de O Barco

Taín, Clínica Dental Mª del Mar Casares Gándara, Óptica Diagonal,

de Valdeorras, Concello de Ribadavia, Concello de Verín, Concello

Colegio Miraflores, Colegio Malvedo, Colegio Pl. Sta Teresa de Jesus

de Xinzo de Limia, Concello de Cenlle, Concello de Allariz, Concello

- Carmelitas, Colegio Marista Santa María, CEIP Xose Manuel Folla

de Riós, Concello de A Rúa, Concello de Oímbra, Concello de

Repino (Vilamartín), CEIP Diocesano Pablo VI (A Rúa), CEIP O Bolo,

Beariz, Concello de Coles, Vicerreitoría de Ourense – Universidade

CEIP Manzaneda, CEIP de Casaio, IES Terrón Mendaña (Sobradelo),

de Vigo, CHUO, Obra Social La Caixa, Banco Santander, CEO -

CEIP Julio Gurriarán (O Barco), CEIP Condesa de Fenosa (O Barco),

Confederación Empresarial de Ourense, Cámara de Comercio

CEIP Otero Pedraio (Viloira - O Barco), IES Lauro Olmo (O Barco),

de Ourense, Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Centro

Sagrado Corazón, C.P.I Boboras, CPI San Amaro, CPI Vila do

Comercial Aberto Couto Centro, Centro Comercial Pontevella, Grupo

Arenteiro, IES nº 1, IES Chamoso Lamas, CPI Beariz, Carnicería Irixo,

Coren, Grupo Cuevas, Urbanos de Ourense, La Región, La Voz de

Cafetería Roraima, Farmacia Fontaiñas, Tienda Mundo Lar, Farmacia

Galicia – edición Ourense, Faro de Vigo – edición Ourense, Telemiño,

O Irixo, Floristeria Carmiña, Restaurante Comonacasa, CPI Laureano

CRTVG, RTVE, SER Ourense, Onda Cero Ourense, Cadena Cope

Prieto, Colegio Rosalía de Castro, Colegio Carlos Casares, Instituto

Ourense, Radio Líder Ourense, Radio Exterior, Ourense por Barrios,

Lagoa de Antela, Instituto Cidade de Antioquía, Supermercado Aquí

Croco Toys, Sarabela Teatro, Tempo de Lecer, Imgrafor, Helbagraf,

Allariz, Colegio público Allariz, Colegio público Xunqueira de Ambía:,

Prosoda, Asociación de Comerciantes do Carballiño, Asociación

Colegio público Villar de Barrio, Colegio público Castro Caldelas,

de Comerciantes do Ribeiro, ServiOcio, Centro de Danza Miriam,

Colegio público Maceda, farmacias, escolas infantís… e moitos máis.

Pamela de Marco Imaxe, Leticia Celaá Beauty Lounge, Naviera Mar


MISIÓN

Estar cada vez máis preto das persoas vulnerables nos ámbitos nacional e internacional, a través de accións integradas, realizadas por voluntariado e cunha ampla participación social e presenza territorial.

VISIÓN

Cruz Vermella Española, como organización humanitaria e voluntaria arraigada na sociedade, dará respostas integrais ás persoas vulnerables, dende unha perspectiva de desenvolvemento humano e comunitario, reforzando as súas capacidades individuais no seu contexto social.

Cada vez máis preto das persoas


Directorio: OURENSE 988 22 24 84 Rúa Díaz de la Banda, 40 32004 ourense@cruzroja.es

MACEDA 988 46 31 16 Vicente del Bosque, 14 32700 maceda@cruzroja.es

O CARBALLIÑO 988 27 30 42 Rúa Rosalía de Castro, 1. 1º D 32500 carballino@cruzroja.es

O RIBEIRO 988 47 71 86 Casa da Cultura - Avda. Redondela s/n 32400 ribadavia@cruzroja.es

TERRA DE CELANOVA 988 45 14 38 Estrada de Mourillós, 8 32800 celanova@cruzroja.es

MONTERREI 988 41 09 78 Praza da Merced, 16 32600 verin@cruzroja.es

VIANA, CONSO-FRIEIRAS 988 22 21 00 Ed. Multiusos - Rúa Beato Sebastián Aparicio 32540 A Gudiña - gudina@cruzroja.es

VALDEORRAS 988 32 71 95 Casa Río Cigüeño - A Veiguiña, 5 32300 O Barco valdeorras@cruzroja.es XINZO DE LIMIA 988 46 25 41 Ed. Servizos Sociais - Avda. Ourense, 19 32630 xinzo@cruzroja.es

Coa colaboración de:

Profile for Cruz Vermella

Memoria 2015 Ourense  

Memoria de actividad de 2015 de Cruz Vermella Ourense

Memoria 2015 Ourense  

Memoria de actividad de 2015 de Cruz Vermella Ourense

Advertisement